Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil 2

(2018-2019) Dramatizando e creando as normas da aula.

Ter as normas claras, e acordadas por todos e todas, é algo fundamental na nosa aula, así que ó pouco de comezar o curso puxémonos mans á obra para poder facelas de novoa.

Despois de dialogar un anaco sobre o tema, anotamos nunha lista as 8 normas que tería o noso panel.

O primeiro era pintar os 8 rectángulos, un para cada norma, dunha cor diferente.

 

 

O seguinte paso foi ir dramatizando as diferentes normas que acordáramos, para poder logo empregalas no noso panel das normas.

 

 

 

Tan só quedaba pegar as fotografías das nosas "dramatizacións" en cada un dos rectángulos.

 

 

 

Por último, debaixo de cada fotogafía, escribimos o texto da norma que estaba alí representada coa nosa dramatización. 

 

Ata que demos completado todo o panel das normas.

 

 

Tan só quedaba facer un "panel individual" para que cada quen puidese levar estas normas tamén para a súa casa.

(2018-2019) Reencontrámonos e poñemos todo a punto nas primeras semanas do curso.

Comezamos un novo curso no que, como xa vos contamos na entrada precedente imos ser só 9 nenos e nenas, ademais de non haber ningún conpañeiro/a novo.

Nos primeros días tivemos que adicar moito tempo a reencontranos, re-descubrir a clase e xogar... que xa facía moito que non estabamos xuntos.

  

NOVA FOTO DE GRUPO:

Por suposto tamén tivemos que voltar a facernos unha foto de grupo, e cambiar a que tiñamos na porta pola nova... divertímonos moito tachando os antigos compañeiros que xa non estaban, na foto do curso pasado ;)

 

Recortamos a fotografía para pegala nunha cartolina e logo poder pegala na porta da clase.

 

E, por suposto, tamén asinamos cos nosos nomes arredor dela.

 

Así quedou na nosa porta.

 

Para levala para casa tamén fixemos a nosa particular foto "decorada"

 

 

CREANDO AS NOVAS "BANDEXAS PARA A MERENDA":

Este curso as nosas bandexas foron deseñadas por cada un de nós. En primeiro lugar escollendo a cor da que sería para poder pintala.

 

Logo, cada un foi escollendo no "ordenador" as catro imaxes "do que quixera" poñer na súa bandexa. Tras recortalas, pegalas e escribir o seu nome a bandexa estaba rematada.

 

 

Despois de plastificalas estaban listas para estrenalas na hora da merenda. Quedaron chulísimas!

 

 

 

CREANDO OS NOSOS CARNETS QR:

Con novas fotografías, porque xa medramos, e escollendo a cores coas que escribir o noso nome no ordenador, elaboramos os nosos novos carnets QR.

 

Agora xa poderemos usar os nosos carnets cando sexamos encargados ou levemos o libro para casa.

 

 

ESCRIBIMOS A LISTA COMPRA:

Como necesitabamos algún material que nos faltaba (pegamentos, folios, plastilina ... e ata dinosaurios de xoguete), escribimos unha lista da compra entre todos e todas, para que o profe puidese compralas.

 

 

Despedimos a "Dora Lectora", a mascota de biblioteca que marcha cara o Instituto. Que nova mascota teremos agora?

 

 

 

Cada día fomos completando o NOSO HORARIO SEMANAL, que levamos para casa, cos profes e cousas que sucederían cada semana na nosa aula.

 

Retomamos o préstamo de libros da biblioteca de aula, que levamos para casa tódolos venres, e que anotamos no noso caderno tras sacar a portada da aplicación online co noso carnet QR (que podes atopar no recanto de infantil desta web)

 

Despois de todo un verán, reencontrámonos tamén coa nosa mascota "Rayo", que xa está moi grande.

 

COMPLETAMOS E ACTUALIZAMOS OS REXISTROS DA AULA

Colocamos os números do calendario no seu lugar e creamos unha nova lista de encargados.

 

Cada día comezamos a rexistrar as faltas e o "día que fai" no noso calendario online (que podes ver no recanto de infantil desta mesma web). O encargado pode acceder a el, para facer as anotacións,  usando o seu carnet QR. 

 

Fomos visitar ós nosos antigos compañeiros e compañeiras que agora están en primeiro.

 

E ata saímos na prensa, despois da visita dun fotógrafo que estivo na nosa clase unha mañá, poucos días despois de comezar este curso.

 

Como podes ver sucederon unha chea de cousas, pero aínda queda moito por descubrir en Infantil 2... como sempre irémolo contando neste blogue ó longo das diferentes semanas deste curso.

Benvidos de novo a INFANTIL 2!!! 

(2018-2019) Xa estamos de volta! este ano somos 9. Queres coñecernos?

Ola, benvidos de novo a Infantil 2 neste curso 2018-2019.

Este curso non temos compañeiros e compañeiras de tres anos, polo que só somos 9.

Por se non te lembras como nos chamamos aquí estamos un curso máis.

 

 

ADÁN  - HÉCTOR-  ANXO - YAIZA - ARIADNA - ÓSCAR (PROFE)

IVÁN  - ÓLIVER  - CÉSAR - MARIÑA

E por suposto, a nosa tatartaruga "Rayo" tamén sae na foto de grupo.

Nas vindeiras semanas irémosvos contando todo o que vaia sucedendo e descubrindo en Infantil 2

(2017-2018) Remata o curso: así nos despedimos en xuño.

Ademais de todo o que xa vos contamos en outras entradas como a nosa investigación e festa debaixo do mar, o xogo de pistas, celebración de aniversarios, a nosa excursión a Vigo, o experimento do ovo saltarín ou a visita dos nenos/as da Galiña azul, entre outras cousas, neste mes de xuño ademais de despedirnos sucedeu tamén todo isto.

 

Creamos o noso boletín de autoavaliación "As novas da escola" onde nesta ocasión fixemos reconto dos nosos libros favoritos, os que levamos máis veces ó longo de todo o curso. 

 

Participamos nos talleres STEM organizados no colexio, onde puidemos ver traballar a unha impresora 3D que imprimía ó noso compañeiro Alberto, despois de escanealo.

 

E puidemos tocar e ver como voaban diferentes drones.

Tes máis información sobre esta xornada STEM na seguinte ligazón:

13/06/18: (2017-2018) Xornada STEM no colexio: participamos en obradoiros con drones, robótica e impresión 3D 

 

Xogamos co probot a recorrer un camiño marcado no chan, descubrindo que tiñamos me ir medindo para saber cando tiña que xirar.

 

Para poder meter o código correcto no robot.

 

Organizamos todo o noso material para levalo para casa.

 

 

Participamos, xunto con todo o colexio, nos "xogos de auga", onde ata os profes acabaron empapados.

 

E despedímonos dos nosos compañeiros e compañeiras que marchan para primeiro.

 

A eles fixémoslle unha homenaxe (ó igual que os que marchan para o instituto) repartíndolles a orla de fotos a cada un.

 

Nese mesmo acto visionamos a nosa película "3, 2, 1... rondando libros", onde está incluída a nosa "As super mulleres da paz" xunto coas dos restante cursos do colexio.

 

Para rematar este último día asistimos a unha actuación da bandq de música de Campo Lameiro, composta por moitos dos antigos e actuais alumnos e alumnas do noso colexio.

 

E así remata este cuso 2017-2018, lembrando como estabamos cando comezou na nosa primeira foto de grupo. 

 

Recibide unha agarimosa aperta  e todas así como as vosas familias. Grazas pola vosa colaboración durante este curso.

Vémonos en setembro (os que van para primeiro polos corredores ;) ).

PASADE UN FANTÁSTICO VERÁN!!!!

(2017-2018) Rematada a investigación sobre os tabeiróns, convertimos a aula no fondo do mar para facer unha festa

Podes ver os pasos previos deste proxecto de traballo e investigación nas seguintes entradas deste mesmo blogue:

27/04/18: (2017-2018) Comezamos a investigar sobre os tabeiróns e o mar para convertir a nosa aula nun acuario xigante.  

26/05/18: (2017-2018) Continuamos a investigar sobre o mar e os tabeiróns. Atopamos a primeiras respostas  

08/06/18: (2017-201) Rematamos a nosa investigación sobre os tabeiróns. Todo está listo para convertir a nosa aula no fondo do mar 

 

Como lembraredes, cando comezamos esta investigación sobre os tabeiróns e o man, queríamos conseguir convertir a nosa aula no fondo do mar para facer unha festa alí. Para elo precisábamos saber cousas dos tabeiróns e o mar que fomos descubrindo ó longo das semanas.

Agora que estaba xa rematada a investigación chegou o momento de crear o fondo do mar na nosa aula, para o que escribimos unha lista de cousas que deberiamos facer e incluír na nosa decoración.

 

O profe trouxo un tabeirón que inflamos ata que quedou enorme... tiña branquias e tódalas partes que descubríramos na investigación.

 

Cremos que é un tabeirón branco. 

 

Pendurado do teito daba moitísimo medo.... sobre todo ós peixes.

 

Outra das cousas que tiñamos anotadas na nosa lista eran as "algas" e o "mar" así que co tiras de celofan, que fomos cortando de cor verde e azul completamos a decoración.

 

Para facer as ondas do mar, despois de propoñer varias ideas, acordamos que o mellor era pintalas de azul e logo recortalas, para pegalas no teito. E así o fixemos.

 

Fixemos peixes "globos"...  inflando globos e pegándolle aletas e cola.

 

Pendurámolos no teito xunto ó tabeirón xigante que fixera YAIZA na súa casa coa súa nai e irmán... agora xa tiñamos dous na aula.

 

Con algúns polbos, caraquexos, estrelas de mar e cunchas a nosa aula xa estaba convertida nun mar... incluso na nosa porta.

 

Mentras non chegaba o día da festa preparamos o noso dosier individual a investigación. Para a portada escollemos noso tabeirón favorito de entre os que descubríramos durante a investigación.

 

E fomos completando as diferentes partes, onde contamos todo o que descubríamos ó longo das semanas.

 

Cunha chea de páxinas que tivemos que enumerar.

 

Podes ver como quedou o dosier dun dos nosos compañeiros/as facendo click na seguinte portada.

 

 

 

Xuntamos unha chea de cousas para celebrar a nosa festa... como moitas chuches de animais mariños. Anotamo no noso calendario online a data da festa e convidamos os compañeiros de infantil 1.

 

Decoramos a "tarta do fondo do mar" que fixéramos os que cumpríamos anos en xuño e en verán, descubre como a fixemos nesta entrada:

(2017-2018) Celebramos os aniversarios de xuño do verán. Os últimos do curso.

 

O día da festa preparamos todo  o que iamos ofrecer ós nosos convidados e convidadas.

 

E desta xeito, á vez que celebrábamos os aniversarios do mes de xuño e do verán, que podes ver na entrada que antes che contamos, celebramos a nosa fantástica festa debaixo do mar.

 

 

Ata deixamos no corredor unhas sorpresiñas para os compañeiros e compañeiras de primaria.

 

Reto conseguido !!!  Conseguimos facer unha festa debaixo do mar.

 

(2017-2018) Último experimento do curso: Queres saber como facer un ovo saltarín?

Como cada mes, levamos a cabo na aula experimentos científicos e facemos un vídeo explicativo de cada un deles por cada un dos equipos cooperativos. 

Nesta ocasión, o equipo "Super Estrella" serían os encargados de contarnos nun vídeo como facer que un ovo saltase e non rompese o deixalo caer.

Antes de facer o vídeo, entre todos fomos seguindo os pasos para conseguir que o ovo saltase. 

Enchemos un vaso con vinagre e introducimos un ovo dentro.

 

Tamén metimos outro ovo en auga, para ver se sucedía o mesmo.

 

Cada un dos equipos deixou o seu ovo en vinagre durante uns días...

 

... ata que se les saiu a cáscara e quedaron "blandiños". Pero o que estaba en auga quedou igual.

 

Fomos probando como os ovos de vinagre "saltaban ó deixalos caer", pero o que estaba en auga rompía, igual que pasaba antes de metelo nela.

 

Durante un anaco plantexamos as nosas hipóteses de que tería sucedido, porque o ovo de auga rompía e de vinagre non. Que tiña o vinagre que non tivera a auga para poder "quitarlle a cáscara".

Preparamo un panel cos materiais que precisábamos para o experimento, xa que o precisaríamos para rodar o vídeo coa explicación do experimento.

 

Cando estaba rematado, planificaron dentro do equipo como o ían contar e que diría cada quen.

 

Así quedou o noso vídeo do experimento unha vez rematado:

 

Tan só quedaba por completar o noso caderno de campo da investigación cos datos observados para dar por rematado o último experimento deste curso.

 

 

Podes ver os experimentos anteriores levados a cabo na aula, ó longo deste curso, nas seguintes ligazóns:

11/11/17: (2017-2018) Experimento: Facemos funcionar un reloxo con laranxas. Queres ver o vídeo que creamos?

04/12/17: (2017-2018) Experimentamos con Coca-cola e Mentos e... sabes o que sucedeu?

27/01/18: (2017-2018) "A pementa que escapa": experimentamos e creamos o vídeo na aula. Queres velo? 

07/03/18: (2017-2018) Experimentamos para crear cores que se poden tocar... queres saber como facelo? 

12/05/18: (2017-2018) Creamos luz negra e experimentamos con ela. Queres saber como facelo? mira o vídeo que creamos

 

Lembra que podes ver os vídeos de outros experimentos, tanto desde curso como do curso pasado, no apartado de "VÍDEOS" do recanto de infantil, oudirectamente desde AQUÍ.

 

(2017-201) Rematamos a nosa investigación sobre os tabeiróns. Todo está listo para convertir a nosa aula no fondo do mar

Podes ver os pasos previos deste proxecto de traballo e investigación nas seguintes entradas deste mesmo blogue:

27/04/18: (2017-2018) Comezamos a investigar sobre os tabeiróns e o mar para convertir a nosa aula nun acuario xigante. 

26/05/18: (2017-2018) Continuamos a investigar sobre o mar e os tabeiróns. Atopamos a primeiras respostas 

 

Continuamos a nosa investigación sobre o mar e os tabeiróns buscando a respostas ás últimas preguntas que nos quedaban aínda por descubrir.

Varias das preguntas que restaba decidimos investigalas nos equipos cooperativos e, unha vez atopadas as respostas, compartir a información atopada co resto dos compañeiras e compañeiras. Como sempre o primeiro era acordar dentro do equipo que "rol" asumiría cada quen.

 

E unha vez rematado o traballo levaron a cabo a auto-avaliación do seu traballo, valorando se "todos traballamos", "falamos para chegar a acordos", "rematamos a tempo" e "recollimos o material".

 

Cada un dos equipos escolleu cal das preguntas restantes quería investigar, para atopar a resposta.

 

Anotando o número da pregunta no cadro de organización, xunto a fotografía do seu equipo.

 

Algúns buscaron en internet, ou no material impreso que tiñamos na aula e ata empregamos unha maqueta para descubrir que comían os tabeiróns.

 

Cada equipo foi tomando nota dos das respostas que ía atopando, coa axuda do mestre nalgúns casos.

 

Coa resposta xa atopada cada equipo acordou de que xeito o ía contar no mural, decidindo qeu fotos acompañarían os textos que xa tiñan escritos.

 

Coa resposta xa plasmada no mural da investigación cada un dos equipos contoulles ós restantes compañeiros e compañeiras, os descubrimentos que fixeran. Antes, por suposto, tiveron que planificar e acordar (coa axuda do mestre) como poderían contalo de xeito que todos participasen.

 

Así quedaron as respostas ás catro preguntas investigadas.

 

As tres preguntas restantes acordamos investigalas todos xuntos, e así o indicamos na táboa organizativa do noso mural.

Entre todos e todas demos conta delas, escoitando o que dicía en diferentes fontes de información (e internet, nas fotocopias que tiñamos na aula, etc...)

 

Así plasmamos, na lista de tabeiróns que tiñamos no mural doutra pregunta, os datos de canto pesaban e medían... agora xa sabemos cal é o tabeirón máis grande. (fai click na imaxe e poderás descubrilo cando a vexas máis grande)

 

Para descubrir como respiran atopamos a información nunha web que se chamaba a "tiburonpedia", un nome que nos fixo moita gracia.

 

Alí descubrimos como respiraban e porque non podían parar de nadar, nin saír moito tempo da auga.

 

Comparamos a súa forma de respirar coa nosa... e eso que ambos respiramos osixeno... pero de lugares diferentes. 

 

Para rematar a nosa investigación, atopamos a resposta á pregunta "Como cazan?", descubrindo que empregan os seus sentidos, que son máis dos que temos os humanos.

 

E así, cun gráfico, o plasmamos no noso mural da investigación.

 

Por fin o noso mural estaba xa completo, con tódalas preguntas coa súa resposta. Un traballo feito entre todos e todas.

 

Coa investigación rematada, e con tódolos datos que precisabamos xa descubertos, estamos listos para convertir a nosa aula no fondo do mar, e poder facer nela unha festa, tal como decidiramos e tiñamos fixado como producto final desde o comezo desta investigación. 

Seguide atentos ás entradas deste blogue onde vos manteremos informados desta "transformación acuática" da nosa aula, así como da creación do dosier persoal coas respostas atopadas.

 

 

 

 

(2017-2018) E ademais... no mes de maio, tamén sucedeu todo isto.

No mes de maio, ademais de todo o que xa vos contamos en entradas precedentes deste blogue, como continuar coa investigación sobre os tabeiróns e o mar ou crear a nosa película da "supermulleres da paz"; sucedeu tamén todo isto en Infantil 2.

 

CONCURSO DE RELATOS DA ANPA:

Inventamos entre todos e todas, e logo creamos por equipos cooperativos, o conto "A Bruxa dos tabeiróns", para participar no concurso de relatos organizados pola ANPA. 

 

Fai click na seguinte portada, para poder ver o noso conto completo.


Tan só faltaba levarllo á directora do colexio para que o entregase á ANPA.

 

O día da celebracion das "Letras galegas" derónnos un premio polo noso conto. Podes lembrar como foi este momento na seguinte entrada.

26/05/18: [Infantil xuntos] (2017-2018) Descubrimos a Mª Victoria Moreno e facemos un mural coas nosas mascotas, para celebrar a semana das Letras Galegas

 

Traballamos aspectos relacionados co ritmo nas sesións de expresión musical na aula de música. 

 

Participamos nunha video-conferencia co colexio de Lucía, que fora a nosa compañeira e agora está nun novo colexio. Puidemos descubrir como era o seu novo cole e coñecer ós seus novos compañeiros e compañeiras, así como a súa mestra.

 

Asistimos a unha sesión de visionado de curtametraxes organizadas pola biblioteca do centro, dentro do plan  "3, 2, 1... rodando libros", do que tes máis datalles noutra entrada sobre a rodaxe da nosa película "As supermulleres da paz".

 

Experimentamos co xeo e coa sal... creando primeiramente cubiños de xeo de diferentes cores, despois de plantexar hipóteses sobre como facer para "crear xeo".

 

Con sal e unha la, conseguimos que se quedase pegada ó xeo e podes mover o cubiño polo plato. Nesta ocasión é un dos equipos de Infantil 1, quenes crearán o vídeo deste experimento. Poderás velos, xunto cos demais que fixemos ó longo deste curso, no recanto de infantil desta web, ou directamente desde aquí.

 

Completamos o noso caderno de campo, anotando os datos e observacións deste experimento.

 

Traballamos en equipos cooperativos en diferentes momentos e para diferentes obxectivos, como sempre levamos a cabo a nosa auto-avaliación ó rematar o traballo.

27/04/18: (2017-2018) Temos novos equipos cooperativos na aula... Queres coñecelos?

 

Exploramos a nosa creatividade pintando con témpera.

 

Nas sesións de psicomotricidade no pavillón, desenvolvimos habilidades de control do espazo, coordinación de movementos, coordinación de movementos e accións cos outros, traballo en equipo...

ç

 

Asistimos, cos compañeiros e compañeiras de todo colexio ó musical de Pocahontas no Teatro Principal de Pontevedra.

 

E despois merendamos nun parque e xogamos todos nos columpios.

 

Antes de rematar este curso, no mes de xuño, aínda nos quedan cousas por facer: rematar a investigación sobre o mar e convertir a nosa aula no fondo no mar, crear o último vídeo dun novo experimento, recibir a visita dos nenos e nenas da Galiña Azul e  participar na excursión de fin de curso.

Como sempre lembrade que teredes cumprida conta nas respectivas entradas neste blogue.

 

(2017-2018) Continuamos a investigar sobre o mar e os tabeiróns. Atopamos a primeiras respostas

Podes ver os pasos previos deste proxecto de traballo e investigación nas seguintes entradas deste mesmo blogue:

27/04/18: (2017-2018) Comezamos a investigar sobre os tabeiróns e o mar para convertir a nosa aula nun acuario xigante. 

 

Durante varios días estivemos xuntando toda a información que nos ían enviando as nosas familias por correo electrónico, en vídeos moi interesantes, como fotocopias impresas, como curiosos murais e ata nunha fantástica maqueta.

 

Todos xuntos comezamos a investigar a primeira das preguntas "CANTOS TABEIRÓNS HAI? DE QUE TIPOS?" 

Para elo usamos un dos nosos videos (que podes atopar no recanto de infantil no apartado vídeos), anotando nunha lista tódolos nomes de tabeiróns que ían saíndo.

 

Decidimos que, para contalo no mural da investigación deberíamos incluír tamén unha fotografía de cada un deles, así que fomos elexindo entre todos cal delas queríamos poñer para cada tabeirón.

 

Tan só quedaba escribir o nome do tabeirón...

 

E ir pegándoos un a un no mural da investigación.

 

Así quedoua lista unha vez rematada, tamén anotaríamos que había preto de 370 tipos diferentes, e usaremos esta mesma lista para anotar algúns datos de cada un como "canto pesan" ou "canto miden", que tamén estaba na nosa lista de preguntas.

 

Anotamos no cadro de organización de traballo que esta pregunta, a número 1, a investigamos "todos xuntos"

 

Días despois continuamos coa investigación, nesta ocasión traballando por equipos cooperativos para que, cada un dos equipos, investigase unha das preguntas para atopar así as respostas entre todos e todas.

Tras acordar dentro de cada equipo os roles de cada un (encargado de material entre outros) e decidir de forma acordada cal das preguntas posibles querían investigar, anotaron a súa decisión no cadro de organización de preguntas.

 

Algúns dos equipos atoparon a resposta á súa pregunta nun vídeo, outros en fotocopias ou textos escritos (que pediron ó mestre que o lese)

 

Cada un dos equipos acordou a forma en que quería plasmar as respostas que atopou no mural, se precisaban incluír unha fotografía para acompañalo, que texto escribir, se empegrar flechas ou debuxos... e puxéronse mans á obra de forma acordada entre eles.

 

Así quedaron plasmadas o muras as catro preguntas que xa tiñan resposta, atopada polos respectivos equipos.

 

Tras cada momento de traballo cooperativo, cada un dos equipos levaou a cabo a súa "auto-avaliación" figuro-analóxica, para valorar os diferentes aspectos do seu traballo, nos panel do equipo, usando unhas "caras contentas, pensativas ou tristes"

 

Tan só restaba que cada un dos equipos lle contase ó resto dos compañeiros e compañeiras, os descubrimentos que fixera para cada unha das preguntas. Eso si, antes tiveron que poñerse dacodo e planificar como ía a contar a resposta ós demais compañeiros.

 

E por suposto respostando ás preguntas que os compañeiros lles facían a cada un deles.

 

Aínda nos quedan algunhas preguntas por respostar antes de que teñamos toda a información e podamos poñernos "mans á obra" para convertir anosa aula no fondo do mar e facer unha festa.

(2017-2018) E no mes de abril... semana do libro e moito máis

Durante o mes de abril, ademais de todo que xa vos contamos nas anteriores entradas (participar nas actividades do Salón do Libro, comezar un novo proxecto sobre os tabeiróns e o mar, celebrar os anivesarios, creamos un libro enrollado, experimentar coa luz negra...) tamén sucedeu todo isto na nosa aula

 

Como cada comezo de mes anotamos no noso calendario online, e de papel, todo o que ía suceder ó longo dos diferentes días. Tamén revisamos quen está de cumpreanos e en que día e cando os iamos celebrar.  Cada o encargado continuo a empregalo para levar a cabo unha serie de rutinas.

 

Continuamos coidar da nosa tartaruga "Rayo" que cada día está máis grande.

 

 

PARTICIPAMOS NA CELEBRACIÓN DA SEMANA DO LIBRO.

Ademais da nosa participación nas "Lecturas na Carballeira" que xa che contamos na entada que podes ver de seguido. Participamos nas actividades organizadas pola Biblioteca do Centro durante "a semana do libro".

21/04/18: [Infantil xuntos] (2017-2018) Creamos un "conto enrollado" para contar a película "Toy Story" no día das "Lecturas na Carballeira" 

Marcamos no calendario online todo o que ía pasar durante esa semana. Un día leeríannos os pais, outro día profes de outras clases e outro día os compañeiros de cuarto. Finalmente nós teríamos que contarlles un conto ós de segundo.

 

O pai e a nai de dous compañeiros/as de primaria viñeron a lernos cadanseu conto á aula.

ç

Nos días seguintes a profe MARTA e a profe NOELIA viñeron tamén a contarnos unhas historias fantásticas, mentras o noso profe ía a ler cos nenos/as de primaria.

 

Noutro dos días os compañeiros e compañeiras de cuarto viñeron a lernos dúas historias fantásticas.

 

E finalmente chegou o noso turno, tiñamos que ir a contarlles contos ós compañeiros e compañeiras de segundo. Por iso decidimos que cada un de nos "escollería" a un compañeiro para facer grupos de tres. Así o fomos anotando nunha lista.

 

Cada unha das parellas formada acordou cal dos nosos libros ía levar a segundo e anotaron os seus nomes, xunto co do compañeiro/a de primaria para deixar o libro preparado para o momento do intercambio lector.

 

Xa na clase de segundo cada parella contoulle a historia que elexira ó compañeiro ou compañeira (que xa estiveran con nos na aula fai uns anos).

 

 

CONTINUAMOS A TRABALLAR NOS EQUIPOS COOPERATIVOS:

Os novos equipos cooperativos (que podes coñecer na seguinte ligazón) continuaron chegando a acordos e a auto-avaliar o seu traballo en diferentes tarefas ó longo deste mes.

27/04/18: (2017-2018) Temos novos equipos cooperativos na aula... Queres coñecelos? 

 

Asistimos como público a un dos encontros do "DEPORTE ESCOLAR" no que participaban os nosos compañeiros e compañeiras de primaria.

 

O diccionario xigante continou a encherse coas nosas palabras favoritas... e por suposto tamén o noso diccionario individual.

 

 

Repartimos noso "CD co documental" sobre os GATOS polos diferentes cursos de primaria, podes lebrar a nosa investigación e como fixemos este documental de seguido:

27/04/18: (2017-2018) Rematada a investigación sobre os gatos creamos o noso vídeo-documental. Queres velo? 

Contamos e escribimos os ordinais que se correspondían con cada curso, xa que lles íamos levar un a cada clase.

 

Preparamos os CD co documental e fómosllos levar polas aulas.

 

Continuamos a "lernos contos" e a levar un libro para casa, e a mochila viaxeira, os venres. Anotándoo na aplicación que podes atopar no recanto de infantil desta web, para poder cubrir o noso caderno de rexistro coa portada, o título e data.

 

Xogamos e exploramos na natureza, cando mellorou o tempo ;)

 

Continuamos a desenvolver aspectos psico-motrices no pavillón.

 

Asistimos a unha pequena charla sobre reciclaxe (que nos xa facíamos na aula pero serviu para lembralo)

 


Exploramos a nosa creatividade crean do diferentes tonos dunha cor engandido branco.

 

Para poder logo estampar sobre elas diferentes obxectos da aula facendo creacións orixinais e únicas.

 

Seguimos traballar co "beebot", probot e "M-bot" algúns dos robots que temos na nosa aula.

 

Ó pouco de rematar  o mes a nosa compañeira LUCÍA tivo que marchar para outro colexio, despedímonos dela e agardamos que todo lle vaia fantásticamente ben e que nos veña a visitar de cando en vez, aínda que xa non estea tanto por Campo Lameiro.

 

Como sempre continuade atentos a todo o que iremos publicando nas vindeiras semanas, porque aínda nos quedan moitas cousas por vivir e descubrir antes de que remate o curso.

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.