infantil 2
(2017-2018) "A pementa que escapa": experimentamos e creamos o vídeo na aula. Queres velo?
Este me na aula fixemos un experimento con xabón, pementa e auga... que poderíamos facer con todo ese material?. Cada quen foi propoñendo diferentes alternativas (encher o vaso de auga e logo mesturar o xabón, mesturar a pementa con auga....)
Para cada unha das propostas fomos aventurando hipóteses do que críamos que sucedería:
- Estouparía
- Saería por fora
- Cambiaría de cor
- Cheiraría fatal
- Faría escuma
- [...]
Todos xuntos, segundo os diferentes pasos que ía indicando o profe, fomos descubrindo como botando pementa nun prato con auga, e mollando o dedo en xabón "a pementa escapaba ó tocalo". Adicamos un anaco a discutir cal críamos que podería ser a causa deste fenómeno.
Cada un dos equipos cooperativos repetiu o mesmo experimento e, tras acordar os diferentes roles en cada equipo e despois de organizar o traballo dentro do mesmo, puxéronse mans á obra para facer o experimento.
EQUIPO INCREIBLES:
EQUIPO TARTA:
EQUIPO BOLA DE FUEGO:
EQUIPO DALSI, quenes tamén serían os encargados de crear o vídeo do experimento, posto que este mes lle correspondía á nosa aula a creación do vídeo.
Por suposto, despois do gran traballo realizado, cada un dos equipos auto-avaliou o seu equipo durante a realización do experimento.
Para poder empregalo no vídeo, e que asi todos soubesen que materiais facían falta para facer o experimento, escribimos un panel con todos eles, indicando entre todos e todas tamén as cantidades necesarias en cada caso.
Para que todos e todas o entendesen, aínda que non puidesen lelo, acordamos poñer imaxes de cada un deles, que o equipo Dalsi foi elexindo despois de buscalas no ordenador.
Con todo preparado chegaba a hora de facer a rodaxe do experimento, para o que primeiro, o equipo DALSI, tivo que organizarse internamente e planificar de que xeito o ían contar... quen faría e diría cada parte e en que orde.
Así de fantástico quedou o vídeo do experimento unha vez rematado... para que poidas repetilo na casa se queres.
Anotamos tanto os materiais necesarios, como os resultados obtidos no noso caderno de campo individual dos experimentos.
Podes ver os experimentos anteriores levados a cabo na aula, ó longo deste curso, nas seguintes ligazóns:
11/11/17: (2017-2018) Experimento: Facemos funcionar un reloxo con laranxas. Queres ver o vídeo que creamos?
04/12/17: (2017-2018) Experimentamos con Coca-cola e Mentos e... sabes o que sucedeu?
Lembra que podes ver os vídeos de outros experimentos, tanto desde curso como do curso pasado, no apartado de "VÍDEOS" do recanto de infantil, ou directamente desde AQUÍ.
(2017-2018) Rematamos a nosa investigación sobre os gatos... estamos preparados para a creación do vídeo-documental.
Podes seguir os pasos previos deste proxecto de traballo e investigación nas entradas anteriores deste mesmo blogue:
28/10/17: (2017-2018) Os GATOS: Decidimos e iniciamos un novo proxecto de investigación e traballo.
18/11/17: (2017-2018) Continuamos a investigar sobre os GATOS: atopamos as primeiras respostas.
13/01/18: (2017-2018) Avanzamos no noso proxecto sobre os gatos... así vai a nosa investigación
Á volta das vacacións de Nadal continuamos coa nosa investigación sobre os gatos, nesta primeira ocasión buscamos xuntos á resposta á pregunta "Onde se mercan os gatos?". Visionando de forma conxunta un vídeo, que atopamos no noso recanto de infantil, descubrimos que o mellor era "adoptar gatos" que viviran en refuxios ou protectoras de animais.
Descubrimos tamén, grazas a información que nos fixo chegar a nai de ÓLIVER, que en Pontevedra había un refuxio de animais chamada "PALLEIROS", que recollían tapóns para logo vendelos e conseguir cartos para poder coidar os animais. Decidimos axudalos recollendo tamén tapóns na clase.
Plasmamos no mural, tanto a resposta acordada e atopada, como a recollida de tapóns para axudar á protectora de animais de Pontevedra.
E así quedou plasmado no noso mural.
Para as restantes preguntas, xa en días posteriores, organizámonos nos equipos cooperativos e, como sempre o primeiro foi organizarnos dentro do equipo, asignando roles e rexitrándoos no noso caderno do equipo.
Cada un dos equipos acordou, de cal das preguntas que restaban por respostar, se encargarían de buscar a resposta.
Anotando a súa decisión no mural, indicando o número da pregunta escollida no cadro de organización.
Usando as diferentes fontes que tiñamos no noso recanto de investigación, cada un dos equipos foi atopando as respostas ás preguntas plantexadas.
Acordando, unha vez atopada a resposta, de que xeito o plasmaríamos no mural: usando fotografías? escribindo textos?... sempre participando todos no equipo.
Así quedaron plasmadas as respostas ás últimas preguntas que quedaban sobre os gatos.
Deste xeito, co traballo de todos completamos o noso mural da investigación. Tan só restaba a pregunta de "como facer un documental", que respostaremos durante o proceso de creación do mesmo.
Cada un dos equipos contoulle ós demais compañeiros e compañeiras a resposta que atoparon as preguntas que lles corresponderon.
Comezamos tamén a crear o noso dossier persoal, elexindo que fotografía de "gato" queríamos incluír na nosa portada, buscándoa en internet.
Completando a portada do mesmo, ordenando con letras móviles, a palabra "GATOS".
Agora tan só nos resta, ademais de completar o dossier individual da investigación, que poderemos levar para as nosas casa.
Chega agora tamén o momento de preparar a rodaxe e creación do noso vídeo-documental con todo o descuberto.
Como sempre poderedes estar ó día ó respecto en próximas entradas neste blogue.
(2017-2018) Chega decembro e chega o Nadal á nosa aula. Así o celebramos e traballamos.
Co comezo do mes de decembro tivemos que marcar unha chea de acontecementos que terían lugar, tanto no noso calendario online...
... como no de papel. Varios cumpleanos, a chegada do Nadal, unha saída a ver unha película ó cine e, por suposto, a nosa participación no festival de Nadal.
CREAMOS UNHA ÁRBORE DE NADAL:
O primeiro foi "construír a árbore" e decorala.
Como a nosa árbore estaría chega de "doces navideños", escribimos unha carta pedindo ás nosas familias se podían colaborar.
Despois duns días xa tiñamos na clase unha chea de doces navideños para dendurar da nosa árbore.
Fomos decorando a nosa árbore con todos eles.
Xunto cos compañeiros e compañeiros da outra aula demos creado esta fantástica árbore de Nadal, con tódolos doces navideños que trouxemos... bueno con aqueles que non comimos polo camiño ;). Cando rematase o colexio convidaríamos a todo o colexio a comer algo del.
Creamos un CARTEL DE "BO NADAL" para o noso corredor, para o que primeiro houbo que ordenar as letras para que estivera ben posto.
Cada un dos equipos cooperativos foi decorando unha ou varias letras do cartel usando purpurina.
E ó igula que con todos os traballos en equipo cooperativo, ademais de acordar a asignación de roles dentro do equipo, levamos a cabo unha auto-avaliación do noso traballo como equipo.
Así de fantástico quedou o noso cartel no corredor de infantil.
DECORAMOS O CORREDOR CON ADORNOS XIGANTES:
Traballando novamente por equipos cooperativos, escollimos que adorno xigante queriamos facer para pendurar no teito do corredor.
Co adorno escollido o primeiro foi acordar de que cor e como o podíamos pintar entre todos e todas.
Tivemos que buscar estratexias para poder pintar a parte posterior do adorno sen mancharnos coa parte que xa estaba pintada.
Unha vez seco pegamos a fotografía do noso equipo e....
... decorámola empregando toda a purpirna que quixeramos. Cada equipo deixou voar a súa imaxinación e creatividade mesturando todo o que considerou.
Así de xeniales quedaron os adornos unha vez rematados:
O do equipo TARTA.
O do equipo BOLAS DE FUEGO.
O do equipo DALSI.
O do equipo INCREIBLES.
Cada equipo decidiu donde penduralos no teito e, xunto cos que fixeron os compañeiros de infantil 1 decoramos o corredor de Infantil, xusto a tempo de que viñeran as nosas familias a participar no Festival de Nadal, ó último día de curso antes das vacacións.
Escribmos a nosa CARTA A PAPA NOEL e/ou os REIS MAGOS.
Recibimos a visita de PAPA NOEL en infantil.
Elaboramos o noso boletín de autoavaliacion deste trimestre, onde contamos ás nosas familias o que sucedeu o longo destes meses.
Asistimos a unha sesión de cine en CUNTIS, para ver a película "Coco".
Non podemos publicar fotografías do interior do cine xa que non esta permitido por cuestións legais.
Coa preparación da carpeta metendo dentro o noso boletín de auto-avaliación, xunto co que fixo o profe, xa estaba todo listo para participar no Festival de Nadal e dar comezo as vacacións de Nadal.
Lembras o que dixemos de "comer o que había na árbore", pois si, ó último día nuns poucos minutos a árbore quedou sen nada, grazas "ó noso traballo e dos compañeiros e compañeiras de todo o cole" ;)
Podes ver como celebramos os aniversarios de decembro e noso traballo para enviar postais de Nadal ás nosas familias nas correspondentes entradas, que atoparás neste mesmo blogue.
Nunha próxima entrada deste blogue contarémosvos o traballo de preparación, e como nos foi coas nosas actuacións durante o Festival de Nadal.
(2017-2018) Creamos e enviamos por correo unhas postais de Nadal ás nosas casas
Entre outras cousas que fixemos coa chegada do Nadal, que poderás ver nas respectivas entradas deste blogue, nesta ocasión creamos unha postal de Nadal que enviamos por correo ás nosas casas.
Despois de sacar unhas fantásticas fotografías diante da nosa árbore de "chuches" (podes ver todas as fotas ó final desta entrada), chegou o momento de crear con elas as nosas postais.
Despois de escribir o texto de "BO NADAL" ou "FELIZ NAVIDAD" decorámolas con purpurina... bueno e nos tamén quedamos todos decorados ;)
Así de fantásticas quedaron.
Tan só había que agardar a que secasen para poder envialas.
Despois dun diálogo no que cada quen aportou as súas "ideas" sobre como poder facer chegar as postais ás nosas casas, e que fose unha sorpresa, chegamos á conclusión de que o mellor sería envialas por correo.
Facía falta engadirlle o enderezo das nosas casas, o do colexio como remitente e, por suposto, o selo sen o que no nse poden enviar as cartas. Pareceunos curioso que cada cousas tivese que ir no seu sitio para que o "carteiro" non se fixese un lío ;)
Coa carta preparada, faltaba descubrir onde había un buzón preto do noso colexio.. usando "street view" de google maps fomos recorrendo o camiño desde o colexio ata que o descubrimos. Alí estaba de cor amarelo, pasaramos moitas veces ó seu lado pero nunca pensáramos que servía para enviar cartas.
Para "non perdernos" trazamos o camiño sobre o mapa, desde o colexio ata o buzón.... era unha liña recta (ou casi)...
... e por suposto tamén o trazamos nos nosos mapas, escribindo a palabra "buzón" para saber a que se refería.
Xa estaba todo listo para meter a carta no buzón. Case todos e todas decidimos levar o noso mapa "para non perdernos".
Fomos identificando no mapa os lugares polos que fomos pasando ata chegar ó buzón.
Xunto ós compañeiros e compañeiras de infantil 1 camiñamos pola veirarúa ata que...
... por fin vimos ó lonxe o buzón de cor amarela (igual que o miraramos no ordenador). De paso visitamos a árbore de Nadal xigante que había ó lado do Concello.
Por turnos fomos metendo as nosas postais no buzón, agora tan só queda agardar a que vaian chegando ás nosas casas. Menuda sorpresa que van levar as noas familias!!!
Se queres ver que ben quedamos todos nas postais, pode¡s ver as fotografías de todos nos facendo click de seguido.
(2017-2018) En novembro tamén sucedeu todo isto na nosa aula
Durante o mes de novembro, ademais de continuar coa nosa investigación sobre os gatos, levar a cabo un novo experimento e celebrar os aniversarios correspondentes; tamén sucedeu todo o que vos contamos de seguido.
Lembra que podes ver moitas outras cousas nas correspondentes entradas publicadas con anterioridade.
Cada día o encargado ocúpase de darlle de comer á nosa tartaruga "RAYO" que cada día está máis grande.
Durante o mes de novembro, ademais de continuar coa nosa investigación sobre os gatos, levar a cabo un novo experimento e celebrar os aniversarios correspondentes; tamén sucedeu todo o que vos contamos de seguido.
Lembra que podes ver moitas outras cousas nas correspondentes entradas publicadas con anterioridade.
Cada día o encargado ocúpase de darlle de comer á nosa tartaruga "RAYO" que cada día está máis grande.
Continuamos a programar os nosos robots educativos, traballando co PROBOT...
... cos OZOBOTS...
... e co BEEBOT.
Nas sesións de psicomotricidade no pavillón coordinamos os nosos movementos cos dos compañeiros e compañeiras xogando co paracaídas.
E repetimos os "xogos tradicionais" nos que parciparamos na celebración da festa do Magosto.
Durante as sesións de expresións musical, na aula de música "acompañamos" con instrumentos a canción "dime que fixeches", imaxinado que cada un deles podería ser o son dun animal.
Velaquí o vídeo de como nos quedou un dos intentos... como podes ver non é nada doado estar atento a cando lle toca "actuar a cada animal".
Posteriormente fixemos unha valoración critica da nosa actuación, visionando o vídeo e comentándoo entre todos na aula.
Tamén traballamos a nosa expresión corporal "bailando" segundo o ritmo da "Marcha radetzky" de Johann Strauss...
... para posteriormente acompañala tamén con diferentes instrumentos.
Os venres levamos libros da biblioteca de aula para as nosas casas, anotándoos na aplicación online (que podes atopar no recanto de infantil), e coa portada, tomando nota no noso rexistro individual escribindo o título e o número do libro.
Xunto ós compañeiros e compañeiras da outra aula continuamos a "ler" libros xuntos por partellas, chegando a acordos sobre que único libro coller.
O noso dicionario xigante continúa a encherse de palabras semana a semana, grazas ás nosas ideas.
Traballando en parellas, e acordando o reparto do trabllo dentro de cada unha, imos completándoo coas nosas palabras favoritas (empregando a aplicación online que podes ver no recanto de infantil)
O noso dicionaro individual tamén vai tendo cada vez máis palabras.
Exploramos a nosa creatividade pintando con témpera, facéndoo dentro dos equipos cooperativos fai necesario chegar a acordos para traballar xuntos co mesmo material.
Debuxamos por parellas ás nosas en "fotogramas", nunha proposta da biblioteca do centro.
Entregamos os nosos debuxos na biblioteca... xa vos amosaremos como quedou finalmente cos debuxos de todo o colexio.
Desenvolvimos a nosa agudeza visual e atención con moitos xogos de lóxica na PDI (que podes atopar no recanto de infantil > xogos)
A piques de rematar este ano, e o primeiro trimestre, estamos metidos de cheo na preparación das nosas actuacións no Festival de Nadal (ó que vos convidaremos a asistir) así como noutra chea de cousas relacionadas con esta celebración.
Como sempre irémolo contando en futuras entradas neste blogue.
(2017-2018) Avanzamos no noso proxecto sobre os gatos... así vai a nosa investigación
Podes seguir os pasos previos deste proxecto de traballo e investigación nas entradas anteriores deste mesmo blogue:
28/10/17: (2017-2018) Os GATOS: Decidimos e iniciamos un novo proxecto de investigación e traballo.
18/11/17: (2017-2018) Continuamos a investigar sobre os GATOS: atopamos as primeiras respostas.
Nas últimas semanas continuamos a investigar para atopar á resposta ás preguntas do noso proxecto que aínda quedaban por descubrir.
Para atopar a resposta a "ONDE VIVEN OS GATOS", decidimos investigala todos xuntos, para elo levamos a cabo unha choiva de ideas e fomos anotando os lugares nos que cada quen pensaba que podían vivir.
Logo, buscando entre os vídeos do noso recanto de infantil, atopamos un onde explicaban os lugares nos que vívían os gatos. Entre todos e todas fomos anotándoos nun listado
Despois de contrastar os "lugares" que descubríramos coas nosas hipóteses previas, acordamos a forma de plasmar as respostas no noso mural da inviestigación.
E así quedou finalmente plasmado, coas fotografías que escollimos entre todos e todas para cada unha das respostas atopadas.
Días despois continuamos a investigar novas preguntas, para o cal pensamos que o mellor sería investigalas por equipos cooperativos, para logo poder intercambiarnos información atopada.
Cada un dos equipos, despois de acordar e asignar os roles de cada integrante dentro do mesmo, decidiu cal das preguntas investigaría, anotando o seu no número na táboa da organización.
Cada un dos equipos comezou a investigar, por turnos e, nesta ocasión, co apoio do mestre, a pregunta que lle correspondera.
Cada un foi intentando atopar a resposta nas fontes que acordaba utilizar: no ordenador, nas fotocopias, nos libros... usando unha ou outra, e cambiando entre elas cando non se atopaba a resposta á pregunta.
Cando atoparon a resposta anotánona nun papel para non esquecerse ;)
Despois dun novo acordo no equipo decidiron como plasmar as respostas no mural, decidindo que precisaban ademais do texto que escribiran (segundo a hipótese na que se atopaban no desenvolvemento natural do proceso lecto-escritor)
E así quedaron plasmadas as respostas no mural da investigación, tal como acordaron en cada un dos equipos.
Cad un dos equipos planificou a forma en que podía contarlle as respostas atopadas ó resto dos compañeiros, co material, fotografías e vídeos que considerasen preciso.
Deste xeito xa estamos a punto de completar o noso mural da investigación con tódalas respostas atopadas... xa nos quedan menos preguntas para poder comezar a planificar a rodaxe da nos película-documental sobre os gatos.
Seguide atentos ó noso blogue para descubrir como rematamos a nosa investigación respostando ás preguntas que aínda nos quedan.
(2017-2018) Experimentamos con Coca-cola e Mentos e... sabes o que sucedeu?
Como cada mes levamos a cabo un experimento científico na nosa clase, podes ve os que fixemos ata agora nas seguintes entradas:
11/11/17: (2017-2018) Experimento: Facemos funcionar un reloxo con laranxas. Queres ver o vídeo que creamos?
Nesta ocasión os materiais que empregaríamos serían Coca-cola e Mentos e como sempre plantexamos as hipóteses do que críamos que ía suceder:
- A coca-cola cambiaría de cor.
- Non pasaría nada
- Había que meter os mentos na botella e pechala ata que estoupase.
- Había que encher un vaso de coca-cola e meter dentro mentos para que de desfixesen.
- ...
Para comprobar cales destas hipóteses eran as acertadas baixamos ó patio para levar a cabo o noso experimento, xunto cos compañeiros e compañeiras de infantil 1.
A profe Cris foi a encargada de facer o primeiro experimento, metendo o Mentos na botella de coca-cola e tras uns segundos...
Creouse unha "explosión de coca-cola" xa que comezou a saír todo por fora.
Despois de falar una anaco sobre a causa de que suecedese este fenómeno, cada un dos equipos cooperativos foi repetindo o mesmo experimento, para ver se o proceso era sempre o mesmo.
Acordamos meter "5" Mentos, polo que tivemos antes que contalos, e acordar dentro de cada equipo quen levaría a cabo cada unha das partes do experimento.
Deste xeito cada un dos equipos, coas estratexias que acordaran en cada caso, levou a cabo o experimento observando o mesmo efecto.
Tan só restaba anotar as observacións e os materiais precisos para levara a cabo o experimento no noso caderno de campo.
Nesta ocasión serán os compañeiros de Infantil 1 os encargados de rodar o vídeo expicando o experimento. Lembra que poderás velo xunto cos que xa fixemos en experimentos anteriores no apartado de VÍDEOS > EXPERIMENTOS.
(2017-2018) Continuamos a investigar sobre os GATOS: atopamos as primeiras respostas.
Podes seguir os pasos previos deste proxecto de traballo e investigación nas entradas anteriores deste mesmo blogue:
28/10/17: (2017-2018) Os GATOS: Decidimos e iniciamos un novo proxecto de investigación e traballo.
Continúamos a investigar sobre os gatos para, con tódalas respostas que atopemos ás nosas preguntas, crear un vídeo con "curisidades sobre os gatos".
A última información, chegada das nosas casas, foi por correo electrónico e entre ela puidemos atopar un vídeo que nos enviou a nai de HÉCTOR, onde saía co seu gato Flor, que nos presentou a todos e todas.
Por suposto respostámoslle ó correo dándolle as grazas polo vídeo.
Agora si, xa con toda a información organizada, era o momento de comezar a buscar, e atopar, as respostas a tódalas nosas preguntas.
A primeira investigaríamo-la todos e todas xuntos:
PARA QUE E POR QUE MOVEN O RABO?
Anotamos no panel de organización o número da pregunta xunto a foto de "todos xuntos".
Atopamos a resposta buscando entre os vídeos que temos no recanto de infantil desta web, e na información que trouxemos da casa.
Plasmamos as respostas no mural da investigación.
Acordamos que tamén deberíamos, ademais de escribir, engadir algunha fotografía para que quedase claro para todos e todas "que significa cando moven o rabo de determinado modo"
Días despois aventurámonos na búsqueda das respostas a catro novas preguntas, neste caso traballando nos equipos cooperativos.
O primeiro foi, como sempre, acordar os roles que cada quen desempeñaría no equipo (encargado de material, de escoitar e de falar baixiño)
Repartidas as preguntas cada equipo anotou no cadro de organización o número da pregunta que nos correspondía investigar, escribíndoa ó lado da foto de cada equipo.
Como fonte de información empregamos as tablets da aula para visionar os vídeos do "recanto de infantil" para ver se nalgún deles daba a resposta á pregunta que nos correspondía.
Discriminando así a información relevante neste momento do resto da información que dicían no víado.
Fomos anotando, con axuda do profe, os datos relevantes da pregunta que nos correspondía... a medida que as ía comentando no vídeo, voltando a escoitalo se era preciso.
E unha vez rematado o traballo auto-avaliamos o noso traballo de formar acordado no panel de avaliación figuro-analóxica ("o panel das caras")
Ó día seguinte, cada equipo acordou de que xeito podería plasmar as respostas que atopara no mural da investigación... prescisaban usar fotografías? que escribirían?
Deste xeito cada equipo foi plasmando no mural as respostas á súa pregunta segundo tiñan acordado.
E velaquí as respostas que atopou cada equipo e como plasmou as respostas no mural.
E deste xeito, pouco a pouco imos completando noso mural da investigación.
Con todo reflexado no mural, cada un dos equipos tiña agora que "contarllo" os restantes equipos, para o cal primero contaron cun tempo para planificar como o ía contar, que materiais precisarían e quen diría que.
Deste xeito foron contando uns ós outros, os descubrimentos feitos, empregando as fotografías e incluso ensinándolles os vídeos onde atoparan as respostas ás preguntas. Ata respostaron algunha pregunta dos compañeiros e compañeiras dos restantes equipos.
Cando un dos equipos estaba amosando o vídeo ond atoparan as respostas, descubrimos que había algo que lles "pasara desapercivido"... os gatos tamén comían herba para limpar os dentes.
O equipo que investigara a pregunta decidiu anotar ese novo dato no mural da investigación, onde tiñan anotado o resto das información da pregunta.
E así quedou definitivamente a resposta a esta pregunta.
Unha mañá atopamos un libro sobre o noso buzón cunha carta escrita, era da profe ZAIRA, que nos deixaba un libro titulado "O rei da casa" onde un gato era o protagonista.
Escribímoslle unha carta de resposta entre todos e todas no encerado, que pasamos logo a un papel.
Ademais acordamos que podíamos deixarlle un dos nosos libros favoritos, da biblioteca de aula, así podería quedar con el mentras nos tivesemos o seu.
Despois dun traballo de "investigación" para descubrir onde podería atoparse, achámola na súa aula e así puidemos entregarlle a carta e o libro.
Aínda nos queda moito por descubrir no noso proxecto de investigación sobre os Gatos, como sempre iremos contándovolo neste blogue.
(2017-2018) E ademais... nas útimas semanas tamén sucedeu todo isto na nosa aula
Nestas últimas semanas, antes de comezar novembro, ademais de continuar coa nosa investigación sobre os gatos, celebrar o Samaín, facer o noso primeiro vídeo do experimento e todo o que xa vos contamos noutras entradas anteriores, tamén sucedeu todo isto:
Despois duns días de incendios pola zona, comentamos o sucedido na clase a través de diferentes diálogos, plantexándonos moitas preguntas sobre as causas e as solucións que se nos ocurrian.
Tivemos tamén que cambiarlle a auga á nosa tartaruga "RAYO".... porque comezaba a estar bastante "roñenta" ;)
(descubre como chegou RAYO a nosa aula desde AQUI)
LEVAMOS LIBROS PARA CASA OS VENRES:
Un curso máis levarmos os venres un libro para as nosas casas, nestas primeiras semanas tivermos que explicarlles ós novos compañeiros e compañeiros como facelo.
Buscando o número do libro na "aplicación online da biblioteca" dispoñible no recanto de infantili desta web...
... e usando o noso "carnet QR" (do que xa vos falamos nunha entrada anterior), podemos imprimir a portada do libro, traballando por parellas.
Coa portada completamos o noso "caderno dos libros para casa" escribindo ademais algúns datos como o númeroo libro e o título no caso dos compañeiros e compañeiras de máis idade, e o seu nome no caso dos de 3 anos.
Finalizado o rexistro tan só queda meter o libro na carpeta e deixalos preparados para levar para casa.
TRABALLANDO COS ROBOTS:
Retomamos o noso traballo cos robots que temos na aula, comezando a explorar as posibilidades dalgúns deles ;)
Axudamos ó BEEBOT a facer percorridos...
... e tamén na súa versión "online" que podes atopar no apartado de xogos, no recanto de infantil desta web.
Conseguimos que os ozobots seguisen as liñas para chegar ó seu destino, copletando as partes que faltaban.
RECONSTRUÍMOS O NOSO RECANTO DE RECICLAXE:
Voltamos a construír as nosas caixas de reciclaxe, porque as que tiñamos estaban moi estropeadas. O primeiro foi explicarlles ós novos compañeiros e compañeiras, e lembrar nós mesmos, como funcionaban... e para elo que mellor que a nosa canción favorita "dos monos rockeros" (que podes ver AQUI no reanto de infantil, no apartado de vídeos desta web)
Pintamos unha caixa de verde para o "resto do lixo" e outra amarela para os embases, plásticos e briks.
Pegamos en cada caixa "exemplos" do lixo que habería que tirar en cada unha delas.
E así quedaron as dúas novas caixas de lixo... xunto coa azul para o papel e cartón que xa tiñamos feita.
Por suposto tamén lle escribimos un cartel co tipo de lixo que ía en cada unha, para que non quedase dúbida: PAPEL, PLÁSTICO e "BASURA".
Un día sorprendeunos ver ó noso compañeiro ADÁN nunha nova do xornal, falaba de que era o último neno do seu pobo. Lemos a noticia no xornal de papel e mirámola tamén na versión dixital... así ADÁN puido comentarnos como "fixo" para aparecer nese xornal.
Podes ver o artigo de "La Voz de Galicia" onde foi publicado na súa version online na seguinte ligazón:
La Voz de Galicia -Adán el último niño de Mullerboa.
Participamos na celebración do día das Bibliotecas, organizada pola Biblioteca do colexio.
SEMENTAMOS UNHA LANDRA:
Una mañá o noso compañeiro ÓLIVER trouxo a clase unha "chea de landras"... estivemos falando sobre elas e alguén comentou que "servían" para que logo nacesen carballos.
Comprobámolo mirando un vídeo onde se comprobaba como a landrá medraba ata convertirse nunha árbore que daba outras landras "un CARBALLO".
Por suposto quixemos comprobalo por nós mesmos, así que puxémonos mans á obra para sementar unha das landras.
Haberá que esperar ata que comece a xermolar... manterémosvos informados :)
Unha vez a semana, xuntámonos cos compañeiros e compañeiras de Infantil 1 para ler "libros xuntos" por parellas, con un integrante de cada unha das aulas.
Comezamos a descubrir as posiblidades e nosa creatividade musical, nas sesións na aula de música, á que neste curso imos co noso profe ÓSCAR.
Unha das cousas que fixemos foi cantar a canción da toupiña usando instrumentos para facer os sons da mesma... foi moi divertido.
EXPLORAMOS A NOSA CREATIVIDADE:
Temén continuamos coa nosa "cita semanal" coa témpera no block de debuxo, traballando nos equipos para acordar decisións sobre as cores, compartir un único pincel, recoller o material... e por suposto deixar voar a nosa creatividade e a imaxinación.
Tamén exploramos a nosa creatividade creando figuras e construcións en volume con diferentes elementos que temos na aula... foi moi divertido.
COMEZAMOS A ENCHER O NOSO DICIONARIO XIGANTE:
Como cada comezo de curso o noso dicionario xigante volta a estar valeiro, nesta ocasión tivemos tamén que construílo de novo, posto que o do curso pasado estaba todo destrozado.
Explicámoslle ós novos compañeiros e compañeiras, e á profe CRIS, como traballábamos co dicionario xigante, enchéndoo das nosas palabra favoritas con cada letra.
O primeiro é xuntarse ambas clases e "dicir palabras coa letra que esa semana usaremos para encher o diccionario". Este curso os profres traen, como palabra favorita de cada letra "o título dun conto" que, por suposto lemos despois de dicir as nosas palabras favoritas.
Logo, despois de repartilas pola "metade" para dúas aulas, por parellas ou grupos imos imprimindo, na aplicación online do diccionario (que podes atopar no recanto de infantil) a palabra que lle tocou a cada un, e que previamente escribiu nun anaco de papel. Hai que ter coidado porque se te equivocas ó poñer algunha letra sae unha cara avisando de que non está ;)
Sempre acordamos imprimir "1 foto grande" para o diccionario xigante e un número de fotos pequenas, que cambia cada semana, para logo usalas no noso diccionario individual.
Entre as dúas aulas, cada semana imos enchendo coas nosas palabras favoritas o noso diccionario xigante, pegando nel a palabra que escribimos xunto a foto que imprimimos.
Por último, cada un de nos, escolle, escribe e pega no seu dicionario persoal, as palabras favoritas da que hai no dicionario xigante.
DESENVOLVENDO A PSICOMOTRICIDADE NO PAVILLÓN:
Encántanos baixar, unha vez á semana, durante dúas horas, ó pavillón do colexio a desenvolver a nosa psicomotricidade... este curso voltamos a baixar co noso profe ÓSCAR.
Percorremos circuitos.
Desprazámonos no espazo de diferentes formas.
Coordinamos os nosos movementos cos dos compañeiros e compañeiras en diferentes xogos.
Xogamos a xogos tradicionais como a "pita cega".
E ata "imaxinamos" que estamos nun Zoo visitando animais e convertíndonos nos mesmos ;) facendo os seus "movementos"
E como sempre, ó rematar, dámoslle unha forte apreta ás árbores que temos ó lado do pavillón, ademais de observar como van cambiando co paso dos días, cada vez que baixamos ó pavillón.
Podes ver outras moitas cousas que sucederon na nosa aula nas últimas semanas, en entradas enteriores deste mesmo blogue.
Nas vindeiras semanas iremos publicando novas entradas sobre a evolución do noso proxecto de investigación sobre os Gatos que xa está dando os seus primeiros resultados, asi como de outras moitas cousas que sucederán na aula de Infantil 2.
(2017-2018) Chega o Samaín... así nos preparamos na nosa aula, creando un monstruo xigante.
Para celebrar o Samaín participaríamos nos obradoiros e exposición de cabazas organizada no centro, pero antes había que preparalo todo... e facer outras moitas cousas na nosa aula sobre o tema.
CREAMOS UN MONSTRUO XIGANTE:
Para asustar a todo o mundo decidimos que nada mellor que facer un monstruo xigante, para poñer no corredor (os de infantil 1 farían outro tamén). Despois de probar diferentes formas de facer un monstruo tan grande ocurríusenos a idea de debuxar "o rededor" do profe (a silueta). Foi moi divertido ;)
Tan só quedaba repasar as liñas e...
... cortar a silueta do monstruo xigante.
Entre todos fomos pintando o corpo do monstruo.
Organizados en equipos cooperativos, repartímonos as diferentes partes que teríamos que poñer no noso mostruo. A cada equipo lle correspondía un par de partes en concreto, que debía atopar entre todas as dispoñibles.
Acordando unha estratexia para facelo de forma coordinada, dentro de cada equipo, todos deron recortado as difentes partes que lles correspondían, clasificándoas en dous grupos para non mesturalas.
De paso aproveitamos para xogar con elas a convertirnos tamén nos en monstruos.
Cada equipo foi o encargado de organizar as caras para poder plastificalas (coa axuda e supervisión do profe)
E por último restaba cortalas... xa estaban listas par construír o noso monstruo.
Cada un dos equipos deseñou, de forma acordada entre todos os integrantes do mesmo, e coa participación de todos, o seu monstruo pegando das diferentes partes do mesmo.
E así de fantásticos quedaron os monstruos dos diferentes equipos, fixémonos unha foto diante do noso monstruo:
Escribimos un cartel convidando ós compañeiros e compañeiras de todo o colexio a construír o seu monstruo.
Indicamos nun cartel que PODÍAN CAMBIAR O MONSTRUO.
Finalmente cada un dos equipos, tivo que acordar un nome para o seu monstruo, e cando estiveron dacordo buscaron a forma de escribilo nas fotografías que fixeramos do mesmo.
UNHAS PANTASMAS FEITAS COS PES, PARA DECORAR O CORREDOR:
Ademais do monstruo xigante, no corredor de infantil, para que dese máis medo habería unha chea de pantasmas pendurados do teito, nesta ocasión pintados cos pes.
Facía moitas cóxegas cando lle poñíamos a pintura nos pes, e estaba "fría".
Cando secaron, tan só restaba recortalos e penduralos no teito do corredor de infantil.
Pero por suposto tamén con un cartel anunciador da festa que iamos celebrar. Escribimos pois SAMAÍN letra a letra.
E así quedou pendurado o cartel no corredor de infantil.
E así coas pantasmas penduradas, todo estaba listo par comezar a celebración do Samaín.
PREPARAMOS A PARTICIPACIÓN NA EXPOSICIÓN DE CABAZAS:
Ademais de obradoiros, na celebración do Samaín habería tamén unha exposición de cabazas terroríficas, como non todos estabamos no colexio o curso pasado, miramos na páxina web do colexio como fora o curso anterior, explicado polos compañeiros e compañeiras máis veteranos.
Para non esquecernos escribimos unha nota para as nosas familias, onde lles pedíamos axuda para poder facer unha cabaza terrorífica e traela ó colexio.
E así, un día antes da celebración do Samaín, xuntamos na clase unha chea de cabazas terroríficas. Para poder poñelas na exposición pegámoslle, por turnos, un número a cada unha e fomos escribindo o noso nome ó lado do número que lle correspondera.
Estivemos mirándoas con detalle, pero con coidado de non tocalas, porque como comentou algún compañeiro eran moi blandiñas e podían romper se non se levaban con coidado.
Con todo organizado, levámolas para a Sala de Usos múltiples, onde xa estaban as cabazas dos compañeiros e compañeiras de primaria.
Estas foron tódalas cabazas que xuntamos entre os compañeiros e compañeiras de todo o colexio.
DESEÑAMOS E CREAMOS A NOSA PROPIA CABAZA DO SAMAÍN:
Na nosa aula tamén creamos a nosa propia cabaza, o primeiro foi facer un deseño de como podería ser, debuxándoa.
Entre as ideas aportadas por todos fomos decidindo o noso deseño. Que forma terían os ollos, e o nariz...?
Tan só nos restaba ir debuxando sobre a cabaza o deseño acordado entre todos e todas.
E despois de que o profe a cortara polas liñas tivemos que quitarlle as diferentes partes que sobraba. Como xa fixeramos as nosas na casa xa somos todos uns expertos no tema.
Valeirala foi moi "asqueroso" pero moi divertido ;)
E así quedou, unha vez rematada, a nosa cabaza terrorífica.
Xa estaba todo listo para participar nos obradoiros do Samaín...
PARTICIPAMOS NOS OBRADOIROS DE CELEBRACIÓN DO SAMAÍN NO CENTRO:
Podes ver que ben o pasamos e todo o que fixemos na seguinte entrada.
- Infantil xuntos (2017-2018) Os de Infantil tamén participamos nos obradoiros do Samaín e pasámolo... de medo!
Tamen podes atopar máis información sobre nestes obradoiros, e a celebracion do Samaín no Centro, nas seguintes entradas:
- Blog das TIC (2017-2018) Podes atoparte nas fotografías do "fotomatón terrorífico"
- Blog de normalización-biblioteca-tic (2017-2018) Celebramos o Samaín participando nuns obradoiros “de medo" e cunha exposición de cabazas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- …
- seguinte ›
- última »