PFPP - Seminario 1
(2014-2015) Traspasando o deseño ás paredes na docencia con Begoña
Xa podes ver tódolos deseños presentados para o muro na web
Tan só tes que acceder desde o botón situado na parte superior esquerda da web, "como pintamos o muro".
Ou directamente desde aquí.
Publicado o concurso (entre o alumnado) para facer o deseño do muro da entrada
Podes acceder á convocatoria do concurso nesta ligazón:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/2006
Dispoñibles croquis da fachada do colexio en branco
No apartado "proxecto do seminario" podes atopar dous pdf con varios croquis coa fachada do colexio, coa zona na que facer o mural.
A idea é que as poidades empregar, se vos interesa, para debuxar a vosa visión do mural.
Podes acceder desde o apartado "proxecto do seminario" > "investigando sobre arte" ou ben directamente nesta ligazón.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/1633
Dispoñible calendario actualizado do seminario
Podedes atopar no apartado, calendario, as datas actualizadas. Queda pendente por fixar a data dunha das docencias.
Lembrade que o vindeiro 24 de febreiro terá lugar a docencia cargo de Begoña Paz, sobre aspectos técnicos e artísticos para o pintado do muro.
Dispoñible no apartado proxectos do seminario a estructura do noso proxecto
No apartado PROXECTOS DO SEMINARIO, no menú superior atoparedes a estructura do traballo que acordamos para levar a cabo este traballo.
Os aspectos que faltan por concretar dependen da información que me vaíades pasando.
Creando unha UDI sobre o Salón do libro
- Lembrando proxectos de traballo (descarga en pdf)
- Proposta de guía rápida para elaborar UDIs (descarga en pdf)
- Exemplo de UDI cun proxecto de traballo. "facemos unha película como as de Chaplin". (descargar en pdf)
Primeira docencia do seminario, o 22 de outubro na escola de idiomas de Pontevedra sobre traballo cooperativo
- 4 horas de docencia (teóricamente quedarían outras catro pendentes)
- Docente: Jose Ramón Lago (Universidade de Vic)
- Presentación do programa: "(Aprender a cooperar. Cooperar para aprender)"
- data: 22 de outubro
- horario: 16:30 a 20:30 horas.
- lugar: salón de actos da escola de idiomas de Pontevedra
SESIÓN 1: lembrando que son e por que dos proxectos de traballo
Dispoñible apartado UDIS no lateral da web
No lateral esquerdo da web, xusto entre os botóns do PFPP e COMBAS, podedes atopar un novo botón que leva a nova sección para publicar as U.D.I.S que estamos a elaborar, de xeito que serva como un almacén que poder compartir cos demáis.
Unha ligazón a ese apartado será un dos materiais que entregaremos xunto coa memoria do P.F.P.P.
Estamos a subir as UDIS a medida que nos van chegando tan só tedes que remitilas por correo ó coordinador do Seminario ou á de Combas.