Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil 2

(2010-2011) Un regalo para o día da nai

Como se acercaba o día da nai, tiñamos marcado no calendario cando iamos levarlle o regalo para casa, estivemos facendo diferentes cousas... ó final optamos por facerlle un paxiño de papel como o que nos ensinou a profe Rita.

 

Anotamos nunha lista o material que iamos necesitar para facer o noso paxaro de papel.

 

Puxémonos mans á obra, pintando, recortando e pegando.

 

 

E logo puxémolo a secar na nosa caixa.

 

Tamén levaba uns botóns chulísimos que tiñamos que pegar, con axuda do profe, cun pegamento especial.

 

Puxémoslle unha bandeira na que cada quen escribiu a mensaxe que quixo.

 

Así de chulos nos quedaron

 

Tamén pintamos e decoramos o papel de regalo que iamos empregar para envolvelo.

 

Con purpurina quedou moi brillante.

 

Quedaron todos diferentes...

 

Tamén lle escribimos unha carta de felicitación ás nosas nais/aboas.

 

Tan só quedaba recortar un pedazo do papel de regalo...

 

E envolvelo, para poder levalo para casa.

 

 

 

 

(2010-2011) Escribimos unha carta para Ángela

A profe da outra aula, Ángela, enviounos unha fotografía do seu bebé que acababa de nacer, así que pensamos en escrbirlle unha carta entre todos e todas.

Despois de debatilo un anaco, puxémonos dacordo no texto da carta e o escribimos no encerado.

 

Cada quen escribiu unha parte da carta.

 

Cada quen escolleu a cor que quixo.

 

Así quedou a nosa carta rematada.

 

 

Logo firmanos, co noso nome, pola parte de atrás da carta.

Todos puxemos o noso nome

 

O encargado meteuna no sobre...

 

E tan só faltaba escribirlle unha das caras o nome da profe para que chegara ata a súa casa.

 

E na parte de atrás, o nome dos que enviaban a carta, decidimos escribir "INFANTIL 2", como o tiñamos posto na porta tan só tivemos que copialo.

 

Agardamos que lle guste a carta.

(2010-2011) Rematamos o segundo trimestre con varios traballos

Ademáis de continuar co proxecto de investigación sobre o corpo, que vos estamos a contar en outras entradas publicadas, e do que vos poñeremos ó día dentro de pouco; antes de irnos de vacacións sucedeu todo isto na nosa clase:

 

 LIBRO DOS CUMPLEANOS:

Para saber quen estaba de cumpleanos cada mes decidimos facer un libro.  

Deste xeito cada vez pasemos unha folla do calendario, tamén poderemos pasar a do noso libro e coñecer quen está de cumple cada día.

 

Cada quen escribiu debaixo da súa foto o número do seu cumpleanos.

 

Imprimímola e plastificámola e xa a podiamos pegar na folla que correspondía ó noso mes.

 

Agora tan só temos qeu pasar as follas para saber en que mes toca o noso cumple 

 

Tamén anotamos nun folio da cor que máis nos gusta, o mes e o número do noso cumpleanos. Tamén pegamos a nosa foto.

 

FIXEMOS OS BOLETÍNS PARA LEVAR PARA CASA:

Como cada trimestre tamén fixemos o noso boletín de autoavaliación.

 

Ademáis das fotos dos dos feitos máis relevantes do trimestre, aproveitamos para contar o que xa aprendimos no proxecto de exposición sobre o "corpo".

 

 

 DISFRAZÁMONOS:

Un día pola mañá atopamos unha chea de disfraces na aula.

 

Empezamos a probalos todos: de princesa, guerreiro, indio, policía, bombeiro... 

 

Así de guapos estabamos disfrazados: 

 

Na clase temos un recanto onde podemos colgar, en perchas, os difraces para poder telos organizados.

 

Acordamos que só poderían usar este recanto tres compañeiros/as á vez.

 

Pouco a pouco iremos engadindo máis disfraces.

 

 

 

COIDADO, O CHAN ESVARA!

Un día a profe Rosana esvarou no chan do baño, así que decidimos facer un cartel avisando do perigo.

Buscamos en internet un sinal que puidese servirnos.

 

 

Escribimos debaixo o texto de aviso. 

 

E pegámola na porta para que todos e todas puidesen mirala antes de entrar, e así ir con coidado.

 

EXPLORAMOS  AS FIGURAS XEOMÉTRICAS E O ESPAZO:

Tamén exploramos as figuras xeométricas en volume.

Fixemos unha escaleira ordeándoas de "maior a menor", por equipos.

 

Logo representámolo nun folio, debuxando de maior a menor a escaleira usando a mesma orde e cores.

Tamén traballamos cos bloques lóxicos, ordenándoos por equipos segunda a cor, forma, tamaño e incluso con dous criterios (círculos vermellos, triángulos azuis...). Para elo empregamos unha tarxeta cos símbolos a empregar.

Tamén clasificamos as figuras seguindo criterios inversos (non triángulos, non amarelos...), tamén empregando tarxetas con símbolos.

(2010-2011) Continuamos co proxecto de investigación sobre o corpo

Podes ler a primeira parte deste proxecto de investigación nestas ligazóns:

24/02/11: (2010-2011) Comezamos unha investigación sobre o noso corpo 

07/03/11: (2010-2011) Visítanos un enfermeiro para respostar ás nosas preguntas sobre o corpo 


Despois de varias semanas, ocupados como estabamos coa preparación do entroido e a visita a Apipolis (que podes ver noutras entradas anteriores), retomamos a nosa investigación sobre o CORPO.

Como xa vos contamos, xa descubrimos para que serve o corazón e cantos osos tiñamos, pero aínda non pegaramos os osos do esqueleto no noso corpo.

Primeiro pegamos as pernas, que estaban formadas por tres osos, e podían doblarse polos xeonllos. Sen esquecernos de pegar os pes... por suposto.

 

Tamén pegamos os brazos, formados por dous osos que estaban unidos polo cóbado, que nos permite doblalos como sucedía nas pernas. Resultounos curioso ver como era o esqueleto das mans, e tódalos "lugares" polos que se podían doblar os dedos.

 

Pegar outras partes non era tan doado, tivemos que ir varias veces ó esqueleto que temos na aula, para ver como se colocaba do dereito.

 

Así quedaron os nosos corpos con case todo o esqueleto, "a parte do peito" ímola pegar cando investiguemos a pregunta relacionada cos pulmóns.

 

Xa co esqueleto pegado, repasamos as preguntas que quedaban por responder e escollemos tres delas para continuar a investigación.

Engadimos tres novos equipos para investigar: 

  • DE QUE COR É O CEREBRO?
  • CANTOS DENTES TEMOS?
  • COMO SE FAI A CACA E O PIS?
Puxemos unha foto de cada equipo, e o lado o que ían investigar, para que todos soubesen no equipo no que estaban a traballar.

 

O  equipo que investigou cantos dentes temos, decidiu empregar varias fotocopia que trouxemos da casa, unha radiografía da boca que nos prestou a profe "Ángela" e a "cabeza do esqueleto".

Comezaros a contar os dentes que había pero eran "moitísimos" e non foros capaces, menos mal que outro equipo atopou "por casualidade" nun libro que  eran 32 e foillo contar.

Anotárono na folla que tiñan dunha dentadura e pegárono no mural da investigación.

 

O equipo que ía investigar como se fai o pis e a caca, empregou o ordenador para a súa investigación.

Non atoparom nada sobre como se fai o pis, pero si un vídeo que explicaba como a comida se convirte en caca.

O vídeo que empregamos na nosa investigación podes velo desde aquí 

No video descubrirmos que a comida que entraba pola boca facía todo un recorrido polo corpo ata chegar ó estómago que a desfacía, e logo seguía por uns "tubos" que se chamaban intestinos que era onde se convertía en caca, que era o que sobraba e non collía o corpo.

Marcamos o recorrido da comida nunha debuxo do corpo que tiñamos, e escribimos onde se convertía en caca e como se chamaba cada parte.

Pegárono tamén no mural da investigación, pero deixamos a pregunta sobre como se fai o pis para outro día.

Cando pegaron a información, explicáronllo a algúns dos compañeiros, pero non era tan fácil entendelo como explicalo.  De seguido poder este VÍDEO do debate que xurdíu durante a explicaicón (fai click de seguido para ver o vídeo) 

 

(2010-2011) INFANTIL - Discusión sobre a dixestión (proxecto de traballo "O corpo" ) 


 

O terceiro equipo tentou descubrir de que cor era o cerebro, porque en cada libro esta pintado dunha cor diferente, despois de moito buscar nos libros, a cor que máis se repetía era a rosa.

 

Como tamén toparon no ordenador un vídeo do cerebro, onde era de cor rosa, decidiron que esa tiña que ser a súa cor real.

 

Ó igual que os outros equipos tamén pegaron o seu descubrimento no mural da investigación.

 

A medida que iamos atopando a resposta á pregunta de cada equipo, escribiamos SI, diante dela, para saber que xa tiña solución, e así saber cantas nos quedaban por respostar.

Xa coas tres novas preguntas solucionadas, chegou o momento de que cada equipo explicara ós demais o seu descubrimento e a resposta á pregunta plantexada ó seu equipo.

 

O equipo que investigou como se facía a caca, propuxo que miraramos todos de novo o vídeo sobre a dixestión, que explicaba como se facía a caca, para para todos puideramos ver como ía a comida por dentro do corpo, "porque era moi chulo".

 

Pintamos un debuxo do cerebro de cor rosa, para incluilo no noso dossier individual da investigación.

 

Escribimos debaixo a palabra CEREBRO para que non se nos esquecese o seu nome e a cor da que é, ROSA.

 

Tamén pintamos, recortamos e pegamos outro cerebro detrás da cabeza do noso corpo xigante.

 

Tamén poidemos escoitarnos o corazón, co fonendoscopio que nos deixou a profe Rita, era como o que trouxera o pai de Raúl, que era enfermeiro.

 

Seguiremos a investigar nos próximos días sobre as preguntas que quedan sen respostar. Tamén completaremos o noso corpo xigante e o dossier cos novos descubrimentos (número de dentres e a dixestión)



 

(2010-2011) Chegou a primavera: facemos fotos das flores do patio

Un día pola mañá descubrimos que as árbores, que podiamos ver desde a ventá da nosa aula xa tiñan flores. Despois de falar do asunto chegamos á conclusión de que xa chegara a PRIMAVERA.

 

Decidimos saír ó patio, e coa cámara de fotos, facer fotografías das novas flores que "apareceran" esa semana. Cada un de nós fixo unha fotografía á flor que escollera.

 

Xa de volta, imprimímolas...

 

Clasificámolas por cores, e cada quen escolleu a que máis lle gustaba (ou a que fotografara coa cámara)

 

Recortamos a foto e escribimos debaixo o nome da súa cor: atopamos flores ROSAS, AMARELAS, LARANXAS E  BRANCAS

 

pegámolas nunha cartolina, co nome da súa cor debaixo e co noso nome, para que todos souberan que fixera a fotografía.

 

Tamén fixemos o mesmo, pero nun folio, para poder levar para as nosas casas a nosa flor favorita.

 

Para que todos souberan que estabamos en primavera, pensamos que xa debiamos quitar as follas da nosa árbore e cambialas por flores de cores.

Fixémolas con círculos de diferentes cores: para facer unha flor tiñamos que contar e escoller:

5 CÍRCULOS DUNHA COR

1 CÍRCULO DOUTRA COR

 

Tan só quedaba pegalas...

 

E xa tiñamos lista a nosa árbore.

 

Tamén convertimos as bolas de nadal en flores para decorar o corredor.

 

Ata apareceu un paxaro voando entre elas.

 

 

NOVOS NOMES PARA AS NOSAS CADEIRAS:

Como faltaban moitos nomes das nosas cadeiras (algúns porque romperan e outros porque se perderan) pensamos que deberiamos facelos de novo.

 

Cada quen escrbiu no ordenador o seu nome (empregando a aplicación ESCRÍBEME que podes atopar nos xogos de infantil nesta mesma web)

 

Os máis pequenos precisaron empregar a súa tarxeta para non esquecerse de ningúnha das letras do seu nome.

 

Dándolle o botón de imprimir, tiñamos o noso nome escrito nunha follla.

 

Tiñamos que comprobar que non faltaba ningunha letra porque senón poderiamos confundirnos de cadeira.

 

Recortámolo, e pegámolo nunha cartolina amarela, tan só faltaba plastificalos e xa estarían listos para poñelos nas nosas cadeiras.

 

 

(2010-2011) Facemos un calendario como regalo para o día do pai

Este ano como regalo para o "día do pai", decidimos facer un calendario coa nosa foto, para elo cada un fíxolle unha fotografía a un compañeiro.

 

Imprimimos as fotografías para poder empregalas.

 

Decoramo-la carlolina que sería o fondo do noso calendario.

 

Recortámo-las follas do calendario e a fotografía que iamos pegar no calendario. Tamén escribimos, e pegamos, a palabra FELICIDADES e PAPÁ na outra cara do calendario.

 

Así quedou o noso calendario rematado.

 

Cando xa tiñamos os nosos calendario preparados, chegou o momento de facer o papel de regalo para empaquetalo.

 

Este ano o noso papel de regalo estaba feito de "espirais"

 

Tan só quedaba preparar o noso regalo.

 

E escribir o noso nome e o do noso pai no paquete.

 

(2010-2011) Usamos o ordenador para o rexistro dos libros que levamos para casa

Desde esta semana, para o rexistro dos libros que levamos os venres para as nosas casas, empregamos tamén o ordenador, para imprimir "a portada en pequeno" e así poder pegala na folla onde anotamos o título, a data e o número do  libro.

Empregamos unha aplicación informática á que podemos acceder desde o Recanto de infantil (desde aquí), alí temos que escribir o número do libro para atopar a portada do libro que que queremos levar.

 

Ás veces necesitamos axuda dos compañeiros/as para poder escribir o número correctamente, xa que de non facelo sae un aviso de erro.

 

Coa portada xa imprimida, podemos recortala.

E pegala na folla de rexistro do libro que levamos cada venres, así podemos buscar cales levamos e cales non máis rápidamente.

 

 

(2010-2011) Visitamos Apipolis "A cidade das abellas"

O martes 15 iamos visitar, xunto cos compañeiros/as de 1º, 2º Apípolis "A Cidade das abellas", para non esquecernos do día marcámolo no calendario.

 

A medida que iamos traendo a autorización, fómos escribindo o noso nome nun listado, para saber cantos iamos ir.

 

Tamén investigamos en internet, como era Apípolis: miramos algúns vídeos e descubrimos que estaba cheo de abellas, e que alí se podía facer mel.

 

Imprimimos algunhas imaxes de abellas para pegar no noso libro de Apipolis.

 

O día da excursión, fomos xunto cos compañeiros de 1º, 2º e E.E.I. Cerdeiras, nun autobús ata XEVE, onde se atopa Apípolis. 

 

En canto chegamos organizáronnos en catro grupos de deferentes cores, para ir pasando en rotación por catro lugares: 

 

FACER GALLETAS DE MEL: 

Fixemos as nosas galletas con mel, que logo levamos para as nosas casas. Estaba boísimas.

 

O CONTO DAS COLMEAS:

 

POÑEMOS O TRAXE DE APICULTOR

Cada un vestiu un traxe de apicultor, moi importante para que non nos picaran as abellas que iamos ver nas súas colmeas.


 

Cada grupo foi pasando a ver as colmeas.

 

Había que estar moi quieto para non molestar ás abellas.

 

O profe Óscar e a profe Rosa tamén se atreveron a entrar.

 

EXPOSICIÓN DAS ABELLAS:

Tamén visitamos a exposición sobre as abellas.

Mirámolas polo microscopio. 

 

E ata atopamos a Abella Raiña.

 

O MEL

Despois de aprender moitas cousas sobre o pole, o nectar e mel, axudamos a sacar a mel cunha máquina.

 

Fixémolo tan ben que conseguimos moitísimo mel.

 

Tamén o metimos nun bote para levar para as nosas casas.

 

Antes de comer xogamos un pouco.

 

E despois de comer, e de facer a nosa vela de cera, fixemos un debuxo do que máis nos gustou da visita.

 

Para despedirnos tivemos unha actividade de animación para logo marchar no autobús.

 

Na mochila levabamos, para ensinar nas nosas casas, o bote de mel, a vela de cera e as galletas que fixeramos.

 

Pasámolo moi ben.

 

Ó día seguinte fixemos o noso libro con fotografías de todo o que fixemos e aprendimos en Apipolis.

 

Escribimos debaixo de cada fotografía o que estabamos a facer nela.

 

 

 

(2010-2011) Entroido: facemos o disfraz de cociñeiros e participamos no desfile

Este ano, polo entroido os de infantil disfrazámonos de cociñeiros (e o resto dos cursos de alimentos)

Marcamos no calendario o día tería lugar a festa do Entroido no colexio (4 de MARZO), escribimos nel ENTROIDO, e contamos cantos días tiñamos para facer o noso disfraz.

 

Falamos sobre as cousas que necesitabamos para facer o noso disfraz e fixemos un listado delas (gorro, mandil e ferramenta).

 

Cada quen escribiu a súa ferramenta de cociñeiro.

 

E buscámola no ordenador para lembrar como era e poder facela igual.

 

Para non esquecernos de ningunha parte, fixemos unha táboa na que iamos anotando que partes do noso disfraz estaban xa listas.

 

Pintámo-las ferramentas que iamos levar na man.

 

Marcos decidiu facer unha tarteira, cun pouco de axuda e moito traballo, demos feito co recado.

 

Para face-los sombreiros de cociñeiro recortamos a cartolina branca, grapámoslle unha bolsa de plástico branca.

 

E probámolo a ver se nos quedaba ben Sorinte

 

Tan só faltaba decoralo con gomets, e escriblle unha frase relacionada cos cociñeiros en cada gorro.

 

Para facer o mandil empregamos sacos de plástico de diferentes cores.

O primeiro foi contar cantos tiñamos de cada cor e clasificalos. 

 

Fomos pegando na porta un mandil pequeniño de cartolina da cor de cada bolsa, cando rematamos contamos cantos había de cada cor, e cantos en total.

Agora so quedaba repartir os sacos entre a nosa aula e a do lado.

 

Non foi nada doado face-lo reparto, porque cando pasabamos as bolsas dunha cor para a outra aula (na outra porta) entón nos quedabamos sen elas.

 

Despois de moitas probas logramos repartilas de xeito que cada aula tiver a metade das bolsas e de tódalas cores que había. Ós compañeiros/as da outra aula pareceulles ben o reparto.

 

Cada quen escolleu a cor do seu mandil escribiuno no pequeno mandil de cartolina, así sabiamos cantos podía haber de cada cor, e non se nos esquecería.

 

Para facer o mandil empregamos unha plantilla, coa que debuxamos a parte que teriamos que cortar do noso saco (da cor que escolleramos)

 

Recortala non era moi doado, pero con coidado démolo feito.

 

Con axuda dun compañeiro/a marcamos o longo do noso mandil, para poder cortar o que lle sobraba.

 

Así quedaron os mandiles, tan só faltaba decoralos.

 

Pegámoslle debuxos, obxectos que atopamos no ordenador, e que cada quen elexiu, e sobre todo diferentes alimentos.

 

A medida que iamos facendo o mandil e o gorro fómolo anotando na nosa táboa ata chegar ó FIN, cando estivese rematado.

 

Ata fixemos un polbo cun globo para meter na tarteira de Marcos. 

 

O día da festa preparamos as mesas antes do desfile, para poñer nelas os postres do entroido que touxemos da casa.

 

E así de guapos estabamos nós...

 

E así os da aula do lado...

 

Comezamos o desfile polo patio do colexio.

 

Iamos diante de todo indicando o camiño ós demáis.

 

E Marcos viaixaba cando o polbo estaba cociñado, ensiándollo ós pais/nais que viñeron a vernos.

Demos un par de voltas polo patio...

 

E tamén dentro do pavillón, onde había música e podiamos bailar.

 

Xa de volta na aula, comemos os postres que trouxemos das nosas casas... estaban boísimos. Alí tamén estaban os nosos pais/nais e avós/avoas.

 

MÁSCARAS DO ENTROIDO:

Días antes fixeramos caroutas, que escollemos nunha páxina de internet (ligazón á web das máscaras) e escribimos o nome da que escollemos nunha lista, para imprimilas e lembrarnos de cal escolleramos.

 

Riconocerontes, dragóns, serpes, bruxas... cada un escolleu a que máis lle gustou. Puxémoslle unha goma e levámola posta para as nosas casas, para asustar á xente.

 

 

 

 

 

 

(2010-2011) Visítanos un enfermeiro para respostar ás nosas preguntas sobre o corpo

Un día antes da festa do entroido, e cando estabamos difrazados cos nosos pixamas e batas (ver O Meco manda), Carlos o pai de Raúl, un compañeiro da outra aula de infantil, veu a falarnos do seu traballo.

Como é enfermeiro, ademáis do que nos contase, poderiamos facerlle moitas das preguntas que tiñamos sobre o corpo. (ver comezamos proxecto de traballo sobre o corpo).

 

Raúl presentounos ó seu pai, que traía un maletín cheo de cousas para ensinarnos.

 

Fomos facéndolle as nosas preguntas.

 

Púxonos unhas tiritas nunhas feridas "de mentira" ós que quixemos.

 

Tamén nos deixou usar o fonendoscopio para escoitar os nosos corazóns.

 

Trouxo un pequeno esqueleto, do que nos contou moitas cousas, algunhas que xa sabiamos da nosa investigación e outras  que tiñamos como preguntas.

 

Traía tamén un libro sobre o corpo moi interesante.

 

Ata nos ensinou como se poñen vendas.

 

Antes de marchar regalounos a todos unha mascarilla e un gorro verde, como os que usan nos hospitais.

 

Así de guapos quedamos todos.

 

E para rematar cada un levou un "pau" para mirar a gorxa.

 

Moitas gracias ó pai e Raúl por contarnos tantas cousas sobre o seu traballo.

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 7 invitados conectados.