Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil, infantil 1, infantil 2 , Infantil xuntos

(2021-2022) Aquí está todo o que fixemos en maio!

Continuando coas novas que compartimos dende o colexio, nesta ocasión vamos a compartir unha pequena recopilación de algunhas das actividades que fixemos na aula de EI1. Ainda que xa sabedes que isto non é todo, xa que outras actividades como o noso proxecto e as actividades complementarias poden consultarse en outras entradas. Comezamos!

Continuamos coa nosa rutina de xogos de lóxica-matemática coa nosa especialista de PT, estrenando algúns como o xogo das formas para crear distintas figuras como o gusano tan chulo que vedes nas fotos; e repetindo outros que nos gustaron moito como o da serpe de cores. Non por nada aos nenos e nenas se lle pon un sorriso na cara cando ven chegar a profe Zaira!

E como non, tamén houbo algúns días nos que chegamos a casa cheos de pintura ata o pescozo. Entra algunhas das actividades de expresión artística que fixemos, pintamos con figuras xeométricas e tamén usando os dedos, cada un dunha cor, para traballar a motricidade fina.

Aproveitando o bo tempo que fixo, tamén fixemos algunha que outra actividade fora da aula. Unha de elas foi o deseño do cartel de "Lecturas na Carballeira", no que todos e todas participamos facendo un pequeño debuxo. Unha vez tivemos todos, os xuntamos para facer un gran cartel colectivo sobre o que pegamos as letras co nome do evento.

Por suposto, tamén estivemos traballando o noso proxecto sobre as focas. Pronto teremos unha entrada explicando o proceso, pero mentres tanto aquí deixamos algunhas fotos de actividades que levamos a cabo para aprender cousas como se podemos facer ruido debaixo da auga ao chocar as mans, videos de como se comportan as focas, onde viven...

Deseñamos tamén unha árbore moi chula, con material reciclado, para conmemorar o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Florencio Delgado. No seu interior, escribimos un dos seus poemas que logo recitamos para todas as familias e o colexio.

Moito tempo tamén o ocupamos coas distintas rutinas de aula que xa coñecemos ben, dende o diccionario xigante ao rexistro de experimentos, traballamos con constancia ata completalos, de xeito que tivesemos xuño libre para todas as actividades que planeamos. Queredes saber máis? Pois atentos e atentas a seguinte publicación!

(2021-2022) Ata setembro e bo verán para todos e todas!

Aquí rematan as entradas neste blog por este curso, vémonos en setembro con forzas renovadas e algúns novos compañeiros e compañeiras, cos que viviremos máis aventuras.

   

Xa non estarán connosco os máis maiores, que marchan cara primeiro, ós que queremos darlle unha gran aperta e desexarlles moita sorte. Non esquezades voltar de visita de cando en vez.

   

Unha aperta moi grande para todos e todas, e grazas a vos, as súas familias, pola colaboración que tivéstedes ó longo de todo o curso.

Vémonos en setembro.

Bo verán!!!

(2021-2022) E ademais en xuño, antes de rematar o curso, sucedeu todo isto en Infantil 2

No mes de xuño, antes de rematar o curso, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

23/06/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Despedimos aos compañeros e compañeiras que marchan para primaria cun vídeo. Queres velo? 
23/06/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Celebramos os aniversarios do verán... por adiantado. 
20/06/22: (2021-2022) Rematamos o noso dossier da investigación sobre os "cans salchicha". Quieres ver como nos quedou? 
17/06/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Atopamos un tesouro escondido, seguindo as pistas dun mapa 
17/06/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Así celebramos o aniversario do mes de xuño 
17/06/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) As familias de Infantil crean... álbumes de fotos 
07/06/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Viaxamos a Santiago de Compostela, para coñecer a catedral, e pasalo de medo en Diviert-Park

      

Pero ademais tamén tivo lugar todo isto, que vos contamos de seguido:

Elaboramos o noso boletín de autovaliación, para levar para casa.

 

        

Creamos o noso programa de radio, que emitimos en "Radio Cervo", a radio escolar do colexio.

Podes escoitar aquí "A nosa versión da Mosca chosca".

     

Rematamos o noso diccionario xigante, e o dicionario individual, coas nosas palabras favoritas. Xa o podíamos levar para casa e ensinarllo ás nosas familias.

   

Levamos a cabo o último experimiento do curso "Os osiños de gominola mutantes

   

Anotando as nosas observacións no caderno de campo, que tamén levamos para casa. 

  

Lembra que podes ver ós vídeos de tódolos experimentos que creamos, dos que facemos na aula desde aquí.

      

Asistimos a unha actuación da banda de música de Campo Lameiro.

      

Preparamos a sesión de cine que tería lugar no colexio, preparando as bolsas de gusanitos para todo mundo.

          

Puidemos degustalas durante a proxección da película:

    

Algúns compañeiros de 5º e 6º viñeron a lernos unha chea de contos.

       

Ultimos momentos para o encargado no calendario online, rematamos de tachar tódolos días do curso.

     

Participamos nun obradoiro de decoración de bolsas, organizado pola Biblioteca do colexio.

    

Usámolas para levar para casa todos os traballos feitos ó longo do curso.


(2021-2022) Despedimos aos compañeros e compañeiras que marchan para primaria cun vídeo. Queres velo?

Cando chegou o último día de curso, os profes PABLO e ÓSCAR tiñannos preparada unha ... festa sorpresa.

Sería o preludio de todo que ía suceder nesta última xornada no colexio, antes das vacacións de verán.

           

Entregámoslle aos compañeiros e compañeiras que marchan para primeiro, e que non estarán connosco o vindeiro curso, unha foto de recordo como agasallo.

   

Rematada a festa chegou o momento da despedida "formal" na nosa "graduación", á que puideron asistir as nosas familias.

           

Pero nós tamén tiñamos preparada unha sorpresa para eles, un vídeo de despedida contando todo o que fixemos ó longo destes cursos en Educación Infantil.

     

Velaquí o vídeo de que proxectamos creado polos nenos e nenas de 6º de Infantil para despedirnos. A ver que che parece:

             

Despois da nosa despedida, chegou o momento dos compañeiros e compañeiras de 6º de primaria, que o vindeiro curso estarán no instituto.

               

E como remate, o profe Paulo entregounos os premios a aqueles que tivemos as "merendas máis saudables, ó longo do curso" en cada aula. Velaquí os afortunados de Educación Infantil.

    

Foi unha xornada moi divertida e emotiva para todos e todas.

   

   

(2021-2022) Celebramos os aniversarios do verán... por adiantado.

No mes de xuño, antes de rematar o curso, celebramos os aniversarios dos compañeiros e compañeiras que cumplían anos nos meses de verán, cando non hai colexio. 

Novamente, por mor da COVID-19 non podemos celebralo como nos gustaría (e como facíamos en cursos anteriores), pero aínda así a homenaxeada tivo o seu momento especial.

Preparamos as súas camisetas de agasallo e as coroas de aniversario:

  

Cando chegou o día sinalado, no noso calendario online, sopraron as candeas co número de anos que cumprían anos MANUEL JULIA, DANIEL e GERMÁN.

 

MATÍAS, outro dos homenaxeados "do verán", non puido vir ese día ó colexio, así que lle envíamos unha felicitación no vídeo que veredes de seguido.

 

  

Podes ver como sopraron as candeas nos seguintes vídeos:

 

   

Ó final deste vídeo podes atopar a felicitación para MATÍAS.

(2021-2022) Rematamos o noso dossier da investigación sobre os "cans salchicha". Quieres ver como nos quedou?

Podes ver os pasos previos desta investigación nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blog:

05/11/21: (2021-2022) Comezamos a noso primeiro proxecto de traballo do curso. Imos investigar sobre os “cans salchicha"

08/12/21: (2021-2022) Recibimos información e atopamos a primeira resposta na nosa investigación sobre os cans salchicha

14/03/22: (2021-2022) Continuamos a atopar respostas na nosa investigación sobre os "cans salchicha"

06/05/22: (2021-2022) Xa temos tódalas respostas na nosa investigación sobre os “Cans Salchicha”. Chegamos á metade do camiño

03/06/22: (2021-2022) Rematada a investigación... xa podes ver o noso documental sobre os cans salchicha

Rematada a investigación sobre os "Cans Salchicha" e coa película-documental xa creada, tal como comentamos nas entradas antes publicadas, chegou o momento de completar o noso dossier invidual.

    

Nel contamos, co paso dos días, todo o que descubrimos ó longo da investigación, e que tiñamos plasmado no mural do proxecto.

Se queres ver como quedou un dossier rematado, como o que cada un levou para casa, podes facelo de seguido.

  

  

   

(2021-2022) Atopamos un tesouro escondido, seguindo as pistas dun mapa

Nun dos últimos días do curso, nas aulas de infantil, buscamos un tesouro agochado nalgún lugar do colexio, seguindo as instrucións que aparecían no "mapa do tesouro".

Antes de comezar, o día que tiñamos anotado no noso calendario online, descubrimos cales eran as normas do xogo.

Cada un dos dous equipos (infantil 1 e infantil 2) tería o seu propio mapa, diferente un do outro, con candanseu tesouro escondido (que contiñan o mesmo no seu interior).    

O equipo "can salchicha azul" xa estaba preparado para comezar, co seu mapa listo. Terían que comezar polo número 1 que alí aparecía.

 

   

Pola súa banda... o equipo "focas vermellas" tamén o tiña todo listo para comezar a busca do tesouro, tamén polo número 1 do seu mapa.

      

Cada equipo tiña que seguir as pistas dun mapa, para ir pasando por diferentes lugares, sinalados con números. En cada un deles había unha pegatina escondida, que tiñan que atopar, e pegar no mapa. Cando chegasen ó ultimo número atoparían o tesouro.

O mapa levou ós dous equipos por diferentes dependencias do colexio, buscando as pegatinas agochadas.

        

En outros momentos, o mapa enviounos a buscar as pistas por diferentes lugares do patio.

  

        

Ambos equipos deron atopado o tesouro... tan só había que voltar á aula e agardar a que chegase o outro equipo, para poder abrir ambos tesouros á vez.

         

Que habería dentro... algún ata pensou que tería unha empanada para compartir ;)

      

Unha vez abertos os tesouros, atopamos dentro uns fantásticos libros para colorear, e con pegatinas, xunto cun bote de pinturas para cada un de nós... eran chulisimos.

Non puidemos agardar para estrenalos.

     

Podes ver tódalas fotografías deste "xogo de pistas", no seguinte álbum da galería fotográfica:

(2021-2022) ÁLBUM NA GALERÍA FOTOGRÁFICA - Atopamos un tesouro seguindo as pistas dun mapa.

    

   

 

(2021-2022) Así celebramos o aniversario do mes de xuño

No mes de xuño, BREIXO cumpliu 4 anos, así que ó final do mes celebramos o seu aniversario, como fixeramos ó longo do curso.

Novamente, por mor da COVID-19 non puidemos celebralo como nos gustaría (e como facíamos en cursos anteriores aínda que o retomaremos no vindeiro curso), pero aínda así o homenaxeado tivo o seu momento especial.

Preparamos a súa camiseta de agasallo e a coroa das homenaxeado:

    

Cando chegou o día sinalado, no noso calendario online, soprou as candeas co número de anos que cumpría.

     

Podes velo de seguido:

    

(2021-2022) As familias de Infantil crean... álbumes de fotos

Dentro da proposta "As familias crean", organizada desde Biblioteca Escolar, en Educación Infantil as familias participaron nun obradoiro xunto cos seus fillos e fillas.

Todos e todas se encargaron de crear, e decorar, un álbum no que pegaron fotografías do seu paso polo colexio, desde a súa entrada no mesmo.

     

Tiñan á súa disposición, unha chea de materiais, cos que decorar os seus álbumes, colaborando coas súas famlias. 

    

Unha vez rematado o álbum tomamos unha fotografía para lembralo. (Podes ver todas elas na ligazón que atoparás ó final desta publicación)

    

Naqueles casos nos que non puideron asistir as familias, os nenos e as nenas, levaron para casa o material para elaborar o seu álbum coa súa familias, e enviarnos unha fotografía unha vez rematado.

     

Podes ver tódalas fotografías deste obradoiro, no seguinte álbum da galería fotografíca:

(2021-2022) ALBUM FOTOGRÁFICO - INFANTIL: As familias crean... álbumes

  

    

(2021-2022) Viaxamos a Santiago de Compostela, para coñecer a catedral, e pasalo de medo en Diviert-Park

O 7 xuño, os compañeiros e compañeiras de Educación Infantil, 1º e 2º participaríamos nunha saída, de mañá e tarde, a Santiago de Compostela.

Alí coñeceríamos a cidade, a catedral e xogaríamos en "Diviert-Park".

Días antes de marchar descubrimos todo o que poderíamos ver na nosa viaxe.

  

O día sinalado xa estabamos preparados, tan só nos quedaba unha viaxe en autobús ata Santiago de Compostela.

  

Cando chegamos, despois de pasear por unha parte da cidade de Santiago...

    

... demos chegado ata a Catedral, que era enorme.

     

Continuamos visitando as diferentes prazas que había "ó redor" da catedral. O profe Xose Luis, foi contándonos cousas moi curiosas de todas elas.

  

Despois da visita, chegou o momento de tomar as nosas merendas. 

     

E despois doutro anaquiño no autobús, chegamos á "cidade da cultura", que tiña uns edificios moi extraños pero moi chulos. Alí tivemos tempo para comer a nosa comida, e xogar coas compañeiras e compañeiros.

    

Pero o mellor estaba aínda por chegar, pola tarde visitamos "Diviert-Park", onde puidemos facer todo isto.

 

   

Montamos en karts, cantamos no karaoke e ata fixemos un percorrido polas alturas. 

     

Ata os profes se atreveron a montar nos karts. Polo alto no quixeron ir porque non son tan valentes coma nós ;)

   

Antes de marchar de volta a Campo Lameiro, como fin de festa, bailamos en cantamos todos e todas xuntos. 

   

Pasámolo tan ben, que non queríamos voltar ;)

Podes ver moitas máis fotografías no seguinte álbum da galería fotográfica. Podes atoparte nelas?

Álbum: (2021-2022) Excursión a Santiago de Compostela   

    

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.