P.F.P.P. Información común
Dispoñible a documentación das probas de terceiro curso de primaria do INEE
Ademáis de exemplos de probas tamén sen inclúen documentos co marco xeral, sobre o que se avaliará en ditas probas.
Toda a información está dispoñible no apartado DOCUMENTOS do seminario de tarefas e currículum, ó que tamén podedes acceder directamente desde aquí:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/1696
De entre toda a documentación que se pode atopar alí, empregaremos o documento marco, como punto de referencia para elaborar a nosa priorización e secuenciación de estándares.
Dispoñibles novos modelos de UDI simplificados
Podes atopar no apartado de UDIS dous novos modelos para infantil e primaria, de Unidades Didácticas Integradas, moito máis simplificado, segundo as indicacións feitas na docencia sobre currículum dentro do PFPP.
Seguén manténdose tamén os modelos antigos por se alguén prefire empregalos.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/1789
Docencia sobre Avaliación no novo currículum o vindeiro martes 27 de xaneiro
Enviouse por e-mail ós participantes, os borradores de UDI elaborados para o proxecto sobre a artes, que me fixéstedes chegar para enviarllos á asesora do CFR e poñente do curso.
Unha vez postas en común as UDI estás serán publicadas no apartado correspondente da web.
Primeira docencia do curso "O novo currículum de primaria"
- Data: 11 de novembro de 2014
- Lugar: C.E.I.P. Pedro Antonio Cerviño
- Hora: 16:30 a 19:30 h.
- Ponente: Rexina Ortigueira Lestón (Asesora do CFR de Pontevedra)
Descarga a presentación empregada na ponencia na aula virtual do CFR de Pontevedra, ou directamente nesta ligazón:
http://www.edu.xunta.es/centros/cfrpontevedra/aulavirtual/file.php/332/P...
Presentamos a continuidade do P.F.P.P. para o curso 2014-2015
Esta proposta de continuidade foi aprobada e levarase a cabo no centro ó longo deste curso 2014-2015
Presentamos de seguido a proposta de continuidade do Plan de Formación Permanente do Profesorado, que foi presenado no C.F.R, para desenvolver no noso centro ó longo deste curso 2014-2015:
- itinerario 1: as tarefas na aula e os novos curriculums
- curso: os novos currículums (15 h.)
- seminario: as tarefas nas aulas (30 h.)
- itinerario 2: os proxectos de traballo nas aulas
- seminario: os proxectos de traballo (30 h.)
Descarga o esquema explicativo dos itinerarios e actividades proposas (pdf)
Nova esctructura na web:
Para adaptarnos a esta nova estructura, tamén se levou a cabo unha reorganización dos espazos web destinados a cada unha das actividades.
Por unha banda mantemos o apartado adicado o seminario de proxectos do curso pasado, para continuar co mesmo neste curso.
Reconvertimos o apartado adicado a COMBAS do curso pasado (mantendo a información que nel existía), no novo apartado adicado o itinerario sobre o currículum e as tarefas na aula.
Mantemos por último o espacio adicado ás Unidades Didácticas Integradas onde, ademáis de poder descargarse as plantillas en branco tanto de infantil como de primaria (deseñadas no P.F.P.P. o curso pasado), tamén se colgarán as U.D.I. elaboradas dentro do plan, como resultado final do traballo de ámbolos dous itinerarios.