Xornal escolar paxina individual
CHARLA-COLOQUIO ESCOLA DE PAIS
PUBLICADO O 22/05/17
O pasado día 16 de maio tivo lugar no colexio unha charla informativa a cargo da asociación ADAHPO, á que acudiron nais/pais preocupados pola educación dos seus fillos/as.
Nesta reunión xurdiron moitas preguntas e moitas inquietudes ás que se deron resposta, pero quedamos con ganas de saber máis...
A nosa intención dende o Centro é a creación dun ESCOLA DE PAIS E NAIS que dé resposta a todas esas dúbidas que surxen a cerca da educación dos nosos filos, das súas relacións,etc...Propiciar un maior acercamento dos pais/nais á institución educativa, co fin de lorar un maior compromiso por parte de todos, como axentes formadores dos seus fillos/as.
É importante destacar os beneficios que ten unha escola de pais:
* Os pais que asisten á escola aumentan a súa seguridade persoal.
* Os pais síntense máis satisfeitos co seu papel de primeiros educadores.
* Melloran as súas relacións cos seus fillos.
* Traballan con outros pais para encontrar solucións.
* Descobren novas estratexias educativas para os seus fillos.
Os obxectivos da creación desta escola son:
- Por un lado, brindar aos pais elementos de análisis e reflexión, a través de charlas e talleres especializados para instruirse acerca de como facer máis efectiva a súa labor como pais.
- E, por outra banda, comprometer aos pais de familia na educación directa cos seus fillos, facendo un seguimento máis profundo do comportamento,actitudes,motivación,valores,normas etc...dos estudantes.
MOITAS GRAZAS A TODOS/AS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!!
Volvemos a vernos para o curso que vén...
EDITAR ARTIGO
editar admin