Blog da biblioteca
(2017/2018) SEMANA DO LIBRO " NENOS/AS LECTORES"
Esta Semana do Libro deu para moito...Seguimos coas actividades organizadas ploa Biblio, e, neste caso, tocoulles aos rapaces lerlle a outros rapaces. Así foi a HORA DE LER" do 26 de abril...
(2017/2018) SEMANA DO LIBRO "FAMILIAS LECTORAS"
Seguindo coa celebración da Semana do Libro, dende a Biblioteca escolar intentamos implicar ás familias para que acudiran ao cole a lerlle aos cativos...
Foi unha "hora de ler" distinta a de outros días...
E, polas súas cariñas, coidamos que lles gustou moito!!!
GRAZAS FAMILIAS!!!!
(2017/2018) SEMANA DO LIBRO: "LECTURAS NA CARBALLEIRA"
Comezamos a celebración da Semana do Libro co 4ª Edición das "LECTURAS NA CARBALLEIRA"
Nesta fermosa praza organizamos desdes fai uns anos, un apadriñamento de libros que non deixa indiferente a ninguén...
Os rapaces do cole tiñan preparadas unhas lecturiñas de anacos de contos que foron levados ao cine. Pero non remata aí a cousa porque despois os alí asistentes tiñan que adiviñar de que peli se trataba...
Pero non pensedes que solo leron os rapaces...
Temos que agradecerlle a Pili e a Eloy a súa excelente colaboración ese día...
Bueno, e a todos os que se acercaron á Carballeira para vernos e escoitarnos.....
IV EDICIÓN DE "LECTURAS NA CARBALLEIRA"
A LECTURA COMO CLAVE DO ÉXITO NA VIDA DE TODAS AS PERSOAS
O CEIP PEDRO ANTONIO CERVIÑO convídavos á celebración da Semana do Libro con diferentes actos:
ACTIVIDADES CON FAMILIAS
* Día 20 de abril: “ Lecturas na Carballeira” ás 12:00h con apadriñamento de libros.
* Día 23 de abril: “Familias lectoras”, a partir das 12:00h no colexio. Necesitamos voluntarios/as para facer as lecturas.
ACTIVIDADES INTERNAS DO CENTRO
* Día 24 e 25 de abril: “Mestres lectores” no colexio na hora de ler.
* Día 26 de abril: ” Nenos/as lectores” no colexio na hora de ler.
*Día 27 de abril: “ Obradoiro de guións cinematográficos” actividade dirixida polos organizadores do FICBueu.
(2017-2018) Participamos nas actividades do Salón do Libro 2018
Tal como vos comentamos nunha entrada anterior, para participar nas actividades do Salón do Libro 2018 creamos unha serie de libros sobre "mulleres de conto", que podes ver na seguinte ligazón:
O 9 de abril puidemos participar nas actividades organizadas polo Salón do Libro 2018, onde puidemos ver o noso traballo, visitar a exposición e participar nunha serie de obradoiros.
Os de infantil asistiron a un contacontos sobre mulleres imporantes na historia.
Os de primeiro e segundo participaron noutra sesión de contacontos.
Os de terceiro e cuarto así como os de quinto e sexto participaron en cadanseu obradoiro.
Podes ver de seguido algunha fotografía da nosa visita.
Alí puidemos ver o noso traballo, na exposición, xunto ó dos restantes compañeiros e compañeiras doutros centros.
Podes ver tódalas fotografías da nosa visita e participación nas actividades do Salón do Libro na GALERÍA FOTOGRÁFICA, podes facelo directamente desde aquí.
Atoparás información máis específica sobre cada curso, nas entradas publicadas nos diferentes blogues da web.
Se queres visitar "O Salón do libro" de forma gratuita, podes consultar os horarios na seguinte ligazón:
2017/2018 Na busca de información sobre o antigo cine de Campo Lameiro
Xa inmersos no Proxecto organizado pola biblioteca do centro: "3,2,1...rodando libros " quixemos afondar un pouco máis a cerca dun antigo cine que existía en Campo Lameiro fai xa moitos anos.
E, alá fomos, os de 6º, ao Concello coa profe Zaira,que nos axudou a redactar unha carta donde lle explicabamos o traballo que estamos a realizar, e a información que necesitabamos ...
(2017/2018) DÍA DA POESÍA
¿ Qué es poesía? Se preguntaba Bécquer...
Poesía é ver a todos estes cativos lendo, interpretando, entonando poemas aos máis pequenos.
Os alumnos/as de 6º foron os encargados de ir polas aulas explicando o que iamos facer para celebrar o DÍA DA POESÍA
Unha vez que xa tivemos claro o que queriamos facer pois cada nenos/a APADRIÑOU a outro máis pequeno. Buscaron un recuncho confortable, cómodo , onde se sentiran a gusto, para lerlle anaquiños de poesía...
Así cada rincón do cole sonou a poesía...
POESÍA SODES TODOS VÓS !!!!!!!!!!!
(2017-2018) "3,2,1... Rodando mulleres de conto". O noso traballo para o Salón do libro xa está listo
TALLERES DE LECTURA
Seguindo co PROXECTO DE BIBLIOTECA "3,2,1...Rodando libros" recollemos as accións levadas a cabo dende os talleres de lectura creados na hora de ler, que forman parte dun dos eixes do proxecto, xunto con un obradoiro de guións cinematográficos e os talleres de dramatización/interpretación dos que falaremos máis adiante.
Aí vai pois en imaxes, un dos frentes importantes deste proxecto: Os talleres de lectura
INAUGURACIÓN DA ESCOLA DE FAMILIAS
E, por fin chegou o día no que puxemos a andar a nosa "Escola de Familias".
Para esta primeira toma de contacto eleximos un tema que desperta o interese tanto de nais/pais como de mestres: Os perigos das redes sociais e Internet. A charla correu a cargo do responsable da Garda Civil para os centros educativos.
Explicounos cousas que xa sabiamos e, outras que descubrimos ese día.
Tamén houbo un oco para as preguntas das familias, que foron ben interesantes.
Recordarvos que na entrada do cole hai un espazo adicado ás familias, con distintos tipos de bibliografía, do que podedes facer uso.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »