Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Infantil xuntos

(2014-2015) Facemos pan como na prehistoria e celebrámo-lo Magosto no Parque arqueolóxico

Por fin chegou o gran día, iamos visitar o Parque Arqueolóxico da Arte Rupeste de Campo Lameiro para celebrar alí o Magosto. Podes ver como preparamos esta visita nas diferentes entradas dos recantos de infantil 1 e infantil 2.

No Parque, ademáis de celebrar o Magosto iamos aprender a facer pan como os homes e mulleres da prehistoria.

 

Cando chegamos estaba agardándonos FRAN, quen nos acompañaría ó longo da visita.

 

Primeiro fomos visitar o cervo EDUR, que xa coñecíamos da nosa visita do curso pasado ó Parque Arqueolóxico, dentro da nosa investigación sobre a prehistoria.

 

Alí estaba enorme coma sempre. Comentamos con Fran moitas das cousas que xa sabiamos sobre el: por que o debuxaron, para que os cazaban...

 

E descubrimos novos datos que non sabíamos.

 

O seguinte paso foi encamiñarse cara o poboado prehistórico, alí sería onde iamos a facer o pan como na antigüedade.

 

FRAN contounos que se facía a fariña con diferentes sementes: trigo, centeo, millo... e ata landras ou castañas.

 

Que aquí dentro era onde gardaban tódalas sementes que colleitaban ó longo do ano.

 

E que empregaban duas pedras para ir esmagándoas e conseguir que as sementes se "transformasen" en fariña de cor branca.

 

Nós, por equipos, tamén empregamos pedras para conseguir a fariña.

 

Con fariña e auga fomos amosando a masa para facer pan.

 

Había que darlle con bastante forza, pero entre todos e todas demos feito unha bola enorme.

 

Dous compañeiros que son celíacos tiveron que facer o seu pan cunha fariña especial, sen gluten.

 

Aínda que só eran dous, coa axuda do profe ÓSCAR, deron feito tamén a súa bola de masa de pan.

 

Dividimos a bola en diferentes "tortas" para poder cociñalas nun recipiente sobre o lume... parecido a como facían na prehistoria. As dos compañeiros celíacos tivemos que facelas no forno, xa que non podían mesturarse coas outras.

 

E así quedaron as nosas tortas de pan xa cociñadas.

 

Durante a merenda comímolas con crema de cacao.. estaban boísimas...

 

Despóis de tanto traballo chegou o momento da merecida merenda... todos e todas sentados sobre a herva merendamos xuntos.

 

Rematada a merenda participamos na celebración do Magosto recitando as poesías que inventaramos, xunto ó cartel escrito coa poesía.

Os compañeiros de compañeiras de Infantil 1 recitaron as súa creación.

 

E logo os compañeiros de infantil 2 tamén recitaron a poesía que inventaran na súa aula.

 

Os diferentes cursos do colexio foron recitando as súas rimas, e cando remataron degustamos as castañas asadas do Magosto.

 

 

(2014-2015) Trasladámonos por uns días!

A semana pasada tivemos que improvisar sobre a marcha un cambio de aula.

Como na clase de Infantil 1 comezaron a instalar un chan de corcho, e o cheiro que desprendía a cola era moi forte, nos trasladamos todos os nenos/as de infantil á biblioteca do cole, xunto a Dora Lectora.

Coa axuda dalgúns compañeiros maiores de primaria, subimos o material e mobiliario e alá fomos!

    

Tratamos de seguir o horario na medida do posible, e así había momentos onde unha das clases quedaba soa na biblio e aproveitaba a tratar aspectos que tiña pendientes da aula, mentres o resto estaban ou ben en música, inglés, informática ou psicomotricidade.

        

Como nesta foto, na que os compañeiros de Inf 2, como quedaron sós, seguen a traballar sobre as normas de clase.

E os que rematan len contos..

Tivemos momentos e tempos para todo, diálogos, lectura e escoita de contos,  os xogos na alfombra, porque recantos non tiñamo e outras propostas que os profes nos facían, tanto de papel e orais, como creativas.

Decorando as nosas botellas de plástico que transformamos en macetas.

Falando sobre algunhas imaxes que os profes nos mostraron que tiñan que ver coas árbores e os bosques.

 Traballando en equipo a partir destas imaxes e fotografías,


que interpretamos e ilustramos á nosa maneira ademáis de pensar nun título.

 

Representando con plastilina as árbores que aparecían nelas

tamén dun xeito cooperativo.

A verdade é que nos entendimos moi ben todos xuntos nun espacio máis reducido que as nosas aulas e os profes din que o fixemos moi moi ben, pero xa tiñamos ganas de volver aos nosos recantos das nosas estupendas aulas!!

 

 

(2014-2015) Intercambiámonos de aula para facer novos agrupamentos

Desde este curso, un par de sesións á semana, intercambiámonos cos compañeiros e compañeiras da outra aula para agruparnos por idades, facendo un grupo dos de tres anos e outro cos de catro e cinco, e así poder traballar certos aspectos en maior profundidade.

Cada un dos grupos traballa durante esa sesión co profe ÓSCAR ou ÁNGELA de forma alterna ó longo das sesións semanais.

Entre outras moitas, fixemos estas actividades nos momentos de intercambio.

 

DRAMATIZACIÓNS E XOGOS DE EXPRESIÓN CORPORAL:

Co grupo de tres anos fixemos dramatizacións de historias disfrazándonos, como no caso do conto da "Bela adormecida".

 

Desenvolvendo habiliades comunicativas, expresivas e de coordinación cos movementos dos demáis compañeiros e compañeiras.

 

Tamén traballamos dramatizando con monicreques, cantando e explorando o espacio motrizmente. 

 

 

Os compañeiros de catro e cinco anos, adicáronse a traballar aspectos lóxico matemáticos facendo, entre outras moitas cousas, o seguinte:

 

ENCHENDO A GRELLA:

Tras repartir unha cantidade acordada (por todos e todas) de pedras, cunchas... a cada un, comezamos a encher a grella cun xogo.

 

Tirando o dado por turnos había que ir enchendo a grella con tantas pedras como corresponda. Seguindo a lateralidade correctamente e respectando as quendas.  Cando rematabamos unha liña tiñamos que berrar "liña" todos xuntos.

Cantas pedras puxemos ó final? quen rematou primeiro? Cantas faltan para remtamar a liña? Que ten que sacar o dado para que poidamos cantar "lña"?

 

Representamos no papel a grella coas pedras e outros elementos que fomos colocando.

 

XOGANDO COA SERIE NUMÉRICA:

Ordeamos no chan as tarxetas coa serie numérica do 0 ó 9, cando estaban todas mesturadas no chan non foi moi doado, pero demos feito despois de varios intentos. Coas tarxetas do revés era aínda máis complicado, pero non hai nada imposible para nós ;)

 

Fomos recorrendo con saltos, andando, etc...  a serie numérica, pero non era doado ir dicindo cada número á vez que o pisabamos sen perder o equilibrio... eso si, foi moi divertido.

 

Cos paciños, que empregamos noutas moitas actividades, xogamos a completar cada número da serie cos paus que lles tocaba. Nunhas ocasións colléndoos nós da caixa, e noutras contando os paus que nos entregaban e decidindo en que lugar había que colocalos.

 

Tamén creamos "tantas bolas como indica o noso número" con plastilina, etc.

 

Xa vos iremos contando en sucesivas entradas, todo o que vaiamos facendo nestes momentos de intercambio.

(2014-2015) Celebrámo-los aniversarios do mes de setembro

O último venres do mes, como no curso pasado, celebramos os aniversarios dos compañeiros e compañeiras que cumpriran anos nos últimos trinta días, neste caso ó longo do mes de setembro.
 
Nesta ocasión HUGO e LOIS foron os afortunados xa que aparecían na folla de setembro do libro dos cumpreanos. Xunto a eles estaba LAURA, que non puidera celebrar o seu cumpreanos no mes de xuño porque estaba enferma.
 
O primeiro, como sempre, foi que os tres homenaxeados escolleran unha tarta das nosas receitas, para facerlla ó resto dos compañeiros e compañeiras, os seus convidados. Podes ver o noso libro de receitas aquí
 
Por suposto ensinámoslle os compañeiros/as a nosa decision. 
 
 
 
O día antes da festa de aniversario, cos ingredientes que trouxeramos da casa, foi o momento de facer a nosa tarta de cumpleanos. Pero o primeiro era comprobar, lendo na receita, que tivesemos tódolos ingredientes que precisabamos. 
 
 
Puxémonos mans á obra. HUGO E LOIS farían a tarta normal. 
 
 
 
Con galletas, natillas, nata, lacasitos e plátano. 
 
 
Mentras que LAURA e NOA (a quen escolleu como axudante), fixeron a mesma tarta pero con ingredientes sen gluten. 
 
 
As tartas rematadas metímolas no frigorífico. Tan só quedaba agardar ata a festa do día seguinte.
 
 
 
Contamos as candeas que cada un precisaba para que as fose soplando. 
 
 
De cada vez fomos engadíndolle unha. 
 
 
Ata que todos demos soplado as candeas. Do de menos idade o de máis idade.
 
 
Despois das cancións e felicitacións, os tres homenaxeados repartiron a súa tarta entre os seus convidados. 
E cando rematamos, completamos a festa con zume, patacas fritidas e gusanitos... por suposto sen gluten.
 
Como sempre foi unha grande festa de aniversario. Agora tan só nos queda agardar un mes para a seguinte festa. 

(2013-2014) Participamos nunha experiencia co alumnado de sexto- Caldo de adiviñas!

A finais do mes de maio participamos nunha experiencia onde a cociña, a literatura e o arte combinábanse dun xeito moi orixinal e creativo.

E o que mais nos gustou a todos: cos alumnos maiores do colexio, os nenos e nenas de 6º curso.

Esta proposta formou parte da nosa participación no Salón do Libro, no que nos regalaron un lote de libros para as nosas bibliotecas de aula e nos propuxeron facer este traballiño para presentalo os membros de OQO editora a nivel europeo.

E aquí comeza a nosa aventura!!!!

 

 

Sí, sí!! mirades ben!, andamos todos intrigados polo que estará escondido debaixo das bolsas amarelas....ésta é a clave da actividade!

Esta longuísima mesa estaba chea de todo tipo de alimentos..incluídas chuches..SorprendidoRindopero....

 

 

non eran para comer, non! eran para crear con eles as portadas de 6 contos de OQO, que os nosos compañeiros de 6º, distribuídos en diferentes equipos, previamente nos contarían.

Así, feitos os seis equipos,  e unha vez decidido onde contar as historias,comezamos!!!

E unha vez contadas as historias, pasamos a escoller os alimentos para darlle forma á portada do conto que a cada equipo lle correspondía.

 

 

E así nos quedaron as portadas..

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Qué traballiño nos deu! pero os resultados foron increíbles..

e feitas as portadas, o traballo continuaba pois tiñamos que volver a reunirnos para unha nova lectura do conto e tomar nota dos alimentos que nel aparecían para debuxalos ou recortalos en revistas, ademáis de decidir as pistas que escribiríamos.

 

 

 

 

 

 

 

 

En breve vos amosaremos cómo quedou o noso libro !!

 

 

(2013-2014) Celebramos os cumpreanos de xuño...e os do verán!

O pasado xoves 13 de xuño fixemos a celebración dos cumpreanos de xuño. E tocoulle  soprar as  candeas a... Aroa, que cumpriu 6 anos e.....

David, que cumpriu 4.

              

Eles elixiron para celebralo as trufas de chocolate, así que o día anterior,con axuda dalgún compañeiro máis, as elaboraron.

E o xoves, as degustamos todos xunto coas patatiñas, gusaniños e zumes. 

 

E non tardamos en repetir pois na semana seguinte, con motivo do fin de curso e de que algúns compañeir@s cumpren anos no vran e algúns xa non estarán o próximo curso con nós pois pasan para primeiro, tamén tiveron a súa celebración de cumpreanos, o último día de clases.

Esta vez tocoulle celebralo a Carla e Iván, de Infantil 1 e Diego Heras, Diego Pitalis, e Laura, aínda que o día da celebración Laura púxose enferma e non puido vir. Pero non te preocupes Laura, que en setembro o celebramos!

Eles tamén elixiron trufas de chocolate, pero con distintas formas.

E tamén tiveron os seus axudantes, pois ademáis nesta ocasión fixemos máis cantidade por ser tamén a festa de despedida.

Xa desfeitos os sobaos e madalenas, pasamos a mezclalos coa leite, azucre e cacao, para darlles forma.

 

E aquí estamos soprando as 5 candeas Iván e Diego P.

e as 6 candeas Carla e Diego H.

E entre dedicatoria e dedicatoria para os compañeiros de 6º que viñan pola aula, celebramos a nosa festa como tan ben sabemos facer, comendo, rindo e cantando!

Felicidades rapaces e bo verán a tod@s!!!!

(2013-2014) Contando o que descubrimos: participamos na xornada de portas abertas "Descubrindo a prehistoria" [con vídeos]

Ó longo dos últimos meses estivemos a desenvolver en ámbalas dúas aulas de infantil, tal como vos contamos en entradas anteriores, un proxecto de investigación sobre a prehistoria e os petroglifos, dos que podes atopar máis información aquí ou nos recantos de infantil 1 e 2.

Proxecto de investigación sobre a prehistoria: Os petroglifos.

11/05/14: [INFANTIL 2]  (2013-2014) Iniciamos o noso proxecto de investigación sobre os Petroglifos  

18/05/14: [Infantil xuntos] (2013-2014) Investigamos sobre os petroglifos: visita ó Parque Arqueolóxico  

07/06/14: [INFANTIL 2]  (2013-2014) Continuamos a investigar sobre os petroglifos e comezamos a preparar o noso museo 

08/06/14: [INFANTIL 1]   (2013-2014) Nós tamén andamos inmersos na prehistoria! - Así foi o inicio de proxecto 

21/06/14: [INFANTIL 2]   (2013-2014) Rematámo-la nosa investigación sobre os petroglifos e preparámo-lo noso museo e exposición  

21/06/14: [INFANTIL XUNTOS] (2013-2014) Contándolle ó mundo o que descubrimos: participamos na xornada de portas abertas "Descubrindo a prehistoria" [con vídeos] 

O obxectivo final era participar na xornada de portas abertas organizada no centro: "Descubrindo a prehistoria", de seguida contarémosvos cal e como foi a nosa presenza nas mesmas.

 

BENVIDOS E BENVIDAS Ó NOSO MUSEO: "OS PETROGLIFOS"

Despois de tanto investigar e de tanto traballo, por fin tiñamos listo o noso museo para comezar a recibir visitas.

 

 

Tiñamos tamén preparados, e axeitadamente identificados ós guías da nosa exposición-museo, dispostos a respostar calquera dúbida que puidese xurdir.

 

Uns últimos retoques á exposición de petroglifos antes da chegada do primeiro grupo de pais/nais visitantes... Teríamos ata catro grupos!!

 

Tamén estaba preparado o panel e mapa, que explicaba onde se atopaban os petroglifos da nosa exposición no mundo.

 

Outra das "salas" do museo estaba adicada ós petroglifos en "land-art" que creamos na natureza. Podes atopar máis información aquí.

 

Os visitantes poden tamén coñecer a "historia" do noso museo, que pasos demos ata chegar a construilo e de que xeito o fixemos.

Estaba todo listo, e despois de visita-las diferentes exposicións que fixeran os compañeiros e compañeiras de outros cursos no centro, ó longo de toda a mañá do día 19 de xuño, comezaron a chegar os catro grupos de pais/nais ó noso museo.

 

COMEZAN A CHEGAR OS GRUPOS Ó NOSO MUSEO:

En cada un dos catro turnos, a parella de guías foi cambiando, entre aqueles de nós que quixemos asumir esa gran responsabilidade.


En cada visita fomos explicando a nosa investigación, que eran os petroglifos, o land-art, onde estaban no mundo... e ata como usar, "cun exemplo práctico", os códigos QR que había ó lado de cada petroglifo. 

 

Pero cando remataba a visita ó noso museo non terminaba o noso traballo, aínda nos quedaba dar unha "conferencia" para tódolos visitantes, menos mal que nesta ocasión so había que repetila dúas veces :)

 

DAMOS UNHA CONFERENCIA SOBRE OS PETROGLIFOS:

Unha vez rematada a visita guíada polas exposicións de todo o colexio, na sala de usos múltiples, tivo lugar unha serie de actos: unha representación teatral sobre a prehistoria, unha sobre Stonehenge (en inglés) e ata unha charla-coloquio sobre "os ritos funerarios na prehistoria"... e entre elas tamén estabamos nós, cunha conferencia sobre os pretroglifos.

Tódolos compañeiros e compañeiras de infantil fomos os conferenciantes deste grande acontecemento, no que as nosas familias e compañeiros foron o público convidado.

 

Un a un fomos contando en primeiro lugar como decidimos comenzar a investigar sobre os petroglifos.

 

Para ir explicando, coa axuda duna presentación con imáxes e texto, todo o proceso que seguimos ata crear a nosa exposición.

 

Na metade da conferencia demos paso a uns "documentais de creación propia" nos que contabamos cousas sobre os petroglifos. O primeiro deles amosaba o que pensabamos que eran os petroglifos antes de comezar a investigación.

 

Algunha das nosas ideas previas fixeron moita gracia... queres velo?, aquí tes o vídeo que empregamos na nosa conferencia.

 

VÍDEO: QUE SABÍAMOS DOS PETROGLIFOS?

 

Cando rematamos este vídeo amosamos outro no que, unha vez rematada a investigación, contabamos todo que xa sabíamos agora dos petroglifos. Queres ver a diferencia entre ambos?, podes ver este segundo vídeo na seguinte ligazón.

VÍDEO: ESTO É O QUE SABEMOS AGORA DOS PETROGLIFOS

 

Rematada a proxección dos vídeos, explicámoslles ós visitantes como se chamaban os petroglifos que descubrimos e que estaban na nosa exposición.

 

O auditorio quedou moi sorprendido de cantos eran e en cantos países tan diferentes había petroglifos.

 

Recibimos un gran aplauso de todos por facer un traballo tan fantástico. 

 

Lembra que aínda que rematasen as clases, podes visitar o noso museo pola mañá durante esta última semana de xuño, eso si sen visitas guiadas :), que os nosos guías e conferenciantes desfrutan das súas merecidas vacacións despois de traballar a reo todo este tempo.

(2013-2014) Visitamos Arboretum e Indiana Bill na excursión de fin de curso

Este ano, como saída de fin de curso, visitamos Arboretum, un Xardín Botánico en Vigo. Pola tarde despois de comer pasámolo xenial no parque de bolas "Indiana Bill" en Nigrán. 

De seguido podes ver todo o que fixemos nesta fantástica saída de despedida de curso.

O autobús estaba agardándonos para comezar a nosa viaxe, xunto ós compañeiros e compañeiras de primeiro e segundo. Ía ser unha viaxe un pouco longa porque tiñamos que chegar ata Vigo.

 

Cando chegamos, o primeiro foi deixar a nosas mochilas e prepararnos para participar no obradoiro de plantación.

 

Explicáronnos que iamos plantar unha leituga chamada "folla de roble", porque as súas follas eran moi semellantes ás follas dos carballos.

 

Cada un de nos preparou o seu testo...

 

... que por quendas fomos enchendo con terra para poder prantar a nosa leituga.

 

Despois de plantar a nosa leituga, e do merecido descanso para a merenda, Olivier acompañounos na nosa visita polo Xardín Botánico contándonos cousas moi interesantes.

 

Como por exempolo que había unha árbore cunhas follas que cheiraban moi ben.

 

Tamén nos contou como as plantas ás veces tiñan que "pelexar" polo espacio para poder sobrevivir, empuxando ás outra ocupando o seu espazo.

 

Aprendimos que había prantas acuáticas que por dentro eran esponxas, outras que non tiñan raíces e ata algunhas tan grandes que poderíamos sentarnos enriba delas.

 

Descubrimos que un bosque de bambú podía convertirse nun labirinto fantástico.

 

Despois de despedirnos de todos e todas e de recoller as nosas macetas, voltamos ó autobús para dirixirnos a "Indiana Bill" onde, en canto chegamos, nos puxemos a comer... que xa eran horas ;)

 

Cando rematamos chegou o momento que todos e todas estabamos a agardar, por fin iamos xogar no parque de bolas.

 

Antes de marchar, unha foto de familia para despedir esta fantástica saída, como sempre diante da boca do crocodilo.

 

 

 

(2013-2014) Recibimos unha visita moi moi especial!- Os nenos e nenas da Galiña Azul

O pasado mércores 28 de maio recibimos unha visita super especial nas aulas de Infantil: os nenos e nenas da Galiña Azul de entre 2 e 3 anos, e que no próximo curso, a meirande parte de eles formarán parte xa das nosas aulas, e por suposto as súas profes, que con tanto cariño recordamos.

Pero esta visita  a estivemos preparando previamente da seguinte maneira.

-As dúas aulas xuntas falamos do tema,

e ante a preocupación dunha nena de saber cómo se chamaban os nen@s e cómo eran, vimos as súas fotos, que as profes da Galiña azul nos pasaran.

Pegamos as súas fotos en cartulinas xunto cos seus nomes, para telos a man en todo momento.

 

-Decidimos entre todos qué espazos do colexio lles ensinaríamos, e cada un dos nen@s de 5, por parellas encargaríanse de contarlles  o que sucedía nestes espazos e aulas.Tamén en gran grupo, llo fumos dictando aos profes, que o anotaban no ordenador.

 

-Cada equipo de cada unha das aulas escolleu a un neno ou nena da Galiña azul dos que se converterían en padriños e lles farían un regalo: un marco de fotos no que pegaríamos unha foto de grupo que nos faríamos ese día da visita.

O equipo dos renos escriben no seu corazón o nome do neno que apadriñarán e ao que lle farán o regalo.

 

  Aquí estamos nunha das aulas observando todo o material para elixir. A consigna era catro ou cinco materiais diferentes.

-Cada equipo, pintou o seu marco elixindo previamente dúas cores e escribiu os materiais que utilizaría para decoralo e finalmente o decorou.

 

Tamén fixemos un rexistro individual dos materiais, cores, nome do neno apadriñado e un debuxo del/a.

A medida que tiñamos os materiais elixidos os iamos tachando.

 

Tamén escribimos os nomes de cada un de nós por detrás do marco así como o nome do neno agasallado.

 

E chegou o día da visita:

Os nen@s de infantil esperábamos entusiasmados polos nosos futuros compañeir@s.

 

 

 

E como acordáramos, lles ensinamos algúns espazos do colexio..

 

 

En informática Sara e Yaiza lles contaron as cousas que facemos neste aula.

Aroa e Marcos lles presentaron a Dora Lectora a mascotada biblioteca e lles contaron algunha cousiña máis.

 

 

Tamén estivemos na aula de música, onde lles tocou o turno a Eva e David.

 

Xa nas aulas de novo, lles amosamos fotos sobre diferentes actividades na escola e tamén fora dela, como as saídas e excursións.

E finalmente, cada equipo, sentado co seu neno apadriñado, se encargou de recortar e pegar a foto de grupo que todos xuntos nos fixéramos ó comezo da visita, para que así os nosos compañeiros se leven un estupendo recordo.

 

 

 

 

 

 

A seguinte actividade era ir ao pabellón a facer xogos co paracaídas pero comezou a chover e tivemos que quedar nas aulas xogando por recantos, pero tamén o pasamos todos moi ben, especialmente os nosos visitantes que así se van familiarizando cos distintos recantos das aulas.

Encantounos que nos viñeran visitar e resultou unha xornada estupenda!!

 

 

 

 

(2013-2014) Celebrámo-los cumpreanos de maio

No mes de maio tivemos de cumpreanos á nosa compañeira YAIZA de Infantil 2.

Yaiza escolleu do libro de receitas, a tarta de galletas así que trouxo de casa todo o necesario para a festa.

Como era ela soa a homenaxeada, tivo en todo momento axudantes que se ofreceron voluntarios para facer a receita.

 

Xa molladas as galletas en leite, había que extender as natillas de vainilla sobre a primeira capa.

 

E ó rematar, cubrila con chocolate fundido e decorala con lacasitos e froita, neste caso prátano.

 

Ó día seguinte, Yaiza soprou as 6 candeas e celebramos a festa como sempre facemos, con moitas cousas ricas e sobre todo con moita ledicia!!

 

Nesta ocasións  foron moitos os que quixeron repetir e Yaiza tiña que contar e recontar para que o que quedaba o repartíramos ben.

Xa estamos desexando que chegue pronto o próximo cumpre!! 

 

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.