Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Blog de dinamización da lingua galega

Visita ó 12º Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra

 

 

O día 8 de marzo os nenos e nenas do E.E.I. de Cerdeiras, os deE.E.I de Campo Lameiro e os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º fomos a facer a visita ó Salón do Libro de Pontevedra.

 

Coma tódolos anos hai diferentes actividades pero antes de entrar,este ano, primerio merendamos para entrar con forzas.

 

Todos escoitamos contos e a verdade é que o pasamos moi ben.Aquí os de infantil está moi atentos e atentas.

e aquí os maoires.

 

O noso traballo quedou moi bonito,a verdade  é que parece que está vestido,os calzóns quedáronlles moi vistosos, os nenos e nenas de infantil teñen moito gusto para esto de diseñar.....

 

Había moitas cousas interesantes para ver e para descubrir, concretamente uns ratos que andaban escondidos e había que atopalos.

Tamén houbo momento para ler e ver que cousas se escriben polo mundo das mentiras.

O día 28 de xaneiro celebramos o día da paz no colexio.

 

O 28 de xaneiro celebramos o día da Paz no colexio.

Os nenos e nenas de infantil fixeron o cartel para anunciar o día tan especial.

 

Unhas pegadas polo chan indicábannos que algo ía a pasar na aula de multiusos.

 

Os nenos e nenas de 1º contáronnos un conto para concienciarnos do que é a Paz e de que hai que alimentala tódolos días.

 

As nenas de 6º dramatizaron unha pequena obriña para mostrarnos que todos somos importantes e temos un motivo para estar onde estamos e que para as persoas que nos queren todos somos importantes.

 

E ó final cantamos unha canción de Mercedes Peón titulada "Paralá".

 

Os compañeiros e compañeiras de infantil, 4º, 5º e 6º fixeron tamén unha reinterpretación do Guernica de Pablo Ruíz Picaso.

Podes ver o proceso de elaboración da galería fotográfica.

Lois Pereiro Autor homenaxeado nas Letras Galegas 2011

 

Lois Pereiro é o autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas .

Aquí tendes actividades LIM para coñecer un pouco máis a este autor.

 

 

http://actividadeslim.nireblog.com/

 

Aquí tendes máis actividades LIM para coñecer un pouco máis a Lois Pereiro.

 

 http://econenos.blogspot.com/2011/02/lois-pereiro-libro-lim-letras-galegas.html

 

 

 

 

FESTIVAL DE NADAL 2010

 

NADAL 2010

 

Este ano, como tódolos anos polo Nadal acordámonos dos que teñen menos e tivemos a recollida de alimentos que levamos a Cáritas de Pontevedra.

 

Tamén decoramos o centro cos nosos traballos, aquí tendes unha mostra.

 

Aquí estamos no festival que celebramos no colexio.Estabamos todos moi guapos e guapas e moi emocionados.Ó final saíu todo ben.

Agora ides a ver a todos actuando.Tamén estiveron con nós este día os nenos e nenas de Cerdeiras.

 

Aquí están os nenos e nenas de infantil que lles fixeron unha entrevista ós duendes de Papá Noel. Os nenos e nenas de 5º axudaron a poñerlle música a canción tan chula que cantaron.

Os nenos e nenas de 1º cantaron dúas cancións. Fixérono de marabilla a verdade é que teñen moito ritmo.

Estaban ben guapos,non? .Aquí están a bailar a canción titulada: "El pingüino Saturnino".

 

Os nenos e nenas de 2º e 3º fixeron unha obra de teatro titulada:" De onde virá a axuda? e logo cantaron unha canción.

 

Xa vedes o estilo que teñen.

 

Os nenos e nenas de 4º botáronnos un aguinaldo que logo nos cantaron.

 

Estaban vestidos e vestidas á moda tradicional.

 

Os nenos e nenas de 2º e 3º ciclo tocaron e cantaron unha cancióntitulada:" A festa da ra".

 

Os nenos e nenas de 3º ciclo bailaron un gospel, fixérono con moito sentimento e con moito ritmo.

Aquí a solista dando o Do de peito.Fíxoo moi ben.

 

Os de 3º cantaron  unha canción en inglés.Imaxinádesvos cal era o título: "You can be a robot

 

Tamén tivemos monologuístas,contáronnos unhas novas versións dos contos tradicionais,rímonos moito.

 

E as nenas de 6º deron a despedida cun baile moi marchoso.

 

Tamén tivemos os premios do concurso de postais do concello.Aquí está as gañadoras.

Nerea, Fátima e Miriam.

 

 

 

 

 

(2010-2011) O magosto 2010

O magosto,a festa das castañas.En Campo Lameiro este ano celebrámolo coma sempre,con moitas castañas e con xogos.

 

 

 Os nenos e nenas participaron nos xogos que prepararon coa profe de ximnasia, os nenos e nenas de 6º.

 Foi moi entretido e divertido.Houbo para tódolos gustos:

 xogos con motos, de encestar, de buscar castañas.....

 

e logo de tanto xogo, chegou o momento de comer...

 

 a verdaé que che estaban boas as catañas este ano..

 

O colexio ambientámolo con traballos feitos polos nenos e nenas.

 

con murais,e máis cousas que se vos fixades veredes polo cole.

Festa das Letras Galegas 2010

 

 O día 14 de maio, celebramos o Día das Letras galegas.

 

 Participamos tódolos nenos e nenas do colexio.Os de 6º cantáronos o Himno galego coma un rap.

 

 5º e 6º tocáronnos o Himno galego.

 As nenas e nenos  da clase de pandeireta tamén nos tocaron algo con moito saleiro.

Os nenos e nenas de 3º bailaron unha danza que era moi difícil pero a verdade é que deixaron sorprendida á profesora de música.

Aquí temos ós nenos de 5º  que acompañaron ás nenas de 3º cun poema de Uxío Novoneyra.

Os de 6º acompañaron ós de 4º

e os de 4º acompañaron a  Miriam co seu poema .

Os de 1º e 2º tocaron e cantaron de medo,estaban moi atentos e atentas.

Aquí os reis e raiñas do colexio, tamén tiveron o seu momento,cantaron e tocaron de marabilla...!

Aquí o momento do Paraugas do Xosé ,que se via que era ben malo,tan malo era que aínda que non chovía o paraugas nin cerraba nin se abría.

 

Uxio Novoneyra

 

 

 Uxío Novoneyra,o poeta do Courel.

 

Fiandeira namorada

Fiandeira namorada

que fías detralo lume

cos ollos postos nas chamas

roxiñas brancas i azuis.

 

Fiandeiriña  que fías

nas noites de longo inverno

as liñas máis delgadiñas

que o fío do pensamento.

 

Cai a neve branca fora

riba dos teitos calada

mentras ti fías e soñas

nunha cousiña lonxana.

 

    1981.Os eidos.Libro do Courel

 

O día das letras galegas 2010 está adicado a Uxío Novoneyra

Esta ano Uxío Novoneyra é o autor homenaxeado no día das Letras Galegas.Aquí tendes un enlace para a súa pax.web e así coñecer máis cousas sobre el.

http://www.uxionovoneyra.com/

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.