Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Convivencia, coeducación e igualdade de xénero

(2022-2023) O 8M é violeta e verde

Ola a todos e todas! Estamos de volta cunha nova publicación, esta vez para contarvos como pasamos no noso colexio a conmemoración do 8 de Marzo: Día da Muller.

Tras baraxar distintas propostas, ao final nos decantamos por celebrar a vida de mulleres ecoloxistas, que non sempre recibiron a visibilidade que merecen. Deste xeito, non só puxemos en valor o seu traballo, senón que aprendemos que unha soa persoa, cos seus actos, pode cambiar o mundo.

Para comezar, cada aula seleccionou a unha destas mulleres, co compromiso de investigar sobre as suas vidas e o seu traballo; co fin de elaborar un cartel informativo.

Unha vez o tivemos feito, pasamos á segunda parte da actividade. O propio día 8 de marzo, colgamos os carteis no exterior das aulas, de xeito que todos os compañeiros e compañeiras do colexio puideran apreciar os resultados de cada investigación.

E isto non é todo, ademais de compartir o cartel co resto do colexio, tamén fixemos un pequeno cambio ao nome das nosas aulas. Decidimos facer desaparecer as habituais placas co nome dos cursos, para renombralas co nome das mulleres que investigamos. Deste xeito o recordo do seu traballo poderá extenderse máis alá do 8 de marzo.

E xa con todo preparado, chegou o momento de dar a volta ao cole e aprender sobre a vida de Berta Caceres, Rachel Carson, Jane Goodall, Wangari Mathai e Vandana Shiva. E o fixemos de mans dos mellores expertos e expertas posibles... o propio alumnado!

Pero isto non é todo. Como acto simbólico para poñer un lazo de oro á conmemoración do 8M, e poñendo en práctica as ensinanzas sobre ecoloxía das mulleres antes mencionadas, levantamos no noso patio unha cabana de vimbio vivo. Unha cabana dentro da que nos poidamos sentir en contacto coa natureza, pero a mesmo tempo libres, protexidos e protexidas; e sen diferencias. Aportando así o noso graniño de area a un mundo máis verde, pero tamén máis igualitario.

(2022-2023) San Valentín non so é para os namorados!

Ola a todos e todas! Como ben saberedes xa, o día 14 de febreiro celebramos San Valentín, ou como tamén se coñece, o día dos namorados e namoradas. Esta celebración fixo que no cole nos fixesemos unha pregunta... De verdad este día e solo para as persoas namoradas? Que hai do amor hacia as nosas familias? Que hai do amor aos nosos amigos e amigas? E as nosas mascotas?

Así que, como parte do noso proxecto anual sobre as emocións, decidimos traballar o amor da mellor forma que se pode practicar, vivíndoo. De ahí que o día 14, en cada unha das clases do colexio houbese sobres, cun bombón de chocolate pegado en cada un deles; e unha tarxeta cun nome dentro. A dinámica foi moi sinxela: coller un sobre, ler o nome da persoa a que vai dirixido e entregarlle o bombón. No momento de entregalo, dedicamos a esa persoa unhas palabras positivas, unha dedicatoria ou resaltamos unha cualidade positiva do compañeiro ou compañeira en cuestión. E a vista esta que lles encantou! 

Pero os nenos non foron os únicos que o pasaron ben facendo esta actividade. Os mestres e mestras do colexio tamén tivemos o noso momento; e sen dúbida recibimos o mellor regalo que poderiamos ter: unha escola onde todos e todas nos queremos e respetamos.

E sen máis que dicir, despedímonos agardando impacientes polo próximo San Valentín para repetir esta actividade! Coma sempre, se queredes ver máis fotos desta actividade podedes facelo na súa carpeta correspondente na nosa galería.

(2022-2023) Unha carreira pola paz

Ola a todos e todas! Casi a mediados de febreiro xa está lista a nosa entrada relacionada coa celebración do Día da Paz. O motivo? Moi sinxelo. O Día da Paz é tan importante que no noso colexio, o traballo nin comeza nin remata o 30 de xaneiro; vai moito mái alá. No noso caso, e como puidechedes ver en anteriores publicacións, dedicamos as semanas previas a organizar, publicitar e conversar sobre a importancia da 1ª Carreira pola Paz.

Chegada a data do evento, xuntámonos familias, docentes e alumnado; e camiñamos todos xuntos nunha marcha pola paz ata o campo de fútbol do concello, onde levamos a cabo a carreira.

Unha vez alí, o mestre de Educación Física, fixo unha breve presentación agradecendo a colaboración e explicando cales eran os distintos recorridos que alumnado e familias terían que facer dependendo da idade dos distintos grupos.

E xa con todos os previos listos, chegou o momento de correr. A actividade constou de catro categorías:

  • Educación Infantil
  • 1º e 2º
  • 3º e 4º
  • 5º e 6º

Durante a carreira, as familias acompañaron a cada alumno e alumna cos que viñan; pero tamén tiveron o importante papel de animar ao alumnado e transmitirlle toda a forza e as ganas para completar este reto. Os nenos e nenas o pasaron xenial, pero tamén as familias e ata os profes, que tiveron a sua propia carreira!

Despois de un esforzo como este, cada participante recibiu a súa botella de auga e sentouse... pero non a descansa, senón a animar aos compañeiros e compañeiras que participaban nas seguintes categorías. Non houbo persoas que gañaron nin perderon; todo o mundo gañou porque a recolecta de alimentos, roupa e productos de hixiene; e a participación foi o maior premio que se pode ter.

Así que xa coa nosa chapa de regalo por participar, fixemos fotos grupais para gardar un recordo de un día tan divertido e no que quedou reflexada a solidaridade das familias do noso colexio.

Os seguinte días xa de febreiro, continuamos recolectando para obter as máximas doazóns posibles. E finalmente, o día 14, a asociación acudiu a recoller todos os artículos recolectados, que xa están de camiño a cumprir o seu obxectivo: axudar a aqueles que máis o necesitan.

(2022-2023) Unha chea de bolboretas sobrevoan o cole polo 25N

Ola a todos e todas! Con un pouco de atraso, hoxe queremos contarvos o que preparamos para a conmemoración do 25N: O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Como parte do noso proxecto de biblioteca, decidimos levar a cabo unha actividade na que puideramos aportar o noso graniño de arena, e ao mesmo tempo entender e concienciarnos coa causa desta conmemoración.

En primer lugar, falamos sobre a violencia contra as mulleres e porqué suceden situacións de violencia entre as persoas. A resposta veu da man dunha emoción que estamos a aprender como parte do noso programa de educación emocional, co obxectivo de mellorar a convivencia; a ira. Cando sentimos ira, e non sabemos xestionala, en ocasións acaba de situacións de violencia, por iso debemos aprender a xestionar e deixar voar a ira como se fose unha bolboreta. Así que, coa idea en mente, decidimos elaborar con papiroflexia unha chea de volvoretas moradas (pola causa que nos ocupa) e vermellas (que é a cor da ira).

Todas as clases (con máis ou menos axuda dos mestres e mestras según a idade), fixeron as súas bolboretas en distintos obradoiros de papiroflexia. Aos nenos e nenas encantoulles facer estas manualidades, de feito fixemos tantísimas bolboretas que se nos ocurrió usar algunhas para facer un super cartel que puideramos poñer no cole para que todo o mundo puidese velo. Polo que, a maiores, fixemos un "25N" xigante de cartón, que pintamos coa axuda do alumnado de Educación Infantil.

Unha vez pintadas as letras, pegamos as bolboretas enriba para debuxar o contorno con elas. Con todo listo e preparado, levamos a cabo un acto conmemorativo no que fixemos un gran coloquio sobre a situación que se conmemora o 25N, onde puidemos dialogar sobre a temática. Ao terminar, puxemos as letras na fiestra do colexio, para que todas as persoas do concello puidesen disfrutar tamén do noso traballo.

(2022-2023) Soltamos os nosos medos coa axuda de Erizombie

Hola a todos e todas! Este ano no noso cole estamos traballando as emocións. Alegría, tristeza, mdo, asco e ira; todas elan existen no noso interior, e temos que saber identificalas e xestionalas.

Así que, aproveitando o Samain, comezamos traballando o medo. Para axudarnos a facelo, apareceu o primo ourizo de "O Porcoespín Serafín": Erizombie. Este ourizo zombie ten sempre moita fame... e sabedes cal é a súa comida favorita? Os medos!

Durante os obradoiros de Samain, cada alumno e alumna dos distintos grupos escribiu os seus medos nunha tarxeta, e por turnos déronllas de xantar a Erizombie para desfacerse deles e poder dar un paso hacia diante na superación do medo.

Ao final xuntamos unha chea de medos, que van a quedarse no bandullo de Erizombie para que non nos molesten nunca máis!

9-3-2022 (programa de radio) - O 8M contado por 1º e 2º

O 9 de marzo, emitiuse en directo (12:00 a 12:30) este progam, creado polos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º, sobre o 8M.

(2020-2021) Pintamos un mural para celebrar o "Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres"

O día 25 de novembro de 2020, celebramos o "día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres", para o que, durante as xornadas anteriores, pintamos entre todos e todas un mural conmemorativo.

O deseño do mural foi obra do noso compañeiro Héctor, quen tamén recibiu a súa merecida homenaxe e, por suposto, un agasallo de agradecemento.

O ilustrador Mac Taeger axudounos a crear a mural durante estas xornadas de traballo. Moitas grazas pola súa colaboración.

Podes ver a continuación, no seguinte vídeo, o proceso íntegro de creación do mural.

Velaquí algunhas imaxes do proceso de creación. 

 

Tamen podes atopar tódalas fotografías deste traballo na seguinte galería fotográfica:

GALERÍA FOTOGRÁFICA:  (2020-2021) Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.

   

 

Guía de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo

Podes descargar, de seguido, a "Guía de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo", publicada pola Consellería de Educación.

Acceso a Educonvives no portal edu.xunta.es.

(2019-2020) Puerta violeta - Rozalén

O 25 de novembro celebramos o día contra a violencia de xenéro, para o que participamos nesta coreografía.

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 28 invitados conectados.