Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil 2

(2018-2019) Atopamos a resposta a tódalas preguntas da nosa investigación sobre os dinosaurios, facemos un disfraz e estamos listos para comezar a crear o noso museo.

Lembra que podes ver os pasos anteriores deste proxecto de investigación, nas seguintes entradas publicadas anteriormente:

04/11/18: (2018-2019) Comezamos a investigar sobre os Dinosauros para crear o noso propio museo: planificamos a investigación

 12/11/18: (2018-2019) Continuamos a investigar os Dinosauros: atopamos as primeiras respostas e excavamos fósiles

 

Continuamos a investación sobre os dinosaurios dando resposta ás preguntas que aínda restaban por investigar. Durante todo este tempo continuamos recibir diferente "información" e material sobre o tema, que poderá pasar a formar parte do noso museo, como un dinosaurio enorme que YAIZA fixo coa súa familia.

 

Ou como esta maqueta dun esqueleto de dinosaurio que ANXO construiu.

 

PARA QUE USAN A COLA?  PORQUE ERA TAN LONGA?

POR QUE TIÑAN PINCHOS?

Para atopar a resposta a estas preguntas, investigamos todos xuntos ata atopar as respostas nunhas das fotocopias e en diferentes libros. Descubrimos que ademais de para defenderse ou atacar a usaban para "manter o equilibrio". Comprobamos que efectivamente se lle quitabamos a cola a un dos nosos dinosauros de xoguete este "caía para adiante".

 

Decidimos contalo no noso mural da investigación, cunha secuencia de fotografías "co dinosauro" caendo sen a cola polo peso da cabeza. 

 

 

Así quedou plasmado no cadro de organización. 

 

O mural da investigación pouco  pouco íase completando con tódalas respostas que atopamos.

 

Unha semana os pais de ARIADNA trouxéronnos á clase unha tarta dinosaurio, que estaba boísima. 

 

E ó día seguinte estiveron connosco para ensinarnos a facer un "disfraz de dinosaurio".

 

A que damos medo... non si?

 

 

Por equipos demos conta de tres novas preguntas, pero antes cada equipo cooperativo acordou os roles que cada quen desempeñaría dentro do equipo nesta xornada.

 

COMO DURMEN OS DINOSAURIOS:

Despois de buscar a resposta en diferentes fontes, atoparon unhas fotocopias, que pediron que lese o profe, onde explicaba que durmían cun ollo aberto, como algunhas das aves actuais.

 

 

 

COMO FAN CACA?  QUE COMEN?

Nun dos vídeos (que podes atopar no recanto de infantil no apartado vídeos), o equipo encargado de atopar a resposta descubriu que, existen fósiles de "cacas" de dinosaurios chamados cropolitos, e que "mirando dentro delas" se pode saber, polos restos que hai, se eran carnívoros ou hervívoros.

 

COMO PELEXAN?

O equipo encargado descubriu que pelexaban para cazar e defenderse, e que podían emprega as garras, cola e os dentes.

 

Así decidiron plasmalo no mural da investigación.

 

 

Rematada a investigación, e plasmados os resultados no mural, chegou o momento de contarlles os respectivos descubrimentos os restantes equipos.

 

 

Planificando antes quen podería contar cada un dos aspectos descubertos.

 

 

COMO APARECERON?

Usando un dos vídeos do noso recanto de investigación online, descubrimos todos xuntos, como os disnosaurios foron evolucionando. Anotamos as diferentes "evolucións", na nosa liña do tempo. Acordamos poñelos xusto "antes de que apareceran".

 

CANTOS HAI?  COMO SE CHAMAN?

Despois de varias semanas por fin chegamos á resposta da última pregunta, usando as nosas fontes de información descubrimos cantos dinosaurios había descubertos, e cantos aínda non tiñan nome.

 

Así quedou reflexado no mural da investigación.

 

Xurdiunos a dúbida de onde  poñer o nome de tantos dinosaurios, despois de plantexar varias "solucións", acordamos que o mellor sería facer un libro onde poder poñelos todos.

Aínda temos que crear o noso "libro de dinosaurios" e comezar a convertir o noso corredor nun museo, así como crear o dosier persoal da investigación.

Como sempre poderás estar ó tanto nas entradas deste blogue.

 

 

 

(2018-2019) Creamos area lunar no noso primeiro experimento do curso

Comezamos os nosos experimentos científicos deste curso, nesta primeira ocasión como os compañeiros e compañeiras de Infantil 1 están a investigar sobre a Lúa, decidimos crear AREA LUNAR.

O primeiro como sempre é, plantexar hipóteses sobre como podería facerse empregando os materiais. Cada quen comentounos como cría que deberían mesturarse os diferentes elementos.

 

Seguindo as indicacións dun vídeo que explicaba como facela, fomos tomando nota das cantidade que había que mesturar de cada un dos elementos. Alí descubrimos que a "auga" sobraba, xa que non figuraban entre os materiais, polo que lle puxemos un "cero".

 

Todos xuntos, seguimos as nosas anotacións para verificar que as insturcións estaban correctas. Finalmente a fariña e o aceite, mesturados nas proporcións adecuadas se convertían en area lunar.

 

Chegou entón o turno de facelo por equipos, polo que cada un dos equipos cooperativos acordou os "encargados" de cada rol para este experimento.

 

E seguindo as instrucións convertiron os materiais na "area lunar"

 

 

Cando estivo feito, podes facer "bolas de area lunar" e só se separan cando as tocas... pero antes do experimento a fariña non podía convertirse nunha bola.

 

Rematado o traballo cada equipo tivo que limpar a súa zona de traballo...

 

... e elaborar a súa auto-avaliación figuroanalóxica.

 

Días despois, cada un de nos completou o seu "caderno de campo", creando a folla deste experimento onde indicou os materiais e todo o proceso de creación.

 

Xuntamos toda a area lunar e agora podemos xogar con ela sempre que queremos.

 

Nesta ocasión os compañeiros e compañeiras de infantil 1 serán os encargados de crear o vídeo do experimento, moi pronto estará dispoñible na web do centro. A nós tocaranos facelo no seguinte experimento.

Lembra que podes ver os vídeos de outros experimentos, tanto desde curso como do curso pasado, no apartado de "VÍDEOS" do recanto de infantil, oudirectamente desde AQUÍ.

(2018-2019) Continuamos a investigar os Dinosauros: atopamos as primeiras respostas e excavamos fósiles

Lembra que podes ver os pasos anteriores deste proxecto de investigación, nas seguintes entradas publicadas anteriormente:

04/11/18: (2018-2019) Comezamos a investigar sobre os Dinosauros para crear o noso propio museo: planificamos a investigación

 

Nas últimas semanas continuamos coa nosa investigación, dando respostas a varias das preguntas que tiñamos plantexadas.  De forma paralela fomos "traballando" na nosa excavación paleontolóxica, para atopar fósiles de dinosaurios.

De seguido podes coñecer todo o que levamos investigado ata o de agora.

 

A nosa excavación paleontolóxica:

Comezamos a traballar na nosa propia excavación paleontolóxica para topar fósiles de dous dinosauros, e poder construír un esqueleto de cada un deles. 

 

Foi un traballo que nos levou varias semanas, e no que por turnos e en determinados momentos dos días, todos e todas fomos traballando para sacar os diferentes osos escondidos na rocha.

 

 

Cando demos sacado tódolos fósiles chegou outra das duras tarefas dos paleontólogos, xuntar os restos atopados e construír o esqueleto do dinosauro.

 

Así quedaron os nosos dinosauros (en tamaño maqueta) unha vez reconstruídos. 

 

Tan só restaba escribir un cartel avisando da fraxilidade destes "restos paleontolóxicos" que, por suposto, tamén formarán parte do noso museo.

 

 

Atopamos as primeiras respostas ás nosas preguntas:

Mentras se levaba a cabo a excavación paleontóloxica fomos atopando as primeiras respostas ás nosas preguntas.

A primeira delas investigámola "todos xuntos", para atopar a resposta a COMO NACEN OS DINOSAUROS.

 

Fomos seleccionado entre os diferentes libros que había no noso recanto da investigación, descartando aqueles que non indicaban como nacían os dinosaurios e "poñendo nunha mesa" aqueles que si nos servían. Deste xeito fomos "discriminando a información relevante para esta pregunta".

 

 

Despois de que o profe nos fose lendo o que poñía nos diferentes libros que atopamos, anotamos no noso mural os datos fundamentais con relación á como nacen os dinosauros.

 

E así o plasmamos finalmente, con moitos datos sobre o nacemento dos dinosauros e os seus ovos.

 

Como entre as respostas falaban de fósiles, investigamos tamén que eran, e grazas a un vídeo atopamos a resposta que estabamos a buscar. Foi nese momento cando comezamos a nosa excavación paleotolóxica da que vos falamos anteriormente.

 

Outra das preguntas que investigamos todos e todas xuntas foi SE OS DINOSAURIOS VIVIRON SON HUMANOS ("CAVERNÍCOLAS").

Para elo fomos anotando diferentes datos a medida que visonábamos un dos vídeos que chegara ó noso correo, así como doutra información que fomos atopando no recanto da investigación.

 

Con tódolos datos elaboramos unha "liña do tempo" na que sinalamos cando se formou o universo ("Big-Bang"),  cando viviron os dinosauros e desde cando existen os humanos ("Homo-Spaiens").

 

 

Observamos que efectivamente non puideron vivir xuntos, xa que os dinosauros desapareceron "antes" de que evolucionasen os homínidos (os nosos antepasados) á "homo-spaiens", que somos nos. 

 

A medida que iamos investigando as preguntas, anotamos quen se encargaba de investigar cada unha, tanto en gran grupo, como nos diferentes equipos que atoparían as respostas a tres novas preguntas. Tan só había que anotar o número da pregunta no lugar correspondente da táboa.

 

Tres novas preguntas atoparon a súa resposta grazas a investigación de cada un dos equipos cooperativos da aula. Cada un deles decidiu que fontes de información empregaría para atopar as respostas.

ESTÁN VIVOS? COMO DESAPARECERON? 

 

 

 

TEÑEN DENTES? CANTOS?

Nalgunhas ocasións na primeira fonte de información elexida non atopaban a resposta (nos vídeos), polo que tiñan que buscar noutra fonte onde aparecerse (libros e fotocopias impresas)  

 

 

ONDE VIVÍAN?

Cada equipo decidiu tamén como plasmar os descubrimentos no mural, no lugar asignado, decidindo se empregar fotografías que había que imprimir do ordenador, textos, gráficos... 

 

...e escribrindo a resposta e os datos máis relevantes entre os integrantes do equipo.

 

Tan só quedaba compartir os descubrimentos de cada un dos equipos cos restantes compañeiros e compañeiras, agora todos coñecíamos a resposta ás preguntas investigadas por cada equipo.

 

Aínda nos quedan varias preguntas por investigar, para poder organizar o noso museo paleontolóxico. Como sempre poderás estar ó tanto nas entradas deste blogue.

(2018-2019) E ademais... no mes de outubro suceceu todo isto na nosa aula

Durante este mes de outubro, ademais de todo o que xa vos contamos en entradas anteriores (a investigación sobre os Dinosaurios, o Magosto, Samaín, robótica...) tamén sucedeu todo isto na nosa aula.

Continuamos a empregar o calendario online da nosa aula para para anotar os feitos relevantes, facer seguimento do tempo, faltas, etc. Lembra que podes atopalo no recanto de infantil 2

 

Despois do recreo "relaxámonos" empregando o noso cerebro de purpurina ou escoitando diferentes tipos de música.

 

Completamos o noso DICCIONARIO XIGANTE, xunto ós compañeiros e compañeiras de Infantil 1. Este curso para cada unha das letras do diccionario eleximos tamén un país que "visitamos de forma virtual. 

 

Escribindo as palabras na aplicación online, que podes atoapr no recanto de infantil desta web, imprimimos unha imaxe grande para o diccioanario xigante e... tantas pequenas como acordemos, para empregar logo no noso diccionario persoal.

 

 

 

 

Comezamos a levar "o plátano viaxeiro" para as nosas casas, pasará con nosco dúas semanas, 15 días, e poderemos contar no libro que acompaña todo o que fixemos con el neses días.

 

Por sorteo MARIÑA foi a primeira en levalo para a súa casa, e así nos contou como lle foi,

 

 

Imos sinalando na lista as persoas que xa o van levando, ata que completemos a lista completa.

 

 

15 días despois CÉSAR tivo a sorte de que saíra o seu nome, e agora está xa na súa casa. Xa nos contará que tal lle foi á volta destes días.

 

 

 

Participamos na re-apertura da Biblioteca do colexio, coa elección dunha nova mascota, para o que despois de mirar algúns exemplos fixemos os nosos deseños e propostas.

 

Tamén ensaiamos e aprendemos unha poesía de "Gloria Fuertes" para o día da inauguración, onde ademais de presentar a nova mascota, tódolos cursos recitarían un texto poético.

 

A profe ZAIRA, responsable da biblioteca, explicounos o funcionamento da mesma e que significaban cada un dos autobuses de cores.

 

 

O día da inauguración da biblioteca recitamos a poesía "As Monas Caprichosas" e...

 

 

Descubrimos cal foi a mascota elexida entre as propostas, a do noso compañeiro de sexto "JAVIER".

 

 

Lembra que podes descubrir outras cousas que sucederon na aula, nas entradas precedentes deste mesmo blogue.

(2018-2019) Comezamos a investigar sobre os Dinosauros para crear o noso propio museo: planificamos a investigación

Os Dinosauros foron o tema elexido ó comezo deste curso para levar a cabo a nosa primeira investigación. A decisión tomámola despois dunhas reñidas votacións entre os diferentes temas propostos.

 

Unha vez recontados os votos, o gañador resultou ser o tema dos DINOSAUROS.

 

 

Aproveitamos tamén para anotar no noso calendario online (que podes atopar no recanto de infantil desta mesma web), o día que visitaríamos unha exposición de dinosauros o mes de decembro.

 

 

Como xa somos expertos investigadores, tal como podes comprobar nas entradas dos cursos anteriores, tiñamos claro todo o que iamos precisar para comezar a nosa investigación e o primeiro, como sempre, era preparar o noso mural da investigación.

Como de longo tería que ser "papel xigante"?... cada quen propuxo unha forma de sabelo.

 

 

Finalmente chegamos á conclusión que a mellor forma de sabelo era usando un metro para medir o espazo dispoñible...

 

... e medir logo o tamaño do papel (para non esquecernos do tamaño medido levamos unha tarxeta do número correspondente) 

 

Xa estaba listo o papel para "transportalo" ata clase e comezar a planificar a investigación sobre os dinosuaros.

 

O primeiro foi escribir nel o título da nosa investigación, por suposto acompañada dunha imaxe que eleximos entre todos e todas en internet para posteriormente imprimila.

 

 

Que iamos facer con todo o que descubríramos? Despois de varios diálogos e propostas diferentes, acordamos que poderíamos convertir o corredor de infantil nun museo de dinsoaurios, onde contásemos os nosos descubrimentos...

 

 e onde tamén poderíamos crear un esqueleto de dinosauro xigante.

 

Co "producto final" xa acodado comenzamos por anotar o que xa sabíamos dos dinsosauros e o que crìamos saber, contrastando os nosos coñecementos previos cos dos demais compañeiros e compañeiras. 

 

Plantexamos tamén todo o que pensábamos descubrir ó longo da nosa investigación. Como ves hai unha chea de preguntas do que queremos saber ;)

 

Anotamos tamén as diferentes fontes de información que xa coñecíamos, onde poderíamos atopar a información precisa para respostar ás preguntas plantexadas.

Por equipos cooperativos, fomos acompañando os textos con imaxes que se correspondían co que alí había escrito, para o cal cada equipo tivo que descubir (ler), onde tería que pegar a imaxe da fonte de información que lle correspondera.

 

Escribimos tamén unha nota para as nosas familias informándoos da nosa iniciada investigación, para así poder atopar información que traer ó centro e poder levala a cabo.

 

Como sempre que traballamos en equipos cooperativos, ademais de decidir previamente que rol asumirá cada quen no mesmo e de chegar a a cordos durante todo o proceso, fixemos unha auto-avaliación de como nos foi o traballo dentro do equipo en cada ocasión.

 

Pouco a pouco fomos xuntando moiítisma información en libros e fotocopias que, comentamos cos demais compañeiros e compañeiras nas asambleas ó comezo de cada xorndada, cando as traíamos da casa

 

Tamén recibimos lagazóns e vídeos enviados ó noso correo electrónico infantilcampolameiro@gmail.com, que revisamos cada día para ver se temos novos correos, aínda que xa no-lo recordaba o compañeiro ou compañeira que o enviara desde a súa casa xunto ós seus pais/nais.

 

Por suposto, tódolos correos recibidos teñen a súa resposta que escribimos entre todos.

Así está xa o noso recanto da información. Tanto o físico con fotocopias, fotograías e libros:

 

 

Como o virtual, que temos no recanto de infantil, cos vídeos e ligazóns que nos van chegando por e-mail, que podes atopar no recanto de infantil no apartado "vídeos".

 

Agora xa o temos todo listo para comezar a investigar, nas seguintes entradas iremos contándovos as primeiras respostas que atopemos, e todo o que temos previsto facer para poder crear o noso gran museo dos dinosauros de Infantil 2.

 

(2017-2018) Creamos land-art na natureza coa chegada do outono

Coa chegada do outono, para experimentar os cambios que sufriu a natureza coa nova estación, xogamos a crear obras artísticas con elementos da natureza.

Cada un dos equipos cooperativos ideou e elaborou a súa creación de "land-art".

 

Tamén tiveron que deseñar a súa propia estratexia para poder facelo entre todos e todas.

 

E así quedaron as creacións de "land-art" unha vez rematadas.

 

 

Unha vez tiveron rematado, visitaron as creacións dos restantes equipos que foron explicando como as fixeran e con que materiais.

 

 

Xa de volta na aula puidemos ver as fotografías das nosas creacións e comparalas coas creacións de land-art, feitas por grandes artistas en todo o mundo.

 

 

Cada un  dos equipos creou un cartel coa fotografía do seu "land-art" para poder expoñela no corredor.

 

Tamén tiveron que decidir un nome para a súa creación e escribilo, coa colaboración de tódolos integrantes do equipo. 

 

 

Tan só quedaba pegalas no corredor para que todos e todas puidesen ver o creativos que fomos na natureza, coa chegada do outono.

 

E a ti... que che parecen?

 

 

(2018-2019) “Cocodrilos", “Tiburóns" e “Juego conejito" son os nosos novos equipos cooperativos. Queres coñecelos?

Por fin chegou o gran momento  que todos estabamos agardando: xa temos novos equipos cooperativos. Así foi como nos organizamos para facelos.

O primeiro foi "organizarse" en tres grupos segundo onde estaba o nos nome na lista que se podía ver no EDI (Encerado Dixital Interactivo)

 

Cada un dos equipos, este ano só habería tres porque somos poucos na clase, tivo que tomar a súa primeira gran decisión. Falando ata que estivesen todos de acordo acordaron o nome do seu equipo.

 

Velaquí o que decidiron:

TIBURÓNS:

  

JUEGO CONEJITOS:

 

COCODRILOS: 

 

Cada un dos equipos escribiu no ordenador, o nome acordado na lista onde saían os seus integrantes.

 

A seguinte gran decisión foi acordar a cor da que sería o panel do seu equipo e, tras decidila, organizarse para poñer a témpera na paleta e pintar a cartolina, pero empregando un só pincel, polo que tiveron que organizar e acordar unha estratexia de quendas, para que todos e todas participasen.

 

Tan só quedaba elexir no ordenador unha fotografía relacionada co nome do seu equipo, para poder pegala xunto coa foto do equipo e o nome do mesmo (escrito on letras recortadas)

 

Tras escribir cada quen o seu nome, a modo de sinatura, os paneis dos equipos quedaron rematados.

 

Así de fantásticos son os paneis, se queres velos en maior tamaño fai click sobre cada un deles.

  

Xa estaban todos listos, e como vedes este ano sóbranos un dos paneis.

 

Agora xa podemos empregalos sempre que traballemos en equipos cooperativos para facer a auto-avaliación figuroanalóxica.

 

(2018-2019) Dramatizando e creando as normas da aula.

Ter as normas claras, e acordadas por todos e todas, é algo fundamental na nosa aula, así que ó pouco de comezar o curso puxémonos mans á obra para poder facelas de novoa.

Despois de dialogar un anaco sobre o tema, anotamos nunha lista as 8 normas que tería o noso panel.

O primeiro era pintar os 8 rectángulos, un para cada norma, dunha cor diferente.

 

 

O seguinte paso foi ir dramatizando as diferentes normas que acordáramos, para poder logo empregalas no noso panel das normas.

 

 

 

Tan só quedaba pegar as fotografías das nosas "dramatizacións" en cada un dos rectángulos.

 

 

 

Por último, debaixo de cada fotogafía, escribimos o texto da norma que estaba alí representada coa nosa dramatización. 

 

Ata que demos completado todo o panel das normas.

 

 

Tan só quedaba facer un "panel individual" para que cada quen puidese levar estas normas tamén para a súa casa.

(2018-2019) Reencontrámonos e poñemos todo a punto nas primeras semanas do curso.

Comezamos un novo curso no que, como xa vos contamos na entrada precedente imos ser só 9 nenos e nenas, ademais de non haber ningún conpañeiro/a novo.

Nos primeros días tivemos que adicar moito tempo a reencontranos, re-descubrir a clase e xogar... que xa facía moito que non estabamos xuntos.

  

NOVA FOTO DE GRUPO:

Por suposto tamén tivemos que voltar a facernos unha foto de grupo, e cambiar a que tiñamos na porta pola nova... divertímonos moito tachando os antigos compañeiros que xa non estaban, na foto do curso pasado ;)

 

Recortamos a fotografía para pegala nunha cartolina e logo poder pegala na porta da clase.

 

E, por suposto, tamén asinamos cos nosos nomes arredor dela.

 

Así quedou na nosa porta.

 

Para levala para casa tamén fixemos a nosa particular foto "decorada"

 

 

CREANDO AS NOVAS "BANDEXAS PARA A MERENDA":

Este curso as nosas bandexas foron deseñadas por cada un de nós. En primeiro lugar escollendo a cor da que sería para poder pintala.

 

Logo, cada un foi escollendo no "ordenador" as catro imaxes "do que quixera" poñer na súa bandexa. Tras recortalas, pegalas e escribir o seu nome a bandexa estaba rematada.

 

 

Despois de plastificalas estaban listas para estrenalas na hora da merenda. Quedaron chulísimas!

 

 

 

CREANDO OS NOSOS CARNETS QR:

Con novas fotografías, porque xa medramos, e escollendo a cores coas que escribir o noso nome no ordenador, elaboramos os nosos novos carnets QR.

 

Agora xa poderemos usar os nosos carnets cando sexamos encargados ou levemos o libro para casa.

 

 

ESCRIBIMOS A LISTA COMPRA:

Como necesitabamos algún material que nos faltaba (pegamentos, folios, plastilina ... e ata dinosaurios de xoguete), escribimos unha lista da compra entre todos e todas, para que o profe puidese compralas.

 

 

Despedimos a "Dora Lectora", a mascota de biblioteca que marcha cara o Instituto. Que nova mascota teremos agora?

 

 

 

Cada día fomos completando o NOSO HORARIO SEMANAL, que levamos para casa, cos profes e cousas que sucederían cada semana na nosa aula.

 

Retomamos o préstamo de libros da biblioteca de aula, que levamos para casa tódolos venres, e que anotamos no noso caderno tras sacar a portada da aplicación online co noso carnet QR (que podes atopar no recanto de infantil desta web)

 

Despois de todo un verán, reencontrámonos tamén coa nosa mascota "Rayo", que xa está moi grande.

 

COMPLETAMOS E ACTUALIZAMOS OS REXISTROS DA AULA

Colocamos os números do calendario no seu lugar e creamos unha nova lista de encargados.

 

Cada día comezamos a rexistrar as faltas e o "día que fai" no noso calendario online (que podes ver no recanto de infantil desta mesma web). O encargado pode acceder a el, para facer as anotacións,  usando o seu carnet QR. 

 

Fomos visitar ós nosos antigos compañeiros e compañeiras que agora están en primeiro.

 

E ata saímos na prensa, despois da visita dun fotógrafo que estivo na nosa clase unha mañá, poucos días despois de comezar este curso.

 

Como podes ver sucederon unha chea de cousas, pero aínda queda moito por descubrir en Infantil 2... como sempre irémolo contando neste blogue ó longo das diferentes semanas deste curso.

Benvidos de novo a INFANTIL 2!!! 

(2018-2019) Xa estamos de volta! este ano somos 9. Queres coñecernos?

Ola, benvidos de novo a Infantil 2 neste curso 2018-2019.

Este curso non temos compañeiros e compañeiras de tres anos, polo que só somos 9.

Por se non te lembras como nos chamamos aquí estamos un curso máis.

 

 

ADÁN  - HÉCTOR-  ANXO - YAIZA - ARIADNA - ÓSCAR (PROFE)

IVÁN  - ÓLIVER  - CÉSAR - MARIÑA

E por suposto, a nosa tatartaruga "Rayo" tamén sae na foto de grupo.

Nas vindeiras semanas irémosvos contando todo o que vaia sucedendo e descubrindo en Infantil 2

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 6 invitados conectados.