Blog de dinamización da lingua galega
(2017-2018) UN ENTROIDO DE CINE
O equipo de Biblio en colaboración co equipo de Dinamización, organizou" Un entroido de cine", baseado no proxecto que estamos a levar a cabo dende o Centro.
Para visualizar a reportaxe completo de fotos pincha Aquí
De seguido podes ver un pequeno vídeo do noso desfile polas rúas do concello:
(2017-2018) “Dora manda que o XOVES traiamos posto..."
(2017-2018) Celebración e Festival de Nadal no colexio.
Coa chegada do Nadal celebramos o noso tradicional Festival, no que participaron tódolos nenos e nenas do centro.
O Festival para os nosos compañeiros e compañeiras tivo lugar o día 20 de decembro, mentras que para as nosas familias foi o día seguinte.
Lembra que podes ver as fotografías de tódalas actuacións na GALERÍA FOTOGRÁFICA (entra desde aquí).
Lembra que cando remate o curso escolar, como en anos anteriores, recibiredes un DVD coas celebracións que tiveron lugar no centro, incluído o vídeo deste Festival de Nadal na súa integridade.
Días antes Santa Claus visitou, por sorpresa, tódalas aulas ;)
Lembra que podes ver moitas máis fotografías desta visita na GALERÍA FOTOGRÁFICA (entra desde aquí).
(2017-2018) Descubrimos a Petra nunha sesión de contacontos “Polo Camiño do vento"
(2017-2018) Celebrámo-lo Magosto cunha camiñada ata "San Antoniño de Penalva"
Este curso celebramos a festa do Magosto en "San Antoniño de Penalva" que está nun monte preto do noso colexio.
Os compañeiros e compañeiras de 3º a 6º fixeron unha camiñada ata o lugar da celebración.
Pola súa banda os de infantil,1º e 2º subiron nun autobús, aínda que todos baixaríamos xuntos camiñando ata o colexio.
Mentras se levaban a cabo os preparativos coas castañas para a celebración do Magosto...
... os compañeiros de primaria foron a visitar uns petroglifos que había "preto" de alí.
Como era moita distancia para ir os de infantil exploraon o entorno a ver que atopaban en contacto coa natureza.
Á volta participamos en xogos tradicionais dirixidos polos compañeiros e compañeiras de sexto curso, e organizado polo profe Paulo (EF).
Con todo xa listo, chegou o momento de repartir as castañas asadas entre todos e todas.
E de pintarnos a cara coa "borralla" ;)
Rematada a celebración tan só nos quedaba desfrutar dun paseo camiñando ata chegar o colexio... menos mal que era costa abaixo e aquí si puidemos participar os nenos e nenas de todo o colexio.
Así como nas diferentes entradas publicadas en cada recanto.
(2017-2018) Celebramos o Samaín participando nuns obradoiros “de medo" e cunha exposición de cabazas
Equipo de Biblioteca. Equipo de dinamización da lingua galega. Equipo para a dinamización das TIC.
(2017-2018) OBRADOIROS DO SAMAÍN: horario e curtamentraxes
SAMAÍN: Vídeos do obradoiro curtametraxes de medo
BLOQUE 1 (INFANTIL 1º e 2º)
;
BLOQUE 2 (3º a 6º):
Salón do Libro de Pontevedra 2017
O pasado xoves asistimos á XVIII edición do Salón do Libro infantil e xuvenil de Pontevedra, que este ano tiña como lema "O mundo que queremos". Durante a xornada, os nenos/as do colexio puideron pasar unha mañá moi divertida, xa que asistiron a diferentes obradoiros, charlas e exposicións relacionadas ca importancia do respeto, o valor diversidade cultural, ou coidado do medio ambiente.
A continuación deixámosvos un breve resumo do noso paso, un ano máis, por esta bonita experiencia.
1- Confección da "maleta viaxeira"
Os noso alumnos/as coñeceron da man de Dora as 7 marabillas do mundo, recopilando contos típicos e postais dos países de orixe. Todo iso metémolo nunha maleta que fomos elaborando entre tódolos cursos.
2- Unha vez rematada tivemos que despedirnos dela...
3- Velaí vai a nosa "maleta viaxeira" camiño do Salón do Libro
4- Chegou o día: Visita ao Salón do Libro
Menudo recibimento nos dou a mascota!
5- Comezamos a mañá cun obradoiro para aprender a ilustrar. Anxo Fariña amosounos algunhas técnicas para mellorar os nosos debuxos!
6- Seguimos cunha visita guiada polas distintas exposicións.
7- Finalmente atopamos a nosa maleta na sala de exposicións. Que contentos se puxeron os nenos e nenas ao vela!
A nosa e ben chula, pero tamén había traballos moi interesantes...
Con isto remata o noso paso polo Salón do Libro. Moi boa experiencia para os nenos/as. Para o ano repetimos!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »