Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

E.F.

(2011-2012) Fin de curso en E.F.: Búsqueda Olímpica

Como remate de curso dende a nosa área preparamos unha búsqueda do tesouro.

Xa que no 2º e 3º ciclo estivemos a traballar unha unidade sobre todo o referente aos Xogos Olímpicos, escollemos este tema para as probas.

Na porta do pavillón empezabamos. Alí esperábanos unha imaxen de Pierre de Coubertain (impulsor da recuperación dos Xogos Olímpicos de Grecia)

Ao lado dela podiamos ler as explicacións da proba que iamos a realizar, as normas no xogo e... a primeira proba a superar coa pista de onde atopar resposta:
 
1º proba :Saberiades dicirme todos á vez a frase de apertura que pronuncia un atleta no nome de todos os demais antes de dar comezo unha Olimpiada? (Poderedes atopar axuda no medio do estadio) 
  
E alí se ían xuntando todos tentando leela e aprendela para dicirlla a mestra. Algúns, buscando recursos, fixeron "chuletas" nas mans,...  hoxe servía todo!

2º Proba: Noraboa.... Mais falta acender a antorcha olímpica. Os deportistas despois lévana, sen se lle apagar, dende ........ ata.......... Pasándoa de un a outro deportista. A éstes chámaselles.................

Vós teredes tamén que dar unha volta ao estadio sen que se vos apague. (A axuda nesta proba atoparédela onde podemos tamén acender algo para tamén que den comezo as nosas clases de ximnasia) Cunha vela de cumpreanos tiñan que facer o recorrido ademais de completar as palabras que faltaban

3º proba: O primeiro día todos os deportistas participantes, máis de 10.000, agrupados por países, dan a volta ao estadio ólímpico coas súas bandeiras. Mais no estadio, ademais de todas estas tamén ondea unha a maiores; é a bandeira...............

(Axuda: hoxe cedo púxenme a lavala no baño pero escapóuxeme a lixivia e blanqueoume de máis, síntoo.... Poderiades pintala correctamente?

 4º proba: O impulsor de que se celebrasen os Xogos Olímpicos foi.................... El estaba firmemente convencido de que o deporte era fundamental para......

(Axuda: toda esta información poderédela ver a través da ventana do director deste centro)

5º proba: Nunha Olimpiada compítese a numerosos deportes, mais todos eles cumpren unha norma para poder ser olímpicos. Cal é?

(Axuda: dentro de onde podedes atopar con que xogar a estas diferentes disciplinas, se mirades cara atrás, atoparedes respostas)

 

6º proba: Estes xogos xurdiron en........... Entre as diferentes probas había ................................. Tamén estaba a de loita. Para elas os deportistas facían algo especial para poder loitar mellor. Se vós tamén o facedes...seguro que teredes mellores resultados!

(Axuda: atoparedes o necesario no lugar onde se preparaban antes de sair a loitar, coma vós antes de comezar a clase)

7º proba: Cando foron as Olimpiadas en España a mascota foi "Cobi". En Londres serán......... e ............... Teredes que facelas vos mesmos axudándovos do debuxo, modelándoas o mellor posible.

(Axuda: O diseñador delas tamén atopou o material orixinal para crealas no esqueleto do antigo estadio. Dentro e debaixo da entrada do noso atoparedes todo o necesario)

8º proba: Por sorte, hoxe en día, xa non se fai ningún tipo de discriminación entre homes e mulleres. E tamén agora poden participar deportistas con calquera tipo de lesión ou deficiencia. Mais eles e elas participan nas .................... Por certo... a unha deportista, practicando Boccia, perdéuselle un dos seus materiais. Se llo atopades agradeceríavolo un montón!

(Axuda: estaba a xogar por última vez pola zona do horto)

9º proba: Coma fin de calquera evento destas dimensións faise unha festa final, con banquete incluido!. Os gregos facíano con iogur, froitas, zumes,...todo moi san. Eles sí que sabían coidarse!

Pero a vós, hoxe xustamente, iso... coma que non, non?

Se queredes banquete

terédelo que atopar!

E moitas mais pistas

non vos vou a dar

Sentádevos a pensar

que Mirón vos vai a axudar

(Tiñan que buscar algo no que sentarse. Unha vez alí verían a seguinte e última pista)

10ª proba: Eu fixen o Discóbolo inspirándome nos deportistas gregos.

Este colexio fíxose inspirándose en......  SORTE!

E por fin algún grupo foi dando co premio final!

 

No 2º ciclo tamén o atoparon... e leron o que poñía.

Por suposto... foron bos deportistas! 

(2011-2012) Saída á Festa do Deporte

Para dar remate a nosa participación durante este curso escolar no Programa Xogade, acudimos á Festa do Deporte que celebramos todos os nenos e nenas dos colexios participantes neste Programa na Carballeira de San Xurxo de Sacos.

Alí fóronnos chamando ao palco por categorías para darnos as medallas como participantes,

 

 os trofeos aos colexios,

 

 e as medallas aos tres primeiros nas diferentes categorías do cross.

Do noso colexio conseguira un primeiro posto Anxo Viaño e un segundo acadado por Arantxa Mirás, os cales recibiron unha medalla de ouro e prata respectivamente.

Ademais tamén estivo unha muller olímpica "Sandra Azón" que competiu en varias olimpíadas en vela e que nos contou a súa experiencia no mundo do Deporte de Alta Competición, recordounos que o importante é participar, esforzarse, nunca olvidar a importancia dos estudos e que se pode con todo. Incluso nos trouxo as súas medallas que gañou en Sidney e ...... Ao final firmounos autógrafos e deunos algunha foto súa adicada.

Tamén tivemos un anaco para xogar e merendar pola carballeira antes de regresar ao colexio.

Ata o curso que ven!

(2011-2012) Deportes Paraolímpicos: Goalball, Boccia...

Los JUEGOS PARALÍMPICOS (Página Oficial de los Juegos Paralímpicos de España)

En este enlace encontraréis toda la información sobre los deportes en los cuales compite un deportista paralímpico, además de vídeos sobre ellos, fotos,...

Además tenéis aquí un vídeo explicativo de cómo se juego al GOALBALL 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 , otro de los deportistas paralímpicos (triatlón) y un último vídeo sobre mujeres paralímpicas.

(2011-2012) Olimpíadas da Antigüedade

Dentro da nosa área estamos a traballar unha unidade no segundo e terceiro ciclo sobre as Olimpíadas.

Dividímola en tres partes: as Olimpíadas na Antigüedade, as Modernas, e as Paraolimpíadas.

Rematamos estes días a primeira parte.

Nela  coñecemos algúns datos interesantes como que ...

-as primeiras celebráronse no 776 a.C. no Santuario de Olimpia en honor a Zeus. Consistira só nunha carreira duns 200 m. vencendo Corobeo -despois fóronse engadindo carreiras máis longas, loitas e o pentatlón (5 probas: lanzamento de disco, de xabalina, carreiras de campo través, salto de lonxitude e loita libre) -tiveron moita influencia no mundo do Arte (por exemplo enn escultura O Discóbolo de Mirón) - celebrábanse no verán cada 4 anos, cunha duración de 6 días, paralizándose durante elas os conflictos bélicos.-competíase espido! Daquela non había problemas coa equipación! -A partir do século II a.C coa conquista de Grecia polos romanos foron transformándose  (loitas a morte entre gladiadores, escravos e prisioneiros,...) perdendo pouco a pouco, ata que o emperador Teodosio rematou abolindo os Xogos.

Tamén fixemos unha pequena simulación de como foran esas primeiras Olimpiadas en Grecia.

- Primeiro acendíase a Antorcha olímpica, tendo coidado de que non se apagase, posto que se isto pasase paralizaríanse todos os Xogos ata os seguintes 4 anos.

O seguinte era explicar as normas que se terían que cumplir durante a celebración das diferentes probas e inaugurar os Xogos con palabras sagradas!

Seguíanlle as carreiras hípicas e disputar o Pentatlón :

Carreiras e Salto de lonxitude

Lanzamento de disco e xabalina

Loita e Carreiras hípicas

O que vencera en máis probas conseguiría a preciada coroa de olivo sagrado.

Como remate celebrábase un gran banquete. Nós tamén, por suposto, o celebramos cun pouquiño dun rico manxar grego: o iogur grego

Só quedaba apagar a Antorcha para así darlle fin a este pequeno periodo de Paz.

(Agora comezaremos coas olimpiadas Modernas*)

(2011-2012) Actividade lúdica Xogade: BÉISBOL E SOFBOL

O pasado venres visitou o noso centro un xogador profesional de Béisbol para falarnos sobre este deporte.

Durante a mañán estivo cos nenos e nenas do 2º e 3º ciclo.

Primeiro deunos unhas pequenas explicacións sobre o Béisbol e o Sofbol, os materiais que se precisan (casco, bate, bola, guante,...),

 

o campo (rombo ou diamante, bases, xardín,...), os distintas funcións dos xogadores ( catcher, pitcher, bateador,...), a técnica do bateo, etc.

Despois pasamos a desfrutar cun pequeno partido entre os dous cursos de cada ciclo en dúas tandas a ver cal dos dous completaba máis carreiras .

Todos pasámolo moi ben con este deporte case descoñecido para todos, salvo os adictos á Wii que o coñecían bastante ben.

Tanto nos gustou que demos a seguinte clase tamén sobre el, para así reforzar un pouco o traballado, e ver distintas maneiras de practicalo aínda sen ter o material necesario.

Así os bates puideron ser as palas de madeira da praia,

 

ou o batebote ( feito cun pau de vasoira e unha botella de 2 litros unidos cun pouco de cinta) 

As bolas sustituímolas polas de tenis que os do 1º ciclo convertiran en pelota cometa, posto que con elas mirabamos mellor a súa traxectoria e así acertabamos máis ao batear.

 

(2011-2012) BEISBOL na escola: 3º, 4º, 5º e 6º

. ¿Coñecedes esta bola?

O próximo venres visitarannos uns monitores para explicarnos en que consiste este deporte.

Podedes atopar toda a información sobre el no seguinte enlace:       O BEISBOL

(2011-2012) Rematamos a participación en Deporte escolar co colexio de Cerdedo

 

O pasado venres saímos a Cerdedo a participar nun novo encontro de Deporte escolar.

Mentras os de 3º e 4º xogaban, os maiores  encargáronse de anotar os resultados .

 Algúns de nós tamén desputamos as partidas de xadrez na biblioteca do centro de Cerdedo.

Para os nenos e nenas de sexto esta foi a súa última participación.

(2011-2012) Facendo pelotas cometa en 1º e 2º curso

Estivemos a crear un material novo para usar nas clases de Educación Física.

Desta vez, os nenos e nenas de 1º e 2º, trouxeron algúns deles bolsas de prástico de distintas cores que cortamos en tiras longas.

Cando xa tiñamos varias tiras cada un, xuntámolas e fixémoslle un nudo.

Coas bolas de tenis vellas que tiñamos, a mestra fíxolle un burato e con axuda dun coitelo de punta redonda meteunos o nudo dentro da pelota.

Así de chulas quedaron.

Agora nas próximas clases imos a facer actividades con elas. Xa contaremos.

(2011-2012) Terceiro trimestre en E.F.: acércanse as Olimpiadas (Londres 2012)

Falta pouco para que den comezo as Olimpiadas.

Este ano celébranse en Londres.

O logo oficial é o seguinte (Se pinchas sobre él atoparás toda a información referente a ela)

.         E as mascotas que nos acompañarán serán estas dúas. Chámanse Wenlock e Mandeville. Se pinchades na súa imaxe poderedes ver un pequeno video sobre eles.

Ao mesmo tempo tamén se celebran as Paraolimpiadas. (Se pinchas neste logo atoparás tamén toda a información sobre elas)

  

No noso centro non iamos ser menos. Así que ídevos preparando para traballar e aprender con actividades referidas a todo o que rodea a unha OLIMPIADA!

Imos ser todos deportistas olímpicos!

(2011-2012) Participación de Deporte Escolar: Soutelo

Este venres 13  saimos todos os nenos e nenas do 2º e 3º ciclo en autobús a Soutelo para participar con eles nun novo encontro de Deporte Escolar.

Desta vez fixemos partidos de balonmán, baloncesto e fútbol de 20 minutos cada un. Estivemos moito máis en campo que nos encontros anteriores co que aínda tivemos máis tempo para aprender e disfrutar.

Por "problemas técnicos" (quedamos sen batería) non temos imaxes, pero podédelas imaxinar (todos saltando de alegría despois de xogar moi ben en todos os partidos e acadar moi bos resultados)

Agora só nos queda xogar co alumnado do colexio de Cerdedo que será o próximo venres 20. Con eles rematamos a nosa participación neste curso escolar.

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 6 invitados conectados.