Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
Xornal escolar paxina individual
(2020-2021) PFPP - O profesorado fórmase nun seminario sobre a radio escolar no centro
PUBLICADO O 04/07/21
O 5 de maio o profesorado do centro participou na primeira docencia, a cargo de Javier Prado, dentro do seminario sobre a radio escolar, que forma parte do Plan de Formación Permanente do Profesorado do centro (PFPP).
Nesta primeira xornada presencial no centro, deixamos xa listo o equipamento da radio, que nos vindeiros días comezaremos a usar co alumnado como ferramenta educativa.
Comezamos tamén a facer as primeiras prácticas para aprender a usar todo o equipamento, da recén estrenada radio escolar.
A vindeira semana terá lugar a segunda, e última, docencia presencial deste seminario.
EDITAR ARTIGO
editar admin