Blog da biblioteca
O meu libro favorito
Xa rematou a actividade do "Meu libro favorito".
Agradecemos a colaboración de todos e todas.Fostes moitos e moitas as que participastes compartindo con nós os vosos libros.
De entre todos eles os máis votados foron estes:
Agardamos que disfrutarades moito coa súa lectura,e lembrade:
A LECTURA É A VIAXE MÁIS EMOCIONANTE
Vota o teu libro favorito
O meu libro favorito
Aquí están os libros que trouxestes para participar na acitividade.Como vedes hai libros para tódolos gustos.
de coches,de contos,de medo........
Animádevos a votar o voso libro favorito.
O MEU LIBRO FAVORITO
Ola nenos e nenas do colexio de Campo Lameiro.
Estou moi contenta pois estades visitando moito a biblioteca e felicítovos porque a deixades moi recollida e tratades os libros con moito agarimo.
O mes de abril é o MES DO LIBRO e por este motivo propóñovos unha actividade na cal xa estades participando,titúlase: "O MEU LIBRO FAVORITO".
Tendes que escoller dos vosos libros o que vos gusta máis,poñédeslle o voso nome e apelidos e dádesllo ó voso titor ou titora.Os libros expoñeranse na biblioteca durante o mes de abril, nun lugar onde poderedes ver os libros que máis lles gustan ós vosos compañeiros e compañeiras.
Animádevos,teño ganas de ler os vosos libros favoritos
Unha aperta moi forte.
Dora Lectora
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20