Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

recursos

Retomamos as sesións de traballo sobre as T.I.C. dos martes pola tarde

Máis información na aula virtual, na categoría profesorado (acceso dispoñibles tamén para convidados)

 

Horario das sesións de traballo: Martes de 18:00 a 19:00 horas.

Data, horario e actividades concedidas do Salón do Libro 2010

XI SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVERDA "A CIDADE"

Data, horas e actividades concedidas nesta ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/375

 

Web oficial do Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra:

http://www.salondolibro.org

 

 

 

Servicios DNI electrónico, engadido no apartado Zon@ TIC

Un novo apartado foi engadido na Zon@ T.I.C. en relación o uso e servicios dispoñibles para o D.N.I. electrónico.

Inclúe un apartado específico cos servicios máis relevantes para o uso por parte de funcionarios (consulta de histórico de nóminas e datos fiscais e datos de MUFACE), así como outros servicios de interese xeral para a comunidade.

 

 
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=category/12/120
 

 

Plantilla para o concurso de postais de Nadal 2009

Podes descargalas nas seguintes ligazóns, en formato .odt e .pdf.

 

Información das actividades da campaña "Moito ollo"

 

 

Atoparedes toda a información sobre a campaña, e as actividades a levar a cabo no centro o vindeiro 10 de decembro na seguinte ligazón:

www.moitollo.com

 

Publicado concurso de traslados de mestres/as

Aberto o prazo para participar no concurso de traslados para funcionarios do corpo de mestres/as.

Convocatoria:

Descargar do  DOG - 18/11/2009 (en formato pdf)

Actividades de Caixanova concedidas e datas de celebración das mesmas

Podes descarga a continuación o listado das tres actividades de Caixanova concedidas e acepatadas para este curso.

Podes descargala de seguido en formato *.pdf

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/system/files/actividades_caixanova_concedidas.pdf

 

Lembra que podes acceder ó catálogo de actividades desde aquí:

http://www.centrosocialcaixanova.com/actividadesescolares/portal/wp-cont...

 

As guías didácticas para o profesorado podes atopalas aquí:

http://actividades.centrosocialcaixanova.com/peticions/php/guias/index.php

 

 

Descarga a plantilla para os traballo da revista escolar "O Cervo"

Podes descargar a plantilla correspondente ó curso 2009-2010, para os traballos da revista escolar, "O Cervo", na sección de Normaliza e Dinamiza -> O Cervo.

Tamén podes acceder directamente desde aquí.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/332

Incluído botón de acceso directo ós "Contidos Educativos" do portal edu.xunta.es

Desde agora, na parte inferior da web, no apartado destacados, aparece un novo botón de acceso directo ós Contidos Educativos do portal www.edu.xunta.es, para que os teñamos a man en calquera momento.

 

Invitamos a tódolos mestres/as a seleccionar no seu recanto, tal como acontece no recanto de infantil, estas ou outras aplicacións online que empreguedes na aula, para que sexan coñecidas e empregadas polos demáis compañeiros deste e doutros centros educativos.

Óscar Abilleira Muñiz

Coordinadordo equipo para as T.I.C.

AVISO DA UAC: PHISHING - Non facilitar os datos do correo persoal a ningunha solicitude

É MOI IMPORTANTE NON FACILITAR OS NOSOS DATOS DE E-MAIL (CONTRASINAL) A NINGUNHA SOLICITUDE FEITA.

NUNCA SE PIDEN, NIN DEBEN DARSE, DATOS PERSOAIS POR E-MAIL (CONTRASEÑAS, DATOS BANCARIOS, DATOS PERSOAIS,...) 

Esta práctica de "enganar" ó usuario é coñecida como PHISHING e consiste en facerse pasar por unha entidade para solicitar datos persoais, neste caso a nosas contas de correo.

Este aviso é extensible a contas bancarias, tarxetas de crédito/débito, contrasinais...

Ningún banco, empresa ou proveedor de contidos solicitará baixo ningunha circunstancia por e-mail (ou teléfono) ditos datos, calquera mail recibido onde se pidan contrasinais ou datos persoais SON FALSOS E DEBEN SER BORRADOS.

Facilitar este tipo de datos, é caer no engano, e pode supoñer neste caso concreto que poidan acceder non só ó noso correo persoal senón a tódolos servicios asociados ó mesmo (concurso de traslados, solicitudes relativas a nóminas...).

 

¿Que é e como funciona o PHISHING?

O Phising consiste en enganar ós usuarios que teñen conta de e-mail (tamén pode facerse por teléfono) para "enganándoos" coñecer os seus datos persoais.

Se alguén responde a este tipo de solicitudes e envía os seus datos persoais, pode desde darlle os datos de acceso ó correo persoal a facilitarlle o código pin e datos da nosa tarxeta bancaria....

Reptimos novamente que NUNCA un banco ou calquera outra entidade vai pedir os datos por e-mail nin teléfono. Co cal calquera solicitude vía mail ou telefónica a este respecto SERÁ FALSA.

O feito de ver que o remitente "teña pinta de fiable" ou pareza un enderezo real non é en ningún caso algo que de veracidade á solicitude. É relativamente doado enviar un e-mail facéndose pasar por outro.

Algo común a tódolos métodos de phising (ver a continuación) é que inclúen unha ameaza de cerre ou outro tipo de problemas se non se resposta, para que os usuarios actúen sen pensar o que fan.

 

Modos de phising máis habituais e que NUNCA debemos respostar:

- Facerse pasar por un servidor de correo (como neste caso cos correos da Xunta) advertindo que se non se envían os datos da nosa conta está será pechada, NUNCA O PROVEEDEOR DE E-MAIL VAI A PEDIR OS NOSOS CONTRASINAIS entre outras razóns porque eles mesmos podería acceder a eles en calquera momento, polo cal non tería ningún sentido.

- Facerse pasar por unha entidade bancaria que envía un e-mail pedindo os datos bancarios, pin da tarxeta, código de acceso á banca virtual, tarxeta de coordenadas.  ¿Para que ía querer o banco estes datos se xa os ten no seu poder?.  Este tipo de datos XAMÁIS se solicitan por e-mail ou teléfono e sempre se xestionan persoalmente.

 

- Incluir nun correo uNha ligazón (enlace) a unha web "idéntica"  a do nosO banco, servidor de correo... de modo que o introducir nela os datos estamos "enviándoos" ó creador da mesma e desde ese momento os terá no seu poder, coas consecuencias que poida ter, sendo responsable o usuario das consecuencias que teña, xa que "teoricamente" entregou os datos voluntariamente.

Para evitar este tipo de phising, nunca se deben seguir ligazóns "directas" deste un e-mail, se queremos entrar no noso banco, correo... debemos teclear o enderezo que usamos habitualmente, no que teremos a seguridade de que é o correcto.

 

- Envíar un e-mail cun "novo enderezo" do noso banco online ou do noso correo,  neste caso infórmasenos que o banco ou correo cambiou de enderezo, e incluen o novo, invitándonos a meter os nosos datos (cousa que nunca faría o sitio web real) para que quede "activada" ou similar. Calquera banco ou entidade (servidor de correo, web...) que decida cambiar o seu enderezo sempre o enlazará directamente desde o seu antigo enderezo, polo que deberemos entrar escribindo a dirección de sempre e observar se nos redirixe a unha nova web. Este tipo de cambios de enderezo moi rara vez sucede.

En todo caso este tipo de cambios de web comunícanse sempre desde a páxina real ou por correo postal (no caso dos bancos)

 

 

Esta é mail de advertencia remitido pola U.A.C. a tódolos usuarios do correo @edu.xunta.es

Estimados usuarios/as de correo electrónico:
Detectáronse estes días intentos de ataque de "phishing" realizados contra os nosos usuarios. Este tipo de ataques tratan de enganar os usuarios de internet para que faciliten os datos que os identifican para acceder a certo tipo de servizos que se ofrecen a través da rede, como contas bancarias, ou contas de correo electrónico.
En particular, centos de usuarios recibiron un correo electrónico solicitándolle que se estaban interesados en seguir utilizando a súa conta de edu.xunta.es, facilitasen os datos da mesma e o  contrasinal antes de dúas semanas, ou do contrario a súa conta daríase de baixa.
É moi importante que  NON RESPONDA a esa mensaxe, do contrario a súa conta de usuario estará comprometida.
Se xa respondeu a esa mensaxe facilitando os datos da súa conta de usuario, por favor, cambie  de inmediato o seu contrasinal. Se ten calquera dúbida sobre como facelo póñase en contacto coa UAC (Unidade de Atención a Centros) chamando ó 902 905 445.
Por favor, teña en conta que dende a consellería NUNCA se lle pedirá que facilite o seu contrasinal, e que a súa conta de usuario é persoal e intransferible.

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.