infantil, infantil 1, infantil 2 , Infantil xuntos
(2009-2010) Facemos o noso disfraz de Bombeiros
Buscando información sobre os bombeiros, atopamos este vídeo moi curtiño, sobre o que fan e que ferramentas usan:
Para facer o noso disfraz de BOMBEIROS, o primeiro que tivemos que facer foi escribir unha lista coas "partes do disfraz" que iamos necesitar.
Entre todos e todas escribímolas no encerado.
Logo, por equipos, fixemos un debuxo de cada unha das partes (CASCO, DISFRAZ, MANGUEIRA, CAMIÓN, FERRAMENTAS...)
Pegámolas no encerado para que non se nos esquecese ningunha.
Decidimos comezar facendo as ferramentas, pero como nos ía levar máis dun día, o mellor era anotar nunha lista a que quería cada un, para lembrarnos ó día seguinte.
Puxémonos mans á obra e rematámo-las nosas ferramentas.
Logo fixemos o casco de bombeiro, cun debuxo dun camión para poñela nel.
Para que parecera de verdade puxémoslle un "plástico brillante de cor vermello".
Tamén fixemos o noso disfraz, con sacos de plástico. Para non confundirnos logo, cada quen puxo o seu nome no seu saco.
Logo, por parellas, marcamos ata onde debería chegar a chaqueta de de bombeiro.
Cada quen cortou o seu saco pola raia que marcara o seu compañeiro/a.
Outra das cousas que tiñamos na nosa lista, era facer unha mangueira xigante, que levariamos entre todos e todas. Usando unha corda e envolvéndoa con "churros" de papel de periódico non tardamos moito en facela.
Mirade que longa nos quedou.
Con plástico brillante de cor vermello, a nosa mangueira quedou rematada.
Tan só faltaban os botóns do traxe e o cinturón.
E ata disfrazamos o esquelete, que quedou moi simpático.
O día do desfile estabamos todos preparados, a mangueira era tan longa que chegaba ata a outra clase, e tiñamos que levala entre todos e todas.
Tamén se disfrazou connosco a profe Merce.
Xa no desfile pasámolo moi ben.
E ata "mollamos" coa auga da nosa mangueira o profe Tirso, que ía disfrazado de alcalde.
(2009-2010) ¡Chegou o Entroido!
Como estaba xa preto o Entroido comezamos a pensar de que nos podiamos disfrazar, para ter ideas decidimos facer un mural con moitos difrazes xunto ós compañeiros da outra aula.
Cada un recortou de revistas de difraces o que máis lle gustaba, pegándolle a foto da súa cara.
Convertímolos nun xogo "de descubrir", ¿quen estaría detrás de cada porta?
Puxémoslle un título para que todos soubesen com "xogar co noso mural"
Pegámolos todos xuntos nun mural no corredor.
XOGAMOS ÓS BOMBEIROS:
Como ó final decidimos ir disfrazados de bombeiros, porque todo o colexio ía de "cousas relacionadas coa cidade", probamos a imaxinar que eramos bombeiros e que tiñamos que apagar incendios na casa, ou rescatar a un can que non sabía como baixar.
En internet descubrimos que os bombeiros, mentras non hai incendios esperan no "PARQUE DE BOMBEIROS", e tamén atopamos o número de teléfono ó que chamar se había un incendio.
Cando un "cidadán" chamaba ós bombeiros, todos saliamos "facendo un camión" ata chegar ó lugar do incendio.
Ó final conseguimos rescatar ó can que estaba "enriba do tellado" e non sabía como baixar.
(2009-2010) Sesión de contacontos Kalandraka
Un ano máis tivemos unha sesión de contacontos dos nosos amigos de Kalandraka, esta vez contáronnos novos contos e ata nos amosaron "un libro máxico".
Tamén nos contaron o conto de "Onde viven os monstruos", que xa o tiñamos na bliblioteca da clase desde fai moito tempo. Pero eles sabían contalo de modo que "daba medo".
Ó Final regaláronos un mural do conto "Onde viven os monstruos"... ¡e ademáis era un calendario!
(2009-2010) SALÓN DO LIBRO- A CIDADE - CREAMOS UN CONTO
Como xa sabedes, comezamos a cartearnos con nenos dun colexio de Pontevedra, co fin de que nos enviaran información, especialmente fotografías da súa cidade e o máis relevante.
Nós escribimos por carta e eles nos contestaron por internet a través da súa páxina web (http://anosaescola.blogspot.com- podedes acceder directamente a través da nosa páxina-en outras redes)- alí podedes ver a foto dos nenos cos que nos escribimos e a información que recopilaron para nós.
Ese material o imprimimos e fixemos varias actividades con él
Comezamos a pegalo nun gran mural, escribindo os nomes das cousas que íamos pegando,
Tamén fixemos actividades individuais de lectoescritura (atopar letras determinadas, emparellar palabras co debuxo correspondente, poñer un pe de foto,..) buscamos en libros elementos da cidade,..
Como faltaban moitas cousas da cidade que os nosos novos compañeiros non puideron fotografiar, a profe tróuxonos un día moitas fotografías de monumentos de Pontevedra, que vimos no ordenador primeiro.
E así quedou o noso mural finalmente.
No lado esquerdo escribíamos entre todos os nomes e no lado dereito, emparellábamos cada fotografía co seu nome.
Pero antes de pegar as fotos dos monumentos un día "xogamos a pensar" a qué se parecían esos edificios e monumentos e quén podería vivir neles e a partir de aquí saiu unha historia de fantasía, que presentamos ó salón do libro.
Entre todos debuxamos ás persoaxes, escribimos a historia, decoramos algunhas páxinas da historia, recortamos, pegamos e decidimos o título do noso conto: "Os gormitis salvan a cidade".
A continuación volo amosamos, esperamos que vos guste:
MARCHARON A PEDIR AXUDA E CHEGARON Á PONTE DAS PANTASMAS, ONDE TAMÉN ESTÁN OS LOBOS.
UN LOBO MORDEU Á PRINCESA.
OS PRÍNCIPES CHEGARON Á CASA DO MÉDICO E OS AXUDOU.
PERO OS LOBOS, CO SEU OLFATO SEGUÍRONOS E RODEARON A CASA.
O ABÓ DE PEDRA, QUE ESTÁ ATENTO A TODO, CHAMOU POR TELÉFONO AOS SEUS AMIGOS OS GORMITIS.
OS GORMITIS AXUDARON AOS PRÍNCIPES E AOS CABALOS.
E MARCHARON PARA A SÚA CASA E COLORÍN COLORETE POLA CHIMENEA SAE UN FOGUETE.
E ESTE CONTO REMATOU.
Xa rematado o libro, preparamos a nosa caixa que formaría parte dun rañaceos.
A profe forrou a caixa por fora e nós a pintamos con pincel e témpera branca por dentro.
Finalmente lle pegamos as fotos que os nenos e nenas da cidade nos enviaran, para decorala e anotamos os nosos nomes, dos "autores" da historia.
Nas fiestras do edificio van pegadas as fotos de cada un de nos,
e así é como quedou o rañaceos cos traballos do resto de compañeiros do colexio:
Unha vez rematada esta actividade, nós continuamos coa experiencia pois agora nos toca enviar información e fotos ós nenos da cidade sobre onoso pobo, Campo Lameiro.
Algúns nenos trouxemos fotografías, recortes e información atopada en internet, e a estamos a pegar nun mural, despois de comentala entre todos.
Cando xuntemos suficiente información a enviaremos e ademáis temos pensado facer un mapa do pobo moi moi grande, onde situar as casas de cada un.
Cando rematemos xa volo ensinaremos!
(2009-2010) Preparamos o Salón do Libro 2010
Este ano o Salón do Libro de Ponevedra ten como tema "A cidade", así que decidimos facer entre tódolos nenos e nenas do colexio un "edificio enorme".
Á nosa clase tocounos facer un dos pisos inferiores empregando unha caixa de zapatos.
En cada ventá puxemos as nosas fotos (tamén a do lobo ORBIL), e claro tamén "construimos unha porta"
Agora só nos quedaba por decidir "que habería no noso piso ¿un supermercado?, ¿unha tenda?....
Como xa recibiramos a fotos de Pontevedra, que nos enviaron os nosos compañeiros e compañeiras do colexio Vidal Portela (ver entrada anterior no blog aquí), botámoslle unha ollada para ver se atopabamos alí algunha idea:
Nunha cartolina fomos pegando algunhas das fotos que nos enviaran:
Entre elas atopamos unha foto que tiña un cartel que poñía "MERCADO", buscamos máis fotos en "internet" e descubrimos que era onde se vende o peixe... "e que o tiñan metido en xeo".
Pareceunos interesante convertir o noso piso nun mercado. Fixemos un debuxo do "mercado" para pegar dentro da caixa.
E co noso "piso" e os dos demais compañeiros "construimos" un edificio enorme.
Agora só faltaba por facer o noso "libro" para meter dentro do mercado. Entre todos "inventamos" a historia "DO PEIXE MORADO" e puxémonos mans á obra.
Un equipo encargouse de recortar as páxinas do libro.
Outro de facer os debuxos de cada unha das partes do conto.
Tamén por equipos escribimos por partes o conto "do peixe morado"
Para rematar decoramos con gomets de cores as páxinas xa montadas.
Cando xa estaba rematado metímolo dentro da nosa parte do edificio.
Como ves tamén lle puxemos os nomes dos autores e autoras do libro.
Queres ver o noso conto?, velaquí o tes
(2009-2010) Resposta dos nenos e nenas do colexio de Pontevedra con fotos da cidade
Como xa vos contamos, escribimos fai unhas semanas unha carta ós nenos e nenas dun colexio de Pontevedra, pedindolle que nos envaran fotos de varias "cousas" que hai nas cidades, para o noso traballo do "salón do libro" (se non o viches, podes acceder desde aquí)
Aínda non recibimos a súa carta de resposta, pero no seu blog xa publicaron algunhas das fotos que lles pediramos
Podemos velas nesta ligazón.
(2009-2010) Traballamos sobre o Nadal
Empregando o armazón dos "maios", fixemos a nosa árbore de Nadal, xunto os compañeiros/as da outra aula. Primeiro marcamos cunha cinta ata onde nos tocaba a nós traballar na árbore.
Con papel de seda e celofán verde cubrimos a nosa parte da árbore.
Cando rematamos o noso traballo, levámosllo os nenos e nenas da outra aula, menos mal que están ó lado porque pesaba tanto que o tivemos que levar entre todos e todas.
Cando eles remtaron a súa parte, e xa tiñamos a árbore "toda verde", todos xuntos comezamos a facer adornos para pendurar nela.
Entre todos e todas, pensamos e falamos, sobre que cousas poderían serir para "adornar" a nosa árbore, e acordamo-lo seguinte:
Algúns fixeron cintas con papel:
Outros bolas con papel de aluminio (que gardamos das merendas), celofóna e gomets.
E outro equipo se encargou de facer estrelas, usando "unhah plantilla"
Cando un remataba o seu, poñíao na árbore.
Tamén tivemos que pintar unha árbore xigante de papel, para empregala na nosa obra de teatro no "Festival de Nadal".
E claro tamén tivemos que recortar os "adornos" e animais que necesitabamos para ir pegándoos no mural, durante a nosa obra de teatro.
Así foi a nosa interpretación da obra de teatro "A árbore de Nadal" no Festival. Vedes porque necesitabamos unha árbore, adornos e regalos para "pegar" con belcro?
Cun cartel de "BO NADAL" feito por nos, rematamos de decorar o noso corredor.
Tamén participamos no "mural colectivo" xunto a outros compañeiros e compañeiras do colexio, coas nosas estrelas brillantes (con purpurina)
Quixemos poñelas arriba de todo, como si estivesen no ceo.
O último día de clase, despois de asistir a unha sesión de contacontos, fixemos xogos na aula todos xuntos.
E tamén tivemos a nosa festa de "Nadal".
Menos mal que non se nos esqueceu escribirlles as nosas cartas os Reis Magos/Papa Noel.
(2009-2010) Refacemos o mural dos números "xigantes" e levamos libros da biblioteca do colexio.
Como fixeron obras na aula, tiveron que quitar o mural que tiñamos cos "números xigantes", así que decidimos facelo de novo, pero dun xeito distinto.
O primeiro foi medir canto papel necesitabamos, a un dos de tres anos ocurríuselle contar cantos "pasos" de papel nos facía falta, así que decidimos usar a súa idea.
Medimo-los "pasos" do papel, cortámolo e levámolo entre todos ata a aula.
Xa na clase comprobamos se estaba ben medido, e descubrimos que "dependendo de quen medira os pasos saía dun ou doutro tamaño", polo que non servía a idea para medir o papel.
O final decidimos empregar a "o metro" porque "sempre mide o mesmo" sen importar que o medira.
Entre todos escribimos no encerado os números que queriamos poñer no mural, tivemos algunha discusión sobre onde poñer o cero, pero ó final acrodamos "poñelo antes do 1".
Coloreamos os números.
Recortamos círculos de papel vermello usando un modelo.
E pegámolos debaixo de cada número.
Con gomets convertímo-los en "caras".
Levamos libros da biblioteca do colexio.
Cada venres levamos un libro da biblioteca para a nosas casas, pero non sempre os collemos da biblioteca da nosa clase, ás veces tamén os levamos da biblioteca do colexio, que están no piso de arriba.
Cada quen escolle o libro que quere, "da zona amarela" que son os libros que nos "tocan os de infantil", e méteo na súa carpeta.
Para levamos para casa, non temos que notalos nun papel, como cando os collemos da clase, senón que un profe o fai no "ordenador", nos temos que dicirlle o noso nome e o "número que ten o libro".
E listo, xa o podemos levar.
(2009-2010) ¡Atopamos cartas no noso buzón! e facemos a "caixa dos segredos"
Un día despois do recreo descubrimos que no noso buzón había unha chea de cartas.
A encargada descubriu que cada unha tiña un dos nosos nomes, así que supuxemos que serían para cada un de nos, e comezamos a repartilas.
Todos comezamos a abrir a nosa carta, e dentro ¡había unha postal moi bonita!, dentro viñan escritas algunhas cousas.
Cada quen preguntoulle ó profe o que poñía alí, e puidemos ver como abaixo de todo estaba o nome do neno/a que nos escribira a carta desde a outra aula.
Agora nos tamén lle queremos responder escribindolles outra postal. Xa vo-lo contaremos.
A caixa dos segredos:
Como sempre tiñamos problemas cos xoguetes que traiamos da casa, porque os colliamos sen permiso do dono, se perdían, rompían... pensamos en que podiamos facer para solucialo.
Despois de falar sobre o problema, acordamos que podiamos facer unha caixa "dos segredos", onde cada quen poidera meter as súas cousas.
Todo o que houbera dentro dela non pode ser collido máis que polo seu dono, ou a aquel ó que lle dera permiso de usalo.
Para que todos souberan cal era a caixa, escribimos un cartel co nome da caixa.
Puxemo-la enriba da mesa do profe
E comezamos a gardar cousas dentro dela.
(2009-2010) Escribimos tarxetas de Nadal ós compañeiros/as de Infantil 2
Esta semana ó chegar a clase atopámonos cunha pequeniña sorpresa: había un paquete envolto en papel regalo, esperándonos na alfombra,
e viña acompañado dunha carta, que enseguida limos, coa axuda da profe, para saber de qué se trataba.
Era do trasno Serafín, contándonos que como sabía que nos queríamos escribir cos compañeiros, e como se achega xa o Nadal, pois nos deixaba unha morea de tarxetas postais e sobres para felicitarlles o Nadal ou contarlles o que quixéramos.
Raúl S., que estaba de encargado ese día, abriu o paquete e enseguidiña se puxo a repartir as tarxetas e Aroa repartiu os sobres para poder gardalas dentro unha vez escritas.
A profe nos propuxo que para que ningún neno e nena da outra clase quedara sen tarxeta, podíamos botar a sortes a quén escribir, cada un a un neno/a diferente.
E a verdade é que aínda que non a todos nos tocou con quen non gustaría ou cos que son máis amigos, todos tan contentos.
Outro día o adicamos a "pensar" qué escribirlle ó noso destinatario e dictarlle á profe Ángela o que finalmente decidimos.
Xa noutro momento distinto, descansados e sen tensión por pensar qué poñer, nos adicamos a escribir individualmente a nosa "felicitación".
Poñíamos nela a data, o texto e a nosa firma, cada un á súa maneira, en función do "momento" ou etapa do proceso de lecto-escritura no que se atopaba.
Texto dunha nena de 3 anos
("HOLA, FELICIDADES PORQUE VIENE PAPÁ NOEL, LE VOY A PEDIR A PAPÁ NOEL UN CABALLO")
Texto dunha nena de 4 anos (HOLA, QUE TE TRAIGAN REGALOS LOS REYES, ADIÓS).
Texto dun neno de 5 anos ("HOLA, SÉ QUE TE GUSTA LA NAVIDAD, Y PAPÁ NOEL TE PUEDE TRAER MUCHOS REGALOS. FELIZ NAVIDAD").
Xa rematadas todas, faltaba metelas no sobre, pegarlle un selo, que mercou a profe para todos- como tiñamos moitos tamén quedamos nós con un, lle puxemos o nome e nos fixamos que tiña debuxo e números
e por último poñer o nome do neno o que lle escribíamos, pois non fixo falla poñer a dirección xa que as tarxetas eran para os nosos amigos "veciños" e o buzón o tiñan moi preto da súa clase,
mirade, mirade
Para escribir os nomes dos nenos da outra aula, temos na clase uns listados con nomes de nenos e profes onde podemos copialos e ver qué letras teñen,
E por fin levalas ó buzón, qué emoción!!
Os nenos levaron unha sorpresa enorme, lles gustaron moito as felicitacións, e como seguro que nos queren contestar, nos tamén fixemos o noso buzón,
Mañá buscaremos entre todos un lugar ónde poñelo e xa sabedes, podedes escribirnos cando queirades!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 100
- 101
- 102
- 103
- 104
- 105
- 106
- 107
- 108
- …
- seguinte ›
- última »