sextoaventúrate
(2020-2021) Traballo sobre Xapón feito por Joaquín.
Aquí podes descargar o traballo feito por Joaquín sobre Xapón.
(2020-2021) Traballo (presentación) sobre España de Íker.
Vouvos ensinar o meu traballo de España.
Iker (6º de EP)
(2020-2021) - Obradoiro de arte rupestre
Hoxe tivemos unha visita !!!!!! Tal e como andan as cousas non é o normal, pero tomando todas as medidas de prevención e distanciamento, Tania e Fátima, do Parque Arueolóxico de Campo Lameiro, nos invitaron a viaxar no tempo...
E, despois de coñecer un pouquiño máis sobre esta época da historia, metémonos en faena e ensináronnos a facer un colar...
Primerio démoslle forma, logo debuxamos motivos rupestres nas contas, despois fixemos un buraquiño para meter o cordel, e este foi o resultado:
CHULÍSIMOS TODOS !!!!!!
(2020-2021) ARTE RUPESTRE NO COLEXIO
O vindeiro día 9 de outubro teremos un obradoiro para o alumnado de 5º e 6º organizado polo Parque arqueolóxico de Campo Lameiro.
Esta actividade commezará ás 10:00 h, e leva por título:
" Gravuras e atavíos máxicos ". Despois dunha introducción sobre o megalitismo, cada estudante creará un abalorio (colar) moi similar aos atopados nos monumentos megalíticos.
Xa vos contaremos como vivimos esta experiencia!!!!
(2017-2018 ) PERICO DOS PALOTES
Dende a Biblioteca escolar, estamos inmersos nun proxecto de cine que leva por título : " 1,2,3...Rodando libros". E, como para o Salón do Libro este curso se nos pedía un traballo sobre "Mulleres de conto", decidimos facer un refundido,unha adaptación das dúas temáticas, que quedou desta maneira:
A nosa muller é un tanto especial...PERICO DOS PALOTES
Unha muller, escritora, maestra, activista dos dereitos da muller...Unha muller de conto!!!!
2017/2018 SABÍAS QUE...????
Aí están!!!!! Como toliños buscando información!!! E, é que a cousa non é para menos!!!!
Cantas veces teremos oído falar de Perico dos Palotes???
Pois nós acabamos de descubrir algo fantástico!!!
Non podiamos dar crédito ao que estabamos a ver....
Si si si...Este nome enganounos totalmente!!!!!
Como ía ser quen decía ser????????
Bueno, imos empezar polo principio...
Estamos inmersos nun proxecto de cine organizado dende a biblioteca que leva por título: "3,2,1...Rodando libros"
E, como imos a participar no Salón do Libro, que este ano leva por título " Mulleres de conto" ocorréusenos buscar algunha muller desas importantes, das que te deixan coa boca aberta cando ves todo o que fixeron...Así, despois podemos facer unha peli co que resulte deste traballo .
Pois ben, buscamos e rebuscamos, e atopamos esta MULLER, con nome de home...
PERICO DOS PALOTES !!!!!!
Si si...Era unha muller!!!!
Bueno, seguimos investigando a ver que máis sorpresas atopamos.
Xa vos iremos contando.
2016-2017 VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA
A nosa visita ao Museo ...
Aquí estamos, os rapaces e rapazas de 5º e 6º desexosos de ver o que nos tiñan preparado!!!!
Empezamos coa Prehistoria...E nós deste tema demostramos que sabemos un montón...
Cantas cousiñas facían coas pedras!!!!! Ata había un petroglifo.....
Logo pasamos á Idade do Metal
Pero tamén vimos restos de cerámica..
E tamén nos levaron a ver a sala de Castelao...
E, como o Museo é tan bonito, non puiedemos resistirnos a sacar unha fotiño!!!!!!
E despois de tanta Historia, un paseíño pola Alameda para repoñer forzas...
VISITA DA GARDA CIVIL
Dentro da programación do Plan Director están unhas charlas que organiza a Garda Civil para concienciarnos sobre o consumos das drogas, o acoso escolar, a seguridade en internet ou a violencia de xénero.
O día 3 tivemos os alumnos/as de 5º e 6º a primeira desas charlas...
Estivemos moi atentos ás súas explicacións, e tamén nos resolveron un montón de dúbidas que tiñamos...