Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil 2

(2018-2019) E ademais... no mes de abril

Ó longo deste mes de abril sucederon unha chea de cousas na nosa aula. Algunhas delas xa as comentamos en entradas anteriores neste mesmo blogue, e doutras daremos conta moi pronto en próximas publicacións.

Ademais de celebrar os aniversarios do mes, participar nas actividades da semana do libro, "sementar aromas", traballar con robots, iniciar a creación do noso telexornal, crear novos equipos cooperativos e facer os preparativos paro o obradoiro de cociña; sucedeu tamén todo isto:

Marcamos os eventos máis importantes, facemos seguimento estatístico do tempo meteorolóxico, as faltas, etc... no noso CALENDARIO ONLINE.

O encargado ten un papel moi relevante cada día levando conta de todo.

 

 

A mochila viaxeira da biblioteca, continúa a súa viaxe polas nosas casas, acompañada de colorines (o elefante que adoptamos con WWF)

 

Compartimos cos compañeiros e compañeiras todo o que fixemos na casa coa mochila.

 

 

O noso Diccionario Xigante continúa a encherse coas nosas palabras favoritas. 

 

 

Os venres seguimos a levar, e anotar na aplicación online e no noso rexistro en papel, o libro que levamos para casa da biblioteca de aula.

 

 

Asistimos á presentación da exposición "sobre as mulleres e a igualdade" no Concello.

 

 

Reciclamos e compostamos o noso lixo, depositando cada cousas no seu contedor.

 

Exploramos a nosa creatividade coa témpera

 

En próximas entradas contarémosvos todo o que temos entre mans e que comezamos a artellar ó longo deste mes.

Ata entón podedes ler as anteriores entradas deste blogue, das que xa vos falábamos ó comezo da publicación, para afondar en todo o que fixemos.

 

 

 

 

(2018-2019) Temos novos equipos cooperativos. Queres coñecelos?

Rematado o proxecto de investigación sobre os Dinosaurios coa creación do noso propio museo, chegou o momento de organizarnos en novos equipos cooperativos.

O primeiro foi descubrir con quen estaría cada quen nos tres equipos. Con eles traballaremos xa ata o final do curso.

 

Así quedamos repartidos nos tres equipos: 

 

 

Cada equipo tivo que acordar como querían charmarse e de que cor sería o seu panel. Despois de duras negociacións, agurmentando e contra argumentando, todos e todas chegaron a un acordo.

 

 

Decidida a cor e o nome do equipo, tan só quedaba crear cadanseu panel de autoavaliación, estampando con letras o nome do equipo...

 

 

... para posteriormente buscar e imprimir unha foto en inernet, que pegarían xunto á foto de grupo no seu panel. Acodando previamente onde e de que xeito organizalo.

 

Tan só quedaba por escribir os nomes dos integrantes de cada equipo para deixalo rematado.

 

Así quedaron os paneis de cada un equipos. Agora xa podes coñecer ós nosos tres novos equipos cooperativos.

EQUIPO SELVA:

 

EQUIPO FLASH:

 

EQUIPO  RAYO:

 

A partir de agora xa vos iremos contando como traballamos, en diferentes momentos, cos nosos novos equipos cooperativos. 

 

(2018-2019) E ademais, para rematar o segundo trimestre, no mes de marzo...

Ó longo deste mes de marzo ademais de todo o que xa vos contamos en entradas anteriores (facer o nos libreo para o Salón do libro para logo visitar a Orbil, celebrar os aniversarios e deseñar, elaborar e participar no Entroido co noso disfraz de elefante), tamén sucedeu todo isto na nosa aula.

Como cada comezo de mes, cando cambiamos a folla do calendario, anotamos no calendario online tódolos eventos que terán lugar nas seguintes semanas, no mes de marzo había unha chea deles.

Sobre el o encargado controla as faltas de asistencia, facemos un seguimento estatístico do día que fai, descubrimos que profes veñen á nosa clase ese día...

 

Fomos a plantar árbores no día internacional dos bosques, coa axuda dos axentes forestais e xunto os compañeiros e compañeiras de todo o colexio.

 

 

Tivemos que escoller as cancións que soan nas entradas e nas saídas para a última semana do mes.

 

Bony, o coello de Yaiza, fíxonos unha visita ;) 

 

Polo día da muller, recibimos a visita da nai de Joaquín e Alberto, que se acercou a lernos unha historia fantástica.

 BLOG DA BIBLIOTECA: 22/03/19: 2018-2019 MAMÁS LECTORAS

 

E visionamos cos compañeiros e EI1, 1º e 2º moitas curtametraxes, para debatir despois, sobre a coeducación e a igualdade de dereitos entre homes e mulleres.

 

 

Continuamos a encher o dicionario xigante, coas nosas palabras favoritas, escolléndoas, buscándoas na aplicación online para logo imprimilas, pegalas e escribilas.

 

Evan, a tartaruga de ÓLIVER, veu a vivir con Rayo (a nosa mascota) no seu acuario.

 

Cada semana participamos, cos compañerios e compañeiras de todo o colexio nos "apadriñamentos lectores". E continuamos a levar libros para casa os venres, da nosa biblioteca de aula.

 

O plátano viaxeiro rematou as súas viaxes polas casas de todos nós...

 

... pero comezamos a levar para casa a "mochila viaxeira", organizada polo Biblioteca do centro, na que ademais levamos a colorines (o elefante que adoptamos polo día da paz)

09/02/19: [Infantil xuntos] (2018-2019) Xestos de amizade e adoptamos animais en perigo de extinción na semana da Paz

 

Nesta ocasión a mochila inclúe un libro da biblioteca de aula que escolle cada uno de nós, cando lle toca o turno. 

 

Recibimos unha maleta chea de libros de poesía, na semana da poesía organizada pola Biblioteca do centro. 

 

Que levamos ós compañeiros e compañeiras de 1º e 2º cando rematamos de mirar tódolos libros.

 

 

Escribimos as estrofas dunha poesía de Gloria Fuertes, para poñer na árbore de poemas da entrada do colexio, xunto a tódolos compañeiros e compañeiras do centro.

 

Desenvolvimos a nosa creatividade pintando con témpera e mesturando cores.

 

Fixemos uns calendarios de agasallo para os nosos pais.

 

Deseñando tamén o papel de regalo para empaquetalo.

 

Como remataba o segundo trimestre, tamén levamos para casa o noso boletín de auto-avaliación "As novas da Escola" e o noso dossier da investigación sobre os dinosaurios, de seguido podes ver un exemplo de como nos quedou. 

 

 

 

Lembra que tes máis información sobre este proxecto na seguinte entrada:

16/03/19: (2018-201) Así creamos o noso museo dos dinosaurios, despois de rematar a investigación. Queres ver en vídeo como quedou?

 

No terceiro trimestre, xa desde a semana que ven, temos aínda moito que facer, descubrir e, por suposto contarvos.

(2018-2019) Queres saber como un oso de gominola se convirte en mutante?... descúbreo no noso vídeo do experimento

Este mes á nosa clase lle correspondía crear o vídeo do experimento, nesta ocasión o dos "Osos mutantes"

Cando o profe nos presentou todo o material que precisaríamos fomos plantexando diferentes hipóteses de como empregalos, e que sucedería cos diferentes elementos.

 

Seguimos os pasos do experimento deixando un osiño de gominola dentro duns vasos con auga, auga con bicarbonato e zume de limón. 

 

 

Habería que agardar ata a mañá seguinte para ver que sucedía cos osiños, e se se cumplían as nosas hipóteses.

 

Ata ese momento, pensamos que sería curioso mesturar os diferentes líquidos...  sabes que sucede se mesturas o zume de limón con bicarbonato?... fai a proba e verás ;)

 

Ó día seguinte descubrimos o que sucedía, o osiño do vaso de limón desaparecera, o de auga quedara igual pero o que tiña auga con bicarbonato era agora "enorme"... era un oso mutante!!!

 

 

Chegou o turno de que cada equipo cooperativo seguise os pasos para reproducir o mesmo experimento.

 

 

Novamente tocaba agardar un día para observar os resultados.

 

 

 

Todos eles obtiveron os resultados agardados.

 

 

Para poder rodar o vídeo do experimento, que podes ver de seguido panel cos materiais precisos.

 

Velaquí tes a nosa explicación en vídeo deste experimento: 

 

Completamos o caderno de campo co observado e os materiais empregados no experimento. 

 

Podes ver este vídeo e os vídeos doutros experimentos, tanto desde curso como do curso pasado, no apartado de "VÍDEOS" do recanto de infantil, oudirectamente desde AQUÍ.

(2018-2019) E ademais... no mes de febreiro

Neste mes de febreiro, ademais de preparar a nosa participación no Entroido, de crear o noso traballo para o Salón do libro (do que vos daremos cumprida conta nunha próxima entrada), de facer algún experimento científico, de traballar cos nosos robots e de rematar o noso Museo de Dinosaurios... tamén tivemos tempo para facer todo isto:

Comezamos a participar nos "apadriñamentos lectores", organizados desde a Biblioteca do centro. Os luns na hora de ler, xuntámonos con compañeiros e compañeiras de primaria para ler libros xuntos.

 

 

Participamos en actividades de compostaxe, aprendendo o que era con Rocío e con "eco-col".

 

Axudamos a poñer en funcionamento o composteiro do colexio...

 

... e xa podemos xuntar os restos das nosas merendas para botalo no composteiro.

 

Tamén participamos nunha sesión de "búsqueda" dos "bichos" que traballan no composteiro.

 

 

Continuamos a encher o noso "diccionario xigante", coas palabras favoritas xunto a fotografías das mesmas, usando a aplicación online, que podes atopar no recanto de infantil.

 

 

O "Plátano viaxeiro" continúa a súa viaxe polas nosas casas.

 

 

Participamos nas actividades organizadas desde a Biblioteca do Centro, polo día de "Rosalía de Castro".

 

 

Recibimos a vista de dúas compañeiras de primeiro e segundo, para contarnos os beneficios e usos dos plátanos.

 

 

E ata participamos nunha enquisa dos compañeiros e compañeiras de sexto.

 

Non te esquezas de ver tódalas entradas anteriores deste blogue, para estar ó tanto de todo o que sucede en Infantil, e en especial na aula de Infantil 2.

 

 

(2018-2019) Así se constrúe unha “ponte de cores”... así o descubrimos con este experimento

Como cada mes, levamos a cabo un experimento científico na aula, para observar diferentes fenómenos físicos e químicos.

Nesta ocasión os materiais a empregar eran: témpera de cores, servilletas de papel, vasos transparentes e auga. Que poderíamos facer con todo esto?

Comezamos a plantexar diferentes hipóteses de que se podía "crear" con todo este material, e que consecuencias tería.

 

Con axuda do profe verificamos se as nosas "hipóteses" eran as acertadas, e paso a paso fomos construíndo unhas "pontes de servilletas de papel".

 

 

Despois duns segundos as "cores comezaban a subir polas pontes"... chegarían a atoparse?. Tan só quedaba agardar.

 

Mentras seguían "subindo as cores", cada un dos equipos cooperativos repetiu os pasos de forma autónoma, para levar a cabo o mesmo experimento. 

 

Dentro de cada equipo, que nesta ocasión estaban "mermados por baixas por enfermidade ;)",  había que chegar a acordos de forma dialogada, asignar roles e decidir que faría cada quen para que todos participasen.

 

Para facer os "churros" de servilletas de papel "das pontes", nada mellor que traballar en equipo para poder deixalas ben "fortes".

 

 

Cada un dos equipo deu creado a "a súa ponte de cores".

 

O experimento que creamos entre todos acadou o seu obxectivo, as cores chegaron a "atoparse".

 

Deixamos os nosos experimentos, feitos en equipo, durante varias horas ata que todos "chegaron a completar as pontes de cores". Bo traballo!!

 

Tan só quedaba completar o noso caderno de campo cos datos observados durante o experimento: que cantidades de cada material empregamos e que sucedeu no experimento, xunto a unha foto do equipo levándoo a cabo.

 

Nesta ocasión os compañeiros e compañeiras de Infantil, 1 serán os encargados de crear o vídeo explicativo do experimento. Estará dispoñible en breve.

Poderás ver este vídeo e os vídeos doutros experimentos, tanto desde curso como do curso pasado, no apartado de "VÍDEOS" do recanto de infantil, oudirectamente desde AQUÍ.

(2018-2019) Así creamos o noso museo dos dinosaurios, despois de rematar a investigación. Queres ver en vídeo como quedou?

Lembra que podes ver os pasos anteriores deste proxecto de investigación, nas seguintes entradas publicadas anteriormente:

04/11/18: (2018-2019) Comezamos a investigar sobre os Dinosauros para crear o noso propio museo: planificamos a investigación

 12/11/18: (2018-2019) Continuamos a investigar os Dinosauros: atopamos as primeiras respostas e excavamos fósiles

23/12/18: (2018-2019) Atopamos a resposta a tódalas preguntas da nosa investigación sobre os dinosaurios, facemos un disfraz e estamos listos para comezar a crear o noso museo.

 

Con tódoalas preguntas xa respostadas, xa podíamos comezar a crear o noso Museo de Dinosaurios, tal como nos plantexáramos ó comezo deste proxecto de traballo e investigación (podes ver os pasos previos nas ligazóns anteriores)

No noso museo terían que estar presentes os diferentes tipos e nomes de dinosaurios que fomos descubrindo, pero como xa sabíamos eran centos deles; polo que despois de escoitar varias propostas decidimos que o mellor sería crear un libro de dinosarios, onde incluílos, e que estaría presente no noso museo.

 

Nel, en cada unha das páxinas, saimos nos xunto a un dinosuario, para o que usamos o chroma verde, e indicamos o seu nome, canto mide, pesa e se era herbívoro ou carnívoro. 

 

 

Co libro xa rematado, chegou o momento de organizar todo o traballo para crear o noso museo. Como sempre o mellor foi escribir unha lista de todo o que queríamos amosar no noso museo, para poder ir tachándoo a medida que o iamos tendo listo.

 

UN OVO EN TAMAÑO REAL:

Entre os elementos a crear para o noso museo anotáramos crear un ovo como os dos Dinosaurios, pero de tamaño real, como xa tiñamos o dato de canto medían da nosa investigación, non foi complicado crealo a partir dunha bolsa sea chea de papeis que cubrimos con diferentes capas de cola e papel de revista.

 

PEGADAS DE 3 DINOSAURIOS EN TAMAÑO REAL:

Outros dos obxectos a incluír no noso museo eran pegadas de dinosaurios. Eleximos tres dos nosos favoritos "VELOCIRRAPTOR", "ESPINOSAURIO" e "DIPLODOCUS" e comezamos a calcular canto medían as súas pegadas, a partir do que xa sabíamos dos restos fósiles atopados e que estaban nas respostas da nosa investigación. Con masa blanca fixemos "pegadas fósiles" de dous dos dinosaurios.

 

A do DIPLODOCUS era tan grande, máis longa que nós, polo que pensamos que o mellor sería pegala no chan do museo como "unha pegatina xigante". Con axuda do metro puidemos creala a tamaño real

 

 

A medida que iamos rematando os diferentes elementos da exposición fómolos tachando da nosa lista.

 

 

COPROLITOS DE DINOSAURIO:

Con plastilina fixemos coprolitos, restos fósiles de "cacas" e dinosaurio, que como tiñamos anotado na nosa lista do museo, era outro dos elementos a incluír na exposición.

Plasmamos todo o que descubrimos durante a investigación para crear uns fósiles similiares.

 

UN DENTE DE DINOSAURIO, DE TAMAÑO REAL:

Con axuda dun metro e "facendo churros" dese tamaño logramos recrear un dente de dinosaurio, coas medidas dun dente real que tiñamos anotado entre as respostas da nosa investigación.

 

 

UN DIPLODOCUS EN TAMAÑO REAL... bueno unha cría.

Desde o comezo pensamos que o noso museo contaría cun dinosaruio de tamaño "real", como o que vimos na nosa visita é exposición de Pontevedra. Pareceunos boa idea que o museo estivese "debaixo dun diplodocus", polo que recopilamos datos de canto medía e acordamos facer unha "cria" que si cabería no noso corredor.

Calculando canto medían e con axuda do metro fomos creando as patas do diplodocus, enchéndoas con follas de revistas enrugadas.

 

Para ir construíndo o resto do corpo, como había que facelo contra o teito e subido a unha escaleira, o profe foi construíndo as diferentes partes seguindo as nosas indicacións e, por suposto, a nosa axuda senpre que era posible, como para pendurar o pescozo do diplodocus.

 

 

Pasámolo xenial probándonos a "cabeza"  antes de poñerlla ó noso Diplodocus.

 

MONTANDO A EXPOSICIÓN NO MUSEO:

Cando a estrutura do Diplodocus estivo rematada, chegou o momento de decidir entre todos e todas onde colocar cada un dos elementos da nosa exposición, tanto os creados na aula como os que fomos creando ó longo da investigación e os que trouxemos da nosas casas. 

  

Como medida de seguridade escribimos carteis avisando de que non se podían tocar, como en todo gran museo.

 

 

Tamémn levamos para a exposición o noso mural da investigación con tódalas respostas. 

 

CREANDO OS CARTEIS INFORMATIVOS:

Outro dos elementos que tiñamos anotados na nosa lista, eran os carteis informativos de cada elemento, que tiñan que incluír fotos. Traballando todos xuntos fomos creando algún deles, decidindo que poñer e onde facelo.

 

Outros creámolos traballando nos equipos cooperativos, acordando dentro do mesmo o texto, imaxes e datos e incluír no cartel informativo que lle correspondera a cada un.

 

E por suposto, como cada vez que traballamos en equipos cooperativos, ó rematar facemos unha auto-avaliación do noso traballo dentro do equipo.

 

 

Deste xeito fomos completando pouco a pouco os diferentes elementos da nosa exposición, incluídos os códigos QR que acompañerían a algún dos carteis informativos. 

 

 

Para rematar o traballo pintamos o noso "diplodocus" de cor verde, como podedes imaxinar había moito traballo que facer.

 

 

Pero con axuda dos profes demos pintado todo o Diplodocus, ata as partes que estaban máis altas.

 

 

Así de fantástica quedou a nosa exposición "debaixo do Diplodocus".

 

 

Onde por suposto estaba o dinosauro, que xa vos presentamos nunha entrada anterior, dando á benvida na entrada, xunto ó "cartel do MUSEO DE DINOSAURIOS DE INFANTIL 2" 

 

Quedas convidado a ver o noso museo no corredor de INFANTIL.

 

Pero por si non podes vir en persoa velaquí tes un vídeo onde cho  amosamos.

 

Continuaremos agora completando o noso dossier individual da investigación, para poder levalo para as nosas casas antes das vacacións, e así dar por rematada esta fantastica investigación.

 

Así quedou o dosier unha vez rematado, podes velo de seguido premendo na portada do mesmo:

(2018-2019) E ademais... no mes de xaneiro en Infantil 2

Ó longo deste primeiro mes do ano, continuamos o noso proxecto de investigación sobre os Dinosaurios creando o museo-exposición, do que vos daremos cumprida conta dentro duns días cando estea rematada. Tamén levamos a cabo o experimento do guante bailarín celebramos os aniversarios do mes e adoptamos ó elefante COLORINES na semana da paz.

Ademais de todo isto tamén sucedeu na nosa aula ó longo desde mes o seguinte:

Marcamos no calendario online os diferentes eventos que terían lugar no mesmo, e estrenamos un novo calendario en papel para todo este ano 2019.

 

Viaxamos polo universo entrando no Planetario que instalaron no pavillón do colexio.

 

Continuamos co noso dicionario xigante enchéndoo coas nosa palabras favoritas, para logo poñelas tamén nos nosos dicionarios individuais.

 

 

Seguimos a levar, e anotar no noso rexistro online e de papel, libros para casa da biblioteca de aula.

 

O "platano viaxeiro" continou as súas viaxes polas nosas casas.

 

Fomos ensinándolle ós compañeiros e compañeiras todo o que fixeramos con el e que plasmamos no libro con fotografías, textos e debuxos.

 

Xa queda menos para que visitase tódalas nosas casas. En canto rematamos voltará polas nosas casas acopañado de "COLORINES" o noso elefante adoptado.

 

Participamos nun obradoiro musical a cargo de Susa Herrera, con quen aprendimos unha chea de cancións e bailes sobre animais. 

 

 

Polo día da Paz, ademais de todo o que contamos nesta entrada, debuxamos con témpera o símbolo da Paz.

 

 

 

Tivemos que usar a lóxica espacial para poder pintar os cadrados de diferentes cores, sen que houbes dúas cores iguais pegadas.

 

Estate atento ó que publique neste blogue, posto que nas vindeiras semanas comentemos como nos foi coa Compostaxe, coa nosa exposición-museo dos dinosaurios, así como das sesións de robótica na aula.

(2018-2019) Queres saber como se fai o experimento do “guante bailarín”. Mira aquí o noso vídeo

Este mes, o expermiento que imos levar a cabo nas aulas de infantil, precisaba unha botella, un bote, auga e un guante. 

Que poderíamos facer con todo o material?. Cada un de nos foi plantexando hipóteses do que cren que podería suceder e o que se podería facer con este material.

 

Despois de pantexar as diferentes hipóteses e contrastalas coas dos outros, fixemos todos xuntos o expermiento.  Ó meter o guante nunha botella e introducila en auga "este comezaba a bailar". Por que?

 

Novamente fomos plantexando as nosas teorías para explicar este fenómeno. Acordamos finalmente que a "auga empuxaba o aire cara arriba".

Cada un dos equipos cooperativos reproduciu o mesmo experimento.

 

 

Tan só quedaba crear o vídeo do experimento, xa que nesta ocasión corresponderíalle á nosa aula crealo. Así pois o equipo encargado de facelo "OS TABEIRÓNS", acodaron como contarían o experimento no vìdeo, e que parte faría cada un.

 

Podes ver como quedou o noso vídeo, unha vez rematado, de seguido.

 

Lembra que podes ver os vídeos doutros experimentos, tanto desde curso como do curso pasado, no apartado de "VÍDEOS" do recanto de infantil, oudirectamente desde AQUÍ.

 

Tan só restaba tomar nota das observacións no caderno de campo dos experimentos.

(2018-2019) E ademais... no mes de novembro en Infantil 2

Durante este mes continuamos a nosa investigación sobre os dinosaurios, celebramos os aniversarios do mes, levamos a cabo noso primeiro experimento científico sen esquecernos da participación e celebración do Samaín.  Todo elo podedes lelo en diferentes entradas deste mesmo blogue.

Pero ademais de todo iso, e de comezar a preparar as nosas actuacións para o Festival de Nadal, o día a día na nosa aula tamén contou con todos estes feitos.

 

O ENCARGADO DE CADA DÍA CONTINÚA COAS SÚAS OBRIGAS:

Cada día o encargado continuou a completar o calendario online, facer seguimento dos compañeiros e que faltan ou están no centro, e comprobar que "datas sinaladas" aparecían nos vindeiros días. Podes atopar este calendario online no recanto de infantil desta mesma web.

 

 

 

O PLÁTANO VIAXEIRO CONTINUOU A SÚA VIAXE POLAS NOSAS CASAS:

O noso plátano viaxeiro continúa o seu percorrido polas nosas casas. Alí estará connosco durante 15 días e logo "contamos todo o que fixemos con el" no "libro dos recordos".

 

 

EXPLORAMOS A NOSA CREATIVIDADE:

Con diferentes técnicas exploramos a nosa creatividade coa témpera.

 

Traballamso en equipos cooperativos chegando acordos e facendo a auto-avaliación posterior en cada caso.

 

CONTINÚA A MEDRAR O NOSO DICIONARIO XIGANTE: 

Cada semana continuamos a encher o noso dicionario xigante coas nosas palabras favoritas, empregando a aplicación do diccionario para imprimir o número de imaxes que precisamos. Podes atopar esta aplicación no recanto de infantil desta web.

 

CONTINUAMOS A LEVAR LIBROS PARA CASA:

Cada semana rexistramos o libro que levamos para casa, obtendo a portada da aplicación online, para completar o libro do rexistro.

 

 

"LEMOS LIBROS XUNTOS" COS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE INFANTIL 1:

 

OS COMPAÑEIROS DE INFANTIL 1 EXPLÍCANNOS AS FASES DA LUA, DENTRO DA SÚA INVESTIGACIÓN:

Dentro da súa investigación sobre a LÚA os compañeiros e compañeiras de infantil 1 viñeron a explicarnos as fases da lúa, usando para elo galletas Oreo.

 

XOGAMOS COS NÚMEROS:

Xogamos cos números empregando a serie numérica e desprazándonos polo espazo.

 

 

Lembra que podes atopar todo o demais que fixemos neste mes nas entradas precedentes publicadas ó respecto.

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 6 invitados conectados.