Blog da biblioteca
(2023-2024) Revolucionarias, un proxecto co que poñemos en valor o 8M durante todo o curso
No CEIP Plurilingüe Pedro Antonio Cerviño temos a firme convicción de que a igualdade non é un traballo dun día, nin tan sequera dun curso... é un traballo que debe estar presente na escola todos os días. E iso mesmo é o que quixemos plasmar co noso proxecto "Revolucionarias", que enmarcamos dentro das actividades de IGUALA-T, o CPInclúe que traballamos este curso na escola.
Para os que xa sodes habituais das nosas entradas no blog da escola, saberedes que estamos a crear un espazo de igualdade no centro onde contamos con infografías, contos, revistas, libros de consulta... e demáis material audiovisual sobre igualdade. Complementariamente, dende setembro estivemos a elaborar uns carteis informativos sobre mulleres "revolucionarias" que cambiaron a historia, e que compartiremos a final de curso, de xeito que poidamos amosar todos os avances que puidemos facer.
Pois ben, co 8M a volta da esquina, chegou o momento de poñer os nosos coñecementos a proba. O xeito de facelo, foi cambiando a dinámica habitual, e eses carteis que completamos co nome de mulleres revolucionarias, cambiou para convertirse nun traballo de investigación no que, toda a escola, tivo que investigar cales foron as aportacións de 44 mulleres revolucionarias na historia. Deste xeito, todos os compañeiros e compañeiras poderíamos aportar o noso graniño de area para o que se viña.
Unha vez tivemos a información, cada clase reuniuse para compartir o que descubriron sobre as mulleres que investigaron nas súas casas. De feito, nesta ocasión quixemos poñer o acento en aprender sobre as aportacións de mulleres racializadas, cuxas aportacións sufren todavía unha maior invisibilización.
Dende aquí, unha vez máis, queremos agradecer as familias a súa colaboración con esta actividade, axudando ao alumnado na búsqueda de información. Un acto tan simple como colaborar nestas actividades, amosa aos nenos e nenas a importancia da tarefa que tiñan entre mans. De feito, esa importancia reflexouse no momento en que o alumnado compartiu todo o que aprendeu.
Pero isto non é todo! Pois o alumnado de quinto e sexto, tiña unha tarefa directamente relacionada con isto. Eles e elas foron quen, coa axuda das nosas xeniais profes de PT e AL, Marta e Zaira, traballaron na radio para grabar toda a información recollida en audios que máis adiante tería unha utilidade, a pregunta... é cal e esa utilidade?
Chegamos así ao día 8 de marzo, onde en cada clase apareceron dous obxectos: unha folla chea de carteis violetas e unha tablet. Resulta que por todo o cole apareceron códigos QR que contiñan información moi importante... Podedes imaxinarvos cal era? Sí, eses audios grabados polo noso alumnado de 5º e 6º extendéronse por todo o cole para crear unha gran xincana na que todos os cursos competiron para ver quen podía atopar máis. Aprendemos sobre mulleres revolucionaria, traballamos a lectoescritura, colaboramos entre nós, pasamos un bo rato; e o que é máis importante, continuamos traballando a igualdade de xeito activo e práctico.
Unha vez recopilamos todos os QR, chegou o momento de poñer a guinda ao pastel. Visto o ben que funcionou a actividade entre o alumnado, parecíanos o máis normal abrir este coñecemento sobre mulleres revolcuionarias a toda a comunidade educativa. Por iso, elaboramos este mural tan chulo, onde co noso teléfono podemos escanear os QR cos audios do noso alumnado para correr a voz da importancia silenciada que as mulleres tiveron e siguen tendo na historia.
Pasamos un traballo enorme, pero tanto a temática como o resultado merecen a pena. Pero a nosa labor non remata aquí, de feito non rematará ata que vivamos nun mundo onde a igualdade sexa real, efectiva e accesible a todas as mulleres independentemente da súa etnia, relixión ou cultura.
( 2023-2024 ) VISITA Á ESCOLA INFANTIL " A GALIÑA AZUL"
Dentro do programa BIBLIOTECAS SOLIDARIAS,integrado no PLAN LÍA, organizamos unha actividade no que o alumnado participou no deseño e organización de actividades de acompañamento na LECTURA a outros nennos/as neste caso, da ESCOLA INFANTIL A GALIÑA AZUL.
Elexiron a lectura: " MINICOELLO NON SE PERDEU", prepararon os diálogos que lles tocaban a cada un, e... alá vamos...
Tamén houbo tempo para recordar o paso pola escola destes maiores... coas anécdotas que lle pasaron a cada un/unha...
E, aínda nos botamos uhas risas:::
( 2023-2024) APADRIÑAMENTOS LECTORES
Retomamos os apadriñamentos que tanto a maiores coma a pequenos/as lles gustan tanto.
Esta vez mediante o xogo de xuntar parellas, cada participante tiña que buscar a súa parella no curso que se lles asignou...
E, así, despois de visitar a biblio para atopar o libro adecuado á idade do afillado, ou tamén tendo en conta os gustos literarios do mesmo, o seguinte foi buscar un lugar para estar ben agusto, para comezar as lecturas...
Que gusto dá velos/as así de concentrados/as!!!!!!!!
A actividade realizarase un día á semana na HORA DE LER.
(2023-2024) DÍA DE ROSALÍA
Como xa vén sendo habitual cada 23 de febreiro, adicamos uns minutiños a recordar á nosa ROSALÍA...
Participa nesta actividade todo o centro, os máis cativos poñéndolle cor a unha data en branco e negro. O alumnado de 1º e 2º recitando un dos seus fermosos poemas. Os/ de 3º e 4º cantando " Adiós ríos, adiós fontes", e os de 5º e 6º ademais de poñerlle cor ao seu nome, nos refrescaron a memoria contándonos a súa biografía...
(2023-2024) 30-1-2024 - O mellor guerreiro do mundo
Polo Día da Paz o alumnado de 3º e 4º de primaria gravou na nosa radio o conto: "O mellor guerreiro do mundo".
Agardamos que vos guste!
(2023-2024) Educación, o noso dereito e o noso deber
Convivencia está de volta! Arrancamos o segundo trimestre cunha actividade que require moita puntería, concentración e reflexión; nada máis e nada menos que para celebrar un día tan importante como o Día da Educación. Como xa sabedes, a educación é un dereito, pero tamén é un deber da infancia. Polo que a premisa coa que traballamos foi... Cales son os deberes dos nenos e nenas?
Anteriormente, traballamos os dereitos da infancia, creando uns globos nos que manifestamos cales son os dereitos de todos os nenos e nenas. Por suposto, facendo especial fincapé no tema da igualdade e o respeto a diversidade. Pois ben, nesta ocasión, a aprendizaxe a realizar foi que os dereitos levan consigo certos deberes, e que estes están estreitamente relacionados. Así que... Que fixemos? "Reventar" os globos dos dereitos para ver que deberes van asociados aos mesmos.
Enchemos o corredor de globos, preparamos cestas de dardos e cada clase foi recollendo e reflexionando sobre os distintos deberes da infancia. Foi unha actividade que levou consigo un amplio proceso de reflexión sobre dereitos e deberes, pero no que ademáis traballamos as habilidades motrices, a puntería, o traballo en grupo... E o máis importante, o pasamos xenial participando nela.
Agora si, temos claro cales son os nosos dereitos e deberes e comprendemos o importante que é telos presentes. Seguinte paso? Loitar por unha sociedade na que se respeten e todos os nenos e nenas teñan acceso aos mesmos.
(2023-2024) Calendario de Advento rupestre 2023
Ao longo dos meses do primeiro trimestre, estivemos a traballar conxuntamente co persoal do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro para crear un Calendario de Advento rupestre. A idea era que cada aula se fixera cargo da elboración de tres xogos con temática rupestre, e que logo ese xogos se convertiran en agasallos para outros compañeiros e compañeiras da escola. De ahí que, baixo a coordinación das dinamizacións de biblioteca e convivencia, comezamos a traballar en crear os distintos xogos.
Despois de moito traballo, a idea era que cada día do mes de decembro se descubrira un xogo novo relacionado co mundo da arte rupestre. Así, dende o día 1 de decembro iriamos abrindo e xogando aos xogos elaborados polos alumnos/as do centro. Pero aínda non sabiamos de que xeito podíamos gardar todos os agasallos que tiñamos preparados, así que decidimos construir unha aldea de Nadal en miniatura que, nos seus fogares, escondía agasallos para todos os nenos e nenas da escola.
O resultado foi espectacular, pois creamos dende pasapalabras, pasando polo comecocos ou o tres en raia, ata a creación dunha zona de excavación arqueolóxica. E para que todos e todas o puideramos desfrutar, o Porco Espín Serafín, a mascota da nosa biblioteca, elaborou un calendario para a apertura dos agasallos cada día de decembro. E a continuación, dende a dinamización da convivencia, organizáronse sesións de xogo conxunto entre aulas, onde cada grupo explicou como se utilizaban os xogos... Procurando reforzar as relacións entre o noso alumnado, coa nosa biblioteca sendo o centro neurálxico para o desenvolvemento desta actividade. De feito, velaquí podedes ver un vídeo resumo de todo o que fixemos. Esperamos que vos guste!!!
(2023-2024) Poesía por e para elas (25-N)
Ola a todos e todas! Quizais o vichedes xa a través das nosas redes sociais, pero para os que non estades por eses lares, compartimos aquí a nosa actividade para conmemorar o 25-N: "Poesía por e para elas".
En primeiro lugar, queremos deixarvos aquí un video elaborada polo Concello de Campo Lameiro, onde dende os distintos organismos públicos se fala da importancia que esta data ten na nosa forma de entender a educación. Ademais, en el a nosa directora explica en que vai consistir esta actividade e podedes ver o material que elaboramos para a celebración.
Agora si, entrando de cheo na actividade, o que fixemos foi utilizar o recurso literario da poesía para dar voz a aqueles mulleres que xa non a teñen. Quixemos dedicar uns poemas as víctimas, pero uns poemas escritos por mulleres para visibilizar tamén a figura de todas aquelas escritoras que non sempre reciben o recoñecemento que merecen.
Así que elaboramos un mural super chulo en cartón, que puideranos servir de escenario e como mural onde expor os nosos poemas. Polo que chegada a data, reunimos ao cole ao completo para facer o recital de poesía para toda a comunidade educativa.
Unha vez toco organizado, cada curso escolleu unha representante para ler o poema que máis gustou da súa clase. Foi un recital cargado de emocións, e onde tivemos a oportunidade de reflexionar sobre o que está pasando para que aínda teñamos que seguir celebrando esta data. E por suposto, co desexo de que a situación da violencia de xénero remate para poder vivir en igualdade real.
E para rematar, xuntamos todos os poemas e os puxemos na entrada da biblioteca para poder disfrutar deles todos os días.
Con isto despedimonos, non sen antes compartir un extracto dun dos poemas compartidos por unha das nosas alumnas:
"Nin sumisas,
nin escravas
sempre libres
e empoderadas."
(2023-2024) Día Mundial da Infancia, aprendendo e reflexionando sobre os nosos dereitos
Xa estamos de volta cunha nova actividade de dinamización de convivencia, en colaboración coa nosa estupenda biblioteca escolar. Queredes saber en que consistiu.
Pois ben, como xa saberedes todos e todas, este curso estamos a tope co CPIncúe: Iguala-T, polo cal imos traballar o tema da igualdade, tanto dende a perspectiva de xénero como racial. Por tanto, quixemos aproveitar o Día Mundial da Infancia (20 de novembro), para aprender más sobre o que son os dereitos da infancia, e debatir entre todos e todas as aulas se na actualidade todos os nenos e nenas gozan do exposto na Declración de Dereitos da Infancia.
Como o fixemos? Moi sinxelo. En primer lugar, buscamos información na nosa biblioteca, na que atopamos un libro que foi perfecto para esta ocasión: "Declración de los Derechos del Niño" de Jordi Sierra I Fabra e Christian Inaraja. Neste libro puidemos atopar nun formato moi fácil de entender, con rima e unhas ilustracións chulísimas, todo o que necesitabamos saber para por en marcha esta iniciativa.
Tendo toda a información necesaria, o seguinte paso foi a exposición en cada aula da temática. Cada grupo debatiu e falou acerca destes dereitos, e por suposto, a súa importancia para asegurar unha igualdade real entre todos os nenos e nenas, independientemente da súa procedencia, etnia, sexo, condición... Un debate que deixounos unhas reflexións moi interesantes, e que preparounos para a elaborción duns globos moi especiais.
Sintetizando todos os dereitos en dez, repartímolos a dous por aula, e cada grupo indagou sobre os escollidos. Despois, tomando un extracto do libro antes mencionado, escribimos nuns globos de cartolina en que consiste cada dereito, e fixemos unha lectura simbólica en gran grupo como posta en común do noso traballo de investigación.
Unha vez rematada a posta en común, puxemos os globos na entrada do colexio, de xeito que poidamos ter presentes os nosos dereitos todos os días, cada vez que poñemos un pé na escola. Pero xa nos coñecedes, simplemente pegar os globos non era suficiente. Así que unha cordiña por aquí, uns debuxos por alá, uns recortes por ahí... e ao final, coa axuda das nosas mestras e mestres que son unhas artistas, rematamos por facer un mural chulísimo entre todos os cursos.
(2023-2024) XESTIÓN EMOCIONAL. Límites sen dramas.
Charla-coloquio para familias na que, a nosa psicopedagoga de cabeceira Gloria Fontán, nos trae un tema moi interesante: Como establecer límites evitando os dramas ( na medida do posible)
Profunda reflexión: Como poñemos límites??? Hai acordo nestas medidas???? Hai coherencia?????
De todos/as é ben sabido que os límites son necesarios... pero ás veces resulta taaaaaaaaan difícil...
Moitas grazas a todos/as os que participástedes desta charla, necesaria, recomendable e moi útil, porque os fillos/as chegas ás nosas vidas sen libro de instruccións.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »