Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

quinto, sexto, 5º e 6º xuntos, quinto e sexto

(2022-2023) Graduación 6º

O pasado 21 de xuño celebramos a graduación de infantil e primaria.

O día comezou moi animado cun baile d@s compañeir@s de infantil que puxeron a todo o público a bailar.

A continuación, foi a súa entrega de orlas.

Logo veu o turno de primaria, dos maiores que xa marchan do colexio. Foron el@s @s encargad@s da cerimonia.

Primeiro, as chicas fixeron un baile.

Logo, Jorge e Lois leron unha carta de despedida.

A continuación, fixemos a entrega de orlas.

Despois, vimos un vídeo sobre o seu paso polo colexio. Choramos? Que vaaaaa! :)

Podedes ver o vídeo aquí:

E finalmente, pasamos aos discursos.

Foi un pracer acompañarvos nesta etapa. Ata sempre!!!

(2022-2023) Superamos diferentes retos co M-bot, nas sesión de robótica

Nas sesións da área de Robótica e mellora da CD, tivemos que superar diferentes retos con Mbot, deseñando e reconstruíndoo, como vos inxeñeiros/as, para programalo despois do mellor xeito, que permitise superar o reto.

Traballando en equipos deron superado o reto de "botar aos outros M-bot" fora do círculo, manexándoos en tempo real.

   

Conseguírono deseñado e montado o Mbot, como consideraron, programándoo coas instrucións precisas.

      

Noutro dos retos tiveron que deseñar un programa que, cargado no robot, fixera que percorrera un camiño levando unha pelota.

   

Tras acordar una estratexia de traballo, varios ensaios e erros para calcular a secuencia de instrucións que había que cargar no robot (posto que non se podía manexar nesta ocasión en tempo real); deron superardo o reto plantexado.

   

Nos últimos días, convidamos aos compañeiros e compañeiras de 5º para explicarlles como funcionaban os M-bot... e ata a profe Bea se apuntou a superar o reto.

   

(2022-2023) Ciencias 5° de primaria

O alumnado de 5° de primaria estivo aprendendo sobre nutrición e elaborou un mural para concienciar sobre os perigos do azucre aos compañeiros e compañeiras do colexio.

Tamén puxemos en práctica o aprendido na charla sobre as velutinas e colocamos trampas polo recinto escolar cos nosos compañeiros de 3°e 4°. A misión tivo un gran éxito, xa que logramos parar a construción dun niño primario!

Tamén aproveitamos a actividade de piragüismo dos compis de 6° e aprendemos sobre fauna e flora na propia contorna.

Ata pronto!

(2022-2023) 5º e 6º

Aquí vos contamos algunhas das cousas que estivemos facendo os maiores do colexio.

En ciencias levamos a cabo varios experimentos sobre o crecemento das plantas:

Tamén fixemos experimentos de física

E química

Nas linguas fixemos traballos de investigación

participamos en varios concursos de escritura creativa e mesmo recompilamos propostas para mellorar o colexio e remodelar a nosa nova biblioteca.

Ademais, xa temos en marcha varias tarefas que desenvolveremos no terceiro trimestre. Temos moitas ganas de compartilas con vós!

Ata outra!

2022-2023 APRENDEMOS A RECICLAR

Saber reciclar todos os resíduos, respectar o medio ambiente e coñecer que podemos facer para preservar a nosa natureza foi o cometido da charla que o alumnado de 3º,4º,5º e 6º tiveron esta semana no centro.

Debemos educar á seguinte xeración para que non cometa os mesmos erros e educala para construir un mundo mellor e máis sostible...

Aprender a reciclar pode resultar fácil e divertido... se o facemos como un xogo.

Debemos ensinarlles a xerar menos basura...

A separar resíduos e reutilizar...

E aínda que xa temos un composteiro no cole, construimos un, vacío eso sí...

A ver se aportando un pouquiño cada un, conseguimos que o noso planeta sexa verde de verdade!!!!!

(2022-2023) Arrancamos!

Os maiores do cole xa estamos de volta!

Pouco a pouco fomos collendo a rutina e o ritmo de traballo e podemos dicir que estamos a tope.

Este ano imos facer máis actividades por grupos, polo que comezamos facendo varios retos para aprender a traballar de forma cooperativa.

En ciencias comezamos o curso aprendendo sobre os seres vivos. O que máis nos gustou foi usar o miscroscopio e poder ver o que trouxemos. Incluso vimos un montón de protozoos en acción!

Mención especial a unhas altruístas libélulas, que despois de morrer cedéronlle o seu corpo á ciencia. En agradecemento, fixémoslle un sentido enterro.

Agora mesmo estamos inmersos en varios experimentos sobre plantas.

En lingua realizamos unha entrevista a unha ex alumna do centro: Sofía Gulias Becerra. Encantounos falar con ela, quedamos abraiados cos seus logros e afán de superación. Podedes escoitar o programa aquí.

Tamén celebramos o Samaín, e logo de decorar o colexio e a nosa aula, participamos nos obradoiros que nos organizaron os profes.

Animámosvos a ver a galería de fotos do cole, onde podedes ver moitas máis mostras do noso día a día.

Ata a próxima!

(2022-2023) OBRADOIROS PREHISTÓRICOS

Regresamos á prehistoria con Fátima, que nos trae do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro uns obradoiros de pintura soplada e cerámica que nos encantaron...

(2021-2022) Contacontos

Nos últimos días de colexio o alumnado de 5º e 6º puxo en práctica o aprendido no obradoiro de contacontos con Damián Alonso. Armados cos seus libros favoritos foron ao resto das aulas para compartir un momento agradable de lectura cos seus compañeiros. Fixérono xenial. Parabéns!

(2021-2022) Hai cousas de mulleres e cousas de homes?

Pensades que hai cousas de mulleres e cousas de homes?

Esta semana, nun debate sobre identidade e roles de xénero, demos con esta pregunta.

Tomando como exemplo a roupa, vemos que antigamente o pantalón se asociaba aos homes e unha muller non podía vestilo. Imaxinádesvos o escándalo que provocaron as primeiras mulleres que decidiron vestir pantalón nos anos 30?

Afortunadamente, a día de hoxe isto témolo superado. E hoxe as mulleres somos quen de vestir pantalón se nos apetece. Temos a LIBERDADE de elixir.

Pero, somos libres realmente? Somos libres de ser nós mesmos? Podemos expresarnos libremente sexamos como sexamos? E se somos diferentes? É mais difícil ser un mesmo cando es diferente ao resto?

Aproveitando que o noso proxecto este ano é "Ser diferente é un efecto secundario de ser incrible" decidimos facer un experimento sociolóxico: uns valentes nenos de 5º e 6º decidiron vir vestidos con saia ao colexio e observar as reaccións que provocaban.

Houbo reaccións positivas e negativas. E deunos pena comprobar como eran xulgados. Comprobamos que as persoas, a día de hoxe, non somos libres de expresar quen somos cando somos diferentes. E concordamos en que aínda hai moito por facer en materia de coeducación.

Pero quedamos satisfeitos de remover conciencias, xerar reflexións, e (esperamos) novas apendizaxes.

Ogallá que con xestos coma estes contribuamos a ser cada vez máis tolerantes, respectuosos, empáticos e amables coa diversidade.

Grazas Lucas Fentanes, Lucas Gómez e David Valiño pola vosa iniciativa!

(2021-2022) Carballos

Na aula dos maiores este trimestre plantamos landras. O interesante é que cada un o fixo do xeito que estimaba mellor, anotando o que facía para despois comparar resultados. Algúns saíron xa e outros aínda están en proceso.

Chegamos a varias conclusións:

  • A calidade da landra elixida é importante
  • Hai que regalo a miúdo, pero pouca cantidade
  • Botarlle abono é unha boa idea

Campo Lameiro xa conta cuns cantos carballos máis!

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.