Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil, infantil 1, infantil 2 , Infantil xuntos

(2008-2009) Así son os nosos boletíns trimestrais para as familias

Cando remata cada trimestre, os rapaces e rapazas levan para a súa casa o seu boletín informativo para as familias.

O noso boletín de avaliación está elaborado tanto polo mestre como polos alumnos/as, e nel ademáis de indicar os logros acadados por cada quen facemos un repaso a todo o acontecido no trimestre na escola.

Este tipo de boletín permite que os propios alumnos/as fagan unha reflexión de todo o feito ó longo do trimestre, e se fagan conscientes daquelo que foron traballando e aprendendo.

 

O noso boletín consta de dúas partes, un díptico en tamaño A3, elaborado polos alumnos/as e un folio A4 (polas dúas caras) elaborado polo mestre

 

Na parte elaborada polo mestre indicamos por unha banda os logros acadados neste trimestre ("xa son capaz de") empregando o reforzo positivo como axente motivante.

No reverso incluimos un resume, con imaxes, de todos aqueles acontecementos e actividades que tiveron lugar ó longo do trimestre, explicando a súa finalidade e os obxectivos que pretendiamos acadar con eles.


A parte elaborada polos propios alumnos/as é cambiante en función da idade, vida da aula, eventos relevantes que tiveron lugar.

 

Habitualmente incluimos fotografías de saídas e traballos realizados, ás que teñen que escribilles "os pés de foto". Todo isto tras un diálogo previo en común.

 

No boletín deste segundo trimestre, ademáis os nenos/as tiveron que "pensar" cales eran os seus contos favoritos (dos levados cada semana para casa da biblioteca de aula e de centro), así como os seus "xogos preferidos do ordenador" (os cales podedes atopar nesta mesma páxina web)

 

As fotografías correspóndense a un boletín realizado por un/unha alumno/a de 4 anos.

(2008-2009) Facemos zumes e probamos novas froitas

Pouco antes de marchar de vacacións, os nenos e nenas de infantil fixemos zumes de diferentes froitas empregando unha licuadora.

Antes quixemos probar algunhas froitas que non coñeciamos como a "granada", a "chirimolla" e o "mango"

As tres eran moi diferentes na cor, tamaño, textura e sobre todo no seu sabor.  A que máis nos gustou foi a granada e o mango, e a que menos a chirimolla.

 

O día dos zumes xuntamos tódalas froitas que trouxeramos da nosas casas as dúas clases. O día anterior escribiramos unha nota co nome da froita que queriamos para non esquecernos.

 

Con coitelos de plástico (para non cortarnos) tivemos que cortar en cachiños as froitas, porque non cabían polo burato da licuadora.

 

Logo de facer o zume da nosa froita, ó dia seguinte fixemos zumes pero con "piña", "melón" e "sandía"... sabían todos moi ben.

 

Podes ver máis imaxes desta actividade na GALERÍA FOTOGRÁFICA.

(2008-2009) Chegou a primavera e a "nosa" árbore segue a cambiar

Cando o encargado estaba marcando ó día no calendario, decatouse de que o tiñamos marcado como o "comezo da primavera".

Tras lembrar un pouco entre todos e todos, que sucedía nesta estación, decidimos baixar ó patio e comprobar se era certo que a nosa árbore xa tiña follas, despois de que quedase totalmente espida no outono (que foi cando lle fixemos á ultima fotografía)

 

Así está agora a nosa árbore, xa comeza a ter as primeiras follas:

 

Así foi cambiando a nosa árbore co paso do tempo:

 

OUTONO                            INVERNO

 

PRIMAVERA

 

 

(2008-2009) EMILIO sae na televisión, no "Telexornal"

Hoxe pola mañá Emilio comentounos que saira no "Telexornal", dándolle de comer a súa cabuxa "Sarita".

Buscando por internet atopamos o vídeo onde saía, agora todos podemos velo.

(2008-2009) Refacemos as normas da aula

Un día, despois de ter que solucionar varios conflictos nos recantos, decidimos que o mellor era voltar a facer as normas da aula, para que todos puidesemos velas en calquera momento.

 

En primeiro lugar acordamos que iamos poñer as cousas que SI podemos facer e as que NON podemos facer.

Tras debatilas e escribilas entre todos/as no encerado, conseguimos "resumilas" nunhas cantas.



Por equipos comezamos a escribir as normas que acordaramos, cada equipo unha delas


Cada equipo tachaba a norma que acaba de escribir cando a tiña rematada. As veces "cando un equipo se perdía", alguén do mesmo tiña que ir a "orientar" ó/s seu/s compañeiro/s.



Despois pegamos "as normas" escritas na catolina que lle correspondía.

 

Cando xa as tiñamos todas escritas, cunha cámara de fotos "fixemos de actores" e tiramos fotos das "accións que indicaban as normas".

 

Pouco a pouco fomos enchendo todo o taboleiro de normas.

 

Cando xa estaba rematado, pensamos que estas normas tamén nos poderían servir para casa, así que nunha folla coas fotografías "escribimos" as normas que lles correspondían a cada unha.

O máis complicado foi "organizarse" para que todos poidesemos escribir as normas. Aceno

 

 

 

(2008-2009) Solucionamos un conflicto... cunha carta

Hoxe tivemos un problema na nosa aula, un compañeiro levou un xoguete de outro compañeiro para a súa casa sen permiso.

Tras falar un pouco sobre como podiamos solucionar este problema e se estaba ben o sucedido, o dono do xoguete plantexou que lle ía escribir unha carta para pedirlle que llo devolvera.

Como ambos estiveron dacordo na solución, os dous "afectados"  puxéronse máns á obra para escribir a carta.

 

Entre os dous foron quen de rematala axina, e abaixo de todo "asinaron" os dous.

 

Logo metérona nun sobre e claro, escribiron tamén para quen ía dirixida.

 

 

Entre os dous meteron a carta na mochila para que a levase para casa. Mañá estaremos todos atentos a ver se trouxo ou non o xoguete de volta.

 Como xa estaba arreglado o problema, os dous decidiron ir a xogar xuntos.

 

(2008-2009) ASÍ SOMOS O GRUPO DE 3 E 4 ANOS

 

AQUÍ ESTAMOS O GRUPO DE 3 E 4 ANOS, COA PROFE ÁNXELA, QUE SE INCORPOROU EN FEBREIRO ÁS CLASES.

SOMOS:

 SARA, ANA,  IAGO, ANTONIO, RAÚL

AROA, ANXO, DAVID, YAIZA  E PABLO.

 

(2008-2009) Disfrazámonos de "Corazóns Mixiricas" polo entroido.

Este ano, como o Salón do Libro trababa sobre o "Amor" todo o colexio decidiu disfrazarse deste tema, pero cada curso tiña que "inventar o seu disfraz".

En infantil fixémolo xuntos as dúas clases (3-4 anos e 4-5 anos).

Organizámonos por equipos, cada un coa cor que escolleu para o seu disfraz, cunha plantilla de corazón cada equipo tiña que facer os "que facían falta" para facer os disfraces do seu equipo.

 


Cando xa tiñamos recortados os nosos corazóns (un para diante e outro para a parte de atrás), chegou o momento de facer os ollos, nariz e boca.

 

Probamos o disfraz antes de seguir e nos miramos no espello.

O nariz de plastilina.

E pola parte de atrás estampamos corazóns con pintura.

 

Para facer a coroa de corazóns, algúns se encargaron de facer as tiras de cartulina....

E outros de facer os corazóns...

 

E así quedou a coroa

 

Só nos quedaba por facer unha pancarta para o desfile, despois de falar durante un tempo xurdiu a idea de chamarnos os "Corazóns mixiricas".

 

O día do desfile, despois de poñernos o traxe debuxamonos na cara uns corazóns, menos mal que a profe Bernarda veu a axudarnos

 

Xa estabamos preparados para o desfile.


Pasámolo moi ben...

De volta do desfile pasámolo moi ben na festa que había no colexio, onde tamén viñeron os compañeiros da escola de "Cerdeiras" os "pequenos/as" da galescola.

 

 

(2008-2009) Facemos un castelo "xigante"

Un día mirando fotografías de nenos/as que estiveron na nosa aula en cursos anteriores, descubrimos que rodeando á porta que dá á clase do lado, fixeran un mural xigante.

Decidimos facer tamén o noso mural xigante, tras unha votación entre os debuxos candidatos, gañou a idea de facer o CASTELO que debuxara NEREA:


Unha vez tiñamos escollido o noso "modelo", fomos a buscar o papel para facelo "en grande", ¿canto papel nos ía facer falta?, como xa fixeramos outras veces collimos o metro e nos puxemos a medir e cortar o papel continuo co tamaño que necesitabamos.

 

 

Cos papeis xa cortados, fixemos equipos e dividimos o traballo, cada quen se encargaría de facer unha parte do castelo.

Descubrimos que non eramos capaces de pintar todos á vez porque se movía o papel, así que decidimos pegalo ó chan.

 

Unha vez pegado con celo puxémonos mans á obra.

Eso si, tiñamos que fixarnos no debuxo de Nerea para que nos quedara igual.

Para non confundirnos cada equipo escribiu o nome da cor que había que pintar en cada parte do mural: AMARELO, LANARXA...

 

Xa case tiñamos rematado o noso castelo, só faltaba unha parte.

De novo por equipos rematamos o traballo:

 

E tamén lle fixemos un sol e máis un avión.

 

Así quedou todo rematado, a porta da clase da profe Ángela parecía a porta do castelo.

 

(2008-2009) Visitamos o Salón do Libro e facemos os nosos títeres

O día 2 de febreiro, como xa anotaramos no calendario da nosa aula, participamos nas actividades do salón do libro, e visitamos o noso conto que estaba alí exposto.

Ás 9 da mañá saímos cara Pontevedra en autobús, de camiño recollimos ós compañeiros da escola de Cerdeiras.

 

Cando chegamos, os de infantil asistimos a unha sesión de títeres, pero uns títeres moi especiais, todos eran ZAPATOS. 

O que máis nos gustou, de tódalas historias que nos contaron, foi o do zapato grande, mediano, pequeno e PEQUECHO, que quería ir ata a lúa.

 

Tamén nos gustou a historia do SOL, a LÚA e a choiva. O TIGRE e o ELEFANTE ata facían ruidos.

 

Cando rematou a actuación, a nosa guía que se chamaba "Patricia", ensinounos onde estaba exposto o noso conto "A pricesa e o Oso" e o conto dos nosos compañeiros do colexio e da escola de Cerdeiras.

 

Aquí están todos os demáis traballos dos compañeiros do noso colexio: infantil, primeiro, segundo, terceiro, cuarto e sexto.

 

Despois de ver toda a exposición de traballos, visitar as covas da nube, das fadas e a das "apertas", tivemos un ratiño para ler contos... e había moitísimos.

 

 

Nese momento apareceu o LOBO ORBIL:

 

Aínda que algúns lle tiveron medo, algún ata se atreveu a darlle unha aperta "amorosa". 

 

FACEMOS OS NOSOS TÍTIRES DE "ZAPATOS".

Ó día seguinte, falando do que máis os gustara da visita ó Salón, pensamos que igual nós tamén podiamos facer uns títeres con forma de zapatos, para contar a hisitoria de PEQUECHO.


Así que todos fixemos 4 zapatos: GRANDE  MEDIANO  PEQUENO  e  PEQUECHO.

 

E lle puxemos un pau para poder manexalos como títeres. Pintámolos de vermello porque os da actuación eran dese cor e co nome detrás para non confundilos.

 

Por grupos fomos contando a historia dos zapatos, cada quen como a lembraba. Tamén nos tivemos que poñer de acordo para saber que persoaxe ía facer cada quen.

 

Ás veces cambiabamos parte da historia para facela máis divertida.

 

Ata fixemos a LÚA e un COHETE como na obra de verdade. E como vedes PEQUECHO tamén chegou ata a LÚA.

 

OS ACTORES:

JAVIER                  DIEGO               HUGO

 

AINHOA                   MIGUEL           JAVIER

 

NEREA  montando a pequecho no cohete para que chegase ata a LÚA, os propios actores ata "asomaban a cabeza" para  ver o despegue.

 

NEREA                         INÉS

 

Xa lle contaremos todo isto ós compañeiros e compañeiras que non puideron vir por estaren enfermos. 

 

 

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.