Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil 2

(2023-2024) Xa atopamos tódalas respostas na nosa investigación sobre "Os peixes". Podemos comezar a traballar na creación do álbum e do vídeo.

Podes ver os pasos previos desta investigación nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blog:

30/11/23: (2023-2024) Decidimos investigar sobre "os peixes" e damos comezo ao noso primeiro proxecto do curso 

26/01/24: (2023-2024) Continuamos a investigar sobre os peixes e xa temos as primeiras respostas ás nosas preguntas 

14/03/24: (2023-2024) Continuamos coa nosa investigación sobre os peixes e atopamos novas respostas

     

Nestas últimas semanas rematamos a nosa investigación sobre "Os Peixes".

Deste xeito, atopando tódalas respostas, temos feita a primera parte do noso "Proxecto de traballo"; e xa estamos listos para crear "os álbumes de peixes" e o "vídeo" que nos plantexaramos ao comezo do mesmo, como obxectivo e produto final.

    

Xa sabemos como nadan os peixes, atopamos a resposta lendo a información, e mirando un vídeo, que se atopaba no  recanto de información "virtual".

    

Fomos escribido o que facían os peixes para poder nadar.

    

Imitámolos "nadando" polo chan da clase.

    

Tan só quedaba reflexalo, entre todos e todas, no mural da investigación.

   

E así quedou unha vez rematado, respostando de paso,  a outra da preguntas que tiñamos previstas: "para que usaban as aletas"

   

Para investigar "de que tipos podían ser os peixes", novamente traballamos en "gran grupo", empregando información escrita e visualizando vídeos, no  recanto "virtual" de información.  

Discriminamos non  vídeo, a información relevante (que nos interesaba para a nosa pregunta), do resto de información que íamos escoitando.

   

Contamos o descuberto no mural da investigación.

     

Incluímos o código QR dun vídeo, dun dos poucos peixes que poden vivir tanto en auga doce como en salgada.

      

Finalmente así quedou reflexado no mural.

     

Por último, investigando por equipos cooperativos, e buscando no material impreso do recanto da investigación, descubrimos tódalas cores que podían ter os peixes.

Anotándoas primeiramente nunha folla por equipo, para logo "compartir" os descubrimentos cos restantes compañeiros e compañeiras.

 

   

Para plasmalo no mural da investigación, acordamos que o mellor sería pegar a fotografía dun peixe de cada cor, e escribir debaixo o nome da mesma.

    

Comprobamos que non se nos esquecera ningunha cor, controlándoo na folla nos que os anotara cada equipo. 

   

E así quedou finalmente reflexado no mural da investigación.

   

Deste xeito atopamos as respostas á tódalas preguntas que anotamos ao comenzo da investigación e, co mural completo, podíamos dar por rematada esta primeira parte do "Proxecto de traballo". 

    

No seguinte vídeo, podes ver como quedou o mural da investigación completo, con tódalas preguntas respondidas.

    

Agora xa podemos comezar a elaborar os produtos finais que nos marcáramos ao comezo do Proxecto de investigación:

    

Ademais tamén iremos elaborando o dossier individual, onde plasmaremos todo o que fomos aprendendo, e que temos anotado no mural da investigación.

   

Como sempre poderedes estar ao tanto de todo isto nas sucesivas entradas que iremos publicando neste mesmo blog.

(2023-2024) En marzo, sucedeu ademais todo isto en Infantil 2

No mes de marzo, en INFANTIL 2, sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

22/03/24: [Infantil xuntos] (2023-2024) Celebramos os aniversarios do mes de marzo 
14/03/24: (2023-2024) Continuamos coa nosa investigación sobre os peixes e atopamos novas respostas 
06/03/24: [Infantil xuntos] (2023-2024) Creamos unha fraga máxica e participamos nas actividades so Salón do Libro 2024

   

Pero ademais tamén tivo lugar todo o que vos contamos de seguido:

Cada día o encargado ou encargado/a continuou a ser o/a responsable de completar o calendario online, levar a cabo os rexistros e outra chea de responsabilidades.

 

     

Para celebrar e traballar o 8M buscamos códigos QR, de mulleres relevantes ao longo da historia.

Blog da biblioteca (2023-2024) Revolucionarias, un proxecto co que poñemos en valor o 8M durante todo o curso

    

Participamos nun obradoiro de manualidades con "cartón", xunto aos compañeiros e compañeiras de todo o colexio. 

Nel creamos un fantástico monicreque.

Blog da biblioteca (2023-2024) OBRADOIRO DE CARTÓN

   

Estrenamos unha nova casa-cohete, que eliximos e mercamos  coa opinión de todos e todas.

     

Plantamos e coidamos cebolas no invernadoiro, que xa medraron moitísimo nestas tres semanas.

     

Asistimos como público,  aos partidos do "deporte escolar", para animar aos compañeiros e compañeiras do noso colexio, que competían contra os do colexio de Tenorio.

 

        

Continuamos a completar a noso dicionario xigante, empregando a aplicación online do dicionario, coas imaxes e textos das nosas palabras favoritas. 

   

Continuamos a participar nos "apadriñamentos lectores",  organizados pola Biblioteca do centro. Cada semana os compañeiros e compañeiras de 3º e 4º veñen a lernos contos.

     

Cada venres participamos co préstamo de libros para casa, os venres, empregando unha aplicación que podes atopar no recanto de infantil. 

   

Seguimos coa nosa colaboración na elaboración dun menú semanal saudable, xunto cos compañeiros e compañeiras de todo o colexio. 

Podes velos todos no botón que atoparás na parte dereita desta web. 

   

 Por quendas seguimos a levar a mochila "de lecer" para as nosas casas.   

    

Asistimos ao musical do "Rei León" en Vilagarcía de Arousa.

     

Continuamos a explorar as nosas posiblidades creativas pintando con témpera.

    

Antes de rematar o trimestre elaboramos noso boletín de auto-avalación, onde nun dos seus apartados "escollimos" entre todos e todas, as "cousas boas" que nos gustan de cada un dos nosos compañeiros e compañeiras.

    

E deste xeito remata o mes de marzo, e este segundo trimestre... voltaremos con novas "aventuras" á volta das vacacións de "Semana Santa".

(2023-2024) Continuamos coa nosa investigación sobre os peixes e atopamos novas respostas

Podes ver os pasos previos desta investigación nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blog:

30/11/23: (2023-2024) Decidimos investigar sobre "os peixes" e damos comezo ao noso primeiro proxecto do curso 

26/01/24: (2023-2024) Continuamos a investigar sobre os peixes e xa temos as primeiras respostas ás nosas preguntas 

 

Nas últimas semanas continuamos co noso proxecto de investigación sobre os "Peixes", buscando as respostas a varias das preguntas que aínda quedaban por respostar. Para elo empregamos a información que tiñamos tanto no noso recanto de información "virtual", na web do colexio (recanto de infantil); así como libros e diferentes documentos impresos, no recanto da información da aula.

   

Descubrimos algunhas das causas polas que poden morrer os peixes, acordando de que xeito o plasmaríamos no mural da investigación.

   

Para outra das preguntas pendentes, "Por que morren fora da auga?", atopamos a resposta descubrindo como respiraban. Atopamos a resposta, discriminando a información que nos interesaba do resto; nun dos vídeos do noso recanto de información "virtual".

       

Entre todos e todas acordamos como contalo no mural, tanto o modo en que respiraban, como a razón pola que morrían cando estaban fora da auga. 

    

E así o reflectimos no mural da investigación. 

     

Tamén descubrimos, a través da visualización doutro vídeo, de que modo nacen os peixes; tal como o tiñamos escrito na lista do que "queríamos saber".

    

    

Así o contamos no mural, tal como acordáramos entre todos e todas.

    

Pouco a pouco imos completando o mural da investigación, coas repostas que imos atopando ás respostas plantexadas.

   

Aínda nos quedan varias preguntas por respostar, que iremos investigando nos videiros días.

Como sempre poderedes estar ao tanto do que sucede en futuras entradas do blog.

  

  

   

  

(2023-2024) E ademais, no mes de febreiro, sucedeu todo isto en infantil 2

No mes de febreiro, en INFANTIL 2,  sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

  

Pero ademais tamén tivo lugar todo o que vos contamos de seguido:

Cada día o encargado ou encargado foi o/a responsable de anotar o  calendario online, levar a cabo os rexistros e outra chea de responsabilidades.

     

Por quendas seguimos a levar a mochila "de lecer" para as nosas casas. 

   

Seguimos coa nosa colaboración na elaboración dun menú semanal saudable, xunto cos compañeiros e compañeiras de todo o colexio. 

   

   

Participamos nos "apadriñamentos lectores",  organizados pola Biblioteca do centro. Cada semana os compañeiros e compañeiras de 3º e 4º veñen a lernos contos.

 

Continuamos a completar a noso dicionario xigante, empregando a aplicación online do dicionario, coas imaxes e textos das nosas palabras favoritas. 

      

Cada venres participamos co préstamo de libros para casa, os venres, empregando unha aplicación que podes atopar no recanto de infantil.

     

Participamos nas actividades organizadas no Centro polo "Día de Rosalía de Castro", onde descubrimos moitos datos da sáu vida, e escoitamos algúns das súas creacións.

   

Xogamos con Abby nosa "auxiliar de conversa" a xogos en inglés moi divertidos.

 

      

Tamén creamos o noso traballo para visitar ao LOBO ORBIL, no Salón do Libro de Pontevedra, que xa vos contaremos nunha futura entrada, cando participemos nas actividades organizadas alí.

Tal vez che interese coñecer como usamos os "carnets QR" na aula, podes facelo na seguinte entrada:

Así empregamos a aplicación do calendario, diccionario e bliblioteca online nas nosas rutinas da aula

(2023-2024) Experimentamos con aceite e colorante, e contámolo nun vídeo. Ques velo?

Este mes experimentamos con ceite, e colorante. Descubrimos que non se mesturan por moitos que o tentes e queda en "burbullas" sobre a auga. Contámolo todo nun vídeo para que poidas facelo tamén na túa casa.

O primeiro foi plantexar hipóteses do que se podería facer con ese material, en que orde se faría? que sucedería ao final?

   

Exploramos sensorialmente os materiais do experimento, ulindo, tocando...

    

Comprobamos que ao mesturar o colorante co aceite quedaba en boliñas

  

E que por moito que o remexeses non era posible mesturarlo. 

   

Chegou despois o momento de que cada equipo cooperativo repetise os pasos do experimento, e observase os resultados...

    

...todos comprobaron que sucedía o mesmo.

    

Rematado o traballo, cada equipo levou a cabo a súa auto-avaliación figuroanalóxica. 

       

Xa de modo individual completamos os nosos respectivos cadernos de campo, co observado no experimento.

   

Este mes correspondíanos a nós, INFANTIL 2,  crear o vídeo do experimento.

O equipo COCODRILO, encargado nesta ocasión de explicar o experimento no vídeo, elaborou o cartel co material preciso.

Velaquí como quedou o vídeo unha vez rematado

  

Podes ver os vídeos que creamos, de  cada un dos experimentos deste curso, na seguinte ligazón.

Experimentos do curso 2023-2024

  

(2023-2024) E ademais, no mes de xaneiro, sucedeu todo isto...

No mes de xaneiro, á volta das vacacións de Nadal, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

30/01/24: [Infantil xuntos] (2023-2024) Organizamos e participamos na II marcha e carreira solidaria, polo día da Paz 
27/01/24: (2023-2024) Experimentamos con pementa e xabón. Queres saber que sucedeu? 
26/01/24: (2023-2024) Continuamos a investigar sobre os peixes e xa temos as primeiras respostas ás nosas preguntas 
25/01/24: [Infantil xuntos] (2023-2024) Celebramos os aniversarios do mes de xaneiro 

  

Pero ademais tamén tivo lugar todo o que vos contamos de seguido:

Cada día o encargado ou encargado foi o/a responsable de anotar o  calendario online, levar a cabo os rexistros e outra chea de responsabilidades.

  

Participamos nas actividades organizadas no Centro polo "Día Internacional da Educación", onde descubrimos os dereitos e deberes que temos como nenos/as.

     

Continuamos a completar a noso dicionario xigante, empregando a aplicación online do dicionario, coas imaxes e textos das nosas palabras favoritas. 

    

Creamos debuxos xigantes, explorando a nosa creatividade, con obxectos da aula.

      

Que podes ver no corredor de infantil, co título que cada equipo decidu poñerlle. 

    

Continuamos co préstamo de libros para casa, os venres, empregando unha aplicación que podes atopar no recanto de infantil.

    

Participamos na elaboración dun menú semanal saudable, xunto cos compañeiros e compañeiras de todo o colexio. 

   

Continuamos a levar a mochila "de lecer" para as nosas casas, seguindo as quendas marcadas. 

 

    

Ás veces o patio estaba conxelado, e puidemos experimentar coas caracterísiticas do xeo.

 

    

"Xogamos a pensar", usando o diáogo como fonte de información e acordo, nas sesión de "Filosofía para nenos/as".

 

     

Exploramos o noso potencial creativo pintando con témpera.

 

Tal vez che interese coñecer como usamos os "carnets QR" na aula, podes facelo na seguinte entrada:

Así empregamos a aplicación do calendario, diccionario e bliblioteca online nas nosas rutinas da aula

  

(2023-2024) Experimentamos con pementa e xabón. Queres saber que sucedeu?

O segundo gran experimento deste curso precisaría usar xabón, pementa, auga e un prato. Que poderíamos facer con este material?.

Por quendas, e a través dunha choiva de ideas, fomos aportando diferentes teorías do que tería lugar ao mesturar os materiais. Comentamos tamén como pensábamos que era a orde na que tiñamos e ilos mestrurando.

   

Despois de varias probas, descubrimos que unha pouca de pementa, que exploramos sensorialmente, na auga, "fuxía" cando a tocábamos co noso dedo cheo de xabón.  

Chegamos á conclusión de que é o mesmo que sucede coa suciedade cando lavamos as nosas mans.

   

Rematado a experimentación e gran grupo, cada un dos equipo cooperativos organizouse para seguir os mesmos pasos , dialogando e acordando os diferentes roles, para que todo o mundo participase no proceso.

     

Finalmente todos os equipos deron conseguido reproducir os pasos satisfactoriamente, e conseguiron que "pementa fuxira" en contacto co xabón.

    

Despois de levar a cabo auto-avaliación figuroanalóxica, chegou o momento de anotar, nos cadernos de campo individuais, as observacións deste segundo experimento.

    

Nesta ocasión foron os compañeiros e compañeiras de Infantil 1 os encargados de facer o vídeo do experimento. Así de fantástico lles quedou.

  

No próximo gran experimento seremos os encargados de crear o respectivo vídeo; ata entón podes ver os vídeos que creamos, de  cada un dos experimentos neste curso, na seguinte ligazón.

Experimentos do curso 2023-2024

 

   

  

(2023-2024) Continuamos a investigar sobre os peixes e xa temos as primeiras respostas ás nosas preguntas

Podes ver os pasos previos desta investigación nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blog:

30/11/23: (2023-2024) Decidimos investigar sobre "os peixes" e damos comezo ao noso primeiro proxecto do curso 

  

Co paso dos días fomos recopilando moita información tanto non noso recanto de información "virtual", na web do colexio (recanto de infantil); así como libros e diferentes documentos impresos, no recanto da información da aula.

    

A primeira das preguntas que investigamos, todos xuntos en gran grupo, foi saber que "comen os peixes".

       

Acordamos anotalo no mural da investigación deste xeito.

     

No apartado de "Como nos organizamos" fomos anotando o número da pregunta que íamos respostando, tanto en gran grupo, como cada un dos equipos.

  

Novamente en gran grupo buscamos a resposta a se os "tabeiróns comían peixes", que era outra das preguntas que decidimos investigar.

Atopamos a resposta nun dos vídeos do noso recanto virtual da investigación.

     

Despois de discriminar no vídeo, a información que respostaba á pregunta, acordamos como plasmalo no mural da investigación.   

    

E así quedou plasmada a resposta no mesmo.

   

A medida que íamos atopando a resposta a cada pregunta, fomos marcándooa na lista que escribimos ao comenzo.

      

En equipos cooperativos, atopamos a resposta a tres das preguntas que tiñamos plantexadas, acordando cada equipo que fonte de información poderían usar, e como plasmarían a resposta no mural da investigación.

Os peixes fan pis?

    

Os peixes fan caca?

   

Os peixes fan peidos?

    

Así quedou plasmado, coa parte de cada un dos tres equipos cooperativos, no mural da investigación.

   

Finalizado o traballo de investigación destas tres preguntas, cada un dos equipos contoulle ao resto dos compañeiros e compañeiras, o que descubriran na súa investigación. Agora todos coñecemos a resposta ás tres preguntas plantexadas. 

 

Así está de momento o noso mural de investigación, nas vindeiras semanas continuaremos completándoo coa resposta ás diferentes preguntas que aínda quedan pendentes.

   

     

(2023-2024) E ademais... no mes de novembro

No mes de outubro, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

Pero ademais tamén tivo lugar todo o que vos contamos de seguido:

Participamos nas activiades organizadas no centro polo 25N "Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Lendo poesías ao respecto que trouxemos da casa

  

Participamos nas activdades do aniversario da "convención dos dereitos do neno e da nena", escribíndoo algúnd eles en globos e léndoos, xunto co dos compañeiros e compañeiras de todo o colexio.

    

Continuamos a completar a noso dicionario xigante (e individual), empregando a aplicación online do dicionario, coas imaxes e textos das nosas palabras favoritas.

    

   

Asistimos, en Pontevedra, a unha fantástica actuación musical no edificio de "A Fundación"

     

Comezamos a levar para casa, por quendas, os venres a mochila viaxeira. Grazas ao Beebot sorteamos a orde en que as iremos levando ao longo do curso. 

   

Despois de debuxar a silueta do profe entre todos e todas, convértimola nun monstruo, no que fomos pegando os nosos medos.

   

Desenvolvimos as nosas habilidades creativas pintando con témpera, seguindo as consignas acordadas, poñéndonos dacordo dentro de cada equipo cooperativo.

Tal vez che interese coñecer como usamos os "carnets QR" na aula, como por exemplo nas rutinas do encargado que continuamos a desenvolver cada día, podes facelo na seguinte entrada:

Así empregamos a aplicación do calendario, diccionario e bliblioteca online nas nosas rutinas da aula

(2023-2024) Experimentamos cun fluído non newtoniano... Queres saber como facelo? Mira o vídeo que creamos

Para o primeiro experimento deste curso empregaríamos o seguinte material: Maizena, auga e un bote...

Que poderíamos facer con todo iso?.

A través do diálogo fomos plantexando diferentes hipóteses sobre o que sucedería ao mesturalos.

     

Exploramos sensorialmente as características físicas da Maizena.

    

Mesturamos os materiais, ata conseguir unha pasta.

   

Descubrimos que se lle dabamos un puñetazo forte quedaba "súper duro", pero se o facías frouxo era "súper brando"

   

Miramos tamén un vídeo no que encheron unha piscina con este "fluido non newtoniano", que así se chamaba segundo nos dixo o profe. Podían camiñar sobre el se daban pasos fortes, pero se daba pasos despacio afundían.

 

   

Nesta ocasión correspondeunos aos compañeiros e compañeiras de INFANTIL 2 crear o vídeo do experimento. Por sorteo correspondeulle ao equipo LEÓN.

Os integrantes do equipo de modo coordinado e acordado, elaboraron o panel dos materiais, que se usaría no vídeo e repartiron que faría e diría cada un na rodaxe do vídeo.

Así quedou o vídeo unha vez rematado, para que poidas repetir os pasos na túa casa. 

  

Tan só nos restaba anotar o observado no experimento, no noso caderno de campo individual.

   

Podes ver os vídeos que creamos, de  cada un dos experimentos deste curso, na seguinte ligazón.

Experimentos do curso 2023-2024

   

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 11 invitados conectados.