Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Blog da biblioteca

VERBAS ROSALIANAS NA BIBLIOTECA.

Hola a todos/as:

 Desde esta entrada queremos compartir con todos aqueles/as que vos achegades por aquí a actividade de centro que fixemos para conmemorar o día de Rosalía de Castro, o pasado 27 de febreiro.

Andabamos inmersos no Entroido por iso saimos case todos/as disfrazados/as. A biblioteca tivo un " toque de cor" especial....ata Rosalía saía "customizada" no recuncho que habilitamos a  modo de escenario.....

Antes de pasar a visualizar o resultado ou producto final da actividade de centro queremos agradecer a participación de todos os grupos/aulas, das titorías/especialistas e dos nenos/as que se sumaron de xeito íntegro a este día especial para Rosalía.

Así cada grupo recitou, debuxou, pintou, fraseou, cantou á nosa autora, dun xeito particular.

Aquí temos a mostra:

Educación Infantil, interpretou do libro de " Rosalía Pequeñiña", o poema " Xan". Bravooooo!!!! 

A aula de 1º curso recitou o poema " Rosalía Pequeniña" facendo lecturas de cadanseu párrafo....xenial!!!

 Na clase de 2º os nenos e nenas fixeron un recitado do poema " Meniña gaiteira". Cada un deles memorizou os seus versos e saíulles...redondiño!!!

 

A aula de 3º curso elixiu "Adiós ríos, Adiós fontes" e de xeito cooperativo fixeron as ilustracións das estrofas para un kamishibai. Leron, debuxaron e cantaron á autora...o poema deu para moito...

Na aula de 4º, coa súa gracia e humor peculiares....os rapaces e rapazas, interpretaron " Vamos bebendo" e "Vaguedás"...xeniais este grupo...!!!

En 5º, unha versión " customizada", moi delicada e especial, combinando elemento musical e voz, do  poema

" Así semos"....orixinais 100%!!!

E para broche final, 6º, tomando como referencia o poema " Vin de Santiago a Padrón" fixeron un especial recitado, cantado e " panderetado" que nos deixou o corpo tremendo...do ben que o fixeron...

Bueno, ata aquí deu a cousa....felicitacións a todos e todas por achegarnos a unha Rosalía colorista, sonora, divertida e moi, moi sensible....

Ata a próxima!!!

SAMAÍN NA BIBLIOTECA...OS MONSTRUOS TAMÉN TEÑEN SENTIMENTOS

Estes días, a escola como sabedes está chea de seres terroríficos, arañas, gatos pelados, castañas monstruosas...

Si facemos un listado de seres vinculados co medo, teriamos por exemplo:

- zombies

- vampiros e vampiras

- pantasmas ( que si van xuntos poden ser santa compaña)

- lobisomes

- avechuchos

- sacaúntos e home do saco...........

e tantos outros....

e... que teñen en común? Pois que os pobres emiten gritos, ululan, berran, saen de noite, se visten con roupas sempre iguais ( non van nada á moda....Rindo).

E Dora, que non lle para o pan no corpo, andaba preocupada por estas criaturas, polo que chamou a una elfa amiga que sabe moito de psicoloxía e de emocións, para que viñese á escola no día de Samaín e, na biblioteca, lera contos e poemas que tratasen sobre estes monstruos e monstruas para que saibamos das súas doenzas, preocupacións e e cambiar o " chip" sobre eles.

Así, no Castelo da biblioteca, atopamos a elfa " Rosaura" que vive nas fragas de Campo Lameiro e é a curandeira dos males da Santa Compaña, do Home do Saco....

Algúns dos contos e poemas que nos leu foron estes, que, vos recomendamos para os vosos pequenos e pequenas, papis e mamis, padriños e madriñas, avós e avóas... porque, a lectura sempre é un maravilloso regalo!!!

 Carabuñas, o bruxo das uñas.

 

Fantástico poemario de Carmen Gil que nos trae versos coas aventuras e desventuras dos monstros máis coñecidos da literatura en clave de humor. Boísimo e moi recomendable!!!

 

Fantástico álbum que nos fala da " Santa Compaña"...e hasta aí podo ler!!! descubrídeo....Boca selada

Ahí van algunhas imaxes de este " taller do medo" na biblio do cole...

Bicos de DORA LECTORA, esta vez con sabor a puré de cabaza quentiño quentiño....que xa comeza a facer frio....Aceno.....ata a próxima!!!!

 

-

O Magosto disfrazouse de Samaín

O Magosto mesturouse co Samaín e as castañas voltáronse terroríficas. Tornouselles a cara monstruosa e parece que nos queren meter medo.

 

Coa axuda de tódolos nenos e nenas do colexio decoramos a biblio con estupendos e imaxinativos diseños de castañas terroríficas.
 
 
 
As castañas quedaron realmente terroríficas!!!!!
 
 
 


 

Novidades na biblioteca

 

 

 Na biblioteca tamén comezou o outono

 

 
Puxemos as novedades na Bibliomóvil e redecoramos a Biblioteca, ademais Dora vestíuse de outono.
 

           

 

 

 

 
 
 
 
 

 
 
 
 
 
 
 
 

 

OUTONO LITERARIO

Dende a biblioteca escolar, animámosvos a participar no noso " OUTONO LITERARIO"....estade atentos....o equipo da biblioteca irémosvos dando o material e ideas para que plasmedes a vosa creatividade e tamén gustos literarios nas follas de outono que vos pasaremos.....

Animámosvos tamén a vir á biblioteca, onde temos numerosos libros vinculados coa temática otoñal e tamén co Samaín.....Rindo...que tamén está chegando¡¡¡¡

 Despois, faremos unha entrada coas vosas follas literarias...

Enchédeas de verbas sonoras, lindas, bucólicas.....como vos queirades¡¡¡¡

VIDEOCONTO " O GATO LAMBÓN"....PARA DISFRUTAR UN ANACO DA LECTURA, DO SON, E DO BAILE....( 9/5/2013)

Este videoconto-film-canción é tan tan especial....que volo recomendo para pasar un bo anaco disfrutando coa lectura, e coa música, nunha obra de arte feita por Tito, mestre de música do CEIP "  Coirón de Dena". Disfrutádeo!!!! Seguro que ese conto conocidísimo, vos gustará aínda máis.

http://www.youtube.com/watch?v=7rJzs5Ejhi8

(2012-2013) FELIZ DÍA DO LIBRO A TODOS/AS (23/4/2013)

Hoxe, día 23 de abril, tivemos un anaquiño de tempo para conmemorar o día do libro na nosa escola.

O equipo de dinamización da biblioteca  propuxo que, nesta ocasión, seriamos os profes os que lle iamos ler ós alumnos/as aqueles contos, historias, obras que, nos gustaban cando eramos pequenos ou que foran significativos para nós.

Por un anaco, todos os espazos do colexio se tornaron

" recantos lectores" e mostra disto, e do bo rato que pasamos lendo, son as seguintes imaxes:

Susana, titora de 4º curso fixo partícipes ó grupo de 5º curso da súa gran pasión pola obra de Kiplin " El libro de la selva".

Chus, elixiu as Tics, combinando imaxe na lousa dixital coa lectura en dúas obras preciosas, que vos recomendamos: " Yo, Ming" e " O color da area". O grupo de 3º...como vedes, nin pestanexa!!!.

Na aula de música tamén se agochaba un recanto lector, neste caso, a cargo da profe de música, Mercedes, que combinou o coñecemento de un curioso instrumento musical coa lectura de unha lenda africana para o grupo de 6º curso.

Aló, no salón de actos, no escenario acondicionado con colchonetas de cores, cómodamente ubicados atopabamos ó grupo de Educación Infantil 1, totalmente encantados co mago Tirso, que lles leu varios contos, como " A sereíña".

Loli, na aula de EI 1, achegoulles ós nenos e nenas de 4º curso a un dos seus libros preferidos " O Principiño"...e aí os temos, tratando de descubrir, qué é ese debuxo que, resulta tan enigmático do libro de Saint- Exupery.

¡¡¡ Anda, sorpresa!!!...ó redor da mesa da sala de mestres estaban o grupo de EI 2 boquiabertos, co conto dialogado que lle ofrecían as profes Marga e Isabel, " Amelia"....que quería ter unha balea!!!.

E co bo día que facía, fóra, baixo as árbores estaban tan ricamente, o grupo de 2º curso coas profes María e Ana, lendo " As manoplas de Carapuchiña", unha versión do famoso conto clásico.

E debaixo das outras árbores, a profe Ángela, e o profe Óscar poñían todas as súas ganas, lendo " A bruxa Regañadentes" ó grupo de 1º curso.

A experiencia foi moi amena, participando grandes e pequenos, e vivenciando a lectura a través de todos os sentidos, cos ollos, coas orellas, co nariz, coa pel.... porque a lectura debe verse, escoitarse, cheirarse, tocarse e vivirse intensamente...con todos os sentidos...¡¡¡¡

Ó finalizar, cada grupo fixo algunha actividade referida ós contos lidos. Por exemplo:

Xogar a debuxar e imaxinar como iría vestida Carapuchiña se fose verán.....

Ou imaxinar que...a boa constrictor de " O Principiño"...se zampou ¡¡¡¡a dora Lectora....!!!!

Aí vola deixamos para pechar esta pequena actividade toda guapa ela, vestida de primavera e rodeada de libros de poesía, no recanto da BIBLIO.

Un video conto con moito encanto...e moito traballo en equipo..

Dora preséntanos este videoconto feito por pequechos e pequechas....que pode servir para ver en compañía das mamás, papás, avós, avoas, naquelas noites en que...costa un pouquiño durmir... e entender o valor da amizade.  

http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos/a-tartaruga-que-queria-durmir-cpi-as-revoltas

 

A VELLA LULULA...outro videoconto en equipo....

E outro videocontiño máis, esta vez unha adaptación ....pero...qué terca esta velliña chamada Lulula!!!....menos mal que logo todo está donde ten que estar...unha estupenda forma de conxugar a animación á lectura, a lingua galega e a expresión artística... moito traballo en equipo e ganas....espero que o disfrutedes...e o meu favorito!!! 

Dora Lectora

 

http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos/a-vella-lulula-ceip-a-lama


(2011-2012) Presentación look Dora

Presentamos a Dora co seu novo look

Primeiro esta tapada

 

Así de mona quedou

Se queres ver màis fotos fai click AQUÍ

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.