Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Blog da biblioteca

(2023-2024) A narración desde o teatro e o movemento

Benvidos ao blog da biblio! Xa sabedes que na biblio do noso cole encántanos levar a cabo toda clase de actividades e obradoiros. Iso sí, hai unha cousa que nos gusta todavía máis... reunir a toda a comunidade educativa! E iso é o que fixemos para inaugurar o curso 2023-24.

O día 3 de outubro, levamos a cabo o obradoiro: "A narración desde o teatro e o movemento", a mans de María Torres, directora artística da compañía de teatro "Elefante Elegante". Unha actividade do máis completa, pois a trvés da expresión corporal traballamos moitos aspectos básicos na nosa vida: superar a vergoña, comunicarnos mellor, coñecer mellor o noso corpo...

E iso fixemos durante o obradoiro, aprender ao mesmo tempo que o pasamos estupendamente ben. María ensinounos ferramentas moi útiles, tanto para os nenos e nenas, como para as familias e os mestres e mestras.

Foi unha tarde estupenda, e a resposta de familias e alumnado á mesma superou todas as expectativas. Dende o equipo da biblioteca non podemos estar máis contentas de que participedes de forma tan activa... e por suposto, tedes a nosa palabra de que continuaremos organizando obradoiros tan divertidos e interesantes como este. Vémonos pronto con máis!

(2023-2024) Na nosa escola rexeitamos calquer tipo de violencia

Boas tardes a todos e todas!

Como xa sabedes, a principio de curso, na nosa escola comprometémonos a mellorar a través de compromisos de convivencia. Pois moi ben, chegou o momento de levar os compromisos a práctica, e decidimos facelo dicindo "NON!", a calquer tipo de violencia na escola.

Aproveitando a celebración do "Día da non violencia", o día 2 de outubro, decidimos levar a cabo asambleas en cad aaula onde falamos de violencia. Pero non soamente falamos sobre ela, falamos tamén acerca de como podemos evitala, que consecuencias ten, como nos sentimos cando somos víctimas da mesma... De xeito que puideramos concluir se realmente a violencia consigue solucionar os problemas.

Unha vez concluimos as asambleas, recollimos e repartimos polas aulas carteis onde, por acordo do grupo dentro da mesma, declaramos as nosas aulas espazos libres de violencia. E non só violencia física, dentro do noso cole non aceptamos agresións de ningún tipo e por ningún motivo.

Por tanto, a próxima vez que poida iniciarse unha situación que implique violencia; observaremos os nosos carteis para recordar que a violencia NUNCA nos leva a ningún sitio.

(2023-2024) Comezamos o curso comprometéndonos a mellorar

Benvidas a todas e todos!

Xa estamos de volta. Damos inicio a un novo curso onde tanto mestres e mestras, como alumnos e alumnas, volvemos coas pilas cargadas para ensinar, aprender e seguir traballando por facer do noso cole un lugar onde todas e todos poidamos sentirnos libres e aceptados.

O noso xeito de facelo, foi a través de compromisos de convivencia. Cada neno e nena do alumnado tiveron que pensar, que era o que eles e elas podían facer para mellorar a convivencia no colexio. Así, cada titor e titora traballou co seu grupo para chegar a estas propostas, e unha vez os tivemos listos... tocou reunirse!

Aproveitando que fixo un dia estupendo, reunímonos na entrada do colexio. Alí, foi onde introducimos o noso compromiso na súa caixa, cambiando o propósito por unha chapa de benvida ao cole e a este novo curso escolar. Todos os compromisos seguirán nesta caixa ata o final do trimestre, onde os retiraremos e consultaremos para ver se os nosos compromisos foron acadados. Se así é, pasaremos a un novo compromiso, se non, continuaremos traballando para acadar ese compromiso o vindeiro trimestre.

E xa para rematar, os mestres e mestras tamén fixemos os nosos compromisos co alumnado para mellorar a convivencia no colexio. Así que con esta nota positiva, damos a benvida a un novo curso onde agardamos aprender e divertirnos moito!

(2022-2023) A xincana das emocións

Ola a todos e todas! Como xa é tradición para despedir o curso, dende o cole (e cun gran traballo por parte do noso mestre de educación física) organizamos unha xincana. Pero este ano, foi unha xincana moi especial... Queredes saber porqué?

En primer lugar, este ano o cole ao completo subimos a San Antoniño. Os compañeiros e compañeiras de infantil estiveron con nós e experimentaron esta actividade por primeira vez. Pero o mellor de todo foi a temática, pois este curso fixemos a xincana das emocións. Tivemos que pasar por todo tipo de probas onde puxemos en práctica todo o que aprendemos, ao mesmo tempo que superamos desafíos que puxeron a proba a nosa capacidade física.

Non resultou nada sinxelo. Tivemos que poñer a traballar a cabeza, os músculos pero tamén o corazón; xa que as emocións estiveron presentes en todos os aspectos. Aprendendo deste xeito, que ao final o benestar é unha combinación de sentirnos ben no noso corpo a través do exercicio, pero tamén coidando sempre como nos sentimos.

(2022-2023) Recomendacións lectoras para o verán!

Aquí van as nosas recomendacións lectoras para este verán. Ademais incluimos xogos para desfrutar e pasar tempo en familia!

Agardamos que vos gusten e que pasedes un bo verán!!!

2022-2023 LECTURAS NA CARBALLEIRA

 Un ano máis celebramos o noso certame de LECTURAS NA CARBALLEIRA. Unha xuntanza donde alumnado, profesorado, familias e persoas invitadas interactuamos para festexar as NOSAS LETRAS GALEGAS.

Rendimos homenaxe este día a Francisco Fernández Del Riego cunha canción interpretada polo alumnado de 3º e 4º...

Os rapaces e rapazas de infantil tamén aportaron o seu gran de area cunha liña do tempo de autores homenaxeados...

E, tamén entregamos un premio ao gañador do concurso de carteis: Xosé Luis Moldes Domínguez...NORABOA!!!!

E, noraboa a todos/as os que participastes no concurso porque non foi doado elexir o gañador...Aquí recollemos todos os carteis que participaron.

Pero houbo moitas cousas máis ese día...por exemplo, unha morea de libros que agasallamos a quen quixera levar algo de literatura para as súas casas...

E, xa para rematar, este ano tivemos como persoa invitada a unha contacontos fantástica: ALBA GRANDE, que nos deleitou coa súa pandereta e coas súas historias...

Moitas grazas a todos/as os que quixéstedes pasar un anaco agradable con nós!!!!!!

VÉMONOS O PRÓXIMO CURSO!!!! Con máis novedades, autores, libros, contacontos....

(2022-2023) Fora o acoso, e dentro a positividade!

Ola a todos e todas! Sabiades que o día 2 de maio foi o "Día Internacional contra o Acoso Escolar? Pois ben, como no noso cole non se nos escapa nin unha sola data que conmemorar (e todavía máis se é para loitar contra un tema tan serio como este), puxémonos mans a obra para poñer o noso graniño de area contra este problema que padecen tantos nenas e nenos no mundo.

Dende a escola, pensamos que o acoso non é algo que teñamos que abordar só cando sucede, tamén temos que evitalo antes de que se presente. E a mellor forma de previr, e traballando os sentimentos positivos. Quixemos indagar en cales son as frases que poden facer sentir ben aos demais cando as escoitan. Unha vez que tivemos claro que esta era a mensaxe que queriamos mandar, cada alumno e alumna rexitraron as súas nuns anacos de papel.

O seguinte paso, foi buscar unha zona de paso onde, día a día, poidamos pararnos a ler unha destas frases cheas de positividade; de xeito que cando teñamos un mal día, ou necesitemos animarnos, poidamos botar unha ollada a estas bonitas palabras. Deste xeito, creamos un "Taboleiro+", onde un representante por curso colgou as frases dos seus compañeiros e compañeiras de aula.

Agora si, temos nun rincón do cole un espazo onde poidamos transmitir mensaxes positivos e agradables cara aos demais. Así que cando queiramos animar a alguén, poderemos escribir novas frases para ir mudando e cheando este taboleiro de notas que nos debuxen un sorriso de orella a orella!

(2022-2023) Como axudar aos nosos/as fillos/as nos estudos

O éxito dos nosos fillos/as é unha das pricipais preocupacións das nais/pais do alumnado.

Esta guía pretende ser unha axuda para acadar uns bos resultados académicos.

(2022-2023) Libros en cada recuncho do cole

Por fin chegou a semana do libro! Xa sabedes que no noso cole somos moi de ler, por iso o noso obxectivo esta semana era claro: Quixemos encher o colexio de contos ata a última esquina!

Esta tarefa comezou o luns, có alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria acudindo ao Salón do Libro. Como xa sabedes as persoas que visitades habitualmente esta páxina, participamos cos nosos propios contos e estivemos moi implicados en todo o relacionado con este evento. Se queredes saber máis sobre esta visita, podedes velo aquí.

O martes, o alumnado de 1º e 2º coa axuda das profes Marta e Zaira, grabaron un audioconto que moi pronto teremos dispoñible e que compartiremos aquí na páxina do cole.

O mércores, os libros fixeron unha viaxe ao patio da escola. En diferentes puntos do mesmo, habilitáronse espazos lectores, onde todos os nenos e nenas pasaron para revisar os novos libros da nosa biblioteca, pero tamén para disfrutar dun momento de calma cun libro na man.

Sen duda imos a ter que repetilo pronto, porque a todos pareceu encantarlles a nosa bibliopatio!

Pero as sorpresas non remataron aquí, cando estivemos de volta dentro do cole, agardaban dous contacontos moi especiais a mans dos propios mestres e mestras do cole.

Como podedes ver nas fotos, foi unha experiencia xenial tanto para os alumnos e alumnas, como para o profesorado. Todos e todas o pasamos xenial grazas a lectura!

E xa o xoves, chegou o momento dos apadriñamentos lectores... pero nesta ocasión demoslle un pequeno xiro. Esta vez, os "pequenos" do cole apadrinaron aos "maiores", pero nesta ocasión o sorteo foi algo distinto. Aproveitando o noso Memory xigante de emocións, temática a traballar este curso no noso proxecto de biblioteca, emparellamos as distintas emocións para saber quen apadriñaría a quen para esta actividade.

E así, con cada ovella coa sua parella, os máis pequenos arrancaron a ler para contar aos seus compañeiros e compañeiras algunhas das suas historias e contos favoritos.

Igual que no cole, animamos a todos e todas a que a semana do libro sexa unha realidade tamén nas casas, ensinando a nenos e nenas a disfrutar e divertirse coa lectura!

(2022-2023) Bicos, bicos e máis bicos!

CComo xa sabedes aqueles e quelas que visitades a páxina do colexio, na nosa escola non hai nada que nos guste máis que unha boa celebración. Así que xa imaxinaredes a que liamos para celebrar o Día Internacional do Bico.

Non só nos pareceu unha ocasión perfecta para repartir agarimo polo colexio, senón que ademais foi unha moi boa oportunidade para continuar traballando as emocións como parte do noso proxecto de biblioteca.

E explicados os previos, imos contarvos que argallamos. O primeiro que fixemos, foi pegar un cartel no corredor do colexio, anunciando que día era, e despois preparamos un cadro de cores que sería o lugar no que, quen quixera, podería darse un bico cos seus compañeiros e compañeiras.

E xa co espazo preparado, pensamos que sería divertido poñer unha cámara, e así gardar un recordo de canto nos queremos entre compañeiros e compañeiras. Aínda así, os bicos empezaron moito antes de que puxeramos a funcionar a cámara...

Ningún alumno e alumna librouse de recibir un bico... e o mesmo pasou cos profes. Tan pronto tivemos a algún deles cerca, conseguimso que se acercasen para chearlles a cara de centos de bicos.

Queredes ver cantos bicos repartimos polo colexio tanto os nenos e nenas de infantil como de primaria? Pois aquí tedesos videos onde podedes velo (e un video extra cos momentos máis divertidos que colleu a cámara).

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 11 invitados conectados.