Formación docente, PFPP - Seminario 2, PFPP - Seminario 1, U.D.I. (Unidades didácticas integradas), P.F.P.P. Información común
(2021-2022) Materiais elaborados nos seminarios de elaboración do Plan Dixital
De seguido podes descargar o borrador, como adxunto a esta entrada, do Plan Dixital elaborado ó longo deste curso.
Podes tamén acceder a todos os documentos previos elaborados, así como a folla de ruta de traballo seguida, na seguinte ligazón:
(2021-2022) Dispoñible, no apartado documentación, a presentación e material da poencia sobre patios dinámicos e inclusivos.
Podes descargar o material e a presentación deixado por Elvira Fernández, na súa ponencia sobre "Patios inclusivos e dinámicos", no botón "documentación" que podes atopar na parte superior.
Tamén podes facelo directamente nesta ligazón:
(2021-2022) Recibimos a visita de Sekía, o can guía, no obradoiro organizado pola ONCE
O pasado 31 marzo de 2022 participamos nun obradoiro organizado pola ONCE; dentro das actividades organizadas este curso no Centro, para traballar a inclusión e a valoración das diferencias.
Marian e María, membros da ONCE, viñeron acompañadas do seu can guía, Sekia, para contarnos como é o día a días das persoas con problemas de visión e invidentes.
Os compañeiros e compañeiras dos diferentes cursos foron coñecendo a Sekia, descubrindo como foi o proceso para educalo, e de que xeito axuda ós invidentes a poder moverse.
Tamén experimentamos a usar o bastón branco, que usan os invidentes para moverse. Deste xeito puidemos poñernos na súa pel.
Podes atopar tódalas fotografías deste interesante obradoiro, no seguinte álbum da galería fotográfica:
(2021-2022) Cronograma, información e documentos para a elaboración do Plan Dixital
Resultados da enquisa TIC para as familias XUÑO 2023:
https://docs.google.com/document/d/1-ryCuYQkwvrVNC6EkfgqGNypqFsbdt6PE8HUatCN7bU/edit
Acceso a Educalidade, onde xa foi introducido este Plan Dixital:
https://www.edu.xunta.gal/educalidade/
Podes descargar o Plan Dixital do CEIP Plurilingüe Pedro Antonio Cerviño, na seguinte ligazón.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/2668
Proceso de elaboración do Plan Dixital do centro:
Cronograma para a elaboración do Plan Dixital de Centro (fai click sobre a imaxe para ampliala)
- Zona do noso centro: ADIX-PO-1
- Temporalización:
- Decembro 2021: Cubir o SELFIE (profesorado, alumnado e Direción)
- Xaneiro 2022 (do 8 ó 28 de xaneiro): Cubrir o Test de Competencias Dixiais Docentes - TCDD en FPROFE (apartado cuestionarios)
- Marzo 2022: Elaborar o Documento de Debilidades, Amenzas, Fortalezas e Oportunidades do Centro (DAFO)
- Analizar os resultados do SELFIE e os resultados do TCC (de centro)
- Facer a anlálise cuantitiva
- Facer análise cualitativa
- Elaborar o documento dos "por que".
- Elaborar o borrador do DAFO
- Elaborar o DAFO na aula virtual en BOARD
- Exportar o BOARD a CSV para envialo.
- Ligazón ós documentos previos elaborados, na aula virtual (permite acceso como convidado)
- Ligazón ó DAFO en BOARD na aula virtual da web do centro. (acceso con usuario e contrasinal da aula virtual)
- Abril 2022: Elaborar o plan de acción
- Ligazón ó Plan de Acción elaborado no centro e ós documentos de traballo e modelos na aula virtual (permite acceso como convidado)
- Maio 2022: Deseño do Plan Dixital de Centro
- Modelo e documentos de traballo na aula virtual (dispoñible acceso como convidado)
- Dispoñible o borrador do Plan Dixital para facer aportacións por parte dos participantes no seminario. Borrador do Plan Dixital, dispoñible na aula virtual do Centro.
- Xuño de 2022: Aprobación do Plan Dixital de Centro en Consello Escolar: Podes descargar o Plan Dixital aprobado aquí.
- Curso 2022-2023: Aplicación e posta en práctica do Plan Dixital de Centro.
Ligazóns á documentos de interese:
(2021-2022) Proposta de traballo para os dous seminarios do PFPP 2021-2022
De seguido podes descargar o documento, coa proposta de traballo, para os dous seminarios do PFPP do curso 2021-2022.
Na primeira reunión de cada un dos seminarios debatiremos esta proposta e acordaremos o calendario de reunións, docencias, etc.
Este documento está aberto a tódalas modificacións que plantexedes nesa primeira reunión.
Podes ver tamén a proposta de calendario de reunións desde aquí.
(2021-2022) Proposta de traballo para os dous seminarios do PFPP 2021-2022
De seguido podes descargar o documento, coa proposta de traballo, para os dous seminarios do PFPP do curso 2021-2022.
Na primeira reunión de cada un dos seminarios debatiremos esta proposta e acordaremos o calendario de reunións, docencias, etc.
Este documento está aberto a tódalas modificacións que plantexedes nesa primeira reunión.
(2021-2022) Xa podes consultar o PFPP presentado, pendente de ser aprobado, para este curso escolar
Podes descargar o borrador do plan presentado de seguido:
(2020-2021) Unidades Didácticas Integradas para a posta en funcionamento da radio escolar (elaboradas no seminario)
De seguido podes descargar as Unidades Didácticas Integradas, elaboradas no Seminario de radio escolar (PFPP 2020-2021).
(2020/2021) Documentación docencia Javier Prado sobre radio escolar
De seguido podes descargar a información e material aportado por Javier Prado Espiñeira, sobre a Radio Escolar e a súa función didáctica:
Web de "EScolas Pola Radio":
Presentación completa
(2020-2021) PFPP - O profesorado fórmase nun seminario sobre a radio escolar no centro
O 5 de maio o profesorado do centro participou na primeira docencia, a cargo de Javier Prado, dentro do seminario sobre a radio escolar, que forma parte do Plan de Formación Permanente do Profesorado do centro (PFPP).
Nesta primeira xornada presencial no centro, deixamos xa listo o equipamento da radio, que nos vindeiros días comezaremos a usar co alumnado como ferramenta educativa.
Comezamos tamén a facer as primeiras prácticas para aprender a usar todo o equipamento, da recén estrenada radio escolar.
A vindeira semana terá lugar a segunda, e última, docencia presencial deste seminario.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »