Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil 2

(2013-2014) Construímos un "tótem" de forma cooperativa

Unha mañá NOA trouxo á clase unha figura moi chula que fixera na súa casa, contounos que se trataba dun TÓTEM que tiña representados a moitos animais.

 

Buscamos no ordenador información para descubir que eran e para que servían os "tótems", que representaban animais e que estaban feitos de madeira. Gustounos tanto que acordamos facer un tótem como o de NOA pero moito máis grande.

 

O primeiro foi decidir entre todos de que material o iamos facer, pensamos que o mellor sería o cartón e, despois de falar un anaco, chegamos á conclusión que había moitas caixas de cartón na aula dos nosos compañeiros e compañeiras de sexto.

 

Entre todos e todas conseguimos levalas ata a nosa aula.

 

Así de alto sería o noso TÓTEM, tería 5 animais xa que o dividiríamos en cinco anacos. Enriba da mesa era moito máis alto que calquera de nós.

 

Para construir o tótem, agora que xa tiñamos preparado o material, organizámonos por equipos "cooperativos", cada un deles sería o encargado de facer a súa parte do tótem e estaríamos nos mesmos equipos durante varios días, ata que o désemos rematado. Despois de acordar as normas de funcionamento dos equipos, e as diferentes funcións de cada un dos membros no mesmo, puxémonos mans á obra.

 

O primeiro foi que cada equipo falase, elixise e deseñase o animal que ía representar na súa parte do tótem, eso si todos os integrantes de cada equipo tiñan que aportar a súa parte ó traballo. Unha vez rematado escribimos os nomes de tódolos integrantes do equipo e o nome do animal... desde ese momento o noso equipo chamaríase como o noso animal.

 

EQUIPO  OSO:

 

EQUIPO TIGRE:

 

EQUIPO ÁGUIA:

 

EQUIPO CABALO:

 

EQUIPO GATO:

 

En ocasións algún equipo precisou consultar algunhas fontes de información para ver os detalles máis pequenos do seu animal, e así conseguir ideas para debuxalo.

 

E estes foron os deseños de cada un dos equipos, tan só faltaba convertilos na nosa parte do tótem.

 

Novamente cada un dos equipos, escribiu no seu debuxo (cooperando entre todos e todas) as cores que ía precisar para pintar o seu anaco de tótem, deste xeito o profe podería traer os botes de témpera lendo o que poñia nos nosos debuxos.

 

Despois do traballo, cada un dos equipos valorou (auto-avaliou) como foi o seu traballo:

  • rematamos a tempo?
  • falamos entre todos para tomar as decisións?
  • recollemos o material?.
Nestas primeiras ocasións algúns dos equipos caeron na conta de que tiñan que mellorar nalgún dos aspectos de cara á seguinte oportunidade.

 

Na seguinte ocasión, xa coa base do noso anaco do tótem seca, cada un dos equipos voltou a organizarse, nesta ocasión para pintar as partes que lle faltaban ó seu animal segundo o deseño que fixeran.

 

Co paso dos días fomos descubrindo que, para que o equipo rematase o traballo todos os integrantes do mesmo tiñan que participar, así que axudándonos uns ós outros o traballo era máis doado.

 

Como sempre, lembramos as normas de funcionamento antes de comezar o traballo (que logo empregaríamos para a auto-avaliación)

 

Así foron quedando os nosos animais para o tótem,  iguais que os nosos deseños.

 

Na seguinte ocasión que se reuniron os diferentes equipos, o traballo consistiu en decidir que outros elementos precisaba o noso animal do tótem, para elo cada equipo escribiu as partes do animal que lle faltaban (orellas, cola, bigotes, as...), como sempre tivemos que escribir todos e todas... axudándonos descubrimos que o traballo era máis doado e divertido.

 

Coas listas que escribíramos, o mestre foi cortando de gomaeva as partes que necesitabamos. Novamente por equipo fomos pegándollas ó noso animal para dar por rematado a nosa parte do tótem.

 

Xuntando tódalas partes demos construido o noso gran tótem da aula... quedounos fantástico.

 

Tan só nos quedaba facer un rexistro do traballo realizado, pegando unha fotografía de cada un de nos xunto ó totem, escribindo ó lado o nome do animal que fixera o noso equipo e os integrantes do mesmo. Novamente traballamos dentro do equipo cooperativo e agora, despois de varios días, fomos capaces de falar e chegar a acordos, de axudarnos uns ós outros para rematar axiña, e de que cada un de nós aportase ó traballo final.

 

Chegou o momento de facer unha nova auto-avaliación, nesta ocasión descubrimos que fomos capaces tódolos equipos de cumplir as normas do traballo cooperativo.

 

Agora temos o tótem nun recanto da aula para poder xogar con el, se queres velo tan só tes que visitarnos.

 

 

(2013-2014) E no mes de febreiro... tamén sucedeu todo isto

Durante este mes de febreiro ademáis de preparar o noso comic-pizza para o Salón do libro, participar no Entroido, celebrar os cumpleanos do mes facendo unha pizza e de continuar a investigar no noso proxecto sobre como se fixo o mundo... tamén sucederon todas estas outras cousas:

 

ZOE CONTINOU A SÚA VIAXE POLAS NOSAS CASAS:

Como xa vos contamos nunha entrada anterior, HUGO fora o último en levar a ZOE para a súa casa, á volta contounos todo que fixera con ela, coas fotos e textos que tiña no seu libro das viaxes.

 

Na pantalla foinos contando todo que fixera con ZOE ó longo da semana que estivera na súa casa.

 

O seguinte en facerse cargo de ZOE foi JOAQUÍN, non sen antes despedirse HUGO do seu amigo.

 

Despois dunha semana, á volta da súa viaxe, JOAQUÍN contounos tódalas aventuras que vivira coa nosa amiga.

 

Por último neste mes, DIEGO foi o encargado de levarse a ZOE para a súa casa.

 

E novamente, despois dunha semana, contounos o ben que o pasara con ZOE ó longo deses días, explicándonos o que sucedía en cada foto e o que escribira en cada unha delas.

 

DIEGO entregoulle o testigo a MARCOS... esperemos que o pase xenial con ZOE na súa casa, pero iso xa ó contaremos noutra entrada.

 

 

FALAMOS, XOGAMOS, ESCRIBIMOS E LEMOS CO MECO:

Como xa vos contamos na entrada do Entroido prehistórico, ademáis de elaborar o noso disfraz tamén participamos nas propostas do MECO, que este ano estaba disfrazado de troglodita.

 

Cada día, despois do recreo estabamos atentos para ir a ler o que poñía no seu cartel.

 

Xa de volta na aula, cada día escribimos unha nota para levar para as nosas casas, onde poñíamos o que había que traer posto ó día seguinte dentro dun bocadillo de comic.

 

O día que nos tocou vir con roupa de praia, como todos trouxemos toallas, estivemos facendo dramatizacións, e xogos orientándonos no espacio e explorando as nosas posiblidades motrices.

 

Fomos quen de organizandos entre todos e todas empregando diferentes estratexias e ideas para, despois de varios intentos, dar feito un camiño tan longo que nos levase ata a casiña que estaba ó fondo da clase.

 

Co camiño xa feito probamos a recorrelo como "gatiños" a catro patas, coordinando os nosos movementos cos dos outros compañeiros e compañeiras.

 

E tamén andando... Ata fomos capaces de meternos todos e todas dentro da casiña, aínda non sabemos como non estoupou ;)... foi moi divertido.

 

 

CONTINUAMOS A ENCHER O NOSO DICCIONARIO GRACIAS Ó MURO DAS PALABRAS:

Cada semana continuamos a engadir novas palabras nos nosos diccionarios, construíndo para cada letra un "novo muro das palabras".

Agora xa somos capaces, de forma autonóma, de organizarnos para repartirnos e escribir as palabras do muro desa semana, para buscalas no ordenador, imprimir a súa fotográfía e pegar ambas cousas no muro do corredor.

 

 

PARTICIPAMOS NA HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO NA BIBLIOTECA DO COLEXIO:

A Biblioteca do colexio organizou un acto para homenaxear a Rosalía de Castro, no cal cada curso recitaría unha poesía dela.

No noso caso, xunto ós compañeiros e compañeiras da outra aula de infantil, preparamos a poesía "XAN", que fora convertida en canción por UXÍA. 

Cantamos e bailamos coa canción ó longo dos días previos. Tamén nos repartimos os versos por parellas para poder recitala entre todos e todas.

 

O día da homenaxe, na biblioteca do centro, recitamos a poesía a tódolos nosos compañeiros e compañeiras maiores. Como era o día en que o MECO nos mandara vir disfrazados da casa, recitamos a poesía de Xan con traxes moi divertidos.

 

 

SEGUEN A CHEGAR NOVAS DAS NOSAS CASAS:

Continuamos tamén a traer novas das nosas casas.

 

Xunto ós compañeiros e compañeiras de E.I. 1 estamos enchendo o noso mural con novas moi interesantes que buscamos cos nosos pais na casa, e recreamos na folla da noticia.

 

 

UN SAN VALENTÍN PREHISTÓRICO:

Tamén participamos na celebración de "San Valentín" organizada polo centro. Nesta ocasión correspondeunos facer a decoración para o recanto onde se atoparía o buzón das cartas, pintando un dinosauro "namorado". Despois de organizarnos dentro do grupo, para ver como o iamos pintar e que cores iamos impregar, demos rematado o traballo axiña colaborando entre todos r todas.

 

Xuntándo p noso dinosauro xa rematado, co que fixeran os compañeiros e compañeiras da outra aula xa tiñamos un PAR de dinosauros de San Valentín.

 

Escribiros AMOR no seu corezón, e pola nosa parte escribimos AMIZADE no noso.

 

Diante do buzón había cartas de diferentes cores, lendo o que poñía no cartel de cada cor descubrimos o que significaba cada unha das cores.

 

Cada un de nós escolleu unha carta-pedra da cor que quería (segundo fose de AMOR, AMIZADE ou PAZ)

 

Escribimos un listado cos nomes dos compañeiros e compañeiras da outra aula. Cada un de nos escribiría unha carta a un compañeiro da outro aula. Tan só había que escribir o noso nome ó lado do seu para non repetirnos e que todos e todas puidesen recibir a súa carta.

 

Coas cartas xa escritas fomos a metelas dentro do buzón de San Valentín.

 

Despois do recreo recibimos as cartas que nos escribiran os compañeiros e compañeiras de E.I.1 (e outros compañeiros e compañeiras maiores). Estaban dentro do buzón da nosa aula.

 

 

NOVA EXPOSICIÓN NO MUSEO DE ARTE DA NOSA AULA: "A GRELLA DE CORES"

No museo de arte da nosa aula creamos esta exposición de "grellas de cores"... pero non foi tan doado como parece, de seguido vos contamos como as fixemos.

 

O primeiro foi escribir un número en cada unha das celdas (cadrados) da nosa grella, para sí telos enumerados desde o 1 ata o 12.

 

Logo decidimos todos xuntos e escribimos no ordenador, para velo na pantalla da clase, de que cor imos pintar cada un dos cadrados, segundo o número que tiveran.

Cada equipo tiña diante súa as cores que ía necesitar, os pinceis e varias tapas para botar a pintura... Como se ían organizar?... eso foi decisión de cada equipo despois de faltar e negociar un anaco entre os integrantes de cada equipo.

 

Algún equipo decidiu que o mellor era empregar cada tapa para unha cor distinta, para compartilas, e así non mesturalas. Outros preferiron usar una tapa para cada un, e nela poñer tódalas cores pero moi separadas.

Seguindo as instruccións escritas na pantalla deron feito co traballo... había que estar moi atento para non confundirse de cor en cada número e para non "pasar" ó cadrado do lado.

 

Con moito coidado, pouco a pouco fomos rematando a nosa grella de cores, lendo a cor que estaba escrita ó lado de cada número, deixando en branco a que correspondía e escollendo unha cor (distinta das que había ó lado) para os cadros que non tiñan cor asignada.

 

E así quedou a nosa exposición de grellas de cores.

 

 

(2013-2014) Facemos unha pizza comic para o Salón do Libro

Un curso máis imos participar no Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra, onde novamente visitaremos ó lobo ORBIL, asistiremos a contacontos e poderemos ver os traballos dos outros centros participantes.

 

Lembramos a nosa participación no salón en cursos pasados e coñecendo a edición actual:

Para poder participar é preciso envíar un taballo á organización do salón, así que fixemos foi recordar en internet as nosas paricipacións no salón en cursos anteriores empregando a web do centro:

2009 - 2010 - 2011 - 20122013

Tamén miramos o cartel oficial da edición de este ano, léndoo descubrimos que o tema nesta ocasión é "COCIÑANDO LIBROS".

 

Visitamos o colexio buscando os diferentes traballos que levamos ó salón en cursos anteriores, explicándolles ós novos compañeiros e compañeiras como o fixéramos.

 

O profe contounos que este ano iamos facer unha cociña, xunto ós compañeiros e compañeiras da outra aula de infantil e os de sexto. O sitio que nos tocaba para colocar o noso libro era o forno da cociña.

Falamos sobre que tipo de libro poderíamos facer e con que forma. Finalmente despois de falar un anaco sobre o tema, decidimos facer unha "pizza" para meter dentro do forno, na que cada parte fose un libro.

Ademais o libro que iamos facer sería un comic.

 

O mes do comic na nosa aula:

Este mes, para preparar a creación do noso comic-pizza, estivemos traballando con comics... que nos encantan.

 

Na nosa biblioteca organizamos un recanto temporal adicado ó comic, nel xuntamos unha chea de comics.

 

Preparamos un cartel para esta exposición, e con letras móbiles escribimos "MES DO COMIC"

 

Traballamos coas persoaxes dos diferentes comics, clasificándoos e asociando cada persoaxe co comic no que eran protagonistas.

 

Tamén escribimos en "bocadillos" o que pensabamos que cada persoaxe estaba a dicir ou pensar en cada caso.

 

Tamén creamos os nosos propios cómics empregando una aplicación online, que podes atopar no recanto de infantil, no apartado xogos.

 

Creamos cómics de forma conxunta e outros por parellas, engadindo escenarios, bocadillos de comic, textos... Saíron unhas "bandas deseñadas" fantásticas.

 

Así quedou a nosa banda deseñada.

 

 

Escribimos onomaptopeias para indicar expresións das persoaxes do comic que creáramos co ordenador.

 

Tamén escribimos o título que pensábamos que era mellor para o comic en cada caso.

 

Tamén traballamos contando bocadillos, viñetas, caixas de texto... nos diferentes cómics que tiñamos na clase.

 

Descubrimos que había motísimos máis bocadillos que viñetas, e que os bocadillos estaban sempre escritos en maiúsculas, como as que nos empregamos na aula.

 


Preprando a nosa pizza-libro.

Fixemos tamén a nosa pizza na cal estarían os nosos libros, o primeiro foi recortar un círculo de cartón que sería a pizza. Comprobamos que cabía dentro do forno da cociña que iamos facer no colexio.

Antes de nada tiñamos que coñecer que cores precisábamos para facer a nosa pizza cun círculo de cartón. Partindo dunha fotografía fomos anotando nunha lista as cores que iamos precisar e de que se trataba: o queixo amarelo, as aceitunas verdes, o xamón cocido rosa e o tomate vermello.

 

O encargado levou a lista ata o almacén para ir collendo as cores que anotáramos.

 

Pintamos de amarelo a base da nosa pizza... polo queixo que levaba.

 

Con plastilina unh equipo fixo bolas verdes para que fosen aceitunas. Tiveron que partilas á metade para poder pegalas na base.

 

Outro equipo fixo anacos de chourizo de cor vermella con plastilina, facendo bolas e aplastándoas ata facer círculos.

 

Outro dos equipos, con plastilina rosa fixo anacos de xamón cocido, neste caso con forma de cuadrado.

 

Con témpera vermella puxemos tomate na nosa pizza.

 

Cando despegamos os dous anacos de pizza descubrimos que debaixo non quedara pintado, así que con cor azul fomos pintando o que sería o plato.

 

Xa tiñamos os ingredientes preparados.

 

Con Alkil pegamos os diferentes ingredientes ós dous anacos de pizza.

 

Tamén pegamos os ingredientes na parte de pizza que estaba no prato.

 

Afiando pinturas verdes conseguimos o noso "orégano".

 

Botámoslle o orégano en tódalas partes da pizza.

 

Ó final quedou tan parecida á de verdade que temos que ter coidado para non comela :)

 

 

Creando o noso comic pizza.

Chegou o momento de escribir o noso comic pizza, o primeiro foi desexar á persoaxe principal, cada un de nos foi debuxando a que propoñía como protagonista, eso si tiña que ter relación coas pizzas. Tamén lle escribimos no seu bocadillo o que dicía a nosa personaxe. 

 

Con todas as personaxes rematas cada un de nos foi pegando un gomet naquela que máis lle gustaba. Contamos cantas había en cada debuxo e escribimos o número que lle correspondía.

 

Finalmente foi a de NOA a que máis votos recibiu e que tiña o número maior. Xa tiñamos personaxe "un Angry Bird"

 

Entre todos fomos decidindo como pensabamos que debería ser a historia do noso comic. Iamos indicándolle ó profe o que tiña que ir sucedendo e el escribíao no ordenador. Estivemos varios días reescribindo o noso borrador de historia ata que demos atopado a historia perfecta.

 

Coa historia xa definida, repartímo-la historia nas 13 viñetas que ía ter o noso comic, unha por páxina e unha por neno ou nena.

Debuxamos o que sucedía na nosa viñeta.

 

E nuns bocadillos e caixas de texto que iamos recortando, escribimos os diálogos e a historia que estaba a suceder na nosa viñeta.

 

Coa viñeta rematada puxémoslle o número que lle correspondía á nosa páxina, para logo poder ordenalos correctamente.

Os máis pequenos pegaron o texto da súa parte da historia e escribiron onomatopeias nos bocadillos.

Despois de varios días demos rematado o noso comic pizza, só faltaba decidir como se ía titula. Esta foron as propostas que fixemos entre todos e todas:

  •  O COMIC DOS ANGRI BIRDS
  •  OS ANGRY BIRDS VAN Á COPRAR PIZZA
  •  ANGRY BIRDS
  •  A SERPE QUE EXPLOTA
  •  A BÚSQUEDA DOS AMIGOS DOS ANGRY BIRDS
  •  OS ANGRY BIRDS TEÑEN FAME.

Finalmente entre todos eleximos, de forma democrática, contando e comparando os números de cada votación,  "OS ANGRY BIRDS TEÑEN FAME", que escribimos nun círculo que se convertiría nunha cuchilla para cortar a nosa pizza.

Podes ler completo o noso comic-pizza "OS ANGRY BIRDS DE PIZZA" facendo click na seguinte imaxe:

 


 

Inventando "contos na cociña":

A nosa pizza tiña dous anacos, e unh deles xa estaba ocupado no noso comic-pizza, pero aínda quedaba outro.

Este segundo libro íamolo facer xunto dos compañeiros e compañeiras da outra aula de infantil (que xa remataran o seu libro tarteira)

Para facer este segundo libro cada un de nos inventou contos que sucedesen "na cociña", primeiro fómosllos dictando ó profe no ordenador. Logo comentamos cada un dos contos entre todos e todoas para ir facendo cambios e finalmente, cada un co profe (que nos ía facendo preguntas sobre o que sucedía  na nosa historia), foi facendo ós últimos cambios que consideraba no borrador do seu conto.

 

Co texto xa escrito no ordenador, tan só había que pegalo e debuxar a historia do que sucedía en cada historia.

 

Así quedou rematado o noso segundo libro "Contos na cociña".

Se queres ler o noso libro-pizza "CONTOS NA COCIÑA", tan só tes que facer click na seguinte imaxe.

 


 

Colaboramos na construcción da cociña:

Tamén participamos na elaboración da cociña, na que irían o noso traballo, o dos nosos compañeiros e compañeiras de infantil 1 e os de sexto curso.

 

A nós nos corresondía pintar de negro toda a cociña, por dentro e por fora... era moito traballo.

 

Así quedou a nosa cociña pintada e cunha capa de Alkil para que quedase brillante.

 

Probamos como quedaba o noso libro-pizza dentro do forno da cociña.

 

E pasámolo de medo xogando con ela durante o tempo que estivo na nosa aula.

 

Os compañeiros e compañeiras de sexto curso viñeron a buscar a cociña, xa que eles ían ser os encargados de rematala.

 

Así quedou o traballo do colexio rematado:

Aquí podes ver o noso libro-pizza dentro do forno, a tarteira libro dos compañeiros e compañeiras de infantil 2 e o libro de "cociña con arte" dos compañeiros de sexto.

 

Podes ver como elaboraron os restantes libros no recanto de infantil 1 e no recanto de sexto.

Podes ver como fixeron os traballos dos nosos compañeiros e compañeiras nestas ligazóns:

- Caldo de contos (Infantl  2)

- Cociña con arte (sexto curso)

Tan só nos queda visitar o Salón do libro para participar nas súas actividades, pero iso xa o contaremos noutra entrada en canto vaiamos.

Agardamos que vaias a ver o noso traballo ó Salón do libro, xa está case todo preparado, e ata sae o traballo dos nosos compañeiros e compañeiras de E.I.1 no facebook ofiical do salón do libro.

 

 

 

 

(20013-2014) Como é e como se fixo a terra?, e a lúa?... continuamos co noso proxecto de investigación.

Podes ver os pasos previos deste proxecto de traballo e investigación nestas entradas anteriores:

11/12/13: (2013-2014) Como se fixo o mundo?... iniciamos o noso primeiro proxecto de traballo e investigación deste curso. 

30/01/14: (2013-2014) Continuamos a investigar sobre o mundo: como apareceron os animais e as persoas?

 

Aínda nos quedaban algunhas preguntas sen resposta no noso proxecto de investigación titulado "Como se fixo o mundo", así que  organizados en dous equipos buscamos as respostas a varias delas.

 

QUE SON OS DEBUXIÑOS DE CORES QUE HAI NO MUNDO?  QUE SON OS CONTINENTES?

Buscando nos libros o equipo encargado de buscar datos sobre esta pregunta, foi descubrindo que era o que estaba de cor azul, verde, amarelo e branco nas "fotos da terra".

 

Con cada descubrimento iamos facendo unha copia para poder logo empregala no noso mural da investigación.

 

COMO SE FIXO A TERRA?  COMO SE FIXO A LÚA?

Pola súa banda, o outro equipo encargouse de buscar no ordenador algún vídeo que contase como se creou a terra e a lúa. (Podes ver os vídeos que empregaron no recanto de infantil, no apartado de vídeos, ou directamente desde aquí)

 

EXPLICANDO ÓS DEMÁIS OS DESCUBRIMENTOS FEITOS POR CADA EQUIPO:

Un por un, os membros dun dos equipos foron contándolle ós demáis os descubrimentos que fixeran:

 

  • o que eran cada unha das cores das fotos da terra (os bosques e a herba, a terra, o mar e as nubes)
  • que eran os continentes: as partes de terra do planeta
  • onde estaba a terra en relación os outros planetas (era o número 3)
  • que a lúa era moito máis pequena que a terra.

 

O outro equipo empregou os vídeos que estiveran analizando, para ir contando os seus descubrimentos, parándoo cando sucedía algo importante, para explicarllo ós compañeiros:

  • antes na terra non había vida (e logo apareceron as bacterias como xa descubriramos)
  • un meteorito chocou contra a terra e explotou en lume, logo foronse xuntando os anacos e formouse a lúa.
  • todos os planetas, entre eles a Terra, e as estrelas apareceron despois dunha explosión xigante que se chama BIG BANG.


Ademáis nalgúns dos vídeos tamén atopamos información sobre as preguntas do outro equipo, descubrimos que había cinco ou seis continentes (que xa nos explicaran que era a parte de terra do planeta) e que as partes con auga se chamaban "océanos".

Tamén nos demos conta como nun dos vídeos aparecían os planetas, entre eles a terra e a lúa, na mesma posición que nunha das imaxes que sacaramos dun libro. Aínda que no vídeo non o dícía, no debuxo poñía que a terra era o número 3 contando desde o Sol, así que puidemos identificar o noso planeta no video contando ata tres desde o sol.

PLASMAMOS OS DESCUBRIMENTOS NO NOSO MURAL:
A medida que iamos vendo os vídeos o profe foi fancendo "capturas" de parte do mesmo para poder imprimilas despois.

Esas imaxes, xunto coas que atoparan no outro equipo serían as que iamos empregar para dar resposta ás preguntas no noso mural.

 

QUE SON OS DEBUXIÑOS DE CORES QUE HAI NAS FOTOS DA TERRA?

 

Aquí podes ver os nosos descubrimentos.

 

QUE SON OS CONTINENTES? 

Fomos contando o que xa sabiamos que eran os continentes, e tamén algo que non tiñamos entre as nosas preguntas pero que si descubrimos no camiño: "os océanos son a parte de auga do planeta"

 

E así o plasmamos no mural:

 

COMO SE FIXO A TERRA E A LÚA?

Explicamos tamén no noso mural, empregando as capturas dos vídeos que miraramos, como se creou a terra e a lúa. Unimos con flechas cada un dos pasos da secuencia de feitos.

 

Así o explicamos no noso mural así como a teoría do Big Bang e a situación do noso planeta e da lúa, xunto ós demáis en relación ó sol.

 

Aínda nos quedan un par de preguntas por respostar e tamén nos resta por engadir estes novos descubrimentos ó noso dossier persoal da investigación. 

Polo momento o noso mural da investigación é cada vez máis grande.

 

Permanecede atentos a próximas entradas, onde vos contaremos como imos rematar esta investigación. 

(2013-2014) No mes de xaneiro tamén sucedeu todo esto.

Ademáis de todo que vos estamos a contar noutras entradas deste recanto de infantil 2, no mes de xaneiro sucederon outra chea de cousas na nosa aula que vos contamos de seguido:

TEMOS NOVO CALENDARIO:

Á volta das vacacións de Nadal decatámonos de que o noso calendario non tiña máis follas. Tivemos que comezar un novo, o do ano 2014. Nel marcamos os feitos máis importantes que terían lugar ó longo do mes de xaneiro.

 

CONTINUAMOS A ENCHER OS NOSOS DICCIONARIOS GRACIAS O MURO DAS PALABRAS.

Pouco a pouco e letra a letra, continuamos completando os nosos diccionarios coa axuda do muro das palabras

Cada semana escollemos unha las letras que aínda non teñen ningunha palabra no diccionario, xuntámonos os compañeiros e compañeiras da outra aula e propoñemos palabras que comezan por esa letra. Tras respartírnolas ,pegamos no muro cada palabra xunto coa súa imaxe, temos que ir escribindoa para buscala nesta aplicación.

 

 

ZOE CONTINÚA VISITANDO AS NOSAS CASAS:

Tal como xa vos contamos noutra entrada anterior, Zoe está a visitar a nosas casas para pasar con cada un de nos unha semana.

NOA troúxonos unha chea de fotos e textos escritos por ela onde se explicaba a tódolos sitios onde fora con Zoe.

 

NOA pasoulle o relevo a YÉSSICA quen tamén trouxo unha foto celebrando o sue cumpleanos no libro das viaxes de ZOE.

 

Cada vez que ZOE está de volta na aula, miramos na pantalla as fotografías de tódolos sitios nos que estivo con cada compañeiro ou compañeira, para que cada un poida ir contando todo que fixeron xuntos en cada un dos sitios.

 

Antes de rematar o mes tocoulle o turno a HUGO, xa vos contaremos que tal o pasou ZOE na súa casa, nunha futura entrada.

 

FACENDO UNHA TEA DE ARAÑA COLABORANDO ENTRE TODOS:

Participamos tamén nunha dinámica organizada polo departamento do orientación do colexio, neste caso iamos facer entre todos unha tea de araña.

 

Cada quen tiña que ir contando algo que lle gustaba e pasarlle a madexa de la a outro compañeiro ou compañeira...ó final demos feito unha tea de araña.

 

Que sucedería se alguén soltaba a súa punta de la?... pois que a tea de araña se desfacía. Estivemos comentando porque pasaba esto e chegamos á conclusión de que necesitabamos a tódolos compañeiros e compañeiras para poder conseguilo.

 

Tamén participamos noutra dinámica na que tiñamos que buscar ós membros do noso equipo, mirando a cor do gomet que tiñan pegado na frente.

 

Pero un dos compañeiros non estaba en ningún equipo?  Non importaba que fose distinta a súa pegatina... tódolos equipos estaban encantados de acollelo no seu grupo, sen que lles importase que "era diferente"

 

 

AS EXPOSICIÓNS DO NOSO MUSEO CONTINÚAN A CAMBIAR CADA SEMANA.

O noso museo continuou coas súas interesantes exposicións de obras de arte creadas por nos.

A primeira dela xurdiu a partir do conto "a que sabe a lúa?" (que xa vos contamos noutra entrada anterior), pintamos a lúa partindo dunha imaxe que atoparamos para o noso proxecto de investigación "sobre o mundo"

 

Cada quen tivo que buscar a que considerou a mellor estratexia para poder pintar o fondo de cor negra e a lúa de cor gris sen que se mesturasen ambos.

 

Outra semana pintamos bonecos de neve empregando formas xeométricas e diferentes técnicas co pincel.

 

Tamén fixemos cadros con moitas cores pero "sen que se tocasen nin mesturasen", parecía doado pero non o foi... cada quen novamente tivo que buscar unha estratexia para empregar tódalas cores sen que se mesturasen.

 

No transcurso do noso proxecto de investigación sobre o mundo, ademáis da lúa tamén debuxamos o noso planeta, a Terra. Ambos éran esferas, pero debuxados tiñan a forma dun círculo.

 

Nesta ocasión tivemos que coordinarnos para pintar nas diferentes mesas, que tiñan asignada unha cor diferente, de xeito que todos e todas puidésemos pintar unha parte do noso debuxo á vez.

 

Empregaremos a nosa representación da terra como portada do noso dossier da investigación sobre o mundo.

 

ESCRIBINDO CARTAS... E MÁIS CARTAS

Ó longo deste mes tamén escribimos dúas cartas entre todos e todas.

Unha delas enviámoslla ó noso compañeiro JOAQUÍN que sufrira un pequeno accidente e non ía vir ó cole nuns días. Envíamola polo seu irmán que está na aula do lado.

 

MARCOS trouxo da súa casa varios libros que xa non usaba para que puidesemos poñelos na nosa biblioteca de aula, e así compartilos con todos e todas.

 

Para agradecerllo á familia de MARCOS escribímoslle entre todos e todas unha carta de agradecemento, que el mesmo levou para a súa casa.

 

SEGUIMOS A TRAER NOVAS DA CASA

Continuamos traendo novas da nosa casa, para poñelas no mural do corredor, onde os compañeiros e compañeiras dos cursos superiores están sempre lendo a ver que novas interesantes hai.

 

O autor de cada nova contálle ós demais compeñeiros e compañeiras onde a atopou, como a escribiu e debuxou e que sucedía nela.

 

E ademáis tamén continuamos co noso proxecto de investigación sobre o "mundo",  que vos contamos na seguinte entrada.

(2013-2014) A que sabe a lúa?... darán chegado a tartaruga e o elefante ata ela?

Un día na clase limos o conto "A que sabe a lúa", por se non o coñeces podes escoitalo no seguinte vídeo. 

 

Gustounos tanto que decidimos repesentalo na nosa aula.

O primeiro foi facer a LÚA, e como queríamos que parecese a de verdade, estivemos buscando en internet como era a lúa e de que cor teriamos que pintala.

 

Tíñamos que empregar a cor gris, pero como só había témpera branca e negra, tivemos que mestruar ambas cores ata conseguir a cor que estabamos a buscar.

 

Despois de que cada quen "crease a súa lúa" chegou o momento de traballar todos xuntos para pintar as "dúas caras da nosa lúa".

 

Cando estivo seca a pintura, fixemos coas mans moitísimas bolas de papel de xornal, para encher a lúa e facela moi grande.

 

Cando tivemos xa a lúa pendurada do teito, chegou o momento de poñernos mans á obra co primeiro dos animais do conto: a tartaruga.

 

E novamente, con bolas de papel de xornal, fixémola en volume.

 

Xa tiñamos listo o noso primeiro animal protagonista da historia, e tal como sucedía no conto, aínda estaba moi lonxe chegar ata a lúa.

 

Para facer o elefante, que era o seguinte animal que saía na historia, organizámonos en dous equipos, cada un deles se encargaría de acordar entre todos como pintar o elefante. Empregando o libro como referencia acordamos que o corpo debería ser de cor gris.

 

Como enriba ía ter outro animal (a xirafa) decidimos pintarlle unha mantiña de cadrados de cores.

 

Unha vez pendurado xa tiñamos dous dos animais protagonistas preparados... pero aínda non chegaban ata a lúa e tal como contaba no libro facían falta aínda máís animais.

 

Ó longo das próximas semanas continuaremos a axudar ós restantes animais, para que sexan capacesde chegar ata a lúa e poidan probar a que sabe... irémosvolo contando en futuras entradas.

(2013-2014) Continuamos a investigar sobre o mundo: como apareceron os animais e as persoas?

Podes ver os pasos previos deste proxecto de traballo e investigación nestas entradas anteriores:

11/12/13: (2013-2014) Como se fixo o mundo?... iniciamos o noso primeiro proxecto de traballo e investigación deste curso. 

 

CONTINUAMOS CO NOSO PROXECTO DE TRABALLO E INVESTIGACIÓN: COMO SE FIXO O MUNDO?

Á volta das vacacións de Nadal retomamos a nosa investigación sobre "como se fixo o mundo", tentando de darlle resposta as preguntas que aínda nos quedaban por respostar.

Pero antes pareceunos interesante deixar constancia no noso mural dunha noticia que tiña relación co tema do noso proxecto, o terremoto que houbo en Campo Lameiro, explicando porque se producen os terremotos (o traballo sobre este feito xa o comentamos nunha entrada anterior)

 

Xa de volta coas nosas preguntas, decidimos rematar a investigación sobre a orixe dos animais. Polo momento xa sabiamos que viñan do mar pero, como apareceron tódolos animais que coñecemos se algúns no viven na auga?.

Nesta ocasión decidimos investigalo todos xuntos empregando algúns vídeos que atopamos no recanto de infantil da web do colexio.

Podes acceder a estes vídeos desde aquí.

 

Como foron aparecendo os diferentes animais? EVOLUCIONAN:

Nun dos vídeos puidemos ver como un animal moi antiga, que vivía debaixo do mar fai millóns de anos, ía cambiando co tempo ata convertirse nun dinosaurio.

Fomos dicíndolle ó profe que fose anotando no encerado os "cambios máis importantes" que observábamos que se producían nese animal (aparecianlle aletas, que logo se convertiron en patas, saíronlle dentes...). Ademáis escoitamos que a eses cambios, que facían que uns animais se convertisen noutros se lle chamaba EVOLUCIÓN.

 

CAL FOI O PRIMEIRO SER VIVO?

Noutro dos vídeos puidemos escoitar que o primeiro ser vivo que aparecer debaixo do mar (como ben xa sabiamos por outra pregunta con resposta), se chamaba BACTERIA. Así o indicamos no noso mural... agora tan só faltaba ir poñendo os demáis animais que foron evolucionando a partir delas.

 

Descubrimos tamén que da bacteria apareceron prantas e animais mariños como os "calamares", "trilobites" e ata algúns cun aspecto moi raro que parecían monstruos.

 

Fomos anotando e unindo con liñas os animais que ían aparecendo a partir dos outros (como os peixes),  creando un esquema da evolución dos seres vivos.

 

Descubrimos que un dos animais que apareceron, que se chamaban os sinápsidos... foron moi importantes porque deles apareceron os mamíferos e entre eles os humanos, e por outra banda apareceron os reptiles, dos que aparecerían logo os dinosaurios (que xa investigaramos o curso anterior)

Falamos e comparamos as características dos sinápsisdos cos animais actuais e coas persoas (o pelo, as patas, os dentes, etc)... intentando adiviñar cales criamos que evolucionaron a partir deles. 

 

Dramatizamos desenvolvendo as capacidades expresivas do noso corpo facendo de reptiles, descubrindo que "reptar" significaba arrastrarse.

 

Tamén imitamos ós sinápsidos e mamíferos, que tiñan xa catro patas e non se arrastraban ;)

 

Pouco a pouco foron aparecendo animais que xa coñeciamos como os primates (monos, gorilas....)

 

E outros mamíferos como os cabalos, vacas, xirafas...

 

Ata que por fin chegamos os HOMÍNIDOS, que descubirmos que eran as persoas que foran evolucionando "poñendose de pe", porque ó principio eran parecidos ós gorilas, pero non eran gorilas.

 

Xa co noso esquema da evolución dos animais rematado chegou o momento de trasladar eses datos ós nosos dosieres persoais, onde contamos os feitos máis relevantes do esquema da evolución.

 

E por suposto tamén contamos como e producía e evolución dos animais facendo unha secuencia dos cambios que se produciran naquel primer animal mariño, e que nos descubriramos no vídeo.

Anotámolos en orde no encerado, cun número para cada paso.

 

Agora tan só tiñamos que intentar "ler" o que poñía en cada número para poder completar a secuencia sen problemas, e saber en que número tiñamos que pegar cada unha das fotografías da evolución.

 

Finalmente demos feito o traballo e escribimos debaixo de cada foto os cambios evolutivos que ían sucendendolle.

 

E por parellas fomos axudándolle ós máis pequenos a rematar a sua secuencia.

 

Agora xa sabemos que os humanos (as persoas) apareceron evolucionando a partir de outros animais... descubrimos unha resposta mentras investigabamos outra pregunta.

Xa vos iremos contando como continúa a nosa investigación, que aínda nos quedan varias preguntas por respostar.

 

(2013-2014) ZOE viaxa ata a nosa aula para visitar as nosas casas

QUIQUE  E  ZOE CHEGAN A INFANTIL... NUN PAQUETE:

Unha mañá, cando estabamos xuntos os compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil, a profe MERCE tróuxonos un paquete.

 

No paquete había pegada unha etiqueta que poñia que viña dirixido ó noso colexio e concretamente ás aulas de INFANTIL.

 

Sen perder tempo, os encargados dese día nas dúas aulas, abriron o paquete para ver que contiña.

 

Era unha caixa.... que habería dentro dela?

 

 

Dentro atopamos dous simpáticos bonecos, eran case iguais pero de diferente cor... quenes serían? para que viñeron ata o noso colexio? 

 

Dentro da caixa tamén había dous enormes cadernos con follas en branco. Nunha das portada puidemos ler "LIBRO DAS VIAXES DE ZOE" e na outra "LIBRO DA VIAXES DE QUIQUE"... como ademáis a tiñan a foto de cada un dos bonecos, por fin puidemos saber como se chamaban os nosos novos amigos.

 

Atopamos tamén unha carta que nos leu a profe ÁNGELA, na cal QUIQUE E ZOE contaban que viaxaran por todo o mundo e agora querían pasar con cada un de nos unha semana, e visitar as nosas casas en CAMPO LAMEIRO e en PONTEVEDRA . Tamén indicaba algunhas normas a ter en conta: coidalos, facerse responsable deles, levalos sempre connosco e respectar o que os demáis compañeiros e compañeiras fosen anotando no libro das viaxes.

Tamén nos pedían que no libro  pegásemos fotografías, debuxos e contásemos a onde foran connosco, para así ampliar o álbum de fotos que tamén viña dentro da caixa.

 

No álbum de fotografías puidemos ver os lugares do mundo polo que foron pasando os dous, se queres ver estas fotografías tan só tes que facer click na seguinte imaxe.

Agora tan só faltaba por decidir quen se quedaría en cada aula para emprender esta nova viaxe. Despois dun sorteo QUIQUE quedou na aula de INFANTIL 1  e ZOE na nosa aula. 

 

ZOE QUEDA NA NOSA AULA E COMEZA A VIAXE POLAS NOSAS CASAS.

 

 

Para decidir quen ía ser o primeiro en levar a ZOE para a súa casa acordamos empregar a lista-rexistro, que xa empregamos para anotar quen leva a noticia cada fin de semana ou cal é a quenda para usar o ordenador.

Nesta ocasión pegamos unha pequena imaxe de ZOE para ir marcando quen o tiña na súa casa en cada momento.

 

NOA foi a primeira afortunada, quen levou dentro dun maletín o libro das viaxes, o álbum de fotos, lápices, tesoiras, pinturas... e todo o que precisase para contar as súas aventuras con ZOE. E por suposto tamén levou á propia ZOE... de seguro que o pasa de medo con Noa. Xa vos contaremos todo o que fixo nesta primeira viaxe.

 

 

DE VIAXE POLO MUNDO.

Como nos contaran na súa carta, ZOE  e QUIQUE visitaron moitos lugares do mundo, e fixeron fotografías para lembrarse de cada un deles. Ademáis do álbum, tamén nos deixon copias das fotografías para ter na nosa aula.

 

Pegámolas todas nun mural da aula, pero... onde estarían todos eses lugares polos que viaxaron?

 

Descubrimos que pola parte de atrás, cada unha tiña escrito o nome do lugar onde se fixera a fotografía, así que cada un colleu unha delas para intentar descubrir onde se fixera.

Algunhas eran moi doadas porque xa coñeciamos o sitio como  no caso de "EXIPTO" que xa o investigaramos o curso pasado. Noutras tivemos que descubrir o poñía na parte traseira, entre todos fomos capaces de ler o que estaba escrito en cada unha delas.

 

As veces resultaba doado de atopar o lugar no mapa da nosa aula, tan só había que buscar onde estaba escrito o mesmo lugar que na foto.  Como xa tiñamos marcado onde estabamos nos puidemos ir descubrindo se os lugares estaban preto ou lonxe de nos.

 

Noutros casos tivemos que buscar no ordenador onde se atopaba ese sitio, escribindo correctamente a nome do sitio, para poder localizalo no noso mapa do mundo.

 

Para organizar os diferentes lugares, escribimos un número en cada unha das fotografías.

 

Pegamos ese mesmo número lo lugar do mapa que se correspondía con cada fotografía. Agora xa podemos saber por onde viaxaron QUIQUE e ZOE, tan só temos que ver que número ten a fotografía e localizala no noso mapa.

 

Finalmente cada quen elaborou un do documento onde presentaban as dúas novas mascotas, pintando cada unha da cor que lle correspondía, escribíndolle o seu nome e elexindo os seus lugares favoritos de tódolos que visitaron.

 

Irémosvos contando en diferentes entradas como lle vai a ZOE nas súas viaxes, e se queres coñecer por onde vai viaxando QUIQUE podes visitar o recanto dos nosos compañeiros de infantil 1 nesta mesma web.

 

(2013-2014) Enviamos postais de nadal creadas con elementos da natureza

Como xa vos contamos nunha entrada anterior, este curso estivemos explorando as posibilidades creativas dos elementos da natureza. Seguindo esa experiencia creamos as nosas postais de nadal empregando obxectos que podiamos atopar na natureza. Falamos de que era cada un deles e de donde criamos que viñan (do mar, da terra, das prantas...)

 

Cada quen escolleu os elementos que quería empregar na súa postal (follas, paUs, cuncHas, pedras...) e como faría a árbore de nadal con eles.

 

Cada un de nos decidiu empregar unha estratexia e unha técnica diferente. En ocasións tivemos que tentalo máis dunha vez ata conseguir un resultado que nos gustase, pero ó final tódalas postais quedaron fantásticas.

 

Ademáis descubrimos que se podía escoitar o mar nas cunchas ;), que algunhas das follas cheiraban moi ben, que as pedras estaban frías, que algunhas eran suaves e outras non....

 

Cando tivemos as nosas árbores rematada, fixémoslle unha fotografía. Se queres ver como quedaron as nosas árbores fai click na seguinte imaxe.

 

Nunha cartolina, da cor que escolleramos, cada un foi pegando a fotografía da árbore que creara, e empregando Alkil e unhas estrelas pequeniñas fórona decorando. 

 

Coas estrelas brillantes pegadas quedaron moi chulas.

 

Na parte de dentro da postal escribimos unha mensaxe de Nadal, e quen quixo engadiulle tamén un debuxo.

 

Como as iamos enviar ás nosas casas escrbrimos o noso enderezo nun sobre (os de cinco anos) ou ben pegamos o enderezo na parte de diante do sobre (os de tres e catro anos). Ademáis tivemos que pegarlle un selo para que o carteiro a levase ata a nosa casa.

 

Xa tiñamos as nosas cartas (postais) listas, tan só faltaba buscar un buzón e para botalas dentro.

 

O último día de colexio antes do Nadal, marchamos xunto ós compañeiros e compañeiras da outra aula de infantil a botar as nosas cartas no buzón.

 

Teriamos que ir andando un anaquiño polas beirarúas ata chegar ó buzón.

 

E alí estaba, de cor amarela, un enorme buzón.

 

Un por un fomos botando a nosa carta (coa postal dentro) no buzón de correos.  Agora só teriamos que agardar a que chegase a  postal ata as nosas casas.

 

De volta ó colexio paramos nun edificio que tiña un cartel, que puidemos ler, e que poñía "Concello de campo Lameiro".

 

E pasamos por un lugar onde estaba todo cheo de xeo, ata as follas e os paus... tal como sucedera no noso patio. Pero agora xa sabíamos porque estaba todo de cor branca.

 

Tamén pasamos por diante da perruquería e da floristería, onde traballaba a nai dun compañeiro da outra aula.

 

Agardamos que cheguen as nosas postais durante as vacacións... 

 

BO NADAL A TODOS E TODAS

E

FELIZ ANO 2014

(2013-2014) Traballamos a reo coa chegada do Nadal

 

A CONTA ATRÁS ATA O NADAL:

Desde que cambiamos a folla do noso calendario e chegou o mes de DECEMBRO, anotamos o día en que teriamos o noso festival (e cando rematarían as clases) e o día de NADAL (sinalándoo cunha árbore de nadal)

Cada día o encargado ía contando os días que faltaban para chegar ás datas sinaladas... e cada día que pasaba quedaban menos.

 

 

O TALLER DE PAPA NOEL:

Este curso montamos na nosa aula un "taller de Papa Noel" onde iamos crear os diferentes adornos de Nadal que iamos empregar para decorar.

 

Iamolos facer con material de refugallo, así que preparamos dúas caixas, unha para ir almacenando o material (botes, vasos, papeis, cartóns...) e outra para ir gardando os adornos qeu iamos rematando. Ademáis escribmos un listado de material que poderiamos empregar (sobre todo aquel que nos sobraba das merendas)

 

O Taller estaba sempre aberto, e cando o decidiamos podiamos ir a facer os adornos como máis nos gustasen co material que había. Eso si había que responsabilizarse de deixalo todo limpo ó rematar.

 

Así quedaron algúns dos adornos que fomos creando.

 

Un día á volta do recreo puidemos ver como unha das árbores do patio tiña uns adornos, os nenos de sexto tamén usaran botes de iogurt... pero era máis chulos que os nosos.... Por que?. 

Trouxemos os nosos adornos e despois de debatir un anaco sobre o asunto chegamos a unha conclusión: os seus eran máis chulos porque "brillaban" e usaran pegatinas de cores moi brillantes, e nos empregaramos cores moi escuras, como o negro.

 

Así pois, marchamos cara o almacen do colexio a buscar o material que criamos precisar para facer "máis chulos" os nosos adornos.

 

Distribuindo o traballo entre todos e todas...

 

...demos mellorado os nosos adornos... e fixemos outros moitos máis, tanto que ocupaban unha parede enteira. 

Estivemos tanteando cantos habería, e despois de escoitar tódalas estimacións, contámolos e descubrimos que había 68!!!

 

Fomos decorando outra das árbores do patio cos nosos renovados adornos.

 

E así de chulo nos quedou, xusto ó lado da árbore dos nosos compañeiros e compañeiras de sexto. Tiña garfos, culleres, vasos, botes, cartóns de leite.... e todo sería lixo se non o tivesemos rescatado ;)

 

Tamén decoramo-la árbore da nosa aula empregando tamén algunhas cintas que nos sobraran de facer os capachos.

 

 

EXPOSICIÓN DE PORTAS DO NADAL:

Participamos tamén na exposición de portas de Nadal, organizada no colexio. Tiñamos que crear unha decoración navideña para a nosa porta.

O profe plantexounos facelo empregando só triángulos de diferentes materiais e texturas (papel, cartón, teas, plastico...)

Por equipos fomos explorando as posibilidades creativas desta figura xeométrica, creando diferentes figuras.

 

Un dos equipos creou unha árbore de nadal con triángulos, e gustounos moito a idea, máis cando o pasamos ó enorme papel que iamos empregar no porta quedaba demasiado pequeno.

 

Así pois, traballando de forma coordinada fomos creando unha árbore empregando so triángulos, pero  máis grande, o truco estaba en comezar polas esquinas e ir completando cada fila ata o centro.

 

Había que ter coidado de colocar cada triángulo no seu lugar, como se fose un enorme puzzle de árbore de Nadal ;)

 

Cuns paus tivemos que argallárnolas para convertilas nunhas estrelas, e cando as demos feito, pintadas con diferentes cores e purpurina, engadímolas á nosa porta.

 

E así quedou a nosa porta rematada.

Podes ver as portas que fixeron os nosos compañeiros e compañeiras de outras aulas nesta felicitación.

 

CREAMOS ÁRBORES DE NADAL "MOBILES" COMO OS DE CALDER.

Para decorar o corredor fixemos unhas árbores de Nadal inspiradas nas obras de Calder (do que aprendimos moito nunha visita á aula de sexto que xa vos contamos aquí)

O primeiro foi decorar con témpera e purpurina conchas do mar que empregáramos para deseñar as nosas postais de Nadal (contámolo noutra entrada)

 

Cunha cinta de nadal na parte inferior, pendurámolas da árbore de aramio empregando tanza.

 

Así de chulos quedaron as nosas árbores, xunto ás dos compañeiros e compañeiras da outra aula de infantil, no corredor de infantil.

 

ESCRIBIMOS A CARTA PARA SANTA CLAUS OU ÓS REIS:

Entre tódolos traballos que tiñamos previstos para facer neste mes de Nadal, o que máis estabamos agardando era o momento de escribir a nosa carta a Santa Claus ou ós Reis Magos.

 

Cada quen decorou a súa carta e escribiu aqueles regalos que lle pedía... tan só había que levalas para casa e que os nosos pais e nais as botasen nun buzon.

 

 


COLABORAMOS NA CREACIÓN DA ÁRBORE DE CD's DA ENTRADA:

O Equipo de Convivencia do colexio propúxonos colaborar na creación dunha árbore de Nadal, que estaría adornada con CD's decorados na casa coas nosas afmlias.

Cada un de nós trouxo un CD decorado... seríamos capaces de atopar o noso entre todos os que había?

 

PREPARAMOS AS NOSAS ACTUACIÓNS PARA O FESTIVAL DE NADAL:

Tivemos tamén que preparar as nosas actuacións para o festival de Nadal.

Os de cinco anos interpretariamos unha obra de teatro de Pepa Pig e o primeiro foi distribuir as persoaxes que habería, e cal sería o noso papel na obra.

 

Tamén fixemos parte do decorado, como por exemplo a "cabana de Santa Claus".

 

Os de tres anos bailarían a panxoliña das campás e tiveron tamén que preparar o seu vestiario.

 

E os de catro anos continuaron a voltas cos capachos, cos que xa fieramos unha chea de cousas ó longo deste trimestre, pintándoos e decorándoos para a súa actuación.

 

Durante varias semanas estivemos ensaiando para aprendernos o noso papel e/ou o baile segundo o caso.

 

E por fin chegou o gran día, no Festival de Nadal, fixémolo moi ben e ó público encantáronlle as nosas actuacións.

 

As campás de tres anos soaron máis fortes ca nunca.

 

Os ratiños bailaron cos capachos dunha forma moi profesional.

 

E o capítulo de Pepa Pig dos de cinco anos, mantivo interesado ó publico en todo momento. 

 

Un aplauso para todos e todas polas vosas actuacións :)

 

Ó final do curso, xunto coa revista escolar, recibiredes un DVD onde poder ver este festival na súa totalidade. Ata ese momento podes ver fotografías de todo o que sucedeu no noso festival desde aquí.

 

E aínda nos queda por contar como fixemos as nosas postais de Nadal, pero xa o veredes na seguinte entrada. 

 

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.