Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Infantil xuntos

(2022-2023) Así celebramos os aniversarios do mes de febreiro

No mes de febreiro estivo de aniversario o noso compañeiro XOEL, así aparecía no calendario online, onde sinalamos tamén o día en que o celebraríamos ao rematar o mes. Coa axuda de todos e todas preparía unha tarta para convidar aos seus compañeiros e compañeiras/as e celebrar unha pequena festa.

Os compañeiros e compañeiras da súa aula, preparáronlle unha camiseta de agasalo, cos seus nomes e as súas mans estampadas. Quedou fantástica.

 

   

Tamén decorou, como quixo, a súa coroa de aniversario.

        

O homenaxeado escolleu do libro de receitas a súa tarta favorita e, cos ingredientes que trouxo, un día antes da celebración, preparou a tarta seguindo os pasos da receita elixida, co axuda dos compañeiros e compañeiras de ámbalas dúas aulas. 

 

   

Despois dun día no frigorífico, na data da celebración, só faltaban uns últimos retoques de decoración na tarta.

   

Pero antes de probala había que soprar as candeas, e escoitar como lles cantábamos o "cumpleanos feliz".

     

E por fin chegou o momento de que o homenaxeado repartira a tarta entre os seu convidados e convidadas.  

 

    

E como remate festa patacas fritidas, gusanitos e zume... e por suposto, aqueles que o preferiron, a súa merenda.

    

O vindeiro mes celebraremos os aniversarios do mes de marzo. Xa o contaremos neste blog cando chegue o momento.

(2022-2023) Chegou o Entroido das emocións a infantil: Organizamos un obradoiro de disfraces coas nosas familias, seguimos as instrucións de Serafín e participamos no desfile

Cando comezou o mes de febreiro, anotamos nos nosos calendarios online, unhas datas moi importantes. O día do desfile do Entroido e o día do obradoiro de disfraces, cando as nosas familias virían ás nosas aulas para axudarnos a facer o disfraz, nun obradoiro que teríamos que organizar antes de que viñeran.

Visionamos na web do colexio todo o que fixeramos na celebración do curso pasado, e descubrimos que este curso, sen restricións COVID-19, poderíamos recuperar o obradoiro de disfraces coas nosas familias.

Cada día da semana do Entroido, o Porcoespín Serafín, a mascota da biblioteca, foinos "mandando" traer posto algo diferente (cada un dos grupos de compañeiros e compañeiras do colexio, foron os encargados de escollelo).

Nós, en infantil, eliximos que viñeran todos co pixama posto o LUNS.

    

Despois de ir a buscar a "Serafín", escribimos un cartel anunciando a nosa decisión, que pegamos debaixo da mascota, para que todos e todas coñeceran o que mandaba traer.

  

Cada día, fomos a ver cal era a instrución, elixida polo resto dos compañeiros e compañeiras, anotándoo nunha nota que levamos para casa.

   

O luns os de infantil escollimos vir con PIXAMA:

         

O martes en primeiro e segundo decidiron que había que traer ALGO NA CABEZA:

 

     

O mércores en terceiro e cuarto acordaron que viñéramos con roupa dun FAMILIAR:

        

O xoves, os de quinto e sexto, pensaron que o mellor era que cada un trouxera posto un DISFRAZ: 

 

       

Cada día fomos pegando a fotografía de grupo, co que traíamos posto, rexistrando e escribindo o nome da instrución. Tan só quedaba o venres, que sería o desfile co noso disfraz de "emoción".

    

Para participar no desfile do Entroido, este curso todo o colexio iría disfrazado de "emoticonas" con emocións, así pois escollimos dez delas e logo, por sorteo, correspondeunos por parellas unha delas. Ese sería o noso disfraz.

 

   

Pero primeiro, antes de que viñeran as nosas familias a participar no obradoiro de disfraces, onde nos axudarían a facelos, tivemos que pintar os dous círculos do noso disfraz de cor amarela. 

   

Tamén previamente a que viñeran as nosas familias, a participar no obradoiro de disfraces, había que acordar, crear e escribir as instrucións de como facer o disfraz, para que os nosos familiares puideran lelas e seguilas o día do obradoiro. Fixemos unhas instrucións en cada unha das aulas.

    

Cando chegou o día que tiñamos marcada no calendario online, por fin viñeron as nosas familias a participar no obradoiro de disfraces que xa tiñamos organizado.

Nunha lista puidemos comprobar se nos tocaba na primeira ou na segunda quenda, buscando o noso nome, e vendo se estabamos antes (enriba) ou despois (debaixo) do recreo.

   

Xunto coas nosas familias, seguindo as instrucións, traballamos reo para facer os nosos disfraces de emocións... usando todo o material que xa tiñamos preparado e o modelo de emoticona que nos correspondera.

        

Encantounos poder traballar coas nosas familias na clase, e poder explicarlles cales eran os pasos que había que seguir para facer o disfraz.

    

Había que recrear a emoción, que nos tocara, na parte dianteira, e escribila na parte traseira. decorándoa como quixeramos. 

    

     

Grazas á colaboración das nosas familias, xa tiñamos os nosos disfraces listos, e agarandándonos para usalos no desfile.

         

Así de fantásticos quedaron os nosos difraces, unha vez rematados:

    

Cando chegou o día do desfile, que tiñamos anotado nos nosos calenadarios online, fomos recollendo os postres do Entroido, que trouxemos da casa para o fin de festa.

     

Fomos probando un anaco de cada un deles, e coñecendo os nomes dos diferentes postres típicos do Entroido, antes de xuntar os das dúas aulas, para deixalos listos para a festa posterior. Comentamos cales nos gustaban máis ou menos a cada un.

    

Tamén visionamos o percorrido que faríamos no desfile nun mapa na pantalla, e creamos a nosa pancarta para o desfile.

   

Quedou divertida.... verdade? 

      

Despois do recreo, e xa con todo preparado, percorrimos as rúas do concello no desfile do Entroido, acompañados e acompañadas polas nosas familias e os compañeiros e compañeiras de todo o colexio.

      

Cando rematamos de desfilar, xa de volta no colexio e como fin de festa, degustamos postres típicos do Entroido.

 

      

De seguido, podes ver o vídeo de ben que o pasamos durante o desfile polas rúas do concello.

    

Podes ver tódalas imaxes do desfile, e da festa posterior cos postres do Entroido, no seguinte álbum da galería fotográfica.

Álbum da galería fotográfica: (2022-2023) Desfile do Entroido 2023

     

       

(2022-2023) Organizamos e participamos nunha carreira solidaria polo Día da Paz

Para celebrar o Día da Paz os alumnos e alumnas de Educación Infantil, organizamos a primeira "Carreira solidaria pola Paz", nesta ocasión en solidariedade cos refuxiados da guerra en Ucraína.

Comezamos, días antes da carrreira, dialogando sobre o significado da palabra paz, amizade e como solucionar os conflictos de forma dialogada.

   

Falamos tamén do que está a suceder en Ucraína, e porque precisaban axuda os refuxiados que fuxían da guerra en Ucraína.

Acordamos, que unha forma de axudalos podería ser facer unha carreira solidaria, para poder recoller doazóns e logo facerllos chegar.

      

Anotamos nos respectivos calendarios online o día que tería lugar a carreira e, comezamos a deseñar e crear os carteis que usaríamos para dar a coñecer esta carreira.

    

Así quedaron todos unha vez rematados, listos para pendurar no corredor:

    

Decoramos pedras, pintadas coas cores da bandeira de Ucraína, con palabras sobre a Paz e a tolerancia, que deixaríamos debaixo de cada un dos carteis que pendurásemos polas rúas.

    

Descubrimos cal sería o percorrido tanto da marcha como da carreira, que tería lugar no campo de fútbol.

    

Creamos un mapa representando este camiño, e que tamén empregaríamos para sinalar os lugares onde íamos colgar os carteis.

  

Para poder penduralos na rúa, fixemos copias dos carteis que metimos en fundas de plástico.

   

Con todo o material listo, chegou o momento de percorrer as rúas preto do Colexio, para pendurar os carteis e deixar as noas mensaxes de paz.

      

Comezamos a recoller motísimas doazóns, que dentro dunhas semanas faremos chegar á  "Asociación Galega de Axuda para Ucrania"  (AGA Ucrania) - https://www.agaucraina.org

 

    

Penduramos no corredor, enriba das caixas de doazóns, tanto os carteis como o mapa, no que sinalamos os lugares onde deixamos os carteis e as mensaxes de paz, pengando as nosas fotos nos citados lugares.

    

E finalmente chegou o 30 de xaneiro, o Día da Paz, no que tería lugar a 1ª carreira solidaria pola Paz, como resultado de todo o traballo de organización que levamos a cabo nos días precedentes.

Preparamos os nosos dorsais, que tiñan un número escrito tamén en ucraniano.

    

  

Xunto cos compañeiros e compañeiras de todo o colexio, participamos tanto na marcha como na carreira solidaria, na que tamén participaron as nosas familias.

    

Como agradecemento pola participación, entregamos unha chapa conmemorativa a tódolos participantes, tanto nenos/as como familias.

Posamos para unha foto final por grupo, para recibir os merecidos aplausos de todos e todas.

     

Podes ver tódalas fotos da "Carreira pola Paz" no seguinte álbum da galería fotográfia, ao que podes acceder de seguido:

GALERÍA FOTOGRÁFICA (ÁLBUM): (2022-2023) 1ª carreira pola Paz polos refuxiados da guerra en Ucraína

   

  

(2022-2023) Celebramos os aniversarios do mes de xaneiro

No mes de xaneiro, cando comezou o ano cumpriu anos a nosa compañeira VALERIA. Coa axuda de todos e todas ía  preparar unha tarta para convidalos/as a nunha fantástica festa.

Os compañeiros e compañeiras da súa aula, preparáronlle unha camiseta de agasalo. Quedou fantásticas.

   

A homenaxeada escolleu do libro de receitas a súa tarta favorita e, cos ingredientes que trouxo, un día antes da celebración, preparou a tarta seguindo os pasos da receita elixida, co axuda dos compañeiros e compañeiras de ámbalas dúas aulas.

 

   

Despois dun día no frigorífico, na data da celebración, só faltaban uns últimos retoques de decoración na tarta.

     

Pero antes de probala había que soprar as candeas, e escoitar como lles cantábamos o "cumpleanos feliz" e o "parabéns para ti"

   

E por fin chegou o momento de que a homenaxeada repartira a tarta entre os seu convidados e convidadas.   

    

E como remate festa patacas fritidas, gusanitos e zume... e por suposto, aqueles que o preferiron, a súa merenda.

 

O vindeiro mes celebraremos os aniversarios do mes de febreiro. Xa o contaremos neste blog cando chegue o momento.

 

   

(2022-2023) Chegou o Nadal a EI: decoramos o corredor, participamos no Festival... e moito máis. Queres vernos?

Coa chegada do mes de decembro, xa estaba preto o Nadal, Así que en Educación Infantil, puxémonos mans á obra porque tiñamos moito que facer:      

Creamos a nosa árbore xigante de Nadal, que encheríamos de estrelas que decoramos na casa, e con doces de Nadal aportados por todos e todas.

     

Co paso dos días fomos decorándoo, coas estrelas e os doces de Nadal que fomos traendo das nosas casas.

           

Unha vez rematado quedou así de fantástico e "delicioso".

   

  

Creamos uns adornos xigantes de Nadal para pendurar no corredor, pintados e decorados con purpurina.

   

Nos adornos pegamos as fotografías de cada un dos equipos convertidos en "Papá Noel", con barba e gorro. Podes vernos a todos e todas, de seguido.

    

Cos adornos pendurados no corredor, xa tiñamos lista a decoración do mesmo, acompañando á arbore chea de doces.

    

Sen esquecernos de escribir o cartel de benvida, que anunciaba a chegada do Nadal, para que puideran lelo cando viñeran as nosas familias a ver o festival.   

 

     

Decoramos unhas bolas brancas, para engadir na decoración do Concello de Campo Lameiro.

     

Creamos a una "postal reno", que enviaríamos ás nosas casas por correo.. a ver cando as recibimos?

     

Nelas escribimos unha mensaxe de Nadal para as nosas familias. 

 

     

Tivemos que metela nun sobre, pegar un selo e indicar o noso enderezo e remitente, para que o carteiro ou carteira puidese levala ás nosas casas.

    

Con todo listo, chegou o momento de ir a metela no buzón de correos e, de paso, ver a decoración de Nadal que había polo camiño.

   

Recibimos a visita de "Papa Noel", que nos regalou unha bolsa de caramelos a cada un, ademais de falar con cada un.

     

Planificamos, preparamos, ensiamos e participamos no Festival de Nadal con dúas actuacións.

     

Representaríamos unha obra de teatro (6º de infantil) e faríamos un baile (4º e 5º de infantil).

Para a obra, baseada no conto "A min non me comas", creamos un monstruo xigante, elixindo as cores que queríamos que tivese.

    

Despois de varios días de ensaios, xa estabamos listos para o gran día do Festival, tanto para os nosos compañeiros (o mércores), como para as nosas familias (o xoves)  

   

Asistimos tamén ás actuacións dos compañeiros e compañeiras de todo o colexio, justo despois da nosa.

    

Así podes ver a nosa actuación no Festival de Nadal diante das nosas familias. Que che parece?

  

Lembra que podes ver tódalas actuacións do Festival, na que están as de todos os compañeiros e compañeiras do colexio, na seguinte ligazón:

(2022-2023) Festival de Nadal 2023 [vídeo completo]

    

Antes de marchar de vacacións de Nadal, despois das actuacións para as familias, chegou o momento de "comer os doces" que estaban na nosa árbore... estaban boísimos.

     

Podes ver tódalas fotogafías, moitas non publicadas aquí, no seguinte álbum da galería fotográfica:

ÁLBUM: (2022-2023) Chega o Nadal, decoramos os corredores e participamos cunha actuación no festival... e motio máis.  

    

  

  

(2022-2023) Celebramos os aniversarios do mes de decembro

No mes de decembro, antes de rematar o ano, cumprían anos as nosas compañeiras NOA e NORA. Coa axuda de todos e ían  preparar unha tarta para convidar a todos e todas nunha fantástica festa.

Os compañeiros e compañeiras das súas aulas, preparáronlle candansúa camiseta de agasalo. Quedaron fantásticas.

     

Tamén decoraron a súa coroa de aniversario.

    

Os homenaxeados escolleron do libro de receitas a súa tarta favorita e, cos ingredientes que trouxeron, un día antes da celebración, prepararon a tarta seguindo os pasos da receita elixida. 

     

Despois dun día no frigorífico, na data da celebración, só faltaban uns últimos retoques de decoración na tarta.

        

Pero antes de probala había que soprar as candeas, e escoitar como lles cantábamos o "cumpleanos feliz" e o "parabéns para ti"

 

   

       

E por fin chegou o momento de que as homenaxeadas repartiran a tarta entre os seu convidados e convidadas.  

  

E por fin puidemos comer os doces de Nadal que trouxeramos da casa para pendurar da nosa árnore, tal como podes ver na entrada publicada ao respecto, á que podes acceder de seguido:

  

(2022-2023) Chega o Nadal: decoramos o corredor, participamos no Festival e... moito máis. Querse vernos?

   

(2022-2023) Celebramos os aniversarios do mes de novembro

No mes de novembro cumpriron anos os nosos compañeiros BRAIS e MARIA, de EI1, polo que eles foron os encargados, coa axuda de todos e todas, de preparar unha tarta para convidar a tódolos compañeiros/as nunha fantástica festa.

Os compañeiros e compañeiras da súa aula preparáronlle candansúa camiseta de agasalo. Quedaron fantásticas.

 

  

Os homenaxeados escolleron do libro de receitas a súa tarta favorita e, cos ingredientes que trouxeron, un día antes da celebración, prepararon a tarta seguindo os pasos da receita elixida. 

    

Despois dun día no frigorífico xa estaba a tarta lista para a celebración. Tan só faltaban os detalles de última hora.

   

Antes de probar a tarta, había que soprar as candeas, e escoitar como lles cantabamos o "cumpleanos feliz" e o "parabéns para ti"

   

E por fin chegou o momento de que os homenaxeados repartiran a tarta entre os seu convidados e convidadas.  

Xa só temos que agardar á seguinte celebración dos aniversarios, a finais do mes de decembro, xusto antes das vacacións de Nadal..

   

    

     

     

(2022-2023) Preparamos e participamos na celebración do Magosto

Tal como tiñamos sinalado no noso calendario onine, no mes de novembro participaríamos na celebración do Magosto que tería lugar no colexio. De seguido contarémosvos como o organizamos e como participamos na celebración.

Lembramos como o celebráramos en cursos anteriores, mirando entradas de cursos anteriores na web do colexio, neste mesmo recanto de infantil.

     

Alí observamos que o curso anterior fixéramos unhas cestas moi chulas para meter as castañas asadas. Os profes presentáronnos a súa idea de cesta, que nos pareceu moi chula.

   

Escribimos unha lista do material que precisaríamos para facer a cesta deste curso.

   

Escribimos tamén unha nota pedindo algún material que iamos precisar:

   

Escollemos tamén os "animais" e "froitos do outono", que cada quen quería pegar no seu cesto. 

    

  

Organizamos o material e puxémonos mans á obra.

      

Seguindo as indicacións non foi difícil dar rematado o traballo.

   

Así de fantásticos quedaron unha vez rematados: 

    

Días antes da celebración do Magosto, fomos xuntando unha chea de castañas xunto aos compañeiros e compañeiras de todo o colexio.

    

E por fin chegou o gran día, como chovía non poderíamos celebrar o Magosto en "San Antoniño", como en cursos anteriores, senón que teríamos que facelo no pavillón do colexio.

Miramos nun vídeo como se asaban as castañas, e por que había que cortarlles un anaco... senón estouparían.

    

O gran día participamos nos xogos do Magosto, organizados polo profe PAULO no pavillón.

 

 

Rematados os xogos, chegou o momento da degustación de castañas asadas, usando a nosa cesta para levalas.

 

   

 Estaban boísimas...

  

Lembra que podes ver tódalas imaxes desta celebración no centro, no seguinte álbum da galería fotográfica:

ÁLBUM NA GALERÍA FOTOGRÁFICA: (2023-2023) Celebración do Magosto

   

(2022-2023) Polo Samaín enchemos o corredor de arañas e participamos nuns obradoiros terroríficos

Coa chegada do mes de outubro anotamos no noso calendario online, unha das datas que máis estabamos a agardar: A celebración da festa do Samaín.

Pero antes do día da "festa", había de decorar o corredor de infantil para que fose o máis terrorífico posible. Nesta ocasión encheríamolo todo de arañas.

Pintamos unhas árbores xigantes...

... das que penduraría unha araña "enorme". Tranquilos que non morde ;)

    

Tamén creamos unhas arañas coas nosas caras "de medo", para pendurar do teito do corredor.

     

E por suposto, non podían faltar as "teas de araña" de onde penduralas. Creámolas cun globo, la e cola.

    

Con todo rematado, chegou o momento de penduralo e "decorar o noso corredor", para convertilo nun lugar moi terrorífico.

             

Así quedou a nosa entrada "coa araña terrorífica". Había que entrar a través das teas de araña que facía.

    

Unha vez dentro, estaba todo cheo de arañas coa nosa cara.

    

    

Fomos traendo, ó longo dos días, as nosas cabazas terroríficas, para poñelas na exposición, xunto ás de tódolos compañeiros e compañeiras de todo o colexio.

  

   

Se queres ver como quedou a exposición, podes vela no seguinte vídeo.

 

  

Tamén creamos a nosa propia cabaza en Infantil 2, neste caso decidimos que fora unha "cabaza porco", terrorífica eso si, pero moi porca, por todo o que tiña dentro ;).

        

Lembra que podes ver moitas máis imaxes de como preparamos o Samaín en infantil, no seguinte álbum da galería fotografíca:

(2022-2023) ÁLBUM CON FOTOGRAFÍAS - Celebramos o Samaín en EI

    

Finalmente chegou o día da celebración do Samaín, ese día todos e todas viñemos disfrazados "dando medo".

   

Participamos tamén nos obradoiros do Samaín, xunto cos compañeiros e compañeiras de todo o colexio.

Cociñamos comida terrorífica:

       

Miramos curtametraxes de medo:

  

  

Creamos un monstruo con 5 ollos:

  

E no obradoiro do fotomatón...

  

... fixemos todas estas fotografías. Podes velas facendo click nas seguintes imaxes:

         

Aproveitamos para meter os nosos medos no "Erizombie".

          

Non nos esquecimos de votar ás nosas cabazas favoritas de toda a exposición.

  

Na hora da merenda, antes de ir ó recreo, rematada a nosa participación nos obradoiros, puidemos degustar a "comida terrorífica", que fixéramos no correspondente obradoiro.

   

Despois do recreo chegou o momento de coñecer quenes eran os gañadores e gañadoras das cabazas favoritas de tódolos compañeiros e compañeiras do colexio, así como dos diplomas ás máis orixinais.

  

Pasámolo "de medo", unha lástima que teñamos que agardar outro ano para ter unha nova festa do Samaín.

   

Podes ver como foi a celebración do Samaín en todo o centro, cos obradorios e exposición de cabazas, na seguinte entrada:

(2022-2023) Celebramos o Samaín participando nuns obradoiros terroríficos

     

(2022-2023) Así celebramos os aniversarios do mes de outubro

No mes de outubro cumpriron anos os nosos compañeiros ELOY e XOSE, polo que eles foron os encargados, coa axuda de todos e todas, de preparar unha tarta para convidar a tódolos compañeiros/as nunha fantástica festa.

Os compañeiros e compañeiras das súas aulas preparáronlle unhas camisetas de agasalo fantásticas.

    

Os homenaxeados escolleron do libro de receitas a súa tarta favorita e, cos ingredientes que trouxeron, un día antes da celebración, prepararon a tarta seguindo os pasos da receita elexida. 

   

Tódolos compañeiros e compañeiras colaboraron na súa elaboración.

Podes ver tódalas fotografías na Galería Fotográfica, desde aquí.

        

Despois dun día no frigorífico xa estaba a tarta lista para a celebración. Tan só faltaban os detalles de última hora.

     

Pero antes había que soprar as candeas, e escoitar como lles cantabamos o "cumpleanos feliz" e o "parabéns para ti".

        

E por fin chegou o momento de que os homenaxeados repartiran a tarta entre os seu convidados e convidadas.  

    

Xa só temos que agardar á seguinte celebración dos aniversarios, a finais do mes de novembro.

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.