PFPP - Seminario 2
(2018-2019) O profesado descubre o funcionamento de diferentes robots educativos na aula de robótica
Durante as diferentes sesión do seminario de "robótica educativa", dentro PFPP do Centro (Plan de Formación Permanente do Profesorado), o profesorado experimentou e descubriu como funcionan os diferentes robots educativos que temos na nosa aula de robótica.
Enfrontámonos ós mesmos retos que se lle presentan ó alumnado nas sesións-obradoiro de robótica.
E comezamos a preparar a súa participación na "Gran competición" robótica de fin de curso, contra o alumnado de 5º e 6º.
(2018-2019) Participamos nunha docencia-obradoiro sobre e-textiles
Dentro do seminairo sobre "Robótica educativa", o profesorado do centro participante no Plan de Formación Permanente do Profesorado do centro (PFPP), asistiu a unha docencia-obradoiro a cargo de Paola Guimeráns, na que exploraron o potencial educativo dos e-textiles.
Con materiais específicos e outos habituais, descubriron como crear circuitos eléctricos en tecidos, dentro do ámbito STEAM, o cal inclúe aspectos creativos e artísticos ó traballo con STEM no que está presente a robótica educativa.
Velaquí un exemplo do que creamos neste obradoiro:
Agradecemos a Paola a súa implicación neste obradoiro e ter visitado o noso centro para pasar esta tarde connosco.
Máis información sobre e-textiles no apartado documentos da sección PFPP desta mesma web.
(2018-2019) Xa dispoñibles ligazóns ó material e recursos da docencia de Paola sobre e-textiles
Podes atopalos no apartado "documentos" de recanto de "robótica" do PFPP, ou ben directamente desde aquí:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/1696
(2017-2018) Xornada STEM no colexio: participamos en obradoiros con drones, robótica e impresión 3D
Este curso, dentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP), que desde fai varios anos estamos a desenvolver no centro; introducimos a róbotica nas aulas tal como xa vos contamos nesta entrada anterior.
08/06/18: (2017-2018) Estrenamos a nova aula-obradoiro de robótica e traballamos con robots nas aulas.
Continuando con este traballo, e grazas a inestimable colaboración dos compañeiros do SALNÉS CAMPUS (www.salnescampus.eu), puidemos organizar o pasado 12 de xuño unha xornada *STEM no colexio na que puidemos participar todos e todas
Obradoiro de programación e robótica:
No que programamos e traballamos co m-bot, que xa estamos a empregar, xunto con outros robots nas nosas aulas.
Impresión 3D:
Descubrimos como scanear obxectos, e ata o noso corpo, para poder logo imprimilo en 3 Dimensións.
Drones:
Coñecemos e manexamos diferentes tipos de drones no pavillón do colexio.
Máis información sobre o Salnescampus, e as actividades que organizan para rapaces e rapazas en http://www.salnescampus.eu.
Tamén podes atopalos en Facebook en: https://www.facebook.com/SalnesCampus-918097101577516/
En twitter: @salnescampus
*STEM son as siglas en inglés de ciencia (science), tecnoloxía (technology), enxeñaría (engineering), e matemáticas (math), que dentro do traballo levado a cabo nos centros educativos, contribúen ó desenvolvemento da Competencia metemática en ciencia e tecnoloxía.
(2017-2018) Estrenamos a nova aula-obradoiro de robótica e traballamos con robots nas aulas.
Poder ver tamén como foi a xornada STEM que organizamos no colexio nesta entrada:
13/06/18: (2017-2018) Xornadas STEM no colexio: participamos en obradoiros con drones, robótica e impresión 3D
Así quedou o noso, de momento, pequeno recanto da aula-obradoiro de robótica.
- 1 m-bot
- 1 beebot
- 1 pro-bot
- 1 wedo 1.0
- 1 pirámide holográfica
- 1 ordenador
- varios ordenadores portátiles (que pedimos prestados da biblioteca cando fan falta ;)
(2017-2018) Documentos de traballo para a elaboración do currículum de robótica en 4º e 6º
Acceso ós documentos compartidos en Google Drive para a elaboración dos currículos de robótica, como áreas de libre elección de centro, en 4º e 6º de primaria.
https://drive.google.com/open?id=1D7tXGUL_1kGpz2ML50tYpChL0J-9A6Wy
(2017-2018) Dispoñible UDI e documentos de traballo das sesións de robótica (m-bot e m-block en 5º e 6º)
(2017-2018) Remitida por correo a documentación das docencias de Susana Oubiña
A documentación das docencis de Suana Oubiña sobre robótica foi remitida ós participantes por correo, cunha ligazón a unha carpeta en google drive de onde pode descargarse.
Dispoñible calendario para o curso de Arte-terapia
As tres sesións terán lugar en mércores no mes de febreiro con duración de 3 horas, e última de 4.
Consulta as datas e horas no apartado calendario deste apartado do PFPP, ou directamente nesta ligazón:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/1868
(2016-2017) Plan de traballo para o curso "arte-terapia" con Donatienne e Rosa Conca.
De seguido podes descargar, como adxunto, a planificación do curso (de 10 horas) sobre Arte-terapia impartido por Donatienne e Rosa Conca.
Acceso ó blog da ponente.
www .donatiennetheytaz.blogspot.com