Formación docente, PFPP - Seminario 2, PFPP - Seminario 1, U.D.I. (Unidades didácticas integradas), P.F.P.P. Información común
TAREFA EDUCACIÓN INFANTIL "Facemos unha película como as de Chaplin"
Entradas do proceso de posta en práctica da tarefa levada a cabo en Educación Infantil: "facemos unha película como as de Chaplin":
- (2014-2015) Comezamos a investigar sobre Chaplin para rodar a nosa propia película
- (2014-2015) Resolvendo máis preguntas sobre Charles Chaplin
- (2014-2015) Xogamos a pensar coas películas de Chaplin durante a nosa investigación
- (2014-2015) Rematando a investigación sobre Chaplín para comezar a preparar a rodaxe da nosa película
- (2014-2015) Grabamos a nosa versión “do baile dos panciños” de Chaplin. Queres vela?
- (2014-2015) E ti?… xa te fixeches unha foto como Chaplin no noso fotomatón?
- (2014-2015) Preparamo-la rodaxe da nosa película “como as de Chaplin”
- (2014-2015) Luces, cámara e acción! … rodámo-la nosa película
- (2014-2015) Rematando a post-producción da película. Queres ver o trailer?
- (2014-2015) Útimos pasos na investigación sobre Charles Chaplin
- (2014-2015) FOTOMATÓN DE CHAPLIN
- (2014-2015) Presentamos a película "O Mapache tolo" ás nosas familias
- (2014-2015) Xa podes ver a nosa película "O Mapache tolo". Así a presentamos ós nosos compañeiros.
Podes ver a UDI elaborada aquí
UDI SEMINARIO TAREFAS: "Facemos unha película como as de Chaplin" (infantil)
Podes descargar de seguido a UDI elaborada en Educación infantil.
Asistente ó seminario: Óscar Abilleira Muñiz
Outras UDIS por tarefas en infantil
https://drive.google.com/open?id=0B7QFIdgrxRVceXN6aTRJQXowNkE&authuser=0
UDI PROXECTO ARTE: "A simboloxía das grandes relixións" (relixión católica)
UDI - PROXECTO ARTE: Os pintores de primeiro (primeiro)
Descarga de seguido a Unidade Didáctica Integrada para o proxecto de traballo, dentro do P.F.P.P., en primeiro curso:
(2014-2015) Unha achega á pintura galega
De cara a desenvolver o proxecto de arte que se está a levar a cabo no centro, en 5º curso, comezamos cunha tarefa que nos abrirá camiño para poñer en marcha o noso proxecto: coñeceremos aos artistas máis relevantes da arte abstracta e surrealista de Galicia, así como a súa obra.
Comezamos por investigar que son a arte abstracta e a arte surrealista.
Unha vez consultado, tratamos de explicar cales son as principais diferenzas entre ambas.
Árdua tarefa!!
Explícoo unha vez. A ver se con exemplos ilustrativos me entenden...
Pois parece que non lles quedou moi claro... Intentareino outra vez!
Nada!, Non hai maneira!, Pero se está clarísimo!
Agora toca investigar sobre os propios pintores galegos, os máis representativos destas dúas correntes. Descubrimos a Maruja Mallo, a Laxeiro, a Lugrís... e sobre todo, a Eugenio Granell. Granell gustounos moito, unha vez rematada esta tarefa,dedicaremos o noso proxecto a el!
Agora, cada un de nós, escolle unha pintura que lle guste para recreala.
Imos aló! Comezamos a pintar!
As pinturas levaron o seu traballo, pero estamos moi satisfeitos co resultado.
Temos algún Laxeiro... Moi logrado, por certo!
Tamén temos a Urbano Lugrís...
Fantástico!
E, como non, a Eugenio Granell...
Que bonitos!
Non podía faltar o "bestiario de Granell", cos seus dinosaurios!!
Moi bo traballo chicos!
E foron saíndo cousiñas realmente interesantes...
E outras moi bonitas...
E seguimos pintando....
Unha vez rematadas, as nosas obras quedan expostas nunha galería de arte abstracta contemporánea:
María Sabarís
UDI - PROXECTO ARTE: "A música na pintura" (música)
Xa podes ver tódolos deseños presentados para o muro na web
Tan só tes que acceder desde o botón situado na parte superior esquerda da web, "como pintamos o muro".
Ou directamente desde aquí.
UDI - PROXECTO ARTE - Descubrindo a Keith Harin (Infantil)
Podes descargar a UDI que empregaremos no noso proxecto sobreo Keith Harin, en Educación Infantil, como adxunto ó final desta entrada.
Tamén podes ver tódalas UDIs deste curso 2014-2014, incluída esta, en Educación Infantil, en google drive AQUÍ.
(Lembra descargalas en lugar de visualizalas directamente xa que se moverán as táboas)
https://drive.google.com/open?id=0B7QFIdgrxRVcQUdzb01YZEdIWkk&authuser=0
TAREFA " OS ECOSISTEMAS"
Hola a todos/as:
Como estamos inmersos no traballo por TAREFAS e temos que investigar e afondar moito presentámosvos un traballo feito polo alumnado de 4º curso, onde titora e especialista en PT aunamos esforzos para traballar contidos e procesos a desenvolver co alumnado vinculado coas competencias clave e á vez, conseguir dar unha resposta á diversidade presente na aula.
Probamos a deseñar esta TAREFA sobre os ECOSISTEMAS, con un producto final de relevancia, que foi a EXPOSICIÓN ORAL do traballo feito polo alumnado e, que, temos que dicir que nos cundiu a reo. Traballamos en equipo, aprendemos xuntos, investigamos, debatimos, decidimos e o resultado final concluímos que foi moi bo, polo que continuaremos nesta liña.
Os puntos fortes deste traballo e que consideremos interesanta destacar son: a busca e tratamento da información, a integración da totalidade do alumnado na tarefa, e, a importancia que tivo a exposición oral para o alumnado. De aí avaliamos e sacamos conclusións moi válidas para a nosa práctica educativa.
Deixámosvos o" mapa da tarefa" coas actividades e exercicios feitos así como algunhas imaxes ó respecto.
ACTIVIDADE 1: Investigamos termos relativos ós ecosistemas
|
ACTIVIDADE 2 CREAMOS A EXPOSICIÓN SOBRE O NOSO ECOSISTEMA PARTICULAR |
ACTIVIDADE 3 SESIÓN DE EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA ESCOLAR |
Exercicio 1: Debate sobre termos dos ecosistemas. Técnica empregada: “ Mesa redonda” Exercicio 2: Busca de definicións sobre os ecosistemas. Técnica empregada: “ Lápis ó centro”, “ Folio xiratorio”, “ Parada de tres minutos” Exercicio 3: Elaboración de esquema para estudio sobre os ecosistemas. “ Mapa conceptual a 4 bandas”
|
Exercicio 1: Visionado de vídeos sobre ecosistemas e resposta a preguntas de comprensión sobre os mesmos. Técnica empregada: “ O apadriñamento de preguntas”. Exercicio 2: Selección do ecosistema sobre o que traballar. Exercicio 3: Busca de información Exercicicio 4: Organización da inforamación en base a mapas conceptuais.
|
Exercicio 1: Selección de datas para a exposición de equipos. Organización de agrupamentos e orde de actuación. Exercicio 2: Elaboración de paneis visuais coa información. Exercicio 3: Organización da exposición por equipos para a exposición. |
Taboas para os estándares prioritarios
Podes acceder ás táboas para a plasmación dos estándares prioritarios na seguinte ligazón de google drive.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- seguinte ›
- última »