Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Formación docente, PFPP - Seminario 2, PFPP - Seminario 1, U.D.I. (Unidades didácticas integradas), P.F.P.P. Información común

(2020-2021) PFPP - O profesorado fórmase nun seminario sobre a radio escolar no centro

O 5 de maio o profesorado do centro participou na primeira docencia, a cargo de Javier Prado, dentro do seminario sobre a radio escolar, que forma parte do Plan de Formación Permanente do Profesorado do centro (PFPP).

Nesta primeira xornada presencial no centro, deixamos xa listo o equipamento da radio, que nos vindeiros días comezaremos a usar co alumnado como ferramenta educativa.

      

Comezamos tamén a facer as primeiras prácticas para aprender a usar todo o equipamento, da recén estrenada radio escolar.

    

A vindeira semana terá lugar a segunda, e última, docencia presencial deste seminario.

    

(2020-2021) Aprobado o PFPP para este curso

Acaba de ser aprobado a renovación do Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP), para o curso 2020-2021, no CEIP Pedro Antonio Cerviño.

Neste curso a formación, na que participa todo o profesorado do centro, organízase do seguinte xeito:

  • Seminario: Formación no EVA-Edixgal (e aula virtual), para o segundo ano de implantación.
  • Seminario: Formación para a posta en práctica dunha radio escolar no centro.

En breve será publicado o calendario de reunións previsto, unha vez aprobada a renovación.

(2019-2020) O profesorado do colexio fórmase sobre a radio escolar e a súa finalidade didáctica.

O 4 de marzo os mestres a mestras do CEIP Pedro Antonio Cerviño participaron nunha formación, que tivo lugar no propio centro, sobre o "uso didáctico da radio escolar".

A sesión de traballo, enmarcada dentro do Seminario "E-Dixgal" do Plan de Formación Permanente do Profesorado do centro, contou coa presenza da meirande parte do profesorado; quenes asistiron á docencia  de Javier Prado Espiñeira.

Despois de descubrir como pode empregarse a radio escolar nas aulas, con finalidade didáctica, chegouo o momento de poñelo en práctica en primeira persoa.

Agradecemos a Javier Prado Espiñeira a fantástica sesión que nos propuxo, así como as experiencias tan enriquecedoras que nos relatou.

Agardamos poder poñer moi pronto en funcionamento a nosa propia radio escolar, dentro das actividades enmarcadas no PlanBE da Biblioteca Escolar.

(2019-2020) Xa dispoñibles os calendarios de reunións dos seminarios de Edixgal e Robotica para o curso 2019-2020

Unha vez aprobado a solicitude de PFPP realizada, xa están dispoñibles os calendarios de docencias, reunións e traballo persoal para os dous seminarios do Plan.

 

Podes consultar os calendarios de reunións de cada un dos seminarios no apartado "calendario" dos respectivos apartados do PFPP, nesta mesma web.

Podes descargar, de seguido, o borrador do calendedario.

(2018-2019) O profesado descubre o funcionamento de diferentes robots educativos na aula de robótica

Durante as diferentes sesión do seminario de "robótica educativa", dentro PFPP do Centro (Plan de Formación Permanente do Profesorado), o profesorado experimentou e descubriu como funcionan os diferentes robots educativos que temos na nosa aula de robótica.

 

 

Enfrontámonos ós mesmos retos que se lle presentan ó alumnado nas sesións-obradoiro de robótica.

 

 

E comezamos a preparar a súa participación na "Gran competición" robótica de fin de curso, contra o alumnado de 5º e 6º.

 

(2018-2019) Participamos nunha docencia-obradoiro sobre e-textiles

Dentro do seminairo sobre "Robótica educativa", o profesorado do centro participante no Plan de Formación Permanente do Profesorado do centro (PFPP), asistiu a unha docencia-obradoiro a cargo de Paola Guimeráns, na que exploraron o potencial educativo dos e-textiles.

 

Con materiais específicos e outos habituais, descubriron como crear circuitos eléctricos en tecidos, dentro do ámbito STEAM, o cal inclúe aspectos creativos e artísticos ó traballo con STEM no que está presente a robótica educativa.

 

 Velaquí un exemplo do que creamos neste obradoiro:

 

Agradecemos a Paola a súa implicación neste obradoiro e ter visitado o noso centro para pasar esta tarde connosco.

 

 

Máis información sobre e-textiles no apartado documentos da sección PFPP desta mesma web.

 

(2018-2019) Xa dispoñible o calendario de reunións dos dous seminarios para o curso 18/19

Podes atopar o calendario de reunións de cada un dos seminarios, nos seus respectivos apartados da web na opción "calendario".

Tamén podes acceder ós mesmos directamente desde estas ligazóns:

Actualizados ó curso 2019-2020

 

(2017-2018) Xornada STEM no colexio: participamos en obradoiros con drones, robótica e impresión 3D

Este curso, dentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP), que desde fai varios anos estamos a desenvolver no centro; introducimos a róbotica nas aulas  tal como xa vos contamos nesta entrada anterior.

08/06/18: (2017-2018) Estrenamos a nova aula-obradoiro de robótica e traballamos con robots nas aulas.

Continuando con este traballo, e grazas a inestimable colaboración dos compañeiros do SALNÉS CAMPUS (www.salnescampus.eu), puidemos organizar o pasado 12 de xuño unha xornada *STEM no colexio na que puidemos participar todos e todas

 

Obradoiro de programación e robótica:

No que programamos e traballamos co m-bot, que xa estamos a empregar, xunto con outros robots nas nosas aulas.

 

 

Impresión 3D:

Descubrimos como scanear obxectos, e ata o noso corpo, para poder logo imprimilo en 3 Dimensións.

 

 

Drones:

Coñecemos e manexamos diferentes tipos de drones no pavillón do colexio.

 

Máis información sobre o Salnescampus, e as actividades que organizan para rapaces e rapazas en http://www.salnescampus.eu

Tamén podes atopalos en Facebook en: https://www.facebook.com/SalnesCampus-918097101577516/

En twitter: @salnescampus

 

*STEM son as siglas en inglés de ciencia (science), tecnoloxía (technology), enxeñaría (engineering), e matemáticas (math), que dentro do traballo levado a cabo nos centros educativos, contribúen ó desenvolvemento da Competencia metemática en ciencia e tecnoloxía.

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 12 invitados conectados.