Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil 2

(2012 - 2013) Temos unha nova compañeira... xa somos 15

Desde fai uns días temos unha nova compañeira, dámoslle a benvida a AITANA... agora xa somos 15.

ÓSCAR (profe)  GABRIEL  DIEGO  DAVID  MARTÍN  PAGLO DANI

EVA NOA  YESSICA  HUGO  MARA AITANA   DIEGO  JOAQUÍN  YAIZA

 

(2012-2013) Xa temos o primero proxecto de investigación do curso: Os dinosaurios

Xa pasaran varias semanas desde que comezou o curso e os que estaban xa o ano pasado na aula, estaban sempre preguntando cando iamos a investigar sobre algún tema.

Despois de ver na web os proxectos de investigación do curso pasado (AVIÓNS, ESPACIO...) os novos compañeiros e compañeiras tamén se interesaron polo tema.

[podes ver os proxectos que fixemos o ano pasado aquí]

Así pois decidimos comezar a nosa primeira investigación do curso...

O primeiro foi elexir o tema, cada quen foi escribindo no encerado o tema do que quería investigar... saíron moitísimas ideas:

DINOSAURIOS, BICHOS, MOSTRUOS, BRUXAS, MORCEGOS, LOBOS, TOMATES....

 

Como eran tantos temas, eleximos só uns cuantos e usando unha folla con imaxes dos temas, fomos rodeando aquel que nos apetecía máis.

 

O encargado foi facendo o reconto coas follas que cubriran os seus compañeiros e compañeiros... contamos os votos que recibiu cada un e finalmente os máis votados foron os DINOSAURIOS.

 

Unha vez elexido o tema, fomos dicindo o que xa sabiamos sobre o tema... sempre en orde, gardando o turno de palabra e escoitando ós demáis. 

 

Preparamos un mural para a investigación e, entre todos e todas, ordeamos as letras do título da investigación ata formar a palabra DINOSAURIO.

 

Estas son as cousas que "SABEMOS" antes de comezar a investigación, nalgunha delas houbo discusión entre os compañeiros/as. Anotamos tódalas ideas previas, e acordamos que cando rematasemos a investigación, voltaríamos a ler a lista para comprobar se eran certas ou non.

 

Logo chegou o momento de anotar O QUE QUERIAMOS SABER?, non foi doado para os novos compañeiros/as, chegar a preguntas concretas e distinguir que non estabamos preguntando sobre o que sabían, senón sobre o que NON SABÍAN e querían descubrir.

Ó final estas son as preguntas ás que queremos atopar respostas.

 

Fomos dicindo tamén en que lugares poderíamos atopar a información, e fómolo anotando no noso mural da investigación.

 

Como na aula non tiñamos case nada dos dinosaurios, completamos unha nota para pedir información nas nosas casas.

 

Despois de levar a nota para casa, día a día fomos traendo información sobre os dinosaurios... ata un puzzle!!

Mirade todo o que trouxemos... e aínda queda moito por traer.

 

A cada quen que traía información nun libro, debuxo, ata vídeos nun pen-drive, facíamoslle unha fotografía e pegabamos no mural.

 

Agora tan só falta completar o noso mural coa INVESTIGACIÓN, organizándonos en equipos e atopando respostas ás preguntas...

Pero iso irémolo contando noutras entradas.

 

(2012-2013) Novas normas da aula, facemos unha pantalla e levamos libros para casa

FACEMO-LAS NORMAS DA AULA:

Cos novos compañeiros e compañeiras, e co tempo que pasara desde o curso pasado, chegaba o momento de voltar a facer as normas da aula. 

Como sempre acordamos entre todos que cousas "SI" poderíamos facer na aula e cales "NON", facendo entre todos dúas listas.

Por parellas fomos "facendo de actores" e interpretando as normas que acababamos de acordar, mentres un compañeiro nos sacaba unha foto coa cámara.

 

Xa con tódalas fotos feitas, imprimímolas e organizamos onde poñer cada unha.

 

Cada quen foi pegando a fotografía "da norma que lle tocou" na folla vermella, que acordamos que sería as de NON, ou ben na verde, daquelas que decidimos que SI se poderían facer.

 

Tan só nos quedaba por escribir, debaixo de cada fotografía o texto da norma, para que non quedase ningunha dúbida.

 

Para poder levalas para casa, fixemos un libro con follas verdes e vermellas, onde fomos pegando as fotografías das normas segundo se puidesen facer ou non.

 

LEVAMOS LIBROS PARA CASA:

Un venres pola mañá, durante as rutinas dos rexistros, o encargado puxo a tarxeda do día que era e observamos que ese día "tiñamos que levar un libro para casa"

Tivemos  que explicarlles os novos compañeiros e compañeiras como se facía para levar os libros da biblioteca para casa. DAVID e GABRIEL, encargáronse de explicalles como funcionaba no ordenador o préstamo de libros, onde había que poñer o número do libro para imprimir a portada. [podes acceder á aplicación de préstamos de libros desde aquí]

 

Os novos compañeiros e compañeiras tiveron axuda dos compañeiros máis veteranos nun primero momento, pero de seguido aprenderon como facelo. 

 

Coa portada que imprimiron escribindo o número do libro na aplicación, completaron a libreta persoal de rexistro de libros, escribindo a data, o título e o número do libro os maiores, e o nome e o título os máis pequenos.

 

Despois de anotalo tan só quedaba meter o libro na carpeta... as veces non resultaba moi doado de facer.

 

 

 

TEMOS QUE FACER UNHA NOVA PANTALLA:

Este ano temos o proxector pendurado da parede, pero claro a pantalla que tiñamos feita do curso pasado quedouse pequena.

Tras falalo durante un tempo, onde cada un aportou que solución se lle ocurría para arranxar o problema, acordamos que tiñamos que "facer unha nova pantalla".

O primeiro foi escribir, entre todos, un listado do material que iamos precisar, estas foron as nosas ideas:

PAPEL: que fose moi grande

TESOIRAS: para cortar a pantalla

CELO: para pegar a pantalla

ESCALEIRA: para poder subir "ata o teito" para pegala

UN MARCO: para "que dera a volta a toda a pantalla", como a que tiñamos agora

 

Discutimos onde conseguir todo ese material: cada quen aportou as súas ideas:

- a escaleira tena o meu pai na casa

- celo temos para pegar na mesa

- e tesoiras tamén

- eu sei onde está a escaleira e o papel... onde se fan as fotocopias

- pero ten que ser un papel enorme

Conseguimos traer entre todos e todas un papel "longuísimo", tanto que entre os 14 ocupabamos case todo o corredor con el... OCUPABA CASE TODA A AULA!!! porque era moi longo.

 

MARA, EVA, YAIZA E NOA foron a buscar a escaleira ,que tamén estaba na nosa lista.

 

Cando conseguiamos cada un dos materiais que tiñamos anotados, iamos tachándoo na lista, ata que o conseguimos todo.

Chegou o momento de facer a pantalla, pero atopámonos cun problema... O PAPEL ERA DEMASIADO LONGO e non cabía na parede... tiñamos que cortalo.

Fixemos varias probas, cada quen propuxo a súa solución, pero sempre nos quedaba "un anaco" moi pequeno, e a imaxe saía por fora da pantalla. 

Finalmente ocurríusenos "pegar folios na parede" e así saberiamos por onde tiñamos cortar o papel.

 

Facían falta 9 FOLIOS, así que os despegamos e os "ordeamos" sobre o papel... agora xa sabiamos por onde tiñamos que cortar.

 Pouco a pouco fomos cubrindo a parede ata que "a imaxe quedaba dentro".

Tan só nos quedaba por facer "o marco", decidimos facelo entre todos, así cada quen faría a súa contribución. Gustounos moito que fose de cor laranxa, porque era a cor favorita de NOA que era a encargada ese día.

 

Ademáis contamos co axuda de Guille e Aroa, da outra aula, que estaban na nosa porque os seus compañeiros e compañeiras estaba coa profe de relixión.

En cada anaco de aironfix laranxa, pegamos gomets seguindo unha serie de cores, ó principio liámonos un pouco pero demos feito co asunto. Os máis pequenos de todos, "preferiron" pegalos ó seu xeito :)

 

Coas pezas de aironfix de cada un, fomos construindo un marco ó rededor de toda a pantalla... quedounos un enorme RECTÁNGULO.

 

E si... finalmente toda a imaxe cabía dentro da pantalla  e xa podíamos empezar a ver todo o material dos Dinosaurios, que contaremos na seguinte entrada.

 

 

(2012-2013) Celebramo-los cumpreanos de setembro cunha tarta

Este curso, imos a celebrar os cumpreanos dos compañeiros e compañeiras das dúas aulas, que cumpran anos cada mes facendo unha tarta  e invitando ós demáis.

Nesta ocasión celebramos o cumpleanos dos nenos e nenas que cumpren en setembo o último venres do mes, para elo cada un dos catro (DANI, HUGO, TAIDA e AITANA), levaron para casa unha nota para traer "un dos ingredientes".

Falamos sobre os ingredientes que necesitabamos, cantos de cada un e a orde para facer a tarta.

 

Un día antes da celebración fixemos unha tarta de chocolate, galletas e natillas, mentras os demáis nos fixeron debuxos para regalárnolos.

Organizámonos entre os tres (Hugo non puido vir porque estaba enfermo), para ir poñendo unha capa de galletas molladas en leite, cubrila de natillas, poñer outra capa de galletas molladas en leite e remata cunha capa de natillas.

 

Rematamos a tarta con trozos de kiwi e melocotóns e metímola na nevera para deixala a enfríar ata o día seguinte.

 

Ó día seguinte, xa coas nosas coroas de "cumpreanos", fomos a buscar a tarta a sala de mestres e mestras, onde está a nevera do colexio.

 

Como os tres cumpliamos 5 anos, sopramos xuntos as velas  (Hugo que cumplía 3 ó estar enfermo non puido soprar as súas velas), e todos nos cantaron "cumpreanos feliz" tanto en galego como en castelán.

 

Os anfitrións, que cumprían anos, foron os encargados de ir repartindo tarta os compañeiros e compañeiras... encantounos a todos e todas.

 

E cando rematamos tomamos unhas poucas patacas fritidas e gusanitos que tamén trouxeran para "rematar a festa".

 

Una vez rematada a festa, traballamos coa receita, indicando cantos ingredientes fixeron falta de cada un, ben con gomets (os máis pequenos) ou indicando o número (os maiores).

 

Tamén escribimos o proceso de elaboración (os maiores) ou pegamos fotos dos pasos para elaborala (os de tres anos)

 

 

(2012-2013) Así foron os primeros días do curso

Comeza un novo curso e coma cada ano adicamos as primeiras semanas a adaptarnos ó novo grupo, especialmente este ano que tiñamos moitos compañeiros e compañeiras novas. Había moito que explicarlles sobre o funcionamento da aula e moitas das súas suxerencias que incorporar.

Visitamos as diferentes dependencias do colexio, o patio e todo o contorno.  Ata limos algún conto no xardín traseiro.

Tamén descubrimos todo o que se podía ver na web do colexio, no recanto de infantil: xogos, fotografías, vídeos... deste xeito todos os que usen o ordenador saberán onde atopalos.

 

Recuperamos os rexistros, que recolleramos ó final do curso pasado, e explicamos ós novos compañeiros e compañeiras como era o funcionamento deles: o encargado, o calendario, o horario dos mestres que veñen (pavillón, música, aula de informática...) o tempo que fai e o rexistro acumulativo.

 

E aínda nos queda por explicarlles como funciona o rexistro de libros que levamos para casa, pero eso será noutro momento. 

Descubrimos todo que tiñamos na aula: difrazámonos, xogamos, compartimos e ideamos xogos...organizámonos para recoller e para traballar en recantos.

Ademáis este ano, os novos compañeiros do colexio de Cerdeiras trouxeron consigo moitísimo material, así que agora temos moito onde elexir... e recoller, claro.

 

Días antes dunha reunión que ían ter o mestre cos nosos pais e nais, fixémoslle un cartel de "benvida" o colexio.

Fomos debuxando as ideas de cada un, ó final quedounos un debuxo do noso colexio, co patio e todo. Tamén acordamos e escribimos entre todos e todas on texto  "OLA PAIS"

 

Usando témpera rematamos o mural, non foi doado pintar "todos xuntos" e poñernos dacordo... sobre todo para os máis pequenos. Para ser a primeira vez que traballabamos "xuntos" fomos capaces de organizarnos, falar para decidir que parte pintaba cada quen e compartir o material.

Tivemos tamén que cambiar a nosa foto de grupo para poñer na porta da aula, xa que aínda tiñamos a do curso pasado (con nenos e nenas que están en primeiro). Como sempre puxemos os nosos nomes para que todos e todas coñezan quenes estamos este ano na aula.

 

Levamos tamén para casa, nunha cartolina máis pequena, a foto de grupo con nomes dalgún dos noso compañeiros e compañeiras, así na casa podemos contar quen está este ano na nosa aula.

 

E pola parte traseira da foto, pegamos tamén o día que imos ó pavillón e os días que temos que traer froita para a merenda, así non se nos esquecerá.

 

Neste primeiros días tamén nos organizamos para falar nas asambleas, contamos historias e limos contos, fomos por primeira coas mestras de música, inglés, relixión e descubrimos o divertido que era ir ó pavillón.

Comezamos a identificar o nome dos novos compañeiros e compañeiras, e tentamos escribilos. Menos mal que sempre podemos recurrir ós listados que hai na aula e ás tarxetas de cada un... de seguro que moi pronto xa seremos capaces de facelo sen axuda.

 

Os maís maiores ata tentaron escribir o nome de "tódolos compañeiros e compañeiras"... e iso que somos 13.

 

Refixemos a nosa bandexa para a merenda, nesta ocasión optamos por debuxar platos, vasos, un garfo, un coitelo e unha culler.

 

Para facelo contorneamos a silueta de platos, vasos, culleres, garfos e coitelos que tiñamos nos xoguete. 

 

 

(2012-2013) Comezamos o curso... temos novos compañeiros e compañeiras

Comezamos un novo curso, con novos compañeiros/as, algúns de tres anos e outros que viñeron a E.E.I. de Cerceiras que pechou este curso.

MARTÍN   PABLO   DAVID  ÓSCAR (profe)  DANIEL   GABRIEL

DIEGO  P.    HUGO    JOAQUÍN   DIEGO H.   YAIZA  EVA  MARA

YESSICA   NOA

 

(2011-2012) Bo verán a todos e todas... vémonos en setembro.

Remata o curso e despedimos os nosos compañeiros MARCOS, ÁLVARO, JAVIER, ANXO e IKER que marchan a primeiro, esperamos que veñades visita algunha vez :) e que o pasedes de medo na vosa nova clase e cos novos compañeiros e compañeiras.

Imaxe de grupo en setembro de 2011, seguro que agora nos vedes moi cambiados :) 

 

O vindeiro curso teremos novos compañeiros e compañeiras de tres anos ademáis dos compañeiros que veñan da E.E.I. Cerceiras que van a estar na nosa aula porque pechan a súa escola.

E.E.I. Cercediras (Campo Lameiro)

Imaxe: captura de google maps (street view)

 

Dámolles a benvida á nosa escola a todos e as súas familias. 

 

Que teñades todos e todas un bo verán ... e vémonos en setembro.

 

 

(2011-2012) Rematámo-lo curso buscando un tesouro e celebrando algúns cumpleanos

En busca do tesouro

Un curso máis, co remate das clases, fixemos a nosa búsqueda tesouro, como sempre era un sorpresa onde teriamos que buscar e cal sería o tesouro que iamos atopar.

O primeiro foi que cada uno dos profes: Merce, Óscar e Ángela escolleran por sorteo un dos tres equipos: Cabaleiros, Pilotos e Astronautas, que foran os protagonistas dos proxectos de traballo deste curso nas nosas aulas.

 

E logo, cada un de nos, foi escollendo por sorteo en cal dos equipos ía a estar, segundo a tarxeta da cor que sacase (coa imaxe da persoaxe) sabería en que equipo estaría.

 

Así quedaron os tres equipos unha vez rematado o sorteo:

 OS CABALEIROS:

 

OS PILOTOS:

 

OS ASTRONAUTAS

 

Unha vez lembramos as normas do xogo comezamos pola primeira pista, que estaba na aula dentro dun sobre da cor dos noso equipos:

Cada pista era unha adiviña ou acertixo que nos levaría ata a seguinte:

 

Dentro do sobre con cada pista había un tapón dos que fomos recollendo todo curso, que tiña escrita unha letra... fómolas gardando por se servían de algo cando rematase o xogo... nunca se sabe!

 

Outras das pistas tíñanas os profes Tirso, Paula e Loli. Léronnos unha adviña e cando a adiviñamos obtivemos unha nova pista.

 

Nunha das pistas nos indicaba que tiñamos que buscar nos xogos de infantil, onde había moitos ordenadores. Pensamos que había ir á aula de informática, encender un ordenador e buscar nos xogos de infantil da web do cole. 

 

Alí atopamos unha foto de cada un dos noso personaxes, pulsando sobre eles nos leva a un vídeo cunha cación. Flai click na seguinte imae e escoítaa ti tamén a ver se sabes onde era a seguinte pista. 

 

Como a canción falaba do "Patio" fomos ó patio da escola a buscar unha nova pista, e alí estaba.

 

 

A seguinte pista levounos ata a biblioteca, onde tivemos que buscar entre os libros... xa que estaría dentro dun deles. Menos mal que nos demos conta de que había un libro de cabaleiros, do espacio e dos avións... e alí dentro si estaba a nosa pista.

 

Na aula de música, para conseguir a seguinte pista tivemos que montar un puzzle enorme, cando estivo rematado e descubrimos que era un xilófono buscamos nos que había alí ata que atopamos as pistas.

 

A última pista estaba pendurada nos planetas que había no corredor, do noso proxecto de investigación sobre o espacio... o complicado foi pensar como baixalas dalí.

 

Con tódalas pistas remtadas tan só tivemos que ordenar as tapas que fomos xuntando a ver que poñían "tódalas letras xuntas"... e resulta que se trataba de nomes de compañeiros e compañeiras do colexio.


Tan só había que ás aulas de cada un deles e buscar alí o tesouro.

 

Por fin tiñamos o noso tesouro!! 

Cando o abrimos descubrimos que era "unha tesoira con formas especiais" para cada un...

 

E claro, comezamos a probalas.

Podes ver todas estas imaxes en maior tamaño aquí

 

 

 

Celebrámo-los cumpreanos dos compañeiros e compañeiras que cumpren anos en verán:

Como había varios compañeiros e compañeiras que cumplirían anos en verán, cando xa non hay cole, celebramos o seu cumpleanos todos xuntos... facendo trufas de chocolate.

O primeiro foi lava-las mans antes de cociñar.

Seguimos as instruccións que atoamps nun libro que había na biblioteca.

Un por un fomos lendo os ingredientes e seguindo as instruccións. Neste caso os ingredientes eran especiais  "sen gluten", tal como puidemos ler nas etiquetas, para asegurarnos de que tamén servían para unha compañeira que é celíaca.

Con cada ingrediente tivemos que poñernos dacrodo, en cada grupo, para que todos e todas participasen na elaboración da receta. Nalgúns costou máis que nos outros pero, falando todos e todas fomos quen de poñernos dacordo.

Desmenuzamos as magdalenas nun recipiente.

 

Botámoslle chocolate en po.

 

E as cullerada de azucre que indicaba a receita, e a cantidade de leite axeitada.

 

Remexemos cunha culler ata crear unha masa...

 

E coas mans fomos dándolle forma de bola ás nosas trufas. Botámoslle azucre ou chocolate por riba.

 

E metémola na nevera ata o día seguinte.

 

O último día de curso, despois do xogo de buscar o tesouro, soprámo-las 4, 5 ou 6 veas segundo os anos que cumpliría o neno no verán...

 

E degustamos as nosas trufas... estaban boísimas, tanto que algúns ata repetiron.

 

Gustounos tanto facer así o cumpreanos, que desde o curso que ven imos a celebrarlos todos deste xeito, convertíndonos en cociñeiros e cociñeiras, pero iso xa o iremos contando o próximo curso.

 

Despedimos ós de sexto:

Antes de irnos para casa, o último día de curso, despedimos os compañeiros e compañeiras de sexto que o curso que ven estarán no instituto. Entre eles estaba o irmán de Marcos e o primo de Anxo. 

 

Miramos as fotos das cousas que fixeron nestes anos, e ata saía algunha foto da nosa aula de cando estaban eles nela co noso profe.. fai moitísimos anos ;)

 

E tamén un vídeo, feito por eles, onde se convertían nos mestres que lles deron clase nestes anos, entre eles estaba o profe Óscar, foi moi divertido.

 

Ó final déronlles un regalo e cada un se despediu do resto de compañeiros e compañeiras.

 

 

Revista escolar: "O Cervo"

Lembrades que xa vos contamos que fixeramos a "crítica cinematográfica" para a revista escolar, se non o lembras podes velo aquí. 

Pois xusto antes de marchar, cando levamos para casa tódolos nosos traballos, rexistros, boletín de autoavaliación, o CD coas fotos de todo o que fixemos este curso, etc... tamén nos deron a revista escolar "O Cervo", dentro saía a nosa crítica e outros moitos traballos do resto de compañeiros e compañeiras.

Ademáis tamén incluía un DVD onde puidemos ver a nosa actuación no Nadal, o Samaín, o Entroido, e a celebración das Letras Galegas 

Podes ver o contido íntegro da revista escolar O Cervo, na seguinte ligazón

 

 

(2011-2012) Visitámo-lo acuario de O Grove e xogamos no parque de bolas.

Pouco antes de rematar o curso fixemos unha saída ó "acuario do Grove" xunto ós compañeiros e compañeiras da outra aula de infantil e os de 1º e 2º.

Como iamos voltar pola tarde levamos comida nas nosas mochilas, que pesaban unha chea.

 

Antes de entrar no acuario tomamos a merenda, xunto os demais compañeiros e compañeiras de outros cursos.

 

Dentro acuario puidemos ver moitísimas especies mariñas, nunhas peixeiras enormes.

 

Outras estaban en estanques.

 

E en peixeiras máis pequenas.

 

Ata había un tiburón.

 

Fomos lendo os paneis informativos para coñecer cada especie as súas características máis peculiares.

 

No segundo andar atopamos esqueletos de moitísimas especies mariñas, unha delas incluso tiña ó seu lado todo o lixo que tragara no mar, e por iso morrera.

 

Cando saímos do acuario chegou o momento da comida, fixémolo no parque "Camelot" de Sanxenxo...

 

E cando rematamos paśamolo de medo xogando nas diferentes zonas do parque.

 

E ata os profes se atreveron a entrar e xogar con nos.

 

Foi moi divertido empuxalos entre todos e todas para que caeran nas bolas :)

 

Pasámolo moi ben, xa tiñamos moitas cousas que contar na casa.

(2011-2012) Rematamos a nosa investigación sobre os avións

Podes ver os pasos previos deste proxecto de investigación nestas ligazóns:

- Xa temos tema do noso novo proxecto de investigación: Os avións

- Comezamos a investigar sobre os avións

- Continuamos investigando sobre os avións... e ata construimos un

- Continuamos a investigar sobre os avións e montamos nun ultralixeiro


Como seguiamos tendo algunhas preguntas sen respostas continuamos coa nosa investigación.

 

QUE TIPOS DE AVIÓNS HAI?

O equipo encargado de investigar esta pregunta optou por "clasificar" a información "separando" aquela que tiña que ver coa pregunta, daquela que non falaba de "tipos de avións".

 

QUE PARTES TEN UN AVIÓN?

O equipo encargado de "descubrir" as partes do avión, buscou entre toda a información que tiñamos no recanto de investigar, e atopamos un esquema que dicía como se chamaba cada unha das partes máis importantes.

 

 

QUEN INVENTOU OS AVIÓNS?

Buscando no ordenador, e mirando un vídeo (que podes ver aquí) descubrimos que os "irmáns Wright" fixeron o primeiro avión de madeira.

 

Logo chegou o momento de plasmalo sobre o papel para o noso dossier...

 

 

 

E tamén para completar o noso mural da investigación.

 

Unha vez rematada a investigación, cada equipo expúxolle ós demáis compañeiros e compañeiras os seus descubrimentos.

 

POR QUE VOAN OS AVIÓNS?
Descubrimos que "voan porque teñen unhas as especiais e o aire "empuxa" hacia arriba".

Descubrímolo mirando este vídeo, e escoitando con moita atención.

 

COMO COLLEN AUGA PARA OS INCENDIOS?

Buscando nos libros "descubrimos que meten a auga na súa bodega e que a collen dos ríos ou do mar"

 

CON QUE PODEN CHOCAR?  DAN BOTES Ó ATERRIZAR?  POR QUE SE VEN PEQUENOS NO CEO? VAN OS AVIÓNS Ó ESPACIO? 

Como quedaban catro preguntas que xa foramos respostando ó investigar outras, fómos anotando unha por unha a resposta nun "cuestionario"

 

E como sempre engadimos a nova información ó noso mural, co número da pregunta atopalo doadamente, e tamén aumentar ó noso dossier persoal.

 

O MURAL  DA  INVESTIGACIÓN

Despois de explicar ós compañeiros e compañeiras dos otros equipos, as respostas as preguntas que faltaba, e poñer un "SI" ó lado de cada unha, contamos as preguntas que tiñamos e observamos que xa non quedaba ningunha. Por fin rematamos a nosa investigación, e así de "xigante" que dou o noo mural,  con toda a información que descubrimos.

 

REFLEXIONAMOS

Lembramos todo o traballo que levaramos a cabo nesta investigación, ordenamos no tempo "as lembranzas" (que sucedeu antes e despois, que investigamos antes e que despois...) e novamente limos os nosos "coñementos previos" e fomos "reescribindo" aquelas ideas que tiñamos e que ahora sabemos que non son exactamente como pensabamos.

Falamos tamén do que nos gustou máis e menos, de como investigamos "facendo equipos" e que nos costou máis e menos durante o proceso.

 

O DOSSIER

Tan só quedaba por rematar o noso dossier persoal, poñéndolle na portada a fotografía da visita ó ultralixeiro.

 

Agora o mural está no corredor, para que todos e todas podan descubrir novas cousas sobre os avións.

Ademáis está fronte a investigación das princesas e cabaleiros dos nosos compañeiros da outra aula.

 

Chegou o momento de levar para casa toda a información que empregamos durante a investigación. Aproveitamos para recordar que fontes de información empregamos, onde descubrimos cada pregunta e ata atopamos nova información que no seu momento nos descubriramos.

 

PARA SABER MÁIS:

Para saber máis sobre que son os proxectos de traballo e investigación, podes consultalo AQUÍ

 

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.