Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil, infantil 1, infantil 2 , Infantil xuntos

(2008-2009) Letras Galegas 2009: "Coñecemos a Ramón Piñeiro"

Este ano o Día das Letras galegas estaba adicado a Ramón Piñeiro López, durante varios días estivemos descubrindo e traballando sobre a vida deste escritor.

Buscando en internet atopamos moita información e sobre todo fotografías da súa vida. Con toda esa información elaboramos candanseu "dossier" que levamos para casa.

Este é Ramón Piñeiro López, era escritor.

 

Así o debuxamos nos.

Naceu en Armea, esta foto atopámola buscando en internet.



Usando un mapa atopamos onde estaba Camo Lameiro, o lugar onde vivimos.




Esta era a escola de Ramón Piñeiro cando era pequeno, resulta que era a casa do muiñeiro.


Xunto con outros escritores decidiron facer unha "fabrica de libros" (Editorial)

 

Chamárona GALAXIA, por iso ten estrelas. 

Na clase atopamos algún libro da Editorial Galaxia "e o debuxo das estrelas tamén estaba".

 

¡Que interesante quedou o noso libro sobre Ramón Piñeiro!, imos a contar nas casas todo o que sabemos sobre el.

 

Como aprendimos tantas cousas sobre el, fixemos un mural contado a súa vida, xunto os compañeiros/as da outra aula. Cada unha das etapas da súa vida metímola dentro dunha das estrelas da súa editorial, Galaxia.

Podes ver en máis detalles o contido de cada estrela do mural na nosa Galería de imaxes, á que podes acceder directamente desde aquí.

Tamén participamos na celebración que tivemos no colexio, cantando e bailando a canción da "BALEA", para a que fixemos unhas coroas cunha balea debuxada.

Tamén nos deron un premio por participar no concurso de debuxos sobre o galego (Asociación cultural o Costado), eran libros moi interesantes.

 

 

 

 

 

(2008-2009) Xa temos tódolos Sacapenas...

Xa temos tódolos Sacapenas feitos, ó final tamén se apuntaron os nosos compañeiros/as da E.E.I "Cerdeiras" tamén de Campo Lameiro, así que cos seus Sacapenas e os nosos que faltaban por traer conseguimos ter unha chea deles.

 

Agora tan só temos que envialos a Gaza, pero antes imos a escribir unha carta, para que a traduzan e poidan entendela cando lla enviemos xunto ós Sacapenas.

Xa vos amosaremos a nosa carta e como os imos a enviar.

(2008-2009) "Os números da nosa vida"

Durante varias semanas estivemos investigando sobre os números que había na nosa vida, o primeiro que fixemos foi buscar números nos obxectos da aula, descubrimos que case todos tiñan números (o prezo, os anos para que servían os puzzles, a cantidade de "agua que tiña a botella...).

O máis "misterioso" foi a que a meirande parte, tiña ademáis uns números debaixo dunhas barras de cor negra, descubrimos que se chamaban códigos de barras e investigamos para que podía empregarse.

Todas estas cousas tiñan código de barras.

 

Logo nun mural fomos anotando aquelas cousas que sabiamos ou iamos descubrindo  que tiñan números, como o teléfono, ordenador, metro... como traballamos por equipos non tardamos moito en enchelo de obxectos.

Ademáis acordamos que se alguén descubría na súa casa algún "número", o dixese ó día seguinte, o trouxese escrito ou debuxado para pegalo tamén no mural... con estes novos "descubrimentos" no mural case non quedaba sitio.

 

 

Un día alguén comentou que na súa casa descubrira que tamén había números "no alto que era a xente", así que pensamos no que debiamos facer para coñecer a nosa altura. Como xa coñecíamos o metro decidimos facer un "medidor - crocodilo" así todos podemos saber canto medimos... ¡e todos pasabamos de "100"!, que é un número "enorme"

 

Tamén atopamos números nos zapatos, na roupa, no noso número de teléfono, no número da nosa casa, nas matrículas dos coches... e moitas cousas máis.

 

Como eran tantas, pensamos en facer un libriño cos "números do noso corpo" ademáis de ir enchendo o noso mural con todos eles.

 

Cando rematamos, despois de varias semanas de investigación, levamos o libriño para as nosas casas e penduramos o mural no corredor, para que todos soubesen a cantidade de sitios onde se poden atopar números. 

 

Este era o "libriño" que levamos para casa cos números do noso corpo. 

 

 

 

(2008-2009) Asistimos á obra de teatro "El Gran Tarje"

O pasado 8 de maio fixemos unha visita a Pontevedra para asistir á obra de teatro "El Gran traje", dentro das actividades organizadas por Caixanova.

Alí estaban tamén nenos de outros coles.

 

Cando se apagaron as luces, e todo quedou moi escuro, apareu un traxe "xigante", do que foron saíndo "moitas cousas" interesantes.

 

Cando remtaou a obra de teatro, como era a hora da merenda, organizámonos na Alameda de Pontevedra para merendar. Eso si con moito coidado de non deixar nada de lixo polo chan.

 

Despois de merendar, alí o ladiño, había un estanque con patos, así que decidimos ir a "facerlles unha visita", tamén había unhas ras moi simpáticas que botaban auga pola boca. 

 

Antes de marchar estivemos xogando un pouco no parque infantil da Alameda de Pontevedra, tivemos qeu compartilos cos nenos de outro colexio, que tamén estivera con nos vendo a obra de teatro.

(2008-2009) Video-conto dos "Sacapenas" ¿Quérelo ver?

Os nenos/as de infantil da aula de 4 e 5 anos, ilustramos cos nosos debuxos e grabamos as nosas voces, para poder contarvos o "conto do Sacapenas".

¿Quérelo ver?



Versión do conto "Os Sacapenas" de Anthony Browne, feita polos alumnos/as de Ed. Infantil 4-5 anos, no curso 2008-2009
Tamén dispoñible na videoteca->as nosas creacións

(2008-2009) Facemos unhas tartarugas para o "Día da nai"

Pensando en que podiamos facer de regalo para o "Día da Nai", atopamos un vídeo que explicaba como facer unha tartagura de plastelina. Despois de miralo todos xuntos, pensamos que nós tamén as poderiamos facer "seguindo as instruccións" e puxémonos más á obra.

 

 

Ó final fomos quen de facer as tartarugas coma no vídeo.

 

Botámoslle Alkil para que endurecese e non rompese.

 

Deixámola a secar durante uns días...

 

Preparamos o regalo, usando "papel pinocho" e escribimos unha carta de felicitación, que grampamos no regalo.

 

(2008-2009) ¡¡Xa chegaron os primeiros Sacapenas!!

Como xa vos contamos, levamos os nosos Sacapenas para "vestilos" na casa cos nosos pais/nais. (máis información na entrada anterior a esta)

Hoxe chegaron xa os primeiros Sacapenas "vestidiños", viñan todos moi elegantes. 

 

A medida que os vaiamos traendo, xunto cos compañeiros da aula de 3 e 4 anos, os imos ir pendurando no corredor, para que todos vexan o ben que nos quedaron. 

 

Cando os teñamos todos, enviarémolos á Gaza.

 

De momento só temos 8 pero seguro que  moi pronto xa os temos todos feitos.

 

A ver se algún outro curso se anima a facer os seus sacapenas para envialos cos nosos.Rindo

(2008-2009) PINTAMOS POR EQUIPOS E XOGAMOS A PENSAR COAS NOSAS OBRAS

No mes de marzo fixemos unha experiencia plástica e artística que derivou noutros contidos igualmente interesantes e necesarios, e contemplandos no currículo de Educación Infantil.

A mestra deu a idea de organizarnos por equipos e compartindo uns materiais (témperas, pinceis e un trozo de papel) e un espacio, limitado, crear unha obra artística, inicialmente de estilo abstracto, non figurativo, dado que todavía nos estábamos familiarizando con este tipo de arte.


Unha vez finalizada a obra, tratábase de “xogar a pensar” cos nosos cadros  para apreciar ou darnos conta de que con este tipo de arte tamén nos expresamos.


Os obxectivos perseguidos con esta experiencia.


-Traballar por equipos, aprendendo a organizarnos nun espacio e cun material estipulado, a compartir  e a tomar decisións sobre qué facer.


-Tratar de comprender que este tipo de arte é unha forma de expresión, de comunicar, e que podemos con ela expresar ideas, emocións, intencións, contar historias. 

-Fomentar e potenciar o pensamento reflexivo e creativo, xogando a pensar sobre o que nos transmiten estas obras, elaborando hipóteses, chegando a conclusións.



Ademáis destacar que se traballaron contidos como: cores e formas, a limpeza da aula e a nosa propia (limpando ó rematar pinceis, mesas, mans), a expresión oral (falando do que vemos, argumentando, aprendendo novo vocabulario), a creatividade.


E todo a través dunha aprendizaxe cooperativa, é dicir a partir de distintos tipos de agrupamentos e respetando as aportacións de cada un.
A organización por grupos, xurdiu espontáneamente, de maneira natural, e os primeiros en comezar foron:


Iago, Pablo e Raúl:

 

E esta foi a súa obra final:



O 2º equipo foi o de Yaiza, Sara e Antonio:

 

 

 

E este foi o resultado: 

 


E por último o equipo de David, Ana e Aroa:

Vos preguntaredes por qué os cadros teñen forma de cadrado, círculo e triángulo.

O fixemos así porque unha vez rematada a experiencia a idea, era decorar a clase con eles e qué mellor que coas formas  xeométricas que estamos a traballar, así sería máis motivador para recordalas.

A segunda parte da experiencia consistía en "xogar a pensar" coas nosas obras, e esto foi o que aconteceu.

 


 

 

 

¿QUÉ VEDES NO CADRO?

  • -Un conexo e un tigre (Sara).
  • -Un gato jugando con ardillas (Aroa).
  • -Un cabalo, unha leona e un jabalí que morreu (Raúl).
  • -Unha serpe comendo coellos pequenos (Pablo).
  • -Choiva (Anxo).
  • -Ventás (Raúl).
  • -Un porquiño, e veu un jabalí e mordeulle (Yaiza).
  • -Una casa, tiene 2 vacas (David).
  • -Un lagarto, e unha culebra e un oso (Antonio).
  • -Lume, arde unha casa. E auga (Ana).



POÑEMOS UN TÍTULO
  • -"TIGRE PELEXANDO".
  • -"ARDILLAS".
  • -"CABALO".
  • -"CASETA".
  • -"TABLA".
  • -"FOTOS".
  • -"PAPEL".

 


 

 


¿QUÉ VEDES NO CADRO?

  • -Un muñeco na cuna (Ana).
  • -Un perro (Aroa).
  • -Un coche marchando á  praia, pillou a un conexo (Yaiza)
  • -Unha roda dun coche (Raúl).
  • -Unha leona, un cabalo e un león  (Iago). 
  • -Un sol, un lobo, un coche,  unhas mans, un bebé (Sara)

 

 POÑEMOS UN  TÍTULO    

  • -"DURMINDO".                   
  • -"PERRO".                            
  • -"PELEANDO".                  
  • -"BEBÉ CON COCHE".          
  • -"BÚFALOS".                      
  • -"FUEGO"                        

 

 


 

 NESTE CADRO VEXO:

  •  -Unha serpe (Anxo).
  • -Un camión levando leña (Raúl).
  • -Una vaca, hace mú, está comendo herba (David).
  • -Un conexo matado, unha serpiente, un lagarto, un neno (Sara).
  • -Animais: unha cabra montesa, unha leona e un cabalo (Iago).
  • -Un coche con tres conexos (Yaiza).
  • -Unha nube, unha lúa e unha casa (Ana).

 

POÑEMOS TÍTULOS:

  • -"CASA CON CERDO".
  • -"CABRA".
  • -"RAPACES XOGANDO FORA".
  • -"CABALLO".
  • -"VACA".
  • -"NENO COMENDO NA CASA".
  • -"CAN PEQUENO". 

 

 

 

Este tipo de actividade nos achegou máis ós intereses dos nenos e nenas, quedou claro que ós da maioría son os animais e polo tanto nos cadros veremos o que nos interese ver, pois se trata dun exercicio de imaxinación e pouco a pouco, tamén de reflexión.



É unha experiencia previa ó que realmente é a FILOSOFÍA PARA NENOS/AS, pensar e falar sobre cousas da vida, que unha vez familiarizados, desenvolveremos e próximas experiencias.


Aprendimos que os títulos dos cadros, ó igual que os dos libros e contos, son un resumo en poucas palabras do que se trata de expresar e polo tanto sempre hai algunha relación entre ambos. 

 


(2008-2009) Levamos os SACAPENAS para "vestilos" na casa

 

Partindo do Conto "Sacapenas" de Anthony Browne, xurdiu a iniciativa Sacapenas para Gaza, na que día a día se van sumando centros educativos de toda Galicia.

A idea é enviar pequenos bonecos "Sacapenas", realizados polos nenos/as, para outros nenos/as coma eles, pero que se atopan en hospitais e situacións desfavorecidas en Gaza.

 

Despois de ler o conto "descubrimos" o blog dos sacapenas, observamos os que fixeran noutros colexios e onde os enviaron logo.
Todos metidos nunha caixa e cunha carta llos mandarán nun avión.

 

Como queriamos que os pais/nais tamén participasen, pensamos que sería interesante facelo con eles. Así que levamos os sacapenas "espidos" para poder vestilos na casa.

Cada quen deseñou o seus sacapenas para levalo de "modelo".

Levamos tamén unha carta explicando ás familias a iniciativa. 

 

 

Xa vos iremos amosando como nos van quedando os sacapenas, e outros traballos sobre o tema.

 

Máis información sobre esta iniciativa no "blog dos Sacapenas", podes acceder a el desde a ligazón que atoparás no menú da dereita da nosa web, ou ben directamente desde

http://sacapenasparagaza.blogspot.com/

 

 

(2008-2009) DESCUBRIMOS FROITAS E FACEMOS ZUMES

No mes de marzo estivemos traballando coas froitas, algunhas coñecidas por todos e outras non tanto ....

Escribimos os seus nomes, xogamos coas palabras (a clasificalas polo comezo e remate, por longas e curtas, polo númro de letras), pintamos froitas con témperas, as fotografiamos, as probamos, e nos quedou bastante claro que nin o tomate nin a pataca son froitas, cousa na que coincidíamos bastantes nenos.

Tamén xogamos coas froitas, as súas cores, tamaños, texturas, a comparalas, clasificalas pola forma, monda; as describimos, xogamos a adiviñar polo sabor, e polo tacto.

 

Probamos moitas froitas pero o plátano, a fresa e o kiwi foron todo un éxito.l

E por suposto cheirar a cáscara de limón, non tanto probar o limón que estaba moi amargo.

Cando tiñamos nas mans o coco vimos que algo soaba dentro e decidimos averigualo.

A profe fixo un burato pequeniño  e empezou a sair auga, así un bo rato, en total sacamos un vaso e medio.

 Antes de rematar o trimestre e comezar a Semana Santa, decidimos que podíamos facer zumes.

Cada neno elixiu a froita que quería probar en zume, a trouxo de casa, e xa todos xuntos (cos nenos e nenas de 4 e 5 anos) comezamos a experiencia.

Nos organizamos por equipos, en función da froita que trouxemos; peras, mazás, laranxas, kiwis, limóns, melocotón e  mandarina. 

Os profes trouxeron piña, melón e sandía tamén.

Lavamos ben as mans e a comezar!!

O equipo das mazás, troceando, con coitelos de plástico (para non cortarnos).

 O equipo dos kiwis.

 

 Xa temos case todas as froitas troceadas.

Así que nos sentamos atentos co noso vaso e a nosa palliña a agardar o noso turno para usar a licuadora e facer o noso zume.

E mans a obra!!

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.