Xornal escolar paxina individual
"O MUNDO QUE QUEREMOS", no Salón do Libro.
PUBLICADO O 04/04/17
O xoves, 16 de marzo, collemos as nosas mochilas, subimos ao bus e dirixímonos a Pontevedra, ao Salón do Libro, como non!!!
Dende os máis pequenos ata os maiores, acodimos o cole ao completo!
E alí esperábanos Orbil, a noso lobo favorito que, como non podía ser doutro xeito... recibiunos con moita alegría!
Unha vez alí, fixemos un taller moi interesante...
E seguimos a nosa visita polas dependencias do Salón...
Fixemos algún que outro experimento...
E tamén participamos nalgúns xogos interesantes...
E finalmente rulamos un pouquiño para gozar de todos os traballos feitos polos coles que participaron no Salón. Había un montón!!!
E non podía faltar a nosa maleta viaxeira de Dora, toda ela chea de marabillas... As Sete Marabillas do Mundo.
EDITAR ARTIGO
editar admin