Blog de dinamización da lingua galega
(2022-2023) Traballamos a "Química emocional" coa nosa táboa periódica das emocións
Xa vai algo de tempo da nosa última publicación sobre o proxecto de emocións que estamos a desenvolver como parte do noso proxecto de biblioteca, pero todo é por algo, e neste caso débese a que estivemos argallando unha nova actividade. Queredes saber cal é? Pois ben, nesta ocasión ocurriusenos mesturar ciencia e emocións, e como resultado elaboramos unha taboa periódica de emocións que nos será de gran utilidade para axudar a poñer nome as nosas emocións.
Pero a idea vai máis alá de simplemente colocar os nomes de cada emoción na parede. Nesta ocasión quixemos que o colexio ao completo fose partícipe deste recurso tan especial. Así que a totalidade do alumnado recibiu unha emoción, coa que traballou para expoñer na taboa periódica escribindo o seu nome, deseñando a sua abreviatura e decorandoa ao seu gusto.
Unha vez as recolectamos todas, os nenos e nenas das distintas aulas acudiron ao taboleiro do noso pasillo para ir poñendo a súa emoción. Deste xeito, pouco a pouco, fomos completando a táboa periódica ao mesmo tempo que buscamos o xeito de organizar as emocións según a categoría na que á incluímos: medo, amor, alegría, tristeza, asco, sorpresa...
E así, despois de moitas voltas, conseguimos rematar a nosa táboa periódica. Quizás non sexa o máis bonito, ou as letras sexan distintas, ou haxa erros na elboración... Pero iso é xusto o que buscabamos; que ademais de aprender as emocións, representase a diversidade entre os nenos do noso colexio, e que cada vez que a vexamos poidamos ver un anaquiño de nós dentro de este traballo que tanto disfrutamos facendo.
(2022-2023) - TRABALLANDO AS EMOCIÓNS COAS FAMILIAS
O 18 de abril tivemos a seguda charla-coloquio coas familias a cargo da psicóloga Gloria Fontán sobre "AS EMOCIÓNS "
A experiencia xoga un papel fundamental na vivencia de cada emoción, por eso resulta imprescindible que as familias saiban recoñecer, entender e actuar ante as emocións que surxen ao noso arredor e, en especial, as do nosos fillo/as
Deste xeito, falamos da confianza, de canto custa gañala e con que rapidez se pode perder. Pero tamén nos falou da escoita activa, de coherencia, de honradez...
Grazas a todas as persoas que vos acercastes a esta charla porque dende a escola sabemos o importante que é saber educar, tamén en emocións...
2022-2023 TRABALLAMOS AS EMOCIÓNS CO ALUMNADO
Seguindo co noso proxecto da biblio : " LENDO EMOCIÓNS ", esta vez foi o turno do alumnado, guiados da man de Gloria Fontán
O alumnado dende infantil ata 6º de E.P. participou nunha serie de actividades dirixidas ao recoñer, entender, e actuar ante as emocións que sentimos a cotío...
Tamén Gloria lles propuxo algunha actividade de traballo en grupo, e resolución de problemas...
E, para rematar, un reto para facer en grupos...
Cómo conseguir facer o cadradro máis grande con 8 folios...
Algunhas das solucións que aportaron foron XENIAIS!!!
(2022-2023) Un gran recital de poesía no colexio
Ola a todos e todas! Estamos de volta cunha nova actividade, esta vez como parte da celebración do "Día Mundial da Poesía". Nesta ocasión, e en colaboración coa biblioteca do noso centro, levamos unha actividade na que continuamos traballando as emocións, ao mesmo tempo que damos a coñecer distintos poetas e poetisas de renombre.
Cal é a actividade? Moi sinxelo, fixemos un sorteo entre as clases onde a cada alumno e alumna asignouselle un compañeiro/a de outra clase. Unha vez feitas as parellas, explicamos a tarefa: buscar ou crear unha poesía curta para regalar a esa persoa. Así que ao longo das semanas previas, fixemos visitas a biblioteca para buscar e ler libros de poemas que nos deran ideas para o regalo. Unha vez feito, despositamos os poemas na "Maleta Poeta", e agardamos ao 21 de marzo para vaciar o seu contido.
Chegado o día, os alumnos e alumnas se xuntaron por aulas (1º e 2º cos compañeiros e compañeiras de 3º e 4º; e Educación Infantil cos compañeiros e compañeiras de 5º e 6º).
E procedemos a entregar os poemas que fixemos, para levar a cabo recitais de poesía onde todos e todas disfrutamos de versos tanto de creación propia, como dalgúns autores e autoras coñecidos (e non tan coñecidos).
Deste xeito, non solo aprendemos máis sobre un xénero literario que as veces temos algo olvidado, senón que ademais reforzamos os lazos de amizade, continuando a nosa labor de crear un clima de convivencia cada día un pouco mellor no centro.
Apertas, risas, rimas... Foi un día cheo de emocións, onde todos e todas, tanto mestres e mestras como alumnado, marchamos a casa cun sorriso de orella a orella!
(2022-2023) O 8M é violeta e verde
Ola a todos e todas! Estamos de volta cunha nova publicación, esta vez para contarvos como pasamos no noso colexio a conmemoración do 8 de Marzo: Día da Muller.
Tras baraxar distintas propostas, ao final nos decantamos por celebrar a vida de mulleres ecoloxistas, que non sempre recibiron a visibilidade que merecen. Deste xeito, non só puxemos en valor o seu traballo, senón que aprendemos que unha soa persoa, cos seus actos, pode cambiar o mundo.
Para comezar, cada aula seleccionou a unha destas mulleres, co compromiso de investigar sobre as suas vidas e o seu traballo; co fin de elaborar un cartel informativo.
Unha vez o tivemos feito, pasamos á segunda parte da actividade. O propio día 8 de marzo, colgamos os carteis no exterior das aulas, de xeito que todos os compañeiros e compañeiras do colexio puideran apreciar os resultados de cada investigación.
E isto non é todo, ademais de compartir o cartel co resto do colexio, tamén fixemos un pequeno cambio ao nome das nosas aulas. Decidimos facer desaparecer as habituais placas co nome dos cursos, para renombralas co nome das mulleres que investigamos. Deste xeito o recordo do seu traballo poderá extenderse máis alá do 8 de marzo.
E xa con todo preparado, chegou o momento de dar a volta ao cole e aprender sobre a vida de Berta Caceres, Rachel Carson, Jane Goodall, Wangari Mathai e Vandana Shiva. E o fixemos de mans dos mellores expertos e expertas posibles... o propio alumnado!
Pero isto non é todo. Como acto simbólico para poñer un lazo de oro á conmemoración do 8M, e poñendo en práctica as ensinanzas sobre ecoloxía das mulleres antes mencionadas, levantamos no noso patio unha cabana de vimbio vivo. Unha cabana dentro da que nos poidamos sentir en contacto coa natureza, pero a mesmo tempo libres, protexidos e protexidas; e sen diferencias. Aportando así o noso graniño de area a un mundo máis verde, pero tamén máis igualitario.
(2022-2023) XORNADAS DE BENESTAR EMOCIONAL
Dentro do proxecto de biblioteca " LENDO EMOCIÓNS " e tendo en conta a necesidade de favorecer o benestar emocional na nosa comunidade educativa, estamos organizando unha serie de programas dirixidos ao profesorado, alumnado e familias.
Dada a importancia e relevancia que temos na educación do alumnado, consideramos necesario dotarnos de ferramentas e recursos para establecer unhas relacións interpersoais baseadas no respecto e nunha boa xestión das emocións.
Comezamos os profes cunha xornada de formación impartida por Gloria Fontán, do gabinete GAPEFA...
O obxectivo principal é potenciar o desenvolvemento das competencias da intelixencia emocional necesarias para mellorar oo benestar emocional.
Perseguimos tamén mellorar o autocoñecemento, favorecer a autoregulación emmocional, aumentar a autoestima, xerar empatía etc...
A metodoloxía está baseada en actividades de debate e reflexión, role plays, xogos etc...
EXITO rotundo na primeira sesión co profesorado!!!!
2022-2023 APRENDEMOS A RECICLAR
Saber reciclar todos os resíduos, respectar o medio ambiente e coñecer que podemos facer para preservar a nosa natureza foi o cometido da charla que o alumnado de 3º,4º,5º e 6º tiveron esta semana no centro.
Debemos educar á seguinte xeración para que non cometa os mesmos erros e educala para construir un mundo mellor e máis sostible...
Aprender a reciclar pode resultar fácil e divertido... se o facemos como un xogo.
Debemos ensinarlles a xerar menos basura...
A separar resíduos e reutilizar...
E aínda que xa temos un composteiro no cole, construimos un, vacío eso sí...
A ver se aportando un pouquiño cada un, conseguimos que o noso planeta sexa verde de verdade!!!!!
(2022-2023) San Valentín non so é para os namorados!
Ola a todos e todas! Como ben saberedes xa, o día 14 de febreiro celebramos San Valentín, ou como tamén se coñece, o día dos namorados e namoradas. Esta celebración fixo que no cole nos fixesemos unha pregunta... De verdad este día e solo para as persoas namoradas? Que hai do amor hacia as nosas familias? Que hai do amor aos nosos amigos e amigas? E as nosas mascotas?
Así que, como parte do noso proxecto anual sobre as emocións, decidimos traballar o amor da mellor forma que se pode practicar, vivíndoo. De ahí que o día 14, en cada unha das clases do colexio houbese sobres, cun bombón de chocolate pegado en cada un deles; e unha tarxeta cun nome dentro. A dinámica foi moi sinxela: coller un sobre, ler o nome da persoa a que vai dirixido e entregarlle o bombón. No momento de entregalo, dedicamos a esa persoa unhas palabras positivas, unha dedicatoria ou resaltamos unha cualidade positiva do compañeiro ou compañeira en cuestión. E a vista esta que lles encantou!
Pero os nenos non foron os únicos que o pasaron ben facendo esta actividade. Os mestres e mestras do colexio tamén tivemos o noso momento; e sen dúbida recibimos o mellor regalo que poderiamos ter: unha escola onde todos e todas nos queremos e respetamos.
E sen máis que dicir, despedímonos agardando impacientes polo próximo San Valentín para repetir esta actividade! Coma sempre, se queredes ver máis fotos desta actividade podedes facelo na súa carpeta correspondente na nosa galería.
(2022-2023) Entroido 2023: Un destile de emocións [vídeo]
Tamén podes ver tódalas imaxes do desfile, e da festa posterior cos postres do Entroido, no seguinte álbum da galería fotográfica.
Álbum da galería fotográfica: (2022-2023) Desfile do Entroido 2023
(2022-2023) ENTROIDO: Serafín manda traer posto.
Ao longo desta semana de Entroido o Porcoespín Serafín manda que tariamos....
Revisa esta páxina para ver o día anterior, que escolle cada grupo.
LUNS (Proposta de Educación Infantil)
MARTES (Proposta de 1º e 2º)
MÉRCORES (Proposta de 3º e 4º)
XOVES (Proposta de 5º e 6º)
VENRES:
DESFILE DE ENTROIDO "AS EMOCIÓNS"
POLAS RÚAS DO CONCELLO A PARTIR DAS 12:00 HORAS
Degustación de postres típicos do Entroido, aportados polas familias, ao rematar.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »