Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Xornal escolar paxina individual



Xornalistas por uns intres.
PUBLICADO O 13/04/16

En 5º curso, na área de Lingua Castelá, chega a hora de tratar "A noticia"  e, como non podía ser doutro xeito, aproveitamos  este feito para desenvolver unha tarefa e convertirnos en xornalistas por uns intres.

O primeiro paso é coñecer a estrutura fundamental dunha nova: o titular, a entradilla, o corpo da noticia, as ilustracións... Para elo, é importante verlle as tripas a un xornal auténtico...

O segundo paso vai ser que cada un dos grupos pense na noticia que quere dar a coñecer e ir facendo un borrador co deseño da noticia.

Para plasmar as ilustracións decidimos que habería dúas opcións: buscar na rede unha imaxe relacionada coa nosa nova, imprimila, recortala e pegala...

Ou ben debuxar nós mesmos o que queremos representar...

Finalmente, o noso traballo como reporteiros quedou ben plasmado!!

O grupo de "Os fieras" descubrimos nada menos que a tumba de Julio César!!!

"Os Super Stars" colámonos nun cohete!! Toda unha aventura!!!

E...."Os cachondos" demos cun matemático prodixioso, un tal "Simpson"...

Ah, por certo! Non faltou a secuencia dunha nova desgranada polo miúdo, "fotograma a fotograma"!!

Xa so nos queda colocar as nosas noticias na corcheira da aula. Aí van!!!

                                                              



EDITAR ARTIGO

O contido deste xornal online forma parte do sitio web http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho atopándose albergados os seus arquivos no mesmo servidor que a web do centro. Este xornal online forma parte, a tódolos efectos, da citada web do centro.
editar admin

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.