Blog da biblioteca
Conmemoramos o día da paz
Dende a biblioteca escolar achegámoslle aos nen@s unha escolma de libros que promoven o respeto, a empatía e a solidaridade, libros que promoven valores e axudan a xestionar as emoción. Porque os libros tamén son imprescindibles para promover a Paz.
Tódolos títulos que tratan de desenvolver unha conciencia de respeto e aceptación polos demais foron colocados nun estante ó que animamos a achegarse a todo o alumnado.
2017-2018 IMOS AO CINE!!!!!!!
Dentro do proxecto "1,2,3...RODANDO LIBROS" e para ir abrindo boca, oranizamos dende o equipo de biblio unha sesión de cine. Tratouse, neste caso, dunha peli moi,moi especial e de plena actualidade: COCO
Miguel é un neno que vive co soño de convertirse nunha lenda da música a pesares da prohibición da súa familia. A súa paixón levaráo a adentrarse na "Terra dos mortos" para coñecer o seu verdadeiro legado familiar.
Unha película chea de emocións, sentimentos, moi conmovedora, que a máis de un lle fixo soltar algunha bágoa...
(2017/2018) AS NOSAS MOCHILAS EMPRENDEN A VAXE
E por fin chegou o gran día!!!!!!!
As mochilas póñense en marcha para iniciar un percorrido que todos estabamos esperando.
Van cargadiñas de material: un libro para as familias, un xogo didáctico para entreterse estas tardes de outono en familia, unha peli, unha libreta onde rexistrar a experiencia de cada familia, un libriño para o neno/a..
Dende o equipo de biblio esperamos que a disfrutedes moito!!!!!!
(2017-2018) Celebramos o Samaín participando nuns obradoiros “de medo" e cunha exposición de cabazas
Equipo de Biblioteca. Equipo de dinamización da lingua galega. Equipo para a dinamización das TIC.
2017-2018 DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Ola a todos e todas e benvidos !!!!
Este curso vén cheíño de novidades que vos iremos contando, cantando,proxectando...E, para empezar con bo pé, nada mellor que celebrar o día grande da nosa Biblio...Está Dora Lectora, a nosa mascota, ilusionadísima, porque este curso temos un proxecto de cine fantástico:3,2,1...RODANDO LIBROS
E,para ir ambientándonos e conseguir convertir a Dora nunha gran estrela de cine, proxectamos uns curtos sobre os comezos do cine que nos deixaron a todos....mudos....
Había unha gran expectación.....
E, para rematar, Dora regaloulle a cada aula, un libriño sobre a historia do cine, ademais dun precioso marcapáxina a cada neno/a.
Aiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii...que emocionante vai ser esto!!!!!...Xa vos iremos contando.......
REMATE FINAL: XORNADA DE PORTAS ABERTAS
E,como todo o que empeza se acaba, nós taménrematamos o proxecto da Biblioteca deste curso, coa organización dunha Xornada de portas abertas.
Pero houbo máis acontecementos...a despedida dos alumnos/as de 6º , despedimos tamén ás profes que se marchan, entregamos os diplomas aos colaboradores da biblio...
Pois aí vai en imaxes todo o que aconteceu o último día de curso...
Tamén nos acompañou, para rematar a festa, a Banda de Música de Campo Lameiro, con Eva, a súa Directora...
Bueno, e esto foi todo. No nos queda máis que dar as grazas a toda a comunidade educativa pola implicación na actividades, e desexarvos a todos un feliz e longo verán...
XORNADA PORTAS ABERTAS " AS SETE MARABILLAS". 23 DE XUÑO
Con este tríptico queremos convidarvos o próximo día 23 de xuño á clausura do curso escolar onde faremos unha posta en escena de todos os traballos levados a cabo polas aulas da escola dentro do proxecto do PLAMBE " LEMOS UN MUNDO" e que se concretou na viaxe de DORA LECTORA ás " SETE MARABILLAS DO MUNDO".
Animámosvos a achegarvos ata a escola ese día. Teremos moitas sorpresas. Aí van as imaxes coa información do programa elaborado con moito agarimo para tod@s.
MEMORIA DO PLAN DE MELLORA DA BIBLIOTECA DE DORA LECTORA
A continuación recóllese a mostra de actividades enviada á Asesoría de Bibliotecas Escolares do noso proxecto " LEMOS UN MUNDO" que recibiu unha importante dotación económica para seguir a mellorar a nosa querida biblio de Dora.
Dora está encantada! Leva todo o curso viaxando polas SETE MARAVILLAS DO MUNDO MODERNO e, está a piques de rematar a súa viaxe. Para celebralo, faremos unha XORNADA DE PORTAS ABERTAS na escola o día 23 de xuño para que todos e todas poidades participar de todo o aprendido neste curso en torno a esta temática. Esperámosvos!!!
Se premedes mais abaixo, poderedes ver un folleto virtual coa memoria da que falamos. Bicos e apertas!
https://issuu.com/hypatiadealejandrina/docs/memoria_plambe_apaisada_16-17
RECOMENDACIÓNS LECTORAS REFRESCANTES!!!
Ola Ola Ola.....moitas OLAS na praia imos a coller este verán verdade? E senon no río, na piscina ou mesmo nun tinón de auga que poñamos para refrescarnos, todo vale!!! Aquí vos deixamos para acompañar as tardes UNS REFRESCOS LITERARIOS, con unha coidada selección de títulos que esperamos que sexan do voso agrado, xa que os facemos con moito mimo. Viva o verán e as lecturas REFRESCANTES!
Só tedes que premer no enlace de aquí abaixo e descargar o tríptico coas RECOMENDACIÓNS LECTORAS!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- …
- seguinte ›
- última »