Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil, infantil 1, infantil 2 , Infantil xuntos

(2008-2009) Enviamos a Gaza os nosos Sacapenas

Como xa tiñamos tódolos sacapenas e a traducción ó árabe da carta que escribimos (ver entradas enteriores no blog), decidimos que chegara o momento de envialos por correo ós nenos de Gaza.

 O primeiro foi facer unha lista de todo o que iamos necesitar para enviar los sacapenas.

 

Xunto ós compañeiros da outra aula de infantil decoramos unha caixa.


Nesa caixa cada un foi metendo o seu sacapenas que tiña pendurado no corcho, desde que o trouxera da casa.

 

Pouco a pouco fomos enchendo a caixa cos nosos sacapenas.

Esperamos que axiña llos poidan entregar ós nenos e nenas de Gaza.

(2008-2009) O MEU CONTO FAVORITO

No mes de abril celebrouse o día do libro, e e nos estivemos falando na asemblea sobre qué podían tratar os libros. As respostas foron variadas: animais, de medo, de risa, da morte, de monstros, de ladróns, de mariposas, osos, patos, cabalos, do sol, da lúa, de flores....

Na nosa clase temos unha biblioteca, establecida como un recanto máis. De vez en cando a ordeamos, e aproveitamos para buscar e seleccionar libros ou contos que teñan relación co que estamos traballando ou investigando.

Lemos na clase, individualmente, por parellas contándonos contos un ó outro, e tamén o encargado/a do día conta un conto ós demáis.

 

É a nosa forma de aportar un granciño para que o "día do libro" non se quede só nun día senón que se viva todos os días do ano.

Ese día, dentro da celebración-homenaxe, tivemos a sorte de asistir a un contacontos na nosa escola.

 

 

 

 

 

Ademáis, nós tamén quixemos facer algo especial.

Unha vez establecida a diferencia e relación entre libro e conto, pensamos no libro ou conto que máis nos gustaba da nosa biblio de aula, e tamén explicamos "por qué" e recordamos de qué trataba.

E iste foi o resultado, que se pode ver premendo máis abaixo.

Esperamos que vos guste!!

 

(2008-2009) Visitounos o can de Laura no recreo

O outro día, cando estabamos no recreo apareceu polo patio un can, tratábase do can de Laura que seguramente quixo vir a visitar o colexio da súa dona.

 


Laura estivo contándonos moitas cousas do seu can, o problema foi que cando chegou a hora de ir para clase o can tamén quería entrar. Como non deixamos que pasara tivo que marchar para a súa casa.

(2008-2009)OS NENOS E NENAS DE GAZA- OS SACAPENAS

Hai un tempo, Oscar, o mestre de infantil, nos contou a todos unha experiencia que se está a facer tamén noutras escolas, e que ten que ver cos nenos e nenas de Gaza; nenos que están enfermos e hospitalizados a consecuencia da guerra.

Isto orixinou diálogos interesantes en torno ó que é a guerra, e a posibles solucións vistas dende os ollos dun neno ("se debe chamar á policía, que non collan pistolas e que metan na carcel ós que están disparando").

Nos contou que a través dunha ONG galega, se lles están enviando ós nenos de alí uns bonequiños chamados "sacapenas", para que non se sintan tan tristes.

Esta historia viña acompañada dun conto,

A todos nos enganchou a historia e a proposta de colaborar, así que comezamos por informarnos e buscar fotos destes nenos, de ónde e cómo vivían.

Buscamos en internet imaxes (seleccionando a mestra previamente páxinas e determinadas fotografías); e comprobamos que aínda que en moitas ocasións estaban tristes e enfermos, noutras tamén rían e estaban contentos á pesares de ter por xoguetes paos, madeiras, e cousas do contorno, nada parecido ós que temos nós.

Así os debuxamos,

Tamén pensamos en qué cousa nosa que temos na casa, nos gustaría regalarlles se estiveran máis cerquiña, xa que son máis pobres e non teñen con qué xogar. 

Isto foi o que xurdiu:

-Un coche e máis un tractor.

-Unha ovella de verdade, para que coman.

-Unha muñeca.

-Un coche bonito.

-Un perro de xoguete.

-Un can pequeniño e un grande.

-Un libro para pintar.

-Unha barby.

O conto nos gustou moito, así que o limos e contamos moitas veces, todos xuntos, individualmente no recanto da biblioteca, por parellas

tamén vimos na pantalla grande o que fixo o grupo de 4 e 5 con imaxes e sonido. 

Incluso fixemos portadas do conto para o recanto da bibliteca, aproveitando para traballar tamén, a diferenciación de texto e debuxo, o título, o autor, a editorial, o fondo, e a plástica.

Na escola pintamos e decoramos os nosos sacapenas, como paso previo ós que faríamos na casa cos pais, nais, abós, irmáns... e así foron chegando os primeiros sacapenas,

Ó principio eran moi poucos,

 

pero mirade agora cantos!!!

Como neste mes se enviarán por correo decidimos mandarllos cunha carta.

O grupo de 4 e 5 anos escribiu a súa, e nós, para non repetirnos no mesmo, a continuamos para rematala e así quedou:

Uns días despois nos chegou un e-mail. Era da ONG que se vai encargar de enviar os sacapenas e que para que os nenos de Gaza puidesen ler a carta, tivo que traducila,

 

Vimos as diferencias na escritura dunha lingua e outra, e todos atopábamos "Us" e "eses" nesta traducción.

Os nenos de 4 e 5 anos lles contestaron dándolle as gracias por traducir a carta e por mandarlles os sacapenas, e agora só falta facer un paquete enorme e despedirnos deles que durante este mes tanto decoraron e alegraron os pasillos do cole.

Un saúdo!

 

 

 

(2008-2009) INVESTIGAMOS SOBRE OS CARACOIS

No mes de maio un luns algúns nenos/as chegaron falando e contando cousas sobre caracois e á pregunta lanzada pola mestra de si queríamos investigar e saber más cousas sobre estes animaliños, á maioría gustounos a idea, así que nos puxemos mans á obra.

A primeira cuestión era ver ¿qué cousas sabíamos sobre os caracois? antes de comezar a investigar para partir dunha base. E isto foi o que opinamos e contamos:

-Viven nunha casa pequeniña que vin eu nun conto. nunha col.

-Non teñen patas, andan a rastras.

-Comen herba.

-Non comen herba, comen formigas.

-Teñen 40 patas.

-Eu un día vin un caracol que tiña a boca así gorda.

-Non, téñena pequena.

-Comen formigas e terra.

-Non, non comen terra.

-Teñen concha e unha baba.

 

Tamén fixemos debuxos de caracois, para amosar eses coñecementos que tiñamos inicialmente deles.

           

A segunda cuestión era ver ¿qué nos gustaría saber ou aprender sobre os caracois? e istas foron as preguntas que xurdiron:

-¿Qué comen?

-Se teñen patas ou non.

-Se teñen dentes.

-¿Cómo fan a baba?

Lóxicamente, a medida que estas preguntas atoparon resposta, o interese e as demandas aumentaron e se obtivo máis información.

Reflexionando sobre ¿Onde conseguir toda esta información?, decidimos buscar na clase nos libros e contos que tiñamos, e o que atopábamos se comentaba, fotocopiaba e recopilaba nun recanto.

Tamén decidimos buscar na biblioteca do colexio,

 

e atopamos tamén un conto onde o protagonista era un caracol,      

             

 A mestra tamén nos propuxo levar unha cartulina cunha notiña pedindo ás familias colaboración para atopar máis información e mandala á escola. Todo o que ía chegando se pegaba nun gran mural.

    

Aprendimos palabras novas coma MOLUSCOS, TENTÁCULOS ou ESPIRAL.

Mirade como facemos espirais, unha xigante entre todos e tamén pequeniñas cos gomets.

               

 Aproveitamos para escribir sobre o que íamos aprendendo,

Todo o que íamos descubrindo novo o pegábaos ou apuntábamos no noso mural,

 

 Tamén fixemos algunha rima sinxela e a profe atopou en internet un video dun caracol moi grande,

 

A maioría de cousas que descubrimos tamén as escribimos para a revista do cole, "O cervo" para contarllas a todos os nenos; así quedaron algunhas,

 Pero sabemos moitas máis cousas, que os caracois nacen de ovos, que teñen os ollos nos tentáculos, que non mastican porque teñen os dentes na lingua,...interesante verdade?

Aquí estamos rematando o noso mural que puxemos no pasillo.

 Ata pronto!!

 

(2008-2009) Escribimos unha carta para enviar cos sacapenas

Con tódolos sacapenas xa no colexio, chegou o momento de preparar o envío dos mesmos á Gaza (que se fará a través de médicos do mundo).

Entre todos e todas pensamos, e fixemos unha lista, do material que iamos necesitar para enviar os nosos sacapenas.

 

Acordamos tamén escribirlles unha carta os nenos e nenas de Gaza, para elo entre todos redactamos a carta e por turnos todos fomos escribindo no encerado o texto acordado. Despois de borrar e arreglar a carta varias  veces ó fin nos puxemos dacordo. 

 

Para escribila no papel, dividimos a carta en varias partes e cada un foi escribindoa no papel, deste xeito acabamos axiña e participamos todos.

Como só podía escribir no papel, un de cada vez, os demáis estabamos xogando, e cando remataba un compañeiro encargábase de avisar ó seguinte, para que seguise o traballo.

 

Aquí tes a nosa carta ¿que che parece?... 

Os compañeiros de 3-4 anos tamén escribiron a súa carta pola parte de atrás da nosa, agora só queda que a traduzan ó árabe, porque descubirmos "no ordenador" que é o idioma que se fala en Gaza.

Así quedou a carta traducida que nos enviou a Fundación Araguaney.

 

Démoslles as gracias "por e-mail" á "Fundación Araguaney" por traducirnos a carta.

 

Tamén fixemos unha nova folla para o xornal escolar "O Cervo" contando todo o traballo feito cos sacapenas, podes velas a continuación.

Descárga as páxinas do noso xornal sobre os sacapenas desde aquí.

(2008-2009) Investigamos e facemos o noso Xornal

Durante uns días estivemos traballando cos xornais, xa sabíamos do curso pasado que tiñan moitas "noticias", pero decidimos buscar "outras cousas" interesantes que había neles.

Os descubrimentos os iamos pegando no encerado, poñendo xuntas (clasificando) as que pensabamos que eran parecidas.

 

Ó final descubrimos que na parte de arriba das páxinas do xornal, había escrito algo que nos "dicía" se se trataba dunha noticia, dun anuncio, de deportes e incluso se era un mapa do tempo.

 

Organizámonos por equipos e buscamos nos xornais páxinas de "deportes, noticias, anuncios e do tempo".

 

Con todo o que descubrimos decidimos facer o noso xonal de infantil (4-5 anos), para poder metelo dentro do xornal escolar "O Cervo", que imos levar para casa cando remate o curso. 

Estivemos pensando que "cousas" pasaron no noso colexio durante este curso, que fose unha noticia de deportes ou un anuncio, e claro tamén quixemos facer o noso mapa do tempo.

O Equipo de noticias decidiu facer de periodistas e escribir a terrible nova do "roubo do ordenador da nosa aula".

O Equipo de anuncios, despois de descubrir para que se poñían nos xornais, pensou en "anunciar" o circo que estivo en Campo Lameiro, e púxeronlle un prezo de 3 euros.

 

O Equipo de deportes redactou unha información sobre os problemas que tivemos no pavillón durante todo o curso, porque sempre que chovía tamén o facía dentro.

 

Por último o Equipo de meteoroloxía fixo o seu pronóstico  do tempo que ía facer, o máis complicado foi facer un mapa de Galicia como os do xonal, menos mal que se lles ocurriu que o podían calcar na fiestra.

 

Cando rematamos, comentamos tódalas novas que escribimos, e decidimos que era importante poñer en cada "sección" o seu nome, para que logo os "lectores" souberan de que tipo de contido se trata.

 

¿Queres ver como quedou o noso mini-xornal e non queres agardar a ter a revista "O Cervo" nas túas mans? 

 

Podes descargarte o noso XORNAL DE INFANTIL 4-5 ANOS desde aquí. (pdf)

 

(2008-2009) SEGUIMOS A EXPERIMENTAR COA PINTURA

Na nosa aula, nun dos recantos, o de Arte, de cando en vez se propón algunha actividade máis dirixida.

Neste caso, a proposta foi facer parellas para pintar con pincel e témpera no cabalete, nun folio A3, poñéndose dacordo para pintar xuntos, decidir qué ou deixarse levar pola abstracción, compartindo un espacio moi limitado.

A parella formada por Anxo e Sara, fixeron a seguinte obra:

 

A parella formada por Davi e Aroa, crearon este cadro:

 

 

Pablo e Ana, fixeron o seguinte:

 

 

E esta e a obra de Raúl e Yaiza:

 

 

Cada equipo noutra sesión púxolle un título á súa obra final, e a maioría coincidiron en ver nos seus cadros ou un bosque ou unha selva, animais, seguramente debido ás cores empregadas.

 

A partir de aquí, estas láminas vanse utilizar como fondo para un conto, que inventaremos entre todos, e que máis adiante vos contaremos, cando esté rematado.

Só podemos adiantar que o personaxe, está escollido, e non foi doado, pero despois de varias votacións, a partir das propostas feitas polos nenos/as, o protagonista será unha coella e o nome decidido por todos, tamén por votación, é Tania.

Un saúdo!!

(2008-2009) Letras Galegas ¿quén é Ramón Piñeiro?

A semana do 10 ó 15 de maio a adicamos a coñecer ó personaxe homenaxeado este ano polas Letras Galegas, Ramón Piñeiro, e elaborar un pequeno libriño individual para que tamén os pais e nais soubesen un pouco máis del.

Despois de ver a súa foto en Internet e imprimir algunhas, descubrimos onde estaba o pobo onde naceu Armea, en Lugó; tamén que onde ía á escola de pequeno era a casa do muiñeiro, ou que  él foi un dos fundadores da editorial Galaxia; nos a chamábamos a editorial, fábrica de libros, para entendernos, e fumos quen de localizar algún libro na escola desta editorial e o seu logotipo.

Xogamos coas letras do seu nome e apelidos, da palabra Galaxia, fixemos puzles de papel coa súa cara, o retratamos e finalmente, asentados todos estes coñecementos qué mellor que reflexalos nun gran mural feito de forma cooperativa entre as dúas clases de infantil.

Primeiro nos organizamos por equipos, encargándonos cada equipo dunha fotografía, escribir o pe de foto, recortala, pegala, como por exemplo a do personaxe.

 

De facer e pintar as estrelas, poñer o título no mural,...

E este foi o resultado:

 

 

 

 

E por último por suposto, as firmas dos autores.

Xa por último, como actividade final, na celebración que fixemos no salón de actos, todos os nenos e nenas de infantil representamos unha canción con xestos, para o que estivemos ensaiando estes días, e ata nos fixemos unha coroa cunha balea pintada.

 

(2008-2009) ASISTIMOS Ó TEATRO- "EL GRAN TRAJE"

 

 O pasado venres 8 de maio fixemos unha saída ó teatro, no centro cultural de Caixanova, en Pontevedra.

Xa alí nos preparamos para ver a obra de título tan misterioso.

O teatro estaba cheo, había moitos máis nenos e nenas doutros coles. Cando se apagaron as luces,

alí estaba o traxe ó que se refería o título da obra, e que resultou ser unha casa, con bolsillos-habitacións.

Xa rematada a obra, nos diriximos a uns xardíns da Alameda, que estaban cerquiña, para merendar con tranquilidade.

Mirade, mirade como comemos toda a merenda; nos esperan os patos do estanque e os columpios do parque! E por suposto, deixamos todo moi recollido e tiñamos as nosas propias papeleiras para os envoltorios das merendas.

 

Cando rematamos de merendar fixemos un pequeno percorrido polo estanque, onde estaban os patos, e vimos tamén a un que estaba metido dentro dunha caseta, seguramente estaba enfermo, iso foi o que pensamos a maioría.

E por último, un ratiño antes de marchar para a escola, desfrutamos nos columpios do parque da Alameda e o pasamos todos de maravilla.

 

Cando chegamos á escola, falando do que recordábamos da obra de teatro e do que máis nos gustara, a maioría de nos coincidimos que o mellor fora a parte onde saía o bebé, cando xogaba co can e tamén cando facía caca e lle limpaban o cu porque aínda non sabía.

O pasamos moi ben e todos temos ganas de volver outro día ó teatro. Deicalogo!!

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.