Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil 2

(2017-2018) Creamos luz negra e experimentamos con ela. Queres saber como facelo? mira o vídeo que creamos

Como cada mes, levamos a cabo na aula experimentos científicos e facemos un vídeo explicativo de cada un deles por cada un dos equipos cooperativos.

Nesta ocasión creamos e experimentamos coa luz negra (ultra-violeta) e o equipo "TIBURONES" da nosa aula foi o encargado de deseñar e elaborar o vídeo explicativo (que podes ver ó final desta entrada)

O primeiro foi ir pintando nunha lanterna led, varias capas con rotulador permanente negro.

 

Cada un dos equipos cooperativos das dúas aulas pintaron un par de delas xa que facía falta que houbese 20 capas pintadas para convertila en "luz negra".

 

Rematadas as nosas capas levámoslle a lanterna ós compañeiros e compañeiras de infantil 1 para que rematasen o traballo, coas capas feitas polos seus equipos.

 

Despois dun anacao demos feito co traballo e e nosa lanterna estaba xa lista.

 

Tan só quedaba probar que pasaba cando escribíamos cos rotuladores fluorescentes amarelo, verde e laranxa e...

 

... coas luces apagadas usábamos a luz negra.

 

Cada un dos equipos foi debuxando e probando que sucedía coa luz ultra-violeta. Ata a roupa de cor branca brillaba.

 

Logo probamos tamén con rotuladores fluorescentes rosas, azuis e morados... pero non sucedía nada, por que? Dialogamos un anaco plantexando hipóteses de porque podía suceder isto;

  • os que non funcionan é que están gastados
  • porque estamos escribindo noutro papel diferente
  • a lanterna quedou sen pilas e agora non funcina
  • os máis "brillantes" si funcionan pero os outros non
  • os que son máis "azuis" non funcionan pero si os outros
  • os que se parecen ó violeta vense menos que os que son difrentes.
  • [...]

 

 

Podes ver todo este proceso e como quedou o noso vídeo rematado de seguido:

 

Visualizamos o vídeo do experimento unha vez rematado, comentando as nosas opinións ó respecto.

 

Completamos o noso caderno de campo coas anotacións correspondentes a este experimento.

 

Podes ver os experimentos anteriores levados a cabo na aula, ó longo deste curso, nas seguintes ligazóns:

11/11/17: (2017-2018) Experimento: Facemos funcionar un reloxo con laranxas. Queres ver o vídeo que creamos?

04/12/17: (2017-2018) Experimentamos con Coca-cola e Mentos e... sabes o que sucedeu?

27/01/18: (2017-2018) "A pementa que escapa": experimentamos e creamos o vídeo na aula. Queres velo? 

07/03/18: (2017-2018) Experimentamos para crear cores que se poden tocar... queres saber como facelo? 

 

Lembra
que podes ver os vídeos de outros experimentos, tanto desde curso como
do curso pasado, no apartado de "VÍDEOS" do recanto de infantil, ou
directamente desde 
AQUÍ.

 

(2017-2018) Comezamos a investigar sobre os tabeiróns e o mar para convertir a nosa aula nun acuario xigante.

Rematada a nosa investigación sobre os GATOS, estabamos desexando comezar un novo proxecto de investigación na nosa aula.

03/04/18: (2017-2018) Rematada a investigación sobre os gatos creamos o noso vídeo-documental. Queres velo? 

Como non xurdiu un tema que nos interesase a todos e todas, optamos por facer unha "choiva de ideas" e que cada quen plantexase sobre que lle interesaba investigar, dando razóns de porque o consideraba interesante (que se podía saber e que se podía facer coas respostas atopadas).

Con tódalas ideas levamos a cabo unha votación da que resultou gañador "os TABEIRÓNS o MAR e os PEIXES", e con todo o que descubramos convertiremos a nosa aula nun ACUARIO XIGANTE onde celebraremos unha "festa debaixo do mar" ó rematar o curso.

 

Elexido o tema, preparamos o noso mural da investigación onde iremos anotando todo o proceso e as respostas que vaiamos atopando ás preguntas que plantexemos.

 

Escollimos unha imaxe dun tabeirón como "encabezamento" do noso mural...

 

Que pegamos xunto ó titulo da investigación, que escribimos entre todos e todas.

 

Tamén anotamos o que QUERÍAMOS FACER con toda a información que descubrísemos.

 

Como sempre comezamos anotando todo o que xa sabíamos dos tabeiróns, dos peixes e do mar...

 

... e por suposto, que é o que queremos/precisamos saber para poder convertir a nosa clase nun acuario onde celebrar esa "festa debaixo do mar".

 

Así estaba o noso mural, listo para comezar a investigar sobre o tema.

 

Tan só restaba anotar as fontes de información nas que poderíamos atopar a información. Como xa somos "veteranos" nesto das investigacións coñecemos unha chea delas diferentes.

 

Escribimos unha nota para pedir "colaboración" ás nosas familias e poder ir xuntando información no "noso recanto" da investigación.

 

Ó día seguinte xa chegou a primeira... un fantástico libro que HÉCTOR trouxo da súa casa.

Continuaremos "xuntando" información no noso recanto da investigación, e nuns días comezaremos a traballar con ela para atopar a resposta as preguntas e poder así convertir a nosa aula nun acuario xigante.

 

Como sempre irémolo contando paso a paso neste mesmo blogue. 

 

Se tes información sobre o tema, que poidas facernos chegar, non dubides en empregar o noso correo electrónico infantilcampolameiro@gmail.com 

 

(2017-2018) Temos novos equipos cooperativos na aula... Queres coñecelos?

Como xa vos comentamos ó comezo do curso, na nosa aula tiñamos catro equipos cooperativos, agora chegou o momento de renovalos e crear novos equipos.

03/12/17: (2017-201) Xa temos novos equipos cooperativos... queres coñecelos?

O primeiro foi "distribuirnos" segundo as indicacións do profe nos catro equipos. 

 

A primeira decisión que tiveron que tomar cada un dos equipos foi decidir como ían chamarse. Despois dunha dura deliberación a través do diálogo lograron chegar a un acordo entre eles.

Finalmente estes foron os nomes que escolleron en cada un dos equipos:

 

ARCO IRIS:

 

CONEJITOS:

 

SUPER ESTRELLA:

 

TIBURONES:

 

Xa cos nomes elexidos, cada un dos equipos tivo que tomar outra decisión, cal sería a cor que representaría a cada un deles.

 

Tomada a decisión, un representante de cada un dos equipos foi a buscar a témpera da cor acordada en cada un deles. Con ela pintaría o panel do seu equipo.

 

Para, organizándose dentro de cada un dos equipos, poder pintar usando un só pincel que tiñan que compartir entre eles.

 

Para completar o panel de cada un dos equipos facía falta imprimir do ordenador, tanto a fotografía do equipo como buscar en internet unha imaxe acordad por todos eles.

 

Para posteriomente incluíla en cadanseu panel, decidindo onde colocar cada un dos elementos, e cooperando todos na súa creación.

 

Con letras móbiles ordenándoas, escribimos tamén o nome do noso equipo que, novamente de forma acordada pegamos no noso panel.

 

Así de fantásticos quedaron unha vez rematados, incluíndo tamén, por suposto, os nosos nomes.

 

Rematado o traballo estrenámolos facendo a "auto-avaliación" figuro-analóxica deste primeiro traballo nos novos equipos cooperativos.

 

Desde agora, empregarémolos para diferentes tarefas da aula, entre elas a recén estrenada investigación sobre os TABEIRÓNS, os PEIXES e o MAR... do que vos damos cumprida conta na seguinte entrada deste blogue.

 

 

 

(2017-2018) Antes de rematar o trimestre, nos meses de febreiro e marzo, sucedeu tamén todo isto.

Nestas últimas semanas do trimestre, ademais de rematar a nosa investigación sobre os gatos e crear o noso vídeo-documental, entre outras moitas cousas tamén sucedeu todo isto na nosa aula.

Recibimos un vídeo e un agasallo da profe Ángela, que o curso pasado estaba en infantil 1.

 

Día a día continuamos a facer os nosos rexistros tanto online como en soporte físico: calendario, compañeiros que están ou non cada día, anotar as datas relevantes cada semana, ver o que vai suceder cada día...

 

O noso pequeno carballo continúa a medrar cos nosos coidados.

 

Participamos nas sesións de cinema organizadas no centro dentro da actividade organizada pola biblioteca "3, 2, 1... rodando libros".

 

Continuamos a encher o noso diccionario xigante con novas palabras.

 

Exploramos as nosas posibilidades musicais descubrindo instrumentos polo seu son, e logo reproducíndoos cos instrumentos reais.

 

Participamos nun proxecto da Asociación "Bicos de papel" para celebrar o día contra o "cancro infantil, para o que xunto ós compañeiros e compañeiras de todo o colexio creamos un lazo xigante.

 

Despois de que todo o colexio estampara as súas mans, tomámonos unha foto todos xuntos.

Deste xeito participamos no vídeo que a ONG creou cos lazos creados por tódolos colexios participantes.

Podes ver o vídeo creado pola asociación "Bicos de Papel" desde AQUÍ.

 

O noso "m-bot" continuou a aprender a facer moitas cousas, grazas a como o fomos programando.

 

Por quendas, a mochila viaxeira, continuou o seu percorrido polas nosas casas.

 

Anotamos na "libreta da mochila" todo aquelo que nos apeteceu durante a semana que estivo nas nosas casas. 

 

 

Polo día internacional das mulleres, traballamos xunto os compañeiros de primeiro e segundo, para descubrir homes e mulleres somos iguais en dereitos e obrigas.

 

Para o día do Pai, creamos unha bolsa da compra que decoramos nos mesmos estampando mazás de cores nela.

 

Escribindo unha mensaxe pola parte de atrás da mesma, decorándoa ó noso gusto.

 

Todos xuntos creamos o noso papel de regalo para envolvelo, primeiro debuxando camiños longuísimos que se "entrecruzaban" e logo coloreando os anacos resultantes.

 

Tan só quedaba envolvelos e deixalos listos para poder levalos para casa.

 

Os compañeiros de primeiro e segundo viñeron visitarnos para entregarnos un xogo que construíran, coas respoastas á investigación que fixeran sobre os "pingüíns"

 

Para conmemorar o día da poesía os maiores do colexio léronnos poemas, por todo o colexio.

 

Pola súa banda, para conmemorar o día de Rosalía de Castro, puxemos as súas obras "polas ventanas do colexio".

Ambas foron propostas plantexas desde o equipo de biblioteca do centro.

 

Anotamos no noso calendario online, a data en que "iremos visitar ó lobo Orbil".

 

Co noso libro "das super-mulleres da paz" rematado (que podes ver aquí) tan só quedaba participar na construcción do traballo no que iría, xunto cos creados por tódolos compañeiros e compañeiras do colexio.

 

Convertimos unha "cámara de fotos antiga", que usaramos outro ano no "Salón do Libro", nunha cámara de cine antiga. Partindo dunha fotografía fomos dando ideas de como facelo.

 

Con un par de círculos rematamos a nosa contribución, deixándolles unha nota ós nenos e nenas do resto do colexio para que fixeran a súa a aportación.

 

Así quedou o traballo feito pola nosa parte e listo para que o continuase o resto do colexio.

 


E así unha vez rematado.

 

Xa estaba todo listo para levarllo ó lobo "ORBIL". Verémolo o día 9 cando asistamos ás actividades no "Pazo da cultura".

 

Exploramos sensorialmente diferentes elementos nalgunhas das sesións de psicomotricidade.

 

Continuamos e explorar as nosas posiblidades creativas.

 

Coa elaboración do noso "boletín de auto-avaliación", e levando os nosos traballos para casa, remataba este segundo trimestre.

 

Nas vindeiras semanas teremos moito que contarvos... non o perdades.

(2017-2018) Rematada a investigación sobre os gatos creamos o noso vídeo-documental. Queres velo?

Podes seguir os pasos previos deste proxecto de traballo e investigación nas entradas anteriores deste mesmo blogue:


28/10/17: (2017-2018) Os GATOS: Decidimos e iniciamos un novo proxecto de investigación e traballo.  

18/11/17: (2017-2018) Continuamos a investigar sobre os GATOS: atopamos as primeiras respostas.  

 
Con todas as respostas xa atopadas continuamos a completar o noso dossier individual, que levaríamos para as nosas casas ó rematar o trimestre.
Coa axuda das respostas que ase atopaban no mural da investigación puidemos ir completando as diferentes páxinas do dossier. Enumerando tamén as páxinas do mesmo.
Podes ver como quedou o noso dosier rematado, neste exemplo. Fai click sobre a seguinte imaxe:
Co dossier xa rematado, chegaba o turno de crear o producto final que nos marcáramos ó comezo da investigación: "crear un vídeo-documental" sobre os gatos para as nosas familias e os compañeiros de infantil 1.
Entre todos, a través de diferentes diálogos fomos anotando "o que queríamos contar no documental" a partir de todo o que foramos descubrindo ó longo das semanas.
Coas diferentes frases xa asignadas a cada quen, pensamos que sería interesante que detrás de cada un de nos falando saíse unha imaxe relacionada, para o que o preparamos o noso "set de rodaxe" cun chroma verde.
Rematadas as grabacións de cada un de nos, visionamos o vídeo e decidimos que imaxes poñer de fondo en cada caso.
Aprendemos que o ordenador "podía saber" que parte era de cor verde e poñer no seu lugar a foto que elexíramos, tan só poñéndoa " debaixo do vídeo.
Visionamos o vídeo documental xa completo, co título e os créditos finais.
Así quedou o noso vídeo documental xa rematado, podes velo de seguido:
Tan só quedaba dalo á coñecer a todos e todas, a mellor forna de que calquera puidese velo pareceunos usar un "código QR" que usamos habitualmente.

 

E así o plasmamos no noso mural da investigación:

 

 

Comprobando, por suposto, que o código funcionaba correctamente con unha das nosas tablets.

 

Usamos o mesmo código no noso dossier persoal, para que puidesemos velo nas casas. Cada un comprobou que efectivamente funcionase o código e se puidese ver desde el o vídeo.

 

Despois dun diálogo pensamos que tamén queríamos que se puidese ver na televisión, así que preparamos un CD co noso documental no seu interior.

 

Escribindo o título do documental nunha pegatina circular que cada quen pegou no seu CD, que dentro do seu sobre quedou listo para levalo ás nosas casas.

 

Tal como indicaba no noso mural da investigación, levámosllo ós nosos compañeiros e compañeiras de infantil 1 e, á volta de vacacións farémosllo chegar a tódolos compañeiros e compañeiras do colexio.



Revisamos o que dixeramos ó comezo da investigación e contrastámolo con todo o que descubrimos ó longo do proceso. Dixémoslle o profe que fora "cambiando" aqueles datos que non eran de todo correctos, por aqueles xa sabíamos agora.
Chegaba tamén o momento do poñer  o noso mural no corredor, para o que tivemos que "discutir" en que lugar poñelo. Finalmente acordamos retirar o da muralla chinesa do curso pasado, e no seu lugar poñer a nosa investigación sobre os gatos.
Xa está listo para que calquera poida consultalo no noso corredor.
E, por suposto, ver o vídeo documental gracias ó codigo QR que incluímos.
A falta de repartir, como xa comentamos, o vídeo-documental entre os compañeiros e compañeiras de primaria, rematamos a investigación sobre os gatos.
Xa no terceiro trimestre embarcarémonos nunha nosa investigación, que aínda teremos que decidir entre todos e todas. Como sempre teredes cumprida conta neste blogue.

(2017-2018) Experimentamos para crear cores que se poden tocar... queres saber como facelo?

Este mes, o noso experimento científico na aula, veu da man dos nosos compañeiros e compañeiras de Infantil 1, que estan a investigar sobre o "arco da vella" dentro do seu proxecto de traballo (mentras nos seguimos a afondar na nosa investigación sobre os gatos)

Un dos equipos da outra aula foi o encargado de explicarnos como facer "cores que se poden tocar", coas que eles fixeron arcos da vella. Estivemos moi atentos a como mesturar a cola, espuma de afeitar e colorante para conseguilo.

 

Así lles quedaron a eles unha vez secos e si... podían tocarse as cores!

 

Con tódolos datos claros e tras preprarnos nos equipos con guantes para non marcharnos, comezamos a repetir o experimento en cada un dos equipos. Conseguiríamos o mesmo resultado que os nosos compañeiros?

 

Cada un dos equipos tivo que acordar como levar a cabo os pasos para facer o experimento. Quen se encargaría de engadir a espuma de afeitar, a cola e o colorante.

 

Cada un dos equipos tivo tamén que acordar, de forma dialogada que cor usarían para a súa pintura.

 

Con todo dentro da bolsa tan só quedaba mesturalo ben.

 

E facéndolle un pequeno corte, nunha das puntas da bolsa, tal como nos contaron os compañeiros e compañeiras da outra aula, puidemos pintar coas nosas "cores en volume".

 

Así quedou a nosa creación, feita entre todos, despois da fin de semana comprobaremos se se "pon dura" e podemos tocala...

 

E así quedou cando secou despois do fin de semana

 

Nesta ocasión, a creación do vídeo onde se explica o experimento, correrá a cargo dun dos equipos dos nosos compañeiros de Infantil 1, que poderás ver nuns días no apartado "vídeos" do recantanto de infantil.

 

Podes ver os experimentos anteriores levados a cabo na aula, ó longo deste curso, nas seguintes ligazóns:

11/11/17: (2017-2018) Experimento: Facemos funcionar un reloxo con laranxas. Queres ver o vídeo que creamos?

04/12/17: (2017-2018) Experimentamos con Coca-cola e Mentos e... sabes o que sucedeu?

27/01/18: (2017-2018) "A pementa que escapa": experimentamos e creamos o vídeo na aula. Queres velo? 

Lembra que podes ver os vídeos de outros experimentos, tanto desde curso como do curso pasado, no apartado de "VÍDEOS" do recanto de infantil, ou directamente desde AQUÍ.

 

 

(2017-2018) E ademais, no mes de xaneiro, sucedeu todo isto en Infantil 2

Ademais de todo o que xa vos contamos en entradas precedentes deste blogue (investigación sobre os gatos, experimento con pementa, gañadoras do premio nobel da paz, coidado da nosa tartaruga raio...), durante o mes de xaneiro sucedeu todo isto en Infantil 2.

Anotamos as datas sinaladas do mes, revisamos os aniversarios e continuamos a facer as rutinas do encargado no calendario online da nosa aula.

 

E por suposto tamén no calendario en papel, que co comezo de ano estrenamos na nosa aula, e que nos acompañará todo o ano mes a mes.

 

Descubrimos o M-BOT o novo robot que temos na nosa aula, un robot super-chulo pero ó que hai que ensinarlle a facelo todo "cun linguaxe moi raro". 

 

Xa conseguimos "ensinarlle" (programalo coa súa linguaxe) para que metese un "gol", e ata temos o vídeo para demostralo ;)

 

O diccionario xigante, e os diccionarios individuais siguen enchéndose das nosas palabras e imaxes favoritas.

 

Aportamos ideas para elaborar as normas da biblioteca do colexio, escribindo algunhas que nos parecían importantes.

 

Nas sesións de expresión musical, na aula de música, convertímonos en directores de orquesta, dirixindo ós "músicos".

 

Escoitamos e representamos a obra "nun mercado persa" convertíndonos nos diferentes personaxes.

 

E ata engadimos instrumentos á canción "apertas que voan" que estabamos ensaiando para a celebración do día da paz.

 

Como fixo mal tempo, e no pavillón facía moito frío, levamos a cabo as sesións de psicomotricidade na nosa aula, convertíndoa nun pavillón improvisado :)

Convertíndonos en animais mariños, como as estrelas de mar, por exemplo.

 

Ou desplazándonos polo espazo, coordinando os nosos movementos cos dos demais compañeiros e compañeiras, como se fósemos mantas.

 

Ou osos polares sobre un bloque de xeo.

 

Ata xogos tradcionais ou circuitos feitos con elementos da nosa aula.

 

Cada venres continuamos a levar un libro da biblioteca de aula para as nosas casas, anotándoo na aplicación online, cos carnets QR de cada quen, para conseguir a súa portada introducindo o número do libro...

 

... usándoa logo para facer o rexistro no noso caderno.

 

Neste mes comezamos tamén a levar para casa cada vernes, e por quendas decididas por sorteo, a mochila viaxeira da bibioteca do colexio, na cal se inclúe un libro para nós, un para as famiias, un xogo e unha libreta onde anotar o que queiramos.

 

Imos anotando cunha pequena mochila na lista dos encargados, quen a vai levando para aseguranos de que vaia a tódalas casas.

 

 

Lembras a landra que plantamos en outono?... por xa se corverteu nun pequeno carballo. Seguirémola coidando ata que poidamos plantala no exterior.

 

E así de relaxados, usando o noso "cerebro de purpurina", despedímonos ata a seguinte entrada deste blogue. Non esquedas que podes ver todo o que tamén fixemos, nas últimas semans, en anteriores publicacións.

(2017-2018) "A pementa que escapa": experimentamos e creamos o vídeo na aula. Queres velo?

Este me na aula fixemos un experimento con xabón, pementa e auga... que poderíamos facer con todo ese material?. Cada quen foi propoñendo diferentes alternativas (encher o vaso de auga e logo mesturar o xabón, mesturar a pementa con auga....)

 

Para cada unha das propostas fomos aventurando hipóteses do que críamos que sucedería:

  • Estouparía
  • Saería por fora
  • Cambiaría de cor
  • Cheiraría fatal
  • Faría escuma
  • [...]

 

Todos xuntos, segundo os diferentes pasos que ía indicando o profe, fomos descubrindo como botando pementa nun prato con auga, e mollando o dedo en xabón "a pementa escapaba ó tocalo". Adicamos un anaco a discutir cal críamos que podería ser a causa deste fenómeno.

 

Cada un dos equipos cooperativos repetiu o mesmo experimento e, tras acordar os diferentes roles en cada equipo e despois de organizar o traballo dentro do mesmo, puxéronse mans á obra para facer o experimento.

 

EQUIPO INCREIBLES:

 

EQUIPO TARTA:

 

EQUIPO BOLA DE FUEGO:

 

EQUIPO DALSI, quenes tamén serían os encargados de crear o vídeo do experimento, posto que este mes lle correspondía á nosa aula a creación do vídeo.

 

Por suposto, despois do gran traballo realizado, cada un dos equipos auto-avaliou o seu equipo durante a realización do experimento.

 

 

Para poder empregalo no vídeo, e que asi todos soubesen que materiais facían falta para facer o experimento, escribimos un panel con todos eles, indicando entre todos e todas tamén as cantidades necesarias en cada caso.

 

Para que todos e todas o entendesen, aínda que non puidesen lelo, acordamos poñer imaxes de cada un deles, que o equipo Dalsi foi elexindo despois de buscalas no ordenador.

 

Con todo preparado chegaba a hora de facer a rodaxe do experimento, para o que primeiro, o equipo DALSI, tivo que organizarse internamente e planificar de que xeito o ían contar... quen faría e diría cada parte e en que orde.

 

 

Así de fantástico quedou o vídeo do experimento unha vez rematado... para que poidas repetilo na casa se queres. 

 

Anotamos tanto os materiais necesarios, como os resultados obtidos no noso caderno de campo individual dos experimentos.

 

Podes ver os experimentos anteriores levados a cabo na aula, ó longo deste curso, nas seguintes ligazóns:

11/11/17: (2017-2018) Experimento: Facemos funcionar un reloxo con laranxas. Queres ver o vídeo que creamos?

04/12/17: (2017-2018) Experimentamos con Coca-cola e Mentos e... sabes o que sucedeu?


Lembra que podes ver os vídeos de outros experimentos, tanto desde curso como do curso pasado, no apartado de "VÍDEOS" do recanto de infantil, ou directamente desde AQUÍ.

(2017-2018) Rematamos a nosa investigación sobre os gatos... estamos preparados para a creación do vídeo-documental.

Podes seguir os pasos previos deste proxecto de traballo e investigación nas entradas anteriores deste mesmo blogue:

28/10/17: (2017-2018) Os GATOS: Decidimos e iniciamos un novo proxecto de investigación e traballo. 

18/11/17: (2017-2018) Continuamos a investigar sobre os GATOS: atopamos as primeiras respostas. 

13/01/18: (2017-2018) Avanzamos no noso proxecto sobre os gatos... así vai a nosa investigación 

 

Á volta das vacacións de Nadal continuamos coa nosa investigación sobre os gatos, nesta primeira ocasión buscamos xuntos á resposta á pregunta "Onde se mercan os gatos?". Visionando de forma conxunta un vídeo, que atopamos no noso recanto de infantil, descubrimos que o mellor era "adoptar gatos" que viviran en refuxios ou protectoras de animais.

 

Descubrimos tamén, grazas a información que nos fixo chegar a nai de ÓLIVER, que en Pontevedra había un refuxio de animais chamada "PALLEIROS", que recollían tapóns para logo vendelos e conseguir cartos para poder coidar os animais. Decidimos axudalos recollendo tamén tapóns na clase.

 

Plasmamos no mural, tanto a resposta acordada e atopada, como a recollida de tapóns para axudar á protectora de animais de Pontevedra.

 

E así quedou plasmado no noso mural.

 

Para as restantes preguntas, xa en días posteriores, organizámonos nos equipos cooperativos e, como sempre o primeiro foi organizarnos dentro do equipo, asignando roles e rexitrándoos no noso caderno do equipo.

 

Cada un dos equipos acordou, de cal das preguntas que restaban por respostar, se encargarían de buscar a resposta.

 

Anotando a súa decisión no mural, indicando o número da pregunta escollida no cadro de organización.

 

Usando as diferentes fontes que tiñamos no noso recanto de investigación, cada un dos equipos foi atopando as respostas ás preguntas plantexadas.

 

Acordando, unha vez atopada a resposta, de que xeito o plasmaríamos no mural: usando fotografías? escribindo textos?... sempre participando todos no equipo.

 

Así quedaron plasmadas as respostas ás últimas preguntas que quedaban sobre os gatos.

 

Deste xeito, co traballo de todos completamos o noso mural da investigación. Tan só restaba a pregunta de "como facer un documental", que respostaremos durante o proceso de creación do mesmo.

 

Cada un dos equipos contoulle ós demais compañeiros e compañeiras a resposta que atoparon as preguntas que lles corresponderon.

 

Comezamos tamén a crear o noso dossier persoal, elexindo que fotografía de "gato" queríamos incluír na nosa portada, buscándoa en internet. 

 

Completando a portada do mesmo, ordenando con letras móviles, a palabra "GATOS".

 

Agora tan só nos resta, ademais de completar o dossier individual da investigación, que poderemos levar para as nosas casa.

 

Chega agora tamén o momento de preparar a rodaxe e creación do noso vídeo-documental con todo o descuberto.

Como sempre poderedes estar ó día ó respecto en próximas entradas neste blogue.

 

 

 

(2017-2018) Chega decembro e chega o Nadal á nosa aula. Así o celebramos e traballamos.

Co comezo do mes de decembro tivemos que marcar unha chea de acontecementos que terían lugar, tanto no noso calendario online...

 

... como no de papel. Varios cumpleanos, a chegada do Nadal, unha saída a ver unha película ó cine e, por suposto, a nosa participación no festival de Nadal.

 

CREAMOS UNHA ÁRBORE DE NADAL:

O primeiro foi "construír a árbore" e decorala.

 

Como a nosa árbore estaría chega de "doces navideños", escribimos unha carta pedindo ás nosas familias se podían colaborar.

 

Despois duns días xa tiñamos na clase unha chea de doces navideños para dendurar da nosa árbore.

 

Fomos decorando a nosa árbore con todos eles.

 

Xunto cos compañeiros e compañeiros da outra aula demos creado esta fantástica árbore de Nadal, con tódolos doces navideños que trouxemos... bueno con aqueles que non comimos polo camiño ;). Cando rematase o colexio convidaríamos a todo o colexio a comer algo del.

 

Creamos un CARTEL DE "BO NADAL" para o noso corredor, para o que primeiro houbo que ordenar as letras para que estivera ben posto.

 

Cada un dos equipos cooperativos foi decorando unha ou varias letras do cartel usando purpurina.

 

E ó igula que con todos os traballos en equipo cooperativo, ademais de acordar a asignación de roles dentro do equipo, levamos a cabo unha auto-avaliación do noso traballo como  equipo.

 

Así de fantástico quedou o noso cartel no corredor de infantil.

 

DECORAMOS O CORREDOR CON ADORNOS XIGANTES:

Traballando novamente por equipos cooperativos, escollimos que adorno xigante queriamos facer para pendurar no teito do corredor.

Co adorno escollido o primeiro foi acordar de que cor e como o podíamos pintar entre todos e todas.

 

Tivemos que buscar estratexias para poder pintar a parte posterior do adorno sen mancharnos coa parte que xa estaba pintada.

 

Unha vez seco pegamos a fotografía do noso equipo e....

 

... decorámola empregando toda a purpirna que quixeramos. Cada equipo deixou voar a súa imaxinación e creatividade mesturando todo o que considerou.

 

Así de xeniales quedaron os adornos unha vez rematados:

O do equipo TARTA.

 

O do equipo BOLAS DE FUEGO.

 

O do equipo DALSI.

 

O do equipo INCREIBLES.

 

Cada equipo decidiu donde penduralos no teito e, xunto cos que fixeron os compañeiros de infantil 1 decoramos o corredor de Infantil, xusto a tempo de que viñeran as nosas familias a participar no Festival de Nadal, ó último día de curso antes das vacacións.

 

 

Escribmos a nosa CARTA A PAPA NOEL e/ou os REIS MAGOS.

 

Recibimos a visita de PAPA NOEL en infantil.

 

Elaboramos o noso boletín de autoavaliacion deste trimestre, onde contamos ás nosas familias o que sucedeu o longo destes  meses.

 

Asistimos a unha sesión de cine en CUNTIS, para ver a película "Coco".

Non podemos publicar fotografías do interior do cine xa que non esta permitido por cuestións legais.

 

Coa preparación da carpeta metendo dentro o noso boletín de auto-avaliación, xunto co que fixo o profe, xa estaba todo listo para participar no Festival de Nadal e dar comezo as vacacións de Nadal.

 

Lembras o que dixemos de "comer o que había na árbore", pois si, ó último día nuns poucos minutos a árbore quedou sen nada, grazas "ó noso traballo e dos compañeiros e compañeiras de todo o cole" ;)

Podes ver como celebramos os aniversarios de decembro e noso traballo para enviar postais de Nadal ás nosas familias nas correspondentes entradas, que atoparás neste mesmo blogue.

Nunha próxima entrada deste blogue contarémosvos o traballo de preparación, e como nos foi coas nosas actuacións durante o Festival de Nadal.

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.