Xornal escolar paxina individual
(2021-2022) Recibimos a visita de Sekía, o can guía, no obradoiro organizado pola ONCE
PUBLICADO O 16/10/22
O pasado 31 marzo de 2022 participamos nun obradoiro organizado pola ONCE; dentro das actividades organizadas este curso no Centro, para traballar a inclusión e a valoración das diferencias.
Marian e María, membros da ONCE, viñeron acompañadas do seu can guía, Sekia, para contarnos como é o día a días das persoas con problemas de visión e invidentes.
Os compañeiros e compañeiras dos diferentes cursos foron coñecendo a Sekia, descubrindo como foi o proceso para educalo, e de que xeito axuda ós invidentes a poder moverse.
Tamén experimentamos a usar o bastón branco, que usan os invidentes para moverse. Deste xeito puidemos poñernos na súa pel.
Podes atopar tódalas fotografías deste interesante obradoiro, no seguinte álbum da galería fotográfica:
ÁLBUM: (2021-2022) Obradoiro coa ONCE: can guía
EDITAR ARTIGO
editar admin