Blog da biblioteca
(2018/2019) Plantando carballos...
O día 21 de marzo celebramos o Día Internacional dos Bosques. Desprazámonos ata a Chanciña onde nos estaban agardando os membros da Brigada forestal e coa axuda que nos ofreceu o Concello, entre todos/as fomos quen de facer unha plantación de carballos ...
Mirade esas cariñas de expectación!!!!
Bueeeeeno, tamén había que regar algo...
Houbo a quen lle costou agarrar da mangueira....
Agora iremos de vez en cando a visitar a nosa plantación, e de paso, miraremos como medran os nosos carballiños...
2018-2019 - CHARLA SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO E ACOSO ESCOLAR
Dentro das actividades programadas dentro PLAN DIRECTOR, e despois da sesesión que nos ofreceron cos pais/nais, agora a Garda Civil visita ao alumnado do cole para ofrecernos información e formación sobre a violencia de xénero e o acoso escolar.
Resolvéronnos moitas dúbidas...
E, a partir de aquí, xa sabemos un pouco máis desta temática que, por desgracia está tan a orde do día...
Neste senso, educar no respecto á diversidade forma parte da formación integral do noso alumnado. Ligado todo a valores como a igualdade, a pluralidade, a diferenza e o respecto.
2018-2019 A farmacéutica de Campo Lameiro fálanos das plantas aromáticas e mediciñais
Dentro do proxecto da biblioteca sobre plantas aromáticas e mediciñais, tivemos unha visita que nos aclarou moitas dúbidas, e que nos sorprendeu gratamente...
Clara e Clara explicáronnos os usos, as propiedades, os distintos nomes que teñen...
Ata resolveron algunha que outra preguntiña que tiñamos por aí...
E, despois a tocar, a ulir, a observar....
A menta tivo moito éxito!!!! E resultaba un olor claramente recoñecible....
O romeu tamén tivo o seu momento de gloria, e sabíades que se pode facer alcol de romero??? Pois sí!!! Boísimo para a caída do pelo, para os músculos, para as varices..
Moitas grazas pola vosa colaboración!!!!!!
2018-2019 MAMÁS LECTORAS
O día 8 de marzo dúas mamás traballadoras, lectoras e moi moi colaboradoras, acercáronse ao cole para lerlle aos rapaces...
Aquí tendes a Olga, mamá de Alberto e Joaquín...
Os pequenos non perdían detalle....
Aquí está Isabel mamá de Nahuel e Ariadna...
Despois das lecturas fixemos todos/as unhas reflexións ...sobre a igualdade, a discriminación, a inclusión...
Moitas grazas por participar connosco!!!!!!
(2018-2019) Poemas e flores no día de Rosalía
Todos e todas, mestres e mestras, alumnos e alumnas traballamos na confección das flores que íamos a regalar á xente do pobo para commemorar o Día de ROSALÍA
Flores e máis poemiñas que fixeron polas aulas para repartir..
E alá fomos...Ao Concello ( onde nos regalaron un comic dos Bolechas),
Á oficina de Abanca....
Ás perruquerías, ás cafeterías, ás tendas.....
Agora en Campo Lameiro xa coñecen un pouquiño máis da obra de Rosalía
2018-2019 - PRIMEIROS PASOS ...NA COMPOSTAXE
Dentro do proxecto da Biblio " Sementando aromas" e coa colaboración da Deputación e o Concello, damos os primeiros pasos na compostaxe co programa "REVITALIZA"
Os compañeiros e compañeiras de infantil participaron nun obradoiro de compostaxe, no que descubriron cousas moi interesantes ó respecto.
Pola súa banda, os rapaces de infantil, 1º e 2º estiveron facendo xogos para ir entrando en materia...
Os compañerios e compañeiras de 3º,4º,5º e 6º asistiron primeiro a unhas charlas informativas antes de poñer en marcha o composteiro no patio do colexio.
Escoitaron atentos como se construía....
E comezamos.....
Bueno...Non parece moi difícil...
Tamén os compañeiros de infantil, 1º e 2º participaron na posta en marcha do composteiro.
Listo....
E agora a buscar paus pequeniños para meterlle dentro e osixene a nosa mezcla...
Pois xa estaría listo...Algún rapaz trouxo restos orgánicos e xa estreamos o noso composteiro!!!!!
Agora xa podemos botar nel os restos orgánicos das nosas merendas. Os de infantil tamén veñen cada día a depositar os restos orgánicos das súas merendas no composteiro
2018-2019 Nadal na Biblio
E chegou o Nadal!!!
Construímos un calendario de Adviento con preguntiñas para que cada neno/a, anotara nunha papeleta a resposta correcta, e a introducira no buzón tan chulo situado na entrada da biblio... O premio???? Unha sorpresa fabulosa escondida detrás de cada día do calendario....
Tamén decoramos con carteis...
E mesmo fixemos unha árbore de nadal cuns libriños...
As recomendacións lectoras para nadal circularon por todo o pobo...repartimos na gardería, na panadería, na farmacia...
Quedaron así de chulas...
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Celebramos o día das Bibliotecas escolares con diferentes tipos de lecturas...
Cariñas espectantes na procura dos máis terroríficos...
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »