Infantil xuntos
(2015-2016) Así creamos a nosa película de animación "O veleno máxico". Queres vela?
Como xa vos contamos anteriormente, para participar no Salón do Libro creamos "O VELENO MÁXICO" despois de levar a cabo unha investigación sobre as formigas e as arañas, nas aulas de Infantil 1 e Infantil 2.
Agora chegaba o momento de convertir esa historia na nosa película de animación, empregando a técnica de stop-motion, tal como tiñamos previsto desde o comezo das nosas investigacións. (A película está dispoñible ó final desta entrada)
Podes ver estes pasos previos que deron lugar á creación desta película de animación nas seguintes entradas:
INFANTIL 1:
24/12/15: (2015-2016) Investigamos sobre as arañas
21/03/16: (2015-2016) Unha chea de arañas..
INFANTIL 2:
05/12/15: (2015-2016) Comezamos a investigar sobre as formigas para ter un formigueiro na aula
24/12/15: (2015-2016) Investigamos sobre as Formigas: "xa temos o noso formigueiro"
16/01/16: (2015-2016) Continuamos a investigar sobre as formigas respostando as primeiras preguntas
19/03/16: (2015-2016) Rematámo-la nosa investigación sobre as formigas
XUNTOS:
19/03/16: [Infantil xuntos] (2015-2016) Así creamos "O veleno máxico", a nosa aportación para o "Salón do libro"
09/04/16: [Infantil xuntos] (2015-2016) Visitamos e participamos nas actividades do Salón do Libro 2016
Para poder crear a nosa animación, estivemos visionando nas aulas diferentes curtamentraxes elaboradas con esta técnica e con plastilina, tal como o faríamos nós coa nosa película. Todos eles están dispoñibles nos vídeos do noso recanto de INFANTIL. Alí tamén atopamos varios vídeos que explicaban como se facían este tipo de películas.
Agora que xa tiñamos claro como se fai unha película con stop-motion, e con todo o que xa aparenderamos o curso pasado coa creación da nosa película de cine mudo "O MAPACHE TOLO", xa podíamos poñernos mans á obra.
CREAMOS OS FONDOS E O STORY-BOARD DA NOSA PELÍCULA:
Cando creamos o noso libro "O VELENO MÁXICO" debuxamos os fondos pensando en que logo os empregaríamos na nosa animación.
Emtre todos fomos debuxando o coloreando os escenarios das diferentes escenas que aparecerían na nosa película, a partir da historia que xa tiñamos creada. Ese sería o guión que seguiríamos.
A partir do guión (que era a propia historia do noso libro "O VELENO MÁXICO") creamos o STORY-BOARD da nosa película, divíndoo en diferentes escenas, e contando o que debería suceder en cada unha delas.
PLANIFICAMOS O TRABALLO CO "PLAN DE RODAXE"
Creamos un gran calendario, indicando os días nos que cada un dos equipos cooperativos tería que rodar a escena da película que lle fora asignada.
Cada un dos equipos foi pegando na data que lle fora asignada a foto do mesmo, o nome do equipo e escribindo o número da escena que lle tocaría rodar.
Indicamos tamén no noso plan de rodaxe, cando engadiríamos a música, as voces e faríamos a montaxe da nosa película.
Pegamos tamén, no plan de rodaxe, tódalas escenas do Story-board, para poder telas sempre a man e saber o que nos tocaba rodar cada día.
Tan só faltaban uns últimos detalles e o noso plan de traballo quedaou listo para comezar a rodaxe.
Puxémolo no corredor para poder consultalo cando fose preciso, e así tamén todos os nosos compeñeiros e compañeiras poderían saber en que estabamos a traballar en cada momento.
CREAMOS AS PERSOAXES, O ATREZZO, O ESCENARIO E O SET DE RODAXE:
A partir do vídeo que mencionamos anteriormente, descubrimos que facían falla unha serie de elementos para facer unha película de animación con Stop-motion.
Puxémonos mans á obra e creamos as persoaxes da película con plastilina.
Tamén creamos os diferentes elementos de atrezzo que iamos precisar nas diferentes escenas.
Preparamos o noso SET DE RODAXE, cun fondo verde (que xa sabíamos que se chamaba chroma) para logo poder cambialo "con efectos especiais" polos fondos que xa tiñamos debuxado.
E por suposto, preparamos o escenario creando un formigueiro con terra. Agora xa estaba todo listo para comezar a rodaxe.
COMEZAMOS A RODAR:
Seguindo o plan de traballo, cada día o equipo que lle tocaba rodaxe, ía verificar no mesmo cal era a escena que lle tocaba rodar. Estas escenas non as fomos rodando na orde na que aparecerían na película, xa que logo habería que montala ordeándolas, como xa sabíamos da nos rodaxe do "Mapache tolo".
Preparaba o material que precisarían e acordaban como ía "plasmar a escena".
Acordando tamén por onde ían a ir movendo as perxonaxes para contar esa parte da historia.
Organizáronse para ir tomando fotografías, unha a unha das persoaxes en diferentes posicións.
Había que ter moito coidado para non mover a cámara co trípode, dentro dos equipos cooperamos e axudámonos para que quedase o mellor posible.
E asi unha a unha foron tomando unha chea de fotografías ata completar a escena.
Nalgúns casos, como na escena da tea de araña fixemos as fotografías "en orde inverso", cortando anacos da tea de araña... logo xa co ordenador faríamos a animación para que parecese que a araña ía construíndo a tea sobre a árbore.
Finalmente para cada unha das escenas cada equipo fixo en torno ás 20-30 fotografías.
CONVERTIMOS AS FOTOGRAFÍAS NUNHA ANIMACIÓN:
Despois de cada sesión de rodaxe, cando xa tiñamos tódalas fotografías, empregamos un programa informático para convertilas nunha animación... facendo pasar as fotografías moi rápido.
Coa axuda dos profes engadímoslle tamén os fondos que tiñamos feitos en lugar do "chroma de cor verde"... tal como fixeramos na pelicula de Chpalin o curso pasado.
Despois de varios días de rodaxe, por fin tiñamos as escenas da nosa película listas, tan só faltaba ordelas unha despois das outras, cada equipo foi o encargado de ilas colocando no lugar que lle correspondía segundo o guíon e o story-board.
Engadimos tamén, antes de cada escena, as fotografías do texto que tiñamos no noso libro "O VELENO MÁXICO".
A película xa estaba lista, pero aínda lle faltaba unha parte mo importante... as voces que ían contar a historia.
GRAVANDO AS NOSAS VOCES PARA A PELÍCULA:
Montamos un improvisado estudio de gravación, na sala de usos múltiples do colexio, onde proxectamos a nosa escena e fomos grabando, cada un dos equipos, as voces correspondentes ó texto que aparecería contando a súa historia.
AÍNDA FALTA ALGO: A MÚSICA, E OS EFECTOS SONOROS
Xa coa película montada, e coas voces postas visualizamos todos xuntos por primeira vez como quedara. Despois de debatir un anaco démonos conta de que faltaba aínda por engadirlle os efectos de sonido, que tiñan que aparecer cando sucedían determinados feitos.
Pareceunos moi boa idea a que comentou un compañeiro, que era empregar instrumentos para ir facendo os efectos de sonido, poderíamos gravalos co teléfono, como xa fixeramos coas nosas voces.
Propuxemos que as maracas poderían empregarse cando se movesen as formigas.
As claves cando a araña texía a súa tea.
O pandeiro cando a toupa destrozaba o formigueiro
E o carrillón, que pedimos prestado na aula de música, cando a formiga raíña subía polo tronco da árbore ata a tea de araña.
Engadimos tamén unha música de fondo.
REMATANDO A PELÍCULA: CREAMOS O TÍTULO E OS CRÉDITOS FINAIS:
Novamente, xa cos efectos de son incorporados á película, voltamos a vela completa todos xuntos. Descubrimos que aínda nos faltaba algo máis, que era o título e o final.
Para facer o título decidimos que nos "apareceríamos animados con stop-motion" como as persoaxes da historia, poñendo unha a unha as letras do título.
Nun improvisado set de rodaxe, moito máis grande que o da película, fomos tomando fotografías de cada unha das letras.
Con estas imaxes montaríamos unha animación para poñer o título.
E para o final tamén creamos un stop-motion, neste caso facendo que aparecese a palabra FIN, escrita con tapóns. Para elo fomos quitando varios tapóns de cada vez e tomando fotografías... logo xa as poríamos ordeadas para que parecese que a palabra se ía escribindo.
POR FIN REMATAMOS!!! A PELÍCULA ESTÁ LISTA PARA ENSINARLLA A TODOS E TODAS:
Agora si, unha última proxección para todos e todas e por fin a nosa película estaba remata.... así de contentos nos puxemos cando a vimos completa.
DAMOS A COÑECER A NOSA PELÍCULO Ó MUNDO, PUBLICÁNDOA NO "CERVO DIXITAL"
Agora tan só quedaba pensar como "contarlle a todos e todas" que a película estaba lista para que a puidesen ver. Ademais dunha proxección pública para as familias, da que xa vos daremos máis detalle, decidimos publicala no "xornal online do colexio" (O CERVO DIXITAL) ... así que dictámoslle á profe o texto que debería aparecer no artigo e insertámola película.
Así quedou a nosa publicación no "CERVO DIXITAL" no apartado "a voz da escola". (fai click sobre ela para poder vela)
E VELAQUÍ A TEDES... AGARDAMOS QUE VOS GUSTE COMO NOS QUEDOU:
Se queres voltar a ver o libro que creamos, e do que partimos para facer esta película, podes velo de seguido facendo click na súa portada:
(2015-2016) Celebrando os cumpreanos do mes de maio
(2015-2016) Semana das Letras Galegas
A semana pasada celebramos na escola, o día das Letras Galegas.
Na semana anterior, nas aulas de infantil, coñecimos ó escritor homenaxeado este ano, Manuel María, así como algunhas das súas poesías máis coñecidas, algunhas delas musicadas, coas que bailamos e desfrutamos.
A información máis relevante que fumos descubrindo no recanto de infantil, decidimos plasmala nun mural, que pasaría a ter unha función informativa e expositiva, unha vez rematado.
E toda a información iría plasmada en forma de arco da vella, pois unha das súas poesías estaba adicada a él.
Os máis pequenos encargámonos de pintar cada unha das cores.
E unha vez posta a cor, o resto de compañeiros, organizados en equipos, escribimos os distintos versos da poesía.
Ademáis, en cada aula, organizados por equipos cooperativos, anotamos cada un dos datos relevantes en cada unha das cores.
Unha vez rematado o mural, montamos as letras do título que lle poríamos "Letras Galegas", con pedriñas que temos no recanto de construccións.
Ademáis, dende a biblioteca, nos propuxeron colgar nas distintas árbores do patio do cole, versos e poesías de Manuel María, así como paxaros, decorados por nós, que lle deran color e ledicia á natureza tan bela que nos rodea.
Nesta ocasión, organizados por parellas, decoramos os nosos paxaros
que prastificamos para que non se estropeasen ó estar ó aire libre.
E....alá nos fomos cos nosos paxaros e poemas
e coa axuda dos profes, fomos colgándoas
Despois de tanto axetreo e continuando ó aire libre, decidimos merendar fora na herba
E xa para rematar a mañán, desfrutamos todos no patio cuberto demúsica e poesía, da man dos compañeiros máis maiores e da profe Merce.
(2015-2016) Participamos na semana do Libro
O pasado 23 de abril foi o día do Libro e na escola, dende a biblioteca, participamos nunha serie de propostas que se desenvolveron ó longo de toda a semana.
-DRAMATIZACIÓNS E LECTURAS NA PRAZA DO CONCELLO
Dende o equip de biblioteca nos propoñían preparar un conto, poema, relato para dramatizar na antiga carballeira do pobo.
Os nenos e nenas de infantil, preparamos un conto que a todos nos gusta moito, "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza".
Para iso, nas dúas aulas previamente, preparamos o conto, con distintas lecturas, dramatizacións, visualizándoo tamén na pizarra dixital e preparando algúns dos elementos que necesitaríamos: as máscaras dos distintos animais e as diferentes "cacas" de cada un deles, que fixemos con plastilina.
Nos fixo moita gracia facer as cacas das persoaxes e ata fixemos unha taboa, repartíndonos cada unha delas,
tan só nos faltaba engadir a do porco e a da vaca...e xa nos parecía ata que cheiraba a caca...
Chegado o mércores 20, nos diriximos ata o lugar do encontro
e con axuda dun micro..comezamos a nosa actuación.
O resto de compañeiros tamén tiñan moitas aportacións que facer, e coas que desfrutamos moito.
-LECTURAS DAS FAMILIAS
O xoves 21 nos visitaron para lernos aos nenos e nenas de infantil e 1º e 2º, as nais e a avoa dalgúns compañeiros.
(de esquerda a dereita, a avoa de Lucas G., a nai de Alberto e Joaquín, a nai de Lara e Tiago, a nai de Aroa, a nai de Diego P. e a nai de Nayra).
Nos gustou moito que nos visitaran e nos leran e estivemos moi atentos.
-TROCO DE LIBROS
Outra proposta na que participamos algúns de nós, foi no troco de libros:consistía en traer da casa un conto, libro noso para intercambiar o día do troco por otro doutro compañeiro.
As compañeiras de sexto, Silvia e Elena, encargáronse de recoller os libros que trouxéramos así como de acompañarnos o día do troco.
Elas nos deron un vale co cal poderíamos facer o troco, sin él non poderíamos levarnos ningún.
Pero como todos o levabamos non houbo problema, vedes?
E como remate dese día, asistimos a un contacontos
no que bailamos, cantamos e contamos!!
(2015-2016) Celebramos os cumpreanos do mes de abril
Como todos os meses, (sempre que algún compañeiro/a cumpre anos), en abril tamén tocou celebrar o cumpreanos dalgúns compañeiros/as.
Nesta ocasión, os homenaxeados eran Jorge, Lucas, María, e o profe Óscar.
O día anterior fixeron a tarta elixida.
Seguindo os pasos que marcaba a receita.
E....lista!!! o día seguinte, os nosos compañeiros sopraron as cinco candeas
e tamén Óscar, que soprou unha, de xeito simbólico.
e a desfrutar da tarta e dos gusaniños e patacas fritidas.
En maio teremos nova celebración!
(2015-2016) Visitamos e participamos nas actividades do Salón do Libro 2016
Una curso máis participamos nas actividades organizadas polo Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que nesta ocasión levaba o título "Canta Bichería", e estaba ambientado na historia do libro "As aventuras de Extravaganza Pérez".
Desde as dúas aulas de Educación Infantil estivemos investigando sobre as formigas e arañas, tal como xa vos contamos en entradas anteriores, e participamos na elaboración do trabalo do centro co noso libro "O veleno máxico".
Podes acceder a este trabalo previo nas seguintes entradas:
24/12/15: INFANTIL 1 - (2015-2016) Investigamos sobre as arañas
19/03/16 - INFANTIL 2 (2015-2016) Rematámo-la nosa investigación sobre as formigas
19/03/16: [Infantil xuntos] (2015-2016) Así creamos "O veleno máxico", a nosa aportación para o "Salón do libro"
Agora, despois de tantas semanas de traballo, chegara o momento de participar nas actividades do Salón, de ver o noso libro e, por suposto, de reecontrarnos co lobo ORBIL.
Para facer o percorrido en aubotús fomos seguindo o noso mapa de ruta e localizando os diferentes lugares polos que iamos pasando. Fixemos este mapa en ámbalas dúas aulas, pero xa vos contaremos o proceso de creación e traballo con este mapa en futuras entradas do recanto de infantil 1 e 2.
Por fin chegamos a Pontevedra, ó Pazo da Cultura, alí xa nos estaban a agardar para comezar a nosa visita.
CATA foi a encargada de acompañarnos polas diferentes salas e actividades do Salón do Libro.
Primeiro asistimos a unha sesión de contacontos musicados a cargo de "MIGALLAS".
Encantáronnos tódolos contos que nos foron contando, e a "bichería" que había dentro deles.
Rematado o contacontos acompañamos a CATA ata a exposicion, e polo camiño fomos descubrindo moitos animais. Algúns deles ata estaban camiñando polo teito.
Como xa vos comentamos, este ano a exposición estaba ambientada no libro "As aventuras de Extravaganza Pérez", unha nena que ía buscando ós seus pais por diferentes lugares fantásticos.
O primeiro lugar ond nos atopamos foi en "Casa Pavo" a casa de Estravaganza Pérez e a súa familia.
Por suposto non perdimos a ocasión de facernos unha foto de grupo na casa de Estravaganza.
Como nos comentou CATA, había que ir percorrendo os diferenters lugares do libro "seguindo o mapa"... e no corredor puidemos ver unha versión xigantesca do mesmo.
A primeira parada foi en "OCÉANO MÁRMORE" que estaba cheo de bloques de xeo que parecían anacos de marmore, onde tamén había uns osos polares e unha balea xigantesca, que coa auga que botaba creaba un arco da vella como no libro.
En NOCTURNIA, estivmos observando atentamente os lémures que nos miraban fixamente.
Tamén participamos nun "dominó xigante" no que había que completar os diferentes partes dos animais.
Entre todos e todas démolo completado axiña.
Visitamos tamén a exposición de traballos dos diferentes colexios participantes. Había unha chea deles, todos fantásticos.
Entre eles estaba a nosa árbore....
E na árbore, xusto onde o puxéramos, o noso libro "O veleno máxico" que xa estaba aberto... seguro que xa o lera moita xente.
Se queres ler o noso libro "O bveleno máxico" podes facelo facendo click na súa portada, de seguido.
Continuando coa nosa viaxe, seguindo a ruta de Extravaganza, chegamos ata a fervenza do libro....
Onde xogamos con CATA a convertirnos en diferentes animais.
Cando Estravaganza perdeu os seus lentes non podía ver nada, o igual que ela entramos na seguinte sala "cos ollos pechados" e apalpando coas mans para descubrir os diferentes animais.
Ata que dentro atopamos "os lentes de Estravaganza".
Despois dun pequeno descanso para merendar...
Pasamos por "OCÉANO VERDURA" onde estaba todo cheo de vexetais como "os calacús" que saían na historia de Estravaganza.
E moitas máis como zenorias, verdura, porros...
E xa por último rematamos a nosa viaxe voltando de novo á casa de Estravaganza... despedímonos dela porque aínda nos quedaba un momento que estabamos todos e todas agardando.
Encontrarnos un curso máis co LOBO ORBIL, que como ven sabedes é a palabra "LIBRO escrita do revés.
Encantounos voltar a reencontranos con el.
Xa rematáramos a nosa visita e, como chovía non puidemos ír ó parque, polo que tivemos que voltar para o colexio.
Menos mal que aínda tiñamos o noso mapa, como o de Estravaganza, para poder saber como voltar ó colexio.
Pero aquí non remata o noso traballo co "Salón do libro", aínda nos queda o proceso de creación da película de animación coa técnica de stop-motion a partir do noso libro "O veleno máxico", que xa vos iremos dando conta en sucesivas entradas.
Lembra que podes visitar o Salón do libro, de forma gratuita, e participar nas actividades que nel se organizan ó longo das vindeiras semanas. Atoparás toda a información que precises na seguinte web:
(2015-2016) Participamos nunha visita a Apípolis
O pasado martes 29, visitamos Apípolis, en Xeve.
Como este curso o Salón do Libro xira en torno aos bichos, e en infantil investigamos sobre arañas e formigas, e en 1º e 2º sobre abellas, ben merecía unha visita a este lugar tan fantástico, no que o pasamos de maravilla e de paso, aprendimos algunhas cousiñas.
Así que para alí partimos, con algunha que outra baixa, pois algúns compañeiros non puideron vir, por culpa da varicela.
Unha vez chegamos a Apípolis,
e despois de presentarse os monitores, nos contaron unha historia moi divertida, sobre unha abella e un rapaz chamado Moncho.
A partir de aquí, nos dividimos en tres grupos, un de cada cor, e co seu monitor, para participar nas distintas actividades:
EXPOSICIÓN
No pequeno "museo" que teñen en Apípolis, vimos moitas fotografías e carteis, sobre o mundo das abellas. Aquí Nicolás, nos está falando da abella raíña, o zángano e a abella obreira.
Tamén había panais, nos que debíamos atopar á abella raíña, que estaba marcada cun punto branco.
unha enorme colmena...
e ata as esculturas dun oso e a súa cría, ós que lles gusta moito o mel.
NOS VESTIMOS DE APICULTORES
Outra das actividades consistiu en poñerse o traxe de apicultor/a e estar moi moi pretiño das abellas, sen que nos picasen, xa que estabamos moi ben protexidos.
para elo, os monitores puxeron moito empeño e atención para que todo estivera perfecto e non houbese ningún peligro para nós.
e alá fomos....incluídos os profes, que non se querían perder esta experiencia.
Pouco a pouco foron saíndo as abellas das súas colmenas e panais e tivemos que seguir as instruccións que nos indicaran os monitores: estar moi quietiños, cos brazos baixados e non tocar a cara, que aínda que estaba protexida, non se podía pegar á tea transparente que a cubría.
Algún/ha que outro/a pasamos algo de medo cando se nos achegaban as abellas, aínda que sabíamos que non nos picarían...
E antes de pasar a outra actividade, por suposto, unha fotiño de grupo, para que quede de recordo.
SACAMOS MEL DUN PANAL E FACEMOS UNHA CANDEA
Myriam nos explicou cómo fan os apicultores para extraer o mel dos panais.
As distintas celdas do panal están cubertas por cera, tapando o mel, e hai que separalos, para logo
meter o panal nun bidón, que despois de darlle moitas voltas a unha manivela
permite que saia o mel, que pasa antes por un colador, por si houbese algún resto de cera.
e así, con axuda da monitora, envasamos o noso tarriño de mel para levar a casa como agasallo, xunto coa candea, que tamén fixemos a continuación.
sen olvidarnos de meter dentro o fío que será a mecha da candea.
OBRADOIRO DE COCIÑA- FACEMOS GALLETAS DE MEL
A última actividade consitiu en amasar e dar forma á masa elaborada polos compañeiros de primaria, que levaba, fariña, mantequilla, levadura, azucre e mel.
Alicia, a monitora nos cantou unha canción para recordar os ingredientes da receita e fixemos uns pasos moi divertidos para amasar ben as nosas galletas, catro trociños de masa para cada un de nós.
e...para o forno. En canto saíron, as repartiron entre todos nós para levar tamén como agasallo a casa.
O pasamos todos xenial e non paramos en toda a mañán...tiñamos moito que contar en casa!!
...e na escola tamén, xa que moitos compañeiros non puideran vir.....así que nos días seguintes á saida elaboramos un pequeno mural expositivo e informativo, con fotografías e pequenos textos explicando en qué consitira a visita a Apípolis.
E listo!... no corredoiro de infantil para quen lle poida interesar!
Recollemos e enviamos xoguetes para os nenos e nenas de Siria
Como xa sabedes, no mes de xaneiro, nas aulas de Infantil coñecimos cómo é a vida nos campos de refuxiados, dos nenos e nenas de Siria.
Como remate de este achegamento, xurdiu a idea de facer unha recollida de xoguetes, un por neno/a, para enviarllos a través dunha asociación que ten o seu punto de contacto en Madrid: AAPS- Asociación de Apoio ó pobo sirio.
Pensamos que isto seguro que lle interesaría tamén aos nenos e nenas de primaria así que en dúas caixas escribimos un cartel para indicar que nelas se deberían colocar os xoguetes donados
e con moita ilusión marchamos ás distintas aulas a informar ós compañeiros
e explicarlles as condicións, a máis importante: tiña que ser un xoguete de cada un, non mercado, pois así tería máis significado e valor ó tratarse dunha aportación moi persoal de cada neno, e desprenderse dun xoguete sempre custa un pouco.
No recanto do mural do día da Paz deixamos as caixas para que cada neno/a depositara o seu xoguete cando quixera.
Outra condición era que cando empezasen as vacacións remataría a recollida.
As caixas se foron enchendo e nós, en cada aula de infantil tamén trouxemos o noso xoguete, explicando ós compañeiros porque decidimos regalar ese, quen nolo regalara a nós....
Tamén eliximos en cada aula tres ou catro xoguetes da clase que nos gustaría regalar.
E así chegou o día de colocar todo nunha enorme caixa que os profes levarían a un lugar onde transportan os paquetes a outras cidades.
Buscamos en internet a dirección da asociación, e a copiamos
para que fora escrita tamén na caixa.
E por fin, o paquete pasou pola oficina de mensaxería, e despois de pesalo e medilo e terminar de embalalo ben, xa está de camiño a Madrid e de alí chegará ó campo de refuxiados para repartilo entre os nenos e nenas.
Moitas gracias a todos por colaborar!!
(2015-2016) Celebrámo-los cumpreanos do mes de marzo
Antes de irnos de vacacións, pois remataba o segundo trimestre, chegou o momento de celebrar os aniversarios dos nosos compañeiras e compañeiras que cumprían anos no mes de marzo.
Nesta ocasión, os homenaxeados foron ALICIA, CECILIA, LARA F. e ROI, quenes elexiron e "cociñaron" unha tarta para os seus compañeiros e compañeiras, que eles mesmos escolleron, do noso libro de receitas.
Unha vez recordados os pasos a seguir, foron elaborando a riquísima tarta elixida.
O día da celebración, como con cada aniversario, sopramos as candeas segundo os anos que cumplíramos.
ALICIA apagou 4 candeas....
... mentras que LARA, ROI e CECILIA tiveron que soprar 5.
Despois de cantarlles o "cumpreanos feliz" en diferentes idiomas, os homenaxeados foron repartindo a tarta entre os seus convidados.
Estaba tan deliciosa que algúns quixeron ata repetir.
Con patacas fritidas, gusanitos e zume rematamos esta gran festa dos aniversarios do mes de marzo.
Tan só nos queda agardar ata o seguinte mes, para celebrar unha nova festa de aniversario.
(2015-2016) Así creamos "O veleno máxico", a nosa aportación para o "Salón do libro"
Despois de ter investigado sobre as formigas e as arañas, nas aulas de infantil 1 e infantil 2, con todo o que agora sabíamos chegou o momento de crear o noso libro "para levarllo ó lobo ORBIL", e así poder participar nas actividades do Salón do Libro 2016.
O primeiro que fixemos foi lembrar e explicarlles ós novos compañeiros e compañeiras, quen era ORBIL e que traballo fixeramos en cursos anteriores, mirando os libros que creáramos naquel momento e as respectivas entradas na web do colexio.
Entre todos fomos escribindo diferentes historias nas que aparecían arañas, formigas e outros animais, para finalmene "xuntar todas as ideas" e acodar unha historia final entre as dúas aulas.
Xa coa historia decidida, que logo tamén sería o guión da nosa película de animación (pero diso xa falaremos noutra entrada), debuxamos os fondos que empregaríamos tanto na animación como nas diferentes escenas do libro.
E por equipos fomos escribindo os textos das diferentes partes da historia.
Cos fondos elaborados fomos "modelando" con plastilina as personaxes da historia, as mesmas que logo empregaríamos na nosa película en "stop-motion", e que tamén aparecerían no libro da nosa historia.
Velaquí tódalas personaxes xuntas: as formigas, a añara, a toupa e o crocodilo.
Escritos os texto, tiñamos que pegar en cada unha das escenas debuxadas e escaneadas, as pegatinas das persoaxes que interviñan.
Cos fondos, persoaxes e textos listos montamos o noso libro con forma de "tea de araña".
Unha vez decicido o título "O VELENO MÁXICO", así nos quedou rematado.
Podes ler o noso libro completo facendo click na súa portada, de seguido.
O noso libro-tea de araña, estaría colocado xunto cos dos restantes compañeiros e compañeiras do centro, nunha árbore enorme. Por suposto, tamén participamos na confección do mesmo, pintado de marrón as ramas do mesmo.
Coa árbore xa montada, colaboramos tamén pegando "bichos" polas súas ponlas
e, por suposto, situando o noso libro-tea de araña.
Así de fantástico quedou o noso "libro dos bichos"... poderás velo na exposición do "Salón do libro 2016 de Pontevedra", no que haberá unha chea de bichos.
Á volta das vacacións participaremos nas actividades do Salón do libro e, unha ano máis visitaremos ó lobo ORBIL... seguro que lle encanta o noso libro.
Atoparás máis información sobre as actividades desta edición do salón na seguinte ligazón:
XVII Salón do Libro: "Canta bichería!"
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- …
- seguinte ›
- última »