Xornal escolar paxina individual
VISITAMOS O MUSEO DE PONTEVEDRA
PUBLICADO O 05/05/17
No mes de abril, o alumnado de 3º a 6º de E.P. visitamos o Museo de Pontevedra, un percorrido sen desperdicio!
Alí nos estaban esperando para instruirnos cunha visita guiada, a cal comezou coa Idade de Pedra.
Tamén vimos petroglifos, aínda que non tan espectaculares como os de Campo Lameiro!
Logo fomos pasando á Idade dos Metais...
Sorprendeunos o tesouro que gardaban aquelas vitrinas... todo en ouro!!! Con xoias verdadeiramente espectaculares!!!
De alí pasamos á sala de exposicións de pintores galegos...
E... non podían faltar as obras do noso querido Castelao...
Así como algúns dos seus obxectos persoais...
E outros que utilizaba para as súas obras de teatro...
Esta colección, precisamente, pertencía á súa coñecida "Os vellos non deben de namorarse".
E así demos fin ao noso percorrido, recomendándovos non deixar de visitar este interesante museo que temos tan preto.
EDITAR ARTIGO
editar admin