Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil, infantil 1, infantil 2 , Infantil xuntos

(2009-2010) Asistimos á obra de teatro "El gusanito que quería volar"

O Xoves 13 de maio, xunto cos compañeiros e compañeiras da outra aula, e os da "Escola de Fragas"; asistimos a unha obra de teatro en Pontevedra.
 
A obra titulábase "El gusanito que quería volar" e pertence as actividades organizadas por Caixanova.
Coma sempre, tivemos que ir en autobús ata aló, eso si todos moi sentados e agarrados para non "caernos" nas curvas.
 
 
 
Cando chegamos sentámonos, xunto con outros colexio, no teatro e agradamos a que comezase a función.
 
 
Puidemos ver como o "gusano de seda" quería conseguir unhas as para poder voar, e como se atopaba con moitos insectos que hai nas fragas.
 
 
Cando rematou a obra, saímos do teatro, pero aínda tiñamos que camiñar un pouco pola cidade ata chegar ó "parque de Barcelos" onde iamos merendar.
  
 
 
Cando rematamos de merendar estivemos xogando no parque, era tan grande e tiña tantas cousas que o pasamos de medo.
 
 
Como chegaba a hora de marcharse, tivemos que camiñar outro pouco ata chegar ó autobús, que nos agardaba "o lado da policía".
Ademáis pasamos polo lado do colexio de Pontevedra, que imos visitar moi pronto.
 
 
Xa estabamo chegando, alí estaban os coches da policía así que o autobús tiña que estar moi preto.
 
 
Por se queredes ver un resumo da obra á que aisistimos, en internet atopamos este vídeo da mesma.

(2009-2010) Comezamos a traballar as Letras Galegas participando nun xogo de pistas

A semana pasada tivemos unha sorpresa, a profe Ángela trouxo uns sobres que dentro contiñan algo escrito: eran pistas sobre algo que había que atopar dentro da clase.

Nos agrupamos por parellas e cada parella era a encargada de descifrar unha pista e atopar o misterioso "obxecto".

Algunhas pistas as lían nenos ou nenas que saben ler eles sos, outras entre todos e outras a profe,

Aquí está Raúl lendo a do seu equipo, e o lugar misteriosos resultou ser

debaixo do proxector de luz; ´

outros buscaron debaixo das sillas,

                   

Outros detrás do calendario,

                      detrás do reloxio

                    

outros...

                   

atoparon a súa pista metida dentro dun conto.

O que estaba escondido en cada lugar eran tarxetas con palabras e cada tarxeta tiña ademáis un número.

O seguinte paso era ordealas para ver o resultado final

E así foi quedando,

 

                                                 

 Era unha poesía, que estamos aprendendo e tamén interpretaremos con melodía o día das letras galegas.

E a escribiu Uxío Novoneyra, o homenaxeado este ano polas letras galegas.

 

Uns días antes, a profe amosounos unha foto de Uxío Novoneyra pero sen dicirnos quen era e preguntounos quén podía ser, a qué se podía adicar e por qué.

Estas foron as respostas:

-UN REY PORQUE TIENE UNAS BARBAS COMO UN REY. SE LLAMA MAURICIO.

-CUIDA ANIMALES. UN GRANJERO.

-UN PINTOR.

-É UN MÚSICO. TOCA A GUITARRA. PORQUE ME PARECE A CARA DE MÚSICO.

-É O PAI DUNHA NENA QUE SE CHAMA MARICHUS E QUE SALE NAS TELENOVELAS.

-O PAI DUNHA CHICA.

-TEN CARA DE ALCALDE. POLA BARBA. E TOCA INSTRUMENTOS.

-UN JEFE. LOS JEFES TIENEN BARBA.

-É UN MÚSICO E TOCA A GUITARRA ELÉCTRICA.

-ES UN ACTOR.

Finalmente resolvimos a dúbida descubrindo quen era en verdade. Agora estamos facendo retratos del, e algúns traballiños relacionados coa súa biografía.

Tamén empezamos a facer un proxecto sobre "o comic".  Todo xurdiu a partir dun debuxo dun cuco (o cuco do que fala a poesía), do que saía unha especie de globo onde había letras (aparece nunha foto máis arriba) e a profe explicounos que iso era un "bocadillo" como os dos comics.

Como nos fixo moita gracia nos tamén probamos a facer bocadillos con textos, elixindo a 2 compañeiros e creando un diálogo entre eles, e como a todos nos gustou moito a actividade e o tema dos comics suscitou moito interese estamos continuando a traballar nelo.

Dentro de pouco vos contaremos o que fixemos!

 

 

 

 

(2009-2010) Facemos un regalo de barro para o día da nai

Como regalo do día da nai, que tiñamos marcado no calendario, falamos que fariamos un bote feito con barro.

O primeiro foi anotar todo o que iamos necesitar por se tiñamos que mercalo ou buscalo no almacén.

Por equipos encargámonos de escribir unha lista das cousas que iamos necesitar.

 

Pegamos a lista no encerado para que "tela sempre a man".

 

 

Antes de comezar era moi importante abotoar ben o mandilón, para non mancharnos moito co barro.

 

Puxémonos mans á obra, ademáis ese día estaba tamén a profe Vane na clase e pudo axudarnos un pouquiño.

 

Cando rematamos puxémolos a secar, seguro que tardaria uns días en estar listo.

 

Días despois, cando xa estaban secos, cada quen decidiu como quería pintar o seu bote. 


E outra vez, tiveron que quedar secando no chan.

 

Cando xa estiveron secos, organizámolos e fixemos unha tarxetiña co noso nome para poñerlle diante e non confundilos uns cos outros.

 

Chegou o momento de decoralo con gomets pola parte de arriba.

 

 

Tan só quedaba envolvelo e que parecese un regalo. escollemos a cor que queriamos para o noso regalo (vermella ou azul).

 

 

Fixemos unha bola de periódico para meterlle dentro e que non rompese polo camiño.

 

Logo puxémoslle o celofán da cor que cada quen elexiu e atámoslle un laciño.

 

Cando o tiñamos listo fómolos colocando onde estaba a tarxetiña co noso nome.

 

Tan só quedaba escribir unha tarxeta de felicitación en cor laranxa e pegarlla no regalo.

 

Xa estaban listos para levar á casa, con moito coidadiño porque se caían ó chan podían romper.

 

 

 

 

 

(2009-2010) Reorganizamos a biblioteca de aula cos novos libros

Hoxe cando chegamos pola mañá descubrimos que non quedaba na nosa biblioteca de aula case ningún libro. O profe contounos que el e a profe Ángela fixeran un intercambio dos libros, para que así as dúas clases tiveran libros novos.

A idea pareceunos fantástica, pero tiña un problema. Onde iamos a poñer agora os libros novos?. Antes cada libro tiña un número e sabiamos onde colocalo, pero agora os novos libros non tiñan ningún número.

Debatimos sobre: como podiamos organizar os libros?

Xurdiron as seguintes ideas:

  • Poñendo carteis co nome de cada libro, pero os demais dixeron que iso sería moito traballo.
  • Poñendo fotos de cada libro, pero alguén alegou que iamos tardar moito en facer tantas fotos e imprimilas, ademáis non ían caber na estantería.
  • Usando números como ata agora, pero apareceu o problema de que na clase de lado tamén ían usar números e "podíamos confundir os libros dunha e outra clase" e sería un lío tremendo.

A idea dos números gustounos á maioría, pero para evitar confundirnos pensamos que nos podiamos usar unha cor e os da outra clase outra.

Agora viña o seguinte problema ¿que cor iamos usar?

 

Pensamos que o mellor era facer unha votación entre catro cores, pegámolos no encerado, lembramos os seus nomes e cada quen pensou o seu favorito.

 

Logo cada quen escribiu nun papel a cor que elexiu, e fixo "o seu voto secreto" e meteuno nunha caixa.

 

E os máis pequenos preferiron pintar o seu voto coa cor que elexían.

 

O encargado do día e un "axudante" que elexiu, encargáronse de recontar os votos para saber que cor fora a gañadora.

Un ía lendo os votos e o outro ía anotando debaixo de cada cor unha raia por cada voto.

 

Cando se remataron tódolos votos, cada quen dixo que cor pensaba que era a gañadora "por tanteo"


Como non nos poñiamos dacordo, decidimos contar os votos e poñerlle debaixo o seu número.

A gañadora foi a cor verde, así que xa sabiamos de que cor ían a ser os nosos números.

Avisamos ós compañeiros/as da outra clase para que non o incluisen na súa votación de cores.

En cada libro fomos pegando un número de cor verde...

 

Eran tantos que chegamos ata o número 83

 

 

Logo escollemos algúsn libros para estar "expostos" nos andeis, poñendo outro número igual en cada sitio.

 

Os demais quedan gardados nunhas caixas para telos ordeados.

 

Así queda agora a nosa biblioteca de aula, ordeada e de cor verde.

Estamos desexando que chegue o venres para poder levar os novos libros para casa.

 

 

(2009-2010) Descubrimos e traballamos coa arcilla

Hai un par de semanas a profe trouxo a clase algo que viña envolto en paquetes, de cor marrón oscuro e que despois de imaxinar un rato, resultou ser "arcilla".

Propúxonos xogar con él, tocalo, facer boliñas, culebriñas, para finalmente facer un traballo que podería ser o noso regalo para as mamás.

Coa mesa lista para amasar, estirar e embadurnarnos co barro, comezamos

A idea consitía en facer un recipiente (que inicialmente ía ser un lapiceiro pero acabou convertíndose en maceta) e para facer o cu tomamos como modelo un vaso de plástico.

Despois había que facer churros ou culebriñas e ir pegándoas unhas enriba doutras

Para pegar unhas con outras tiñamos que usar moita auga. A arcilla moi moi mollada era unha masilla que funcionaba como pegamento.

A medida que iamos acabando as nosas macetas, as iamos deixando a secar nun papel co noso nome para non confundilas

                             

Cando rematamos a primeira vez, nos dimos conta de que tiñamos que seguir colocando máis churros porque senón as nosas macetas maís ben parecerían ceniceiros.

Unha vez rematadas de todo, tocaba pintalas con témpera e cola para endurecelas maís. Cada un elixiu a súa cor e mans á obra,

Bueno, houbo quen as pintou dúas veces pois decidiu que prefería outra cor distinta.

Nos gustou moito pintalas e algúns incluso con varias cores á vez,

A profe propuxo que fixéramos flores con plastilina para decorar as macetas máis todavía,

Por fin tiñamos o noso regalo rematado, só faltaba unha tarxeta de felicitación para as nosas nais. Entre todos decidimos o que lle podíamos escribir, o escribimos todos xuntos para logo xa pasalo á nosa tarxeta.

Tamén decoramos as tarxetas debuxando flores, un neno trouxo un ramo moi chulo e o tiñamos de modelo, como os pintores de verdade!

Gustounos moito o barro ou arcilla así que xa estamos pensando no que podemos facer dentro de pouco con él, xa vos contaremos.

(2009-2010) Novos recantos e materiais na aula

Hai unhas semanas, ó chegar das vacacións de Semana Santa, a profe trouxo a clase un aparello un pouco raro, que si lle dabas a un botón saía luz e colocándoo contra unha parede branca reflexaba a sombra das cousas e tamén ás veces as cores.

Resultou ser un proxector de luz

   

Nel podemos proxectar cousas con distintas formas (temos tapóns das botellas de leite, redes das bolsas de froita, papel celofán de cores que permite que se vexan reflexadas as cores na parede e moitos maís materiais que estamos xuntando).

con él xogamos a facer sombras coas mans, a facer diferentes tipos de caras e despois as representamos na pizarra pois a temos xusto ó ladiño.

e ata xogamos cos animais, a ver as súas sombras en función de cómo os coloquemos.

 

 

Un día pintamos nuns folios de plástico, que se chaman acetatos e pintamos cuns rotuladores especiais, e despois puidemos ver os nosos debuxos reflexados na parede. Toda unha sorpresa!

Como nos gustou tanto pintar no plástico, a profe comprou un plástico enorme para facer unha parede invisible no recanto da casiña e entre todos a decoramos.

Agora non temos fotos dela pero nuns días vola ensinaremos, xa veredes qué chula quedou.

 

Outro día, como algúns nenos trouxeron flores do seu xardín, Ángela propúxonos debuxalas noutro plástico grande, cos rotuladores permanentes para decorar a clase pola chegada da primavera,

    

a idea era representar as que tiñamos na clase, aínda que finalmente fixemos moitas máis e o noso mural quedou moi colorido.

 

Tamén estivemos completando o noso panel dos números (nel tiñamos ata o 31- os días dos meses), os nenos e nenas de 5 esta semana cada día nos puñamos un ratiño a repartirnos números, escribilos, e co velcro e o celo, pegalos no panel,

                     

E continuaremos a facer máis, polo menos ata o 100!

Contarvos tamén que esta semana fixemos intercambio de libros coa clase do lado para o que queda de curso: nós lles deixamos case todos os nosos e eles todos os seus, para así poder desfrutar de novas lecturas, sen  ter que mercar novos libros, compartíndoos.

Así que esta semana non subimos á bibliteca do cole, pois con tantos contos novos na clase todos tiñamos xa claro cal queríamos levar para casa!

(2009-2010) O día do Libro en Infantil 1

Un par de semanas antes da celebración do libro, os nenos e nenas de todo o colexio fumos invitados por parte de Dora Lectora, da Biblioteca do colexio, a traer o noso "libro favorito" da casa, para unha exposición e para que os demais nenos os puideran ver e ler.

 Na clase, a maioria trouxemos o noso, e ata nos fixemos fotos con eles para logo pegar no nos "xornal", xa que era unha noticia bastante interesante.

 Estas son as opinións de todos, sobre os nosos libros e por qué eran os que máis nos gustaban:

SARA- "Os bolechas": porque podo aprender a reciclar.

PABLO P.- "Ratón de campo y ratón de ciudad": porque encántame a tortuga.

DAVID- "El potrillo": porque hay caballos y me gustan los caballos.

ANDREA- "Cuentos para niños de 5 años": porque mi mamá me lo cuenta. El de Hansel y Gretel.

IAGO- "Busca los animales de la granja": porque ten moitos animales e así aprendo cómo se coidan os animales.

RAÚL S.- "Balú": porque me gustan os cans que se chaman balús.

AROA- "Valeria Varita": por la varita mágica, me gusta.

CRISTINA- "Blancanieves": porque me gusta.

PABLO V.- "Coco aprende a leer": porque así sei ler e sei facer letras.

ANA- "Bambi": porque sempre mo conta miña nai".

ANXO- "Aventuras de fábula"- porque hai un león.

ANTONIO- "Cuentos de animales": porque ten moitos animales.

VICTOR- "1001 cosas de piratas"-  porque hay que encontrar cosas y eso me gusta. porque es difícil.

 

Outros días estivemos a falar de por qué se celebra o día do libro, falamos de Cervantes e Don Quijote de la Mancha e vimos no ordenador, buscando en internet fotografías.

Como hai unha poesía que aprendimos e nos gusta moito, a profe propúxonos facer un libriño ilustrándoa e escribindo algunha parte, para celebrar nós tamén O día do libro, que foi o venres 23 e facelo chegar ás familias.

Esta é a poesía:

LA PLAZA TIENE UNA TORRE

LA TORRE TIENE UN BALCÓN

EL BALCÓN TIENE UNA DAMA

LA DAMA UNA BLANCA FLOR.

 

HA PASADO UN CABALLERO

¿QUIÉN SABE POR QUÉ PASÓ?

Y SE HA LLEVADO LA PLAZA

CON SU TORRE

SU TORRE Y SU BALCÓN

SU BALCÓN Y SU DAMA

SU DAMA Y SU BLANCA FLOR.

 

Pegamos no encerado as fotos das cousas que aparecen na poesía, escribindo entre todos os seus nomes,

e logo xa nos puxemos mans a obra, para debuxar, pegar e escribir nas páxinas do libro.

            

 

           q

 

Quedáronnos moi chulos e marchamos todos contentos para casa coa nosa poesía no papel e na cabeza, desexando recitala.

 

 

(2009-2010) Celebrámo-lo día do libro

O día 25 de abril, celebrábase o DÍA DO LIBRO, como non sabiamos porque se adicaba este día os libros e non outro, buscamos en internet cal era a causa.

Descubrimos que o 25 de abril era a data en que morrera un escritor que se chamaba MIGUEL DE CERVANTES, que escribira un libro chamado "DON QUIJOTE DE LA MANCHA".

En internet atopamos moitas fotografías, debuxos e ata un vídeo de "Don Quijote" e o seu amigo "Sancho Panza"

 

Falando sobre os libros que tiñamos na clase, descubirmos un que tiña poesías moi simpáticas sobre animais como as dos monos que querían xelado. Este libro estab escrito por "Gloria Fuertes", esta é a súa fotografía que atopamos en internet.

 


 

Decidimos que podiamos facer un libro cun dos poemas de Gloria Fuertes, o que máis nos gustou foi o do BUHO E A BUHA, que como era moi longo decidimos escoller só esta parte.

 

EL BUHO Y LA BUHA

VIVEN EN EL GRANERO

EL BUHO Y LA BUHA

PUSIERON UN HUEVO

EN EL HUEVO HAY UN BUHO CHICO

EN PRIMAVERA NECE  EL BUHITO

CON OJOS GRANDES 

Y MUCHO APETITO

 

O primeiro que fixemos foi debuxar as "escenas" do que pasaba no poema, que xa sabiamos de memoria, así que foi doado de facer.

 

Logo escribimos debaixo de cada debuxo a súa parte da poesía, con axuda do profe ás veces cando era moi longo, e claro tamén lle puxemos os números a cada páxina.

 

Logo só quedaba escribir o nome da "autora" da poesía. JAVI deuse conta de que o podíamos copiar do libro porque o nome dos escritores sempre sae na portada xunto ó título.

Así que decidiu escribilo no encerado para todos puideran copialo.

 

Pegamos a foto de Gloria Fuerte, que atoparamos en internet, no noso libro e escribimos o seu nome xunto ó noso.


Agora xa tiñamos o noso libro que levamos para casa para poder lerllo ós noso pais e nais.

Ademáis como era venres, levamos un libro da biblioteca para casa, todos queriamos levar o libro de Gloria Fuertes, pero só o podía levar un. Haberá que esperar a outro venres.

(2009-2010) Investigamos sobre os tipos de casas

 ASÍ SON AS NOSAS CASAS:

Un día falando na asamblea un compañeiro contounos que tiraran unha pared da súa casa, para construir unha nova, a patir de ahí xurdiu un diálogo sobre como eran as casas nas que vívía cada un.

Pareceunos que sería boa idea que cada quen trouxese unha foto da súa casa para que todos puidesen vela, pero mentras, cada quen podía debuxala para que os compañeiros e compañeiras puidesen imaxinala.

 

Escribimos unha nota para levar a casa, e ós poucos días xa tiñamos algunhas fotos na aula. 

 

Para poñer tódalas fotos, acordamos xunto cos compañeiros/as da outra aula, facer un mapa de Campo Lameiro de modo que cada quen puidese poñer a súa foto no lugar onde vivía.

 

Para debuxar o mapa, cubrimos a P.D.I. cun papel branco, buscamos en internet un mapa de Campo Lameiro, e con rotuladores fomos debuxándoo sobre o papel.

 

Logo xa co papel na aula, repasamos con témpera o debuxo que fixemos do mapa, marcamos de cor azul a parte que se correspondía co Río Lerez, porque a auga do río sempre se ve de cor azul.

 

Fomos buscando no mapa os lugares onde vivía cada quen, nalgúns casos tivemos que buscar nunha lista porque non recordabamos ben como se chamaba o sitio onde vivía cada quen.

Cada quen pegou a súa foto e puxo o nome do seu pobo "debaixo", e aqueles que non trouxeron a foto puxeron só o seu nome. Os profes tamén puxeron as súas.

 

Nalgúns casos, como viviamos no mesmo sitio escribimos o nome do pobo  "entre varios".

 

 

Cando tiñamos as fotos e os nomes dos pobos xa pegados, decidimos pintar os "sitios" que estaban fora da raria negra de "Campo Lameiro", algúns deles xa os coñeciamos e foramos alí algunha vez (Pontevedra, Cuntis, Cerdedo...)


Cando o tivemos rematados "pasámosllo" ós compañeiros/as da clase do lado, que pegaron as súas fotos e puxeron o nome dos "pobos" que faltaban.

Ademáis tamén se encargaron de poñerlle os nomes os "concellos" que estaban arredor de Campo Lameiro (Cuntis, Estrada, Cerdedo, Moraña, Pontevedra e Cotobade)

Agora este mural está na entrada do colexio, para que doso podan velo.


 

INVESTIGAMOS SOBRE OS TIPOS DE CASAS.

Falando de como eran as nosas casas xurdiron varias preguntas sobre "como podían ser as casas". ¿Podían estar no mar?, ¿no alto dunha montaña?, ¿sen paredes?, ¿sen tellado?...

Decidimos buscar "casas de todo mundo" para ver como eran e se tiñan algo "diferente" ás nosas.

Para ir pegando as fotos desas casas pintamos unha "montaña" nun papel de cor azul.

 

Cada quen escolleu a casa que máis lle gustaba, e foi o encargado de pegala na montaña e escribir debaixo o seu nome.

 

Así quedou o noso mural, nas casas descubrimos que algunhas eran altas, sen tellado, feitas de teas, en montañas, dentro dunha montaña...

 

Por último decidimos debuxar e escribir o nome "dos nosos veciños".

 

 

(2009-2010) Participamos no obradoiro de música impartido por Susa Herrera

Durante uns días estivemos "investigando cousas" sobre o obradoido de de música no que iamos participar o 14 de maio.

Neste obradoiro estaría Susa Herrera, que descubrimos era a "compositora" de cancións que xa coñecíamos como a do "Polo Pepe" e "Casimiro o elefante", sobre a que estivemos a traballar.

Cando chegou o día do obradoiro, descubrimos que ademáis de Susa, tamén estaba alí Merchi, as dúas eran moi simpáticas.

 

Tamén estaban alí os compañeiros da outra aula e os nenos e nenas da Escola de Fragas.

 

Cantamos, bailamos, fixemos ritmos e motio máis.


Pasámolo moi ben.

 

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.