Infantil xuntos
(2019-2020) Chega o Nadal: decoramos o corredor, cociñamos turrón e enviamos unhas postais ás nosas casas
Cando chegou o mes de decembro anotamos nos nosos calendarios online que, antes de rematar o trimestre, tería lugar o Festival de Nadal.
Revisando as publicacións do curso pasado contámoslle ós novos compañeiros e compañeiras todo o que fixemos, así que chegou o momento de dedicir como iamos decorar o noso corredor.
Decidimos facer unha árbore de Nadal feita de tapóns, para o que tivemos que escribir unha nota pedíndoos ás nosas familias.
Con todos os que xuntamos fomos construíndo a nosa árbore xigante de Nadal, todo feito de tapóns, que logo entregaremos a unha ONG para que poida usalos para fins sociais.
Ó longo dos días, traballando todos xuntos, demos rematada a árbore ata que quedou así de fantástica.
Cada un dos equipos cooperativos das dúas aulas decidiu como quería facer o seu "adorno xigante para o corredor".
Creamos tamén cintas feitas de tapóns, para pendurar do teito xunto ós nosos adornos xigantes.
Escribimos un cartel que desexaba un BO NADAL a todos os que entrasen no corredor de infantil.
E así de xenial quedou o noso corredor con tódolos nosos adornos listos. Ata o dinosaurio acabou tendo espírito navideño.
Participamos coas nosas fotos nas árbores que estaban na entrada do centro.
Podes ver tódalas nosas fotos desde aquí.
Fotografías individuais para as árbores de Nadal
Creamos as nosas postais de Nadal, escollendo entre os dous modelos posibles... unha vez rematada envaríamola ás nosas casas por correo.
Cada quen foi elaborando a súa postal seguindo os pasos precisos, incluíndo a mesma foto que usaramos para a árbore da entrada, para poñer no seu interior.
Tan só quedaba preparar o sobre, pegándolle un sello o enderezo da casa de cada un e o enderezo do colexio como remitente, na parte de atrás.
Con todo listo fómolas meter no buzón de correos que hai preto do colexio... tan só quedaba agardar a que as recibiramos nas nosas casas.
Aproveitamos a visita para mirar os adornos de Nadal que había preto de alí, no Concello.
Non nos esquencemos de cociñar e probar diferentes "sabores do mundo", nesta ocasión fixemos turrón duro e turrón brando, seguindo os pasos dunha receita.
Tivemos que deixalo "endurecer" durante uns días...
... e finalmente puidemos probalos.
Pero ademais de todo isto, tamén participamos no Festival de Nadal cunhas actuacións e puidemos falar con Santa Claus nunha vídeoconferencia. Podes leelo de seguido:
(2019-2020) Sabores do mundo: cociñamos e probamos novos pratos en novembro
Como xa vos comentamos en entradas anteriores, estamos a descubrir diferentes "sabores do mundo", cociñando platos con diferentes ingredientes:
11/10/19: [Infantil xuntos] (2019-2020) Sabores do mundo: cociñamos o noso primeiro plato do curso: arroz 3 delicias
30/10/19: [Infantil xuntos] (2019-2020) Seguimos a descubrir os “sabores do mundo”: zumes e chulas de cabaza
Nas últimas semanas "descubrimos novos sabores", cociñando os diferentes platos que che contamos de seguido.
INGLESITOS:
Escribimos os nomes dos ingredientes que precisaríamos para facer a receita.
Cada quen elaborou e, por suposto, probou os inglesitos unha vez feitos.
OVOS RECHEOS:
Descubrimos como os ovos, unha vez cocidos, cambian de cor e non rompen ó apretalos.
Pelamos os ovos, preparamos os difentes ingredientes e separamos as claras das xemas.
Creamos o recheo mesturando as xemas dos ovos con atún.
Cada quen "montou" os seus ovos recheos, e probou o resultado final.
UVAS EN ALMIBAR:
Aprendimos a facer "uvas en almibar" con uvas, auga e azucre.
Seguindo as indicacións da recieta, fomos controlando o temo ata que chegase a 5 minutos.
Levamos para casa cadansúas uvas en almibar.
SALSA BOLOÑESA:
Aprendimos a facer un prato típico de ITALIA, a salsa boloñesa que se emprega cos spaguetis.
Analizamos e descubrimos cales son os ingredientes que iamos empregar.
Seguindo as indicacións da receita fomos "triturando" os diferentes ingredientes da salsa, par mestrualos todos.
Tan só había que agardar a que se fixese.
Quedounos deliciosa... e todo o mundo se atreveu a probala, incluso os máis reticentes.
Despois de cociñar e probar cada un dos platos fomos engadíndoos no noso libro de "sabores do mundo", localizando nun mapa a súa orixe.
Aínda nos queda moito por cociñar nos vindeiros meses, irémolo contando en sucesivas entradas.
(2019-2020) Participamos na celebración do Magosto do colexio
Como cada curso participamos na celebración do Magosto organizada no centro.
Despois de mirar na web, como celebramos o Magosto curso pasado, para poder poñer ó día ós novos compeñeiros e compañeiras, comezamos preparar o noso "cesto para as castañas"
Quedaron moi simpáticas con patas e brazos.
Escribimos unha nota pedindo castañas ás nosas casas, para poder celebrar o Magosto.
Pouco a pouco, coa cooperación de tódolos compañeiros e compañeiras do colexio fomos xuntando unha chea de castañas.
Despois de varios días de choiva, por fin chegou o día da celebración. Por mor do mal tempo tivemos que celebralo no colexio e facer os xogos no pavillón, e non cunha camiñada ata o monte, como facemos tódolos anos.
Participamos en diferentes xogos tradicionais galegos no pavillón, dirixidos polos compañeiros e compañeiras de sexto curso.
Xogamos ó pano, ó aro, a unha carreira de canguros (porque os sacos eran moi grandes para nos), a tirar da corda e a encestar castañas.
Rematados os xogos degustamos as castañas asadas, meténdoas nos nosos cestos.
Pasámolo xenial
(2019-2020) Seguimos a traballar cos nosos robots na aula: Agora cos Ozobots.
Nas aulas de infantil continuamos a traballar cos nosos robots, como xa che contamos nas seguintes entradas precedentes.
18/10/19: [Infantil xuntos] (2019-2020) Comezamos a traballar cos nosos robots: mira todo o que pode facer o Beebot
Nas últimas semanas estivemos explorando todo o que podían facer uns pequenos robots que se chaman "Ozobots", que os maiores xa coñecíamos do curso pasado.
Os ozobots seguen liñas de cores e, cunha serie de códigos podes facer que "fagan moitas cousas diferentes".
Despois dunhas sesións de exploración, conseguimos que fosen quen de "recorrer" toda unha palabra desde o comezo ata o fin.
E por equipos tamén demos conseguido que percorrese as palabras que cada equipo decidira escribir.
Había que ter coidado cos trazos que se facían, para que os ozobots "pudiesen velos cos seus ollos".
E por suposto había que poñerse dacordo para que todos traballásemos e participásemos.
Nas vindeiras semanas continuaremos traballando con outros robots na aula. Permanecede atentos a este mesmo blogue.
(2019-2020) Chega o Samaín: así foi como o celebramos e participamos nos obradoiros
Tal como tiñamos anotado nos nosos calendarios online, estaba moi preto a data da celebración do Samaín, e aínda tiñamos moito que preparar para convertir o noso corredor nun lugar "terrorífico".
Queríamos construír unha cabaza xigante, pero ante tiñamos que medir canto papel precisaríamos.
Cun pouco de pintura laranxa, uns ollos vermellos, e uns sacos negros construímos unha cabaza xigante, na que podías entrar dentro, pola súa boca terrorífica.
Así de fantástica quedou, unha vez rematada.
Dentro da cabaza, no teito do corredor, penduramos unha chea de cabazas pequenas, que seguro que comera a xigante ;), feitas con globos e cinta negra.
Escribimos unha nota para pedir ás familias que nos axudaran a facer unha cabaza, para a exposición do colexio.
Pouco a pouco fomos xuntando unha chea de cabazas terroríficas.
Ata puxemos un cartel de "NON TOCAR" para a xente puidese miralas pero con moito coidado.
Creamos tamén a nosa propia cabaza terrorífica na clase, en realidade foron dúas.
O primeiro foi deseñar como queríamos que fosen.
Traballando todos xuntos por quendas demos creado uns calacús terroríficos.
E por fin chegou o día da celebración do Samaín... viñemos todos e todas disfrazados.
Ata o dinosario do corredor se converteu en vampiro ;)
Levamos as nosas cabazas ó lugar reservado na exposición, xunto coas que levaran os compañeiros e compañeiras dos outros cursos.
Así quedou a exposición de cabazas cando xuntamos as de todos os compañeiros e compañeiras do colexio.
Xunto ós restantes compañeiros e compañeiras do colexio, fomos pasando por diferentes obradoiros do Samaín.
Obradoiro de cociña terrorífica:
Obradoiro de manualidades:
Onde fixemos unha pantasma arrepiante.
Tunel do terror e "contos de medo":
Aínda que o tunel non nos deu ningún medo, por certo ;)
Obradoiro do "fotomatón":
Onde cun chroma verde tomámonos fotografías con fondos terroríficos.
Podes ver de seguido tódalas fotografía que sacamos no fotomatón os de infantil.
FOTOGRAFÍAS DE INFANTIL (fai click nas imaxes para ver tódalas fotografías)
Tamén podes ver as fotografías de todo o centro na seguinte entrada:
30/10/19: (2019-2020) Xa dispoñibles as fotografías do Fotomatón dos obradoiros do Samaín. A ver se te atopas
Obradoiro de maquillaxe e votación das cabazas favoritas:
Mentras facían o reconto de votos, durante o recreo, trouxéronos a comida terrorífica, que fixeramos no primeiro obradoiro.
Xa á volta algúns recibimos un diploma de recordo...
E outras foron as cabazas máis votadas polos compañeiros e compañeiras.
Velaquí as afortundas.
Antes de marchar, polo esforzo feito co noso traballo para facer unhas cabazas tan fantásticas, dérononos uns "ollos de chocolate"... estaba asquerosamente deliciosos.
Moi pronto, no bloque de Dinamización do galego, nesta mesma web, poderedes atopar máis fotografías de todo o que fixeron os restantes cursos nos obradoiros do Samaín.
Pola nosa parte... pasámolo de medo.
(2019-2020) Seguimos a descubrir os “sabores do mundo”: zumes e chulas de cabaza
Como xa vos comentamos nunha entrada anterior, estamos a descubrir diferentes "sabores do mundo", cociñando platos con diferentes ingredientes:
11/10/19: [Infantil xuntos] (2019-2020) Sabores do mundo: cociñamos o noso primeiro plato do curso: arroz 3 delicias
Nas últimas semanas "descubrimos novos sabores" con zumes e cociñando "chulas de cabaza" coa chegada do Samaín.
ZUMES:
Con diferentes froitas e unha licuadora creamos os nosos propios zumes.
Preparamos as diferentes froitas ata que as deixamos listas para meter na licuadora.
Cada quen foise encargando de mestruar as froitas para inventar novos "zumes".
Estaban boísimos.
CHULAS DE CABAZA:
Coa chegada do Samaín cociñamos "chulas de cabaza", típicas de Galicia.
Despois de mesturar tódolos ingredientes seguindo a receita na batidora...
... xa estaba lista para meter no forno.
Despois de 30 minutos, que foi o que durou o recreo, xa estabamos listos para, con moldes monstruosos, crear as nosas chulas de cabaza, decoradas con boliñas de caramelo.
Estaban boísimas :)
Engadimos no noso "libro de sabores do mundo" estes dous novos platos que cociñamos, pero que de seguro non han de ser os últimos destes ano.
(2019-2020) Celebramos os aniversarios do mes de outubro facendo unha tarta
Como cada mes, nas aulas de Educación Infantil, celebramos os aniversarios dos compañeiros e compañeiras que cumpren anos no mesmo.
Neste curso aínda non tivéramos ningún, pero como en outubro estaba de cumpreanos CARLOTA, chegou o momento de facer a primeira celebración do curso.
A homenaxeada escolleu a tarta que quería facer, para convidar ós seus compañeiros e compañeiras, do noso libro receitas.
Seguindo os pasos da mesma, foron elaborando a fantástica tarta coa que convidaría a todos os seus compañeiros e compañeiras.
Uns últimos retoques, coa axuda dos compañeiros e compañeiras da clase, e xa estaba lista para meter no frigorífico ata o día da celebración.
Cuns lacasitos para decorala, xa estaba lista para comezar a celebración.
Despois de escoitar como lle cantaba o "cumpreanos feliz" soprou as candea co número de anos que cumplía.
Repartíuna entre os compañeiros e compañeiros das dúas aulas. Encantoulle a todos... Estaba boísima!!!
Ademais os compañeiros e compañeiras da súa aula agasallárona cunha camiseta "personalizada".
Agora temos que agardar a que pase un mes para celebrar novamente unha festa de aniversario.
(2019-2020) Comezamos a traballar cos nosos robots: mira todo o que pode facer o Beebot
Como viñemos facendo en anos anteirores, este curso continuamos a traballar cos nosos "robots educativos" na aula. Todo isto foi o que fixemos con eles ó longo destas últimas semanas.
O primeiro foi "presentarlles" tódolos robots que temos nas aulas de Infantil, ós novos compañeiros e compañeiras, quenes puideron coñecer como se chamaban e explorar como eran libremente.
Nestas primeiras sesións de robótica, descubrimos xunto cos novos compañeiros e compañeiras todo o que podía facer un deles "o BEEBOT".
Recorreu camiños máis ou menos complicados, ata chegar ó seu destino, programando os seus movementos previamente.
Tamén xogamos a programalo para que "tirase torres moi altas", para o que tivemos que calcular tanto tiña que avanzar para poder tirala abaixo.
Logramos que pasase por debaixo dun "tunel" sen destruilo.
Percorreu labirintos complicadísimos, grazas ó ben que "codificamos" os movementos na nosa programación, calculando as cantidades, movementos e xiros precisos.
Ata logramos que o beebot percorrese un longuísimo camiño, desde unha parede da aula ata a outra.
Para elo, entre todos e todas, por quendas, fomos tirando o dado e movendo o Beebot a cantidade que saíse. Eso si lembrándose de borrar "a programación que tiña antes" antes.
Cando chegou ata o final, fixemos que percorrese o camiño "marcha atrás", pasando por debaixo das nosas pernas.
Nas vindeiras semanas continuaremos a traballar co Beebot, o Probot, os Ozobots e o M-Bot... outros robots que xa iredes coñecendo por todo o que vos vaimos contando neste blogue.
(2019-2020) Sabores do mundo: cociñamos o noso primeiro plato do curso: arroz 3 delicias
Este curso, continuaremos a cociñar unha vez á semana nas aulas de infantil. Neste ocasión tentaremos cociñar receitas de comida de "platos de todo o mundo".
Comezamos co "arroz 3 delicias" de China.
Fomos empregando as cantidades de cada ingrediente que facían falla, para ter as "3 delicias"
Sen esquecernos, por suposto, do arroz que había que medir en "vasos" ó igual que a auga.
Unha vez cociñado, cada que foi "preparando" o prato ó seu gusto, engandindo "as delicias que quería" ;)
Estaba boísimo!!!
Anotaremos este plato no noso dosier de "sabores do mundo", que iremos completando ó longo do curso. Nel ademais de localizar nun mapa a orixe do plato, engadiremos outros aspectos culturais da zona.
(2019-2020) Participamos nas actividades do Día europeo da arte ruprestre no parque arqueolóxico de Campo Lameiro
O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR) de Campo Lameiro, que está moi preto do noso colexio, convidounos a participar o pasado 10 de outubro nas actividades do "Día europeo da arte rupestre".
Despois dunha curta viaxe en autobús, chegamos xunto ós compañeiros e compañeiras de todo o colexio ó PAAR.
Alí recibiunos Juan, quen sería o guía da visita dos de infantil.
Comezamos a visita mirando un "petroglifo falso", que fixeran fai uns anos para poder tocar, era o único que se podía tocar posto que non era de verdade.
Logo vistamos outros petroglifos moi interesantes, como o do "CERVO" do que descubrimos moitas curiosidades.
Logo camiñamos ata atopar unha reconstrución dun poboado prehistórico. Alí aprendimos moitas cousas de como vivían.
Antes de continuar, unha pardiña para tomar a merenda.
Continuamos participando nun obradoiro de pintura prehistórica, para o que tivemos que crear a nosa propia pintura.
Mesturándoa con auga quedou lista para poder usala.
Tamén fixemos o noso propio debuxo da visita que estaba a punto de rematar.
Cunha foto de grupo como despedida rematamos a visita.
Podes atopar máis fotografías desde saída na galería fotográfica, directamente desde aquí.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »