infantil 2
(2008-2009) Preparamos a festa do magosto
Como se acercaba a festa do Magosto, decidimos poñernos mans á obra e ir preparando todo o que iamos necesitar.
O primeiro foi facer un cartel que axudase "os demáis" a atopar o lugar onde se ía celebrar a festa do Magosto.
Miguel recortou o pedazo de papel que acordamos entre todos e todas.
Despois nos organizamos en dous grupos, un deles encargado de facer o cartel do Samaín e outo do cartel do Magosto.
Escribimos primeiro con lapis o cartel, entre todos e todas dentro do equipo, foi fácil escribilo. O maior problema foi calcular o tamaño das letras, pero despois de varios intentos de escribir e borrar cada equipo chegou a un acordo sobre o tamaño.
Logo chegou o turno de repasar as letras con témpera, cada equipo escolleu o que necesitaba (brocha, pinceis, témpera de cores) que empregou libremente coa única condición de recoller todo o material cando rematasen.
Así quedou o cartel do MAGOSTO rematado, ahora tocaba esperar toda a noite a que seracar.
Ó día seguinte xa tiñamos o noso mural seco, e por votación acordamos que o mellor sitio para poñelo era enriba da porta da sala de usos múltiples, onde ía ter lugar a festa do Magosto.
CESTOS PARA AS CASTAÑAS:
Como cada ano fixemos os nosos cestos para meter as castañas asadas, empregando cartóns de leite.
Cando estabamos a piques de comezar, contamos os cartóns e observamos que non ían a chegar para todos, así que con axuda de gomets "calculamos" cantos cartóns nos farían falta para que todos tivesen os seus.
Tres compañeiros/as se encargaron de traer os cartons que faltaban, e o día seguinte puidemos poñernos mans á obra e facer os nosos cestos. ¿Que che parece como quedaron?
A FESTA DO MAGOSTO: XOGOS NO PAVILLÓN:
O día da festa do magosto participamos en xogos no pavillón.
E organizamos o reparto de castañas, os encargados das dúas aulas serían os responsables de repartir as castañas ós demáis... igual que facían os "maiores" na súa festa.
Como había moito lío, os "repartidores" fixeron dúas filas para poder repartilos cómodamente e en orde.
(2008-2009) Polo Samaín.... unhas cabazas "de medo"
Cando chegou o final do mes de outubro Emilio comentounos na asamblea que na súa casa tiña unhas cabazas "xigantes", e que se queríamos que nos traía unha para facer un "monstruo". Como estaba preto o Samaín decidimos facer cabazas que "meteran medo".
Ó día seguinte Emilio e Miguel trouxeron varias cabazas, algunhas eran grandes outra pequenas, e de cores diferentes... resultaba que non todas eran de cor laranxa como todos pensabamos.
¿Como imos facer o "monstruo" coa cabaza?: todos respostamos que había que vaciala primeiro, e para iso tiñamos que quitarlle un cacho. Mellor o de arriba porque así lle servía de "sombreiro".
¿Cantas cousas tiña por dentro aquela cabaza que trouxera Emilio?
Como tiñan tantas "tripas" e coa culleriña non iamos dar acabado decidimos meter as mans e sacar todo o que tiña dentro. ¿cantas pepitas tiña?
Cando xa estivo vacía, despois de moito traballar, Emilio debuxoulle os ollos o nariz e a boca, e o profe, con moitísimo coidado de non cortase co coitelo, quitoulle as partes que estaban debuxadas.
Fíxonos moita gracia que parecía un puzle e podiamos poñer e quitar os ollos, a nariz e a boca as veces que queriamos.
A cabaza que fixo o equipo de Miguel tamén daba moito medo.
Emilio e o seu equipo tamén fixo outra cabaza, pero esta vez máis pequena.
Así quedaron as nosas primerias 3 cabazas terroríficas.
Para saber cantas cabazas tiñamos decidimos ordenalas de máis pequena a máis grande.
Pensamos que había que facer un cartel para que a xente soubera quen fixera as cabazas e para dicir que non se podían tocar, xa que eran moi delicadas.
Colocamos as cabazas no corredor do colexio, debaixo das escaleiras.
E ó lado de "Pepe" o esqueleto.
Ó día seguinte, Elimio trouxo unha cabaza ENORME...
Que costou moitísimo valeirar porque tiña moitas "tripas"
Puxémola ó lado das demais.
Para que todos soubesen como se chama a festa das cabazas en Galicia, decidimos poñer un cartel anunciando a Festa do SAMAÍN. Así todos os demais nenos e nenas do colexio poderían poñer alí as súas cabazas do samaín.
Traballamos a reo...
Como tamén fixeramos unhas coroas de lúa coa profre Rosa de Inglés, fixémonos unha foto onde saímos cos compañeiros da clase do lado e os profes Óscar, Dori e Rosa.
(2008-2009) Fixemos unha tarta con mel
Un día na asamblea alguén contou que lle picara unha abella, falando sobre o tema decidimos investigar sobre elas e estas foron algunhas das cousas que xa sabíamos sobre estes animais.
Entre as cousas que sabiamos Miguel dixo que se podían facer tartas coa mel que facían as abellas, porque o seu pai que era panadeiro sabía como facelas.
Así pois decidimos que nós tamén iamos facer unha tarta con mel, escribimos unha nota para casa distribuindo os ingredientes entre todos (uns tiñan que traer mazá, platanos...), o profe Óscar se tiña que encargar de traer o mel.
Cando xa tivemos todos os ingredientes da nosa lista comezamos a facer a nosa tarta
Contamos e clasificamos cantas froitas tiñamos de cada tipo.
Miguel e Emilio encargáronse de poñer a parte de abaixo da tarta, porque despois de moito discutir acordamos que algo tiña que ter por debaixo para que non cairan os ingredientes.
Como o biscoito era caudrado quedaban ocos no medio, a alguén se lle ocurriu que cortándoos en triángulos se podían ocupar todos os ocos
Nerea, que era a encargada ese día encargouse de encher toda a tarta de mel, non nos sobrou nada.
Logo entre todos puxemos por riba cachos das froitas que trouxeramos:
Cando xa estaba rematada, chegou a hora de probar que tal sabía a tarta. Hugo foi o encargado de ir repartindo a tarta entre os nenos e nenas que quixeron probala.
A algúns nos gustou a tarta e a outros non nos gustou. Cada un anotou nunha lista se lle gustou ou non a tarta. Cando contamos os votos descubrimos que había máis xente á que si lle gustaba a nosa tarta de mel.
Para beber trouxemos zume de froitas da casa, é o rematar tivemos que recoller para deixar a clase limpa.
E claro, tamén tivemos que limpar as mesas porque quedaron todas manchadas coa mel... que pegaba moito.
(2008-2009) Apareceu un can no patio da escola
Hoxe pola mañá atopamos un can que estaba no patio da escola, ninguén sabía como se chamaba nin se tiña dono ou dona, xa vos iremos contando máis cousas que vaiamos "descubrindo" sobre este novo visitante.
Para poder facer a foto do can, tivemos que ir moi despaciño e sen facer ruido para que non escapase de nos, porque estaba moi asustado.
Despois de varios días "investigando" que lle puido pasar ó can pan chegar ó colexio, un día non voltou a aparecer por alí nunca máis. Chegamos á conclusión de que seguramente marchara cos seus donos.
Como a historia do can "misterioso" era moi interesante, decidimos facer un mural para contarlle a todo o mundo as cousas que descubrimos da súa "aventura".
A primeira dúbida que tivemos foi onde poñer a foto do can, ben no medio do papel ou nun lado (non saíron outras alternativas), decidimos solucionalo cunha votación.
Unha vez tomada a decisión pegamos a foto do can.
Coa foto xa pegada, nos organizamos en equipos para contar toda a aventura "que imaxinamos" lle sucedeu o can "misterioso". O que máis nos custou foi poñernos de acordo dentro de cada equipo, pero ó final todos fomos capaces de traballar xuntos.
HUGO E LUCÍA DECIDIRON DEBUXAR E ESCRIBIR A FAMILIA DO CAN:
NURIA E AINHOA CONTARON ONDE E COMO ATOPAMOS O CAN.
MIGUEL E INÉS DEBUXARON E CONTARON DE ONDE CREMOS QUE ESCAPOU O CAN, DOS "COCHES ELÉCTRICOS" DUNHA FESTA QUE ESTIVO Ó LADO DO COLEXIO.
EMILIO, JAVIER E DIEGO DECIDIRON ESCRIBIR OS NOMES QUE ENTRE TODOS PENSARAMOS PARA POÑERLLE Ó CAN.
JAVIER E LAURA CONTARON ONDE MARCHOU O CAN DESPOIS DA SÚA AVENTURA.
Cando xa tiñamos todo pegado e ordenado no seu sitio no mural, pareceunos unha boa idea "estampar" moitos pes de cor marrón, porque desa cor era a terra do patio.
Decidimos tamén pintar algúns pes tamén de cor rosa, porque nos gustaba esa cor.
Cando a fomos a buscar ó almacen, descubrimos que non había esa cor, menos mal que LAURA se lembraba que se podían facer cores novas mesturando outras, descubrimos que mesturando a cor vermella coa branca saía xunto a cor que estabamos a buscar.
Agora só tiñamos que estampar os pes de cor rosa.
Unha vez rematado tivemos que levalo para outro lado da clase e deixalo alí a secar, porque necesitabamos o sitio para poder xogar despois de tanto traballo.
Unha vez o mural estivo seco chegou o momento de colgalo no corredor para que todos coñeceran a aventura do can abandonado.
Esta é a historia do que nos parece que sucedeu co can.
VIVÍA NOS COCHES ELÉCTRICOS
CAN APARECEU NO XARDÍN - O CAN NO PATIO
VIVÍA COS SEUS PAIS E COS SEUS DONOS
FIXÉMOSLLE UNHA FOTO Ó CAN
O ESCAPOU PARA A SÚA CASA E MARCHOU COS SEUS DONOS.
(2008-2009) ¿Queres saber quenes estamos este curso na aula de 4 e 5 anos?
Este curso Óscar é o profe da aula de 4 e 5 anos, tamén cambiaron algúns dos compañeiros, uns porque marcharon para primeiro e outros porque viñeron da outra aula. ¿Queres coñecernos?.
Esta é a foto que nos fixo a profe Merce o primeiro día, nos daba a risa todo o tempo así que na foto saímos rindo.
DIEGO AINHOA NURIA ÓSCAR NEREA INÉS
JAVIER JAVIER MIGUEL EMILIO HUGO LUCÍA LAURA
Tamén fixemos unha imaxe coa profe Mercedes
(2007-2008) Así é a nosa aula, ¿queres coñecela?
HOLA, OS NENOS E NENAS DA CLASE DE 4 E 5 ANOS QUEREMOS ENSEÑARCHE COMO É E QUE FACEMOS NA NOSA CLASE ESTE CURSO.
NA PORTA DA CLASE, FORA, TEMOS UNHA FOTO DE NOS COA PROFE ÁNGELA, PARA QUE A VEXAN TODOS. A FIXEMOS A PRINCIPIO DE CURSO.
NADA MÁIS CHEGAR Á ESCOLA, SACAMOS OS ABRIGOS, QUE QUEDAN GARDADOS NOS PERCHEIROS.
ESTÁN FORA DA CLASE PORQUE ASÍ TEMOS MÁIS ESPACIO DENTRO, XA QUE NON É MOI GRANDE.
E POÑEMOS OS MANDILÓNS.
NA CLASE TEMOS MOITOS XOGOS E MATERIAL PARA TRABALLAR E APRENDER.
ESTES SON ALGÚNS DOS RECANTOS:
ESCOLA: PASAMOS LISTA.
QUE TEN AS TARXETAS PARA PASAR LISTA E PARA VER QUÉN FALTA.
O/A ENCARGADA, CADA DÍA, TAMÉN SINALA O DÍA DA SEMANA QUE É, O DÍA DO CALENDARIO, E O TEMPO QUE FAI.
COMO VEDES TEMOS OS NOMES DAS SEMANAS ESCRITOS DÚAS VECES, UNHA EN GALEGO, E A DE DEBAIXO EN CASTELÁN; ASÍ VEMOS AS DIFERENCIAS.
LOGO, NÓS, INDIVIDUALMENTE, BUSCAMOS A DATA NO NOSO CALENDARIO, MARCANDO O DÍA, DEBUXANDO O TEMPO QUE FAI, E ANOTANDO POR DETRÁS ALGUNHAS DATAS OU ACONTECEMENTOS ESPECIAIS , COMO OS CUMPRE ANOS, CELEBRACIÓNS, SAÍDAS…
E LEMOS NO CALENDARIO QUÉN ESTÁ DE SANTO ESE DÍA.
NA CLASE TAMÉN TEMOS UN RELOXIO, QUE XUNTO CO HORARIO, NOS AXUDAN A ORIENTARNOS NO TEMPO E NOS DIFERENTES TEMPOS E ACTIVIDADES DE CADA DÍA.
O/A ENCARGADO/A DO DÍA TAMÉN SE DEBUXA NO ENCERADO, PON O SEU NOME E APELIDOS E ESCRIBE A DATA DO DÍA.
A NOSA PROFE PON A DATA MÁIS ARRIBA COAS LETRAS MINÚSCULAS.
O/A ENCARGADO/A TAMÉN SAÚDA ÓS NENOS DANDO OS BOS DÍAS COA SÚA MAN DEREITA, CONTA ÓS NENOS CUNHA CANCIÓN, E NOS CONTA UN CONTO A TODOS.
MENTRES, NÓS, ESCOITAMOS BEN ATENTOS, NA ZONA DA ASAMBLEA.
TEMOS UNHAS NORMAS PARA ESTAR REUNIDOS NA ASAMBLEA, E SON ÉSTAS:
GARDAR TURNO PARA FALAR- ESCOITAR ATENTAMENTE- ESTAR BEN SENTADOS.
TEMOS TAMÉN UNHAS NORMAS FEITAS E CONSENSUADAS ENTRE TODOS, PARA SABER ESTAR NA CLASE E NO COLE.
MIRADE, MIRADE!
E TAMÉN TEMOS UN BAÑO DENTRO DA NOSA CLASE. POR SUPOSTO, HAI UNHAS NORMAS PARA UTILIZALO
O ENCARGADO DO DÍA TEN MOITAS TAREFAS FIXAS E OUTRAS VARÍAN EN FUNCIÓN DO QUE ESTEAMOS A TRABALLAR OU OS PEQUENOS PROXECTOS NOS QUE ESTEAMOS PARTICIPANDO.
POR EXEMPLO, CANDO TEMOS PRANTAS NA CLASE, TEN QUE REGALAS, COS VERMES DE SEDA, BOTARLLES COMIDA, OU NA SALA DE INFORMÁTICA, FACER AS PARELLAS PARA TRABALLAR NOS ORDENADORES.
NA NOSA CLASE, ADEMÁIS DA ZONA DAS MESAS DE TRABALLO, DONDE TAMÉN FACEMOS A MERENDA, E DA ZONA DA ASAMBLEA, TEMOS OUTROS RECANTOS DE XOGO E TRABALLO ¿QUEREDES COÑECELOS?
A BIBLIOTECA:
OS VENRES FACEMOS PRÉSTAMO DE LIBROS, CADA NENO/A ESCOLLE UN CONTO PARA LEVAR A CASA, E O APUNTA NUN REXISTRO DA AULA.
NO 2º TRIMESTRE NOS XUNTABAMOS UN DÍA A SEMANA, UN RATIÑO, COS NENOS/AS DE 3 ANOS PARA CONTARNOS CONTOS POR PARELLAS.
E Ó REMATAR FACÍAMOS UN REXISTRO.
TAMÉN TEMOS ORDENADOR NA AULA, E TEMOS UNS TURNOS FEITOS, POR PARELLAS PARA ORGANIZARNOS E PODER UTILIZALO TODOS.
NÓS ESCOLLEMOS OS XOGOS, TAMÉN TEMOS POWER POINTS (DE ANIMAIS, DOS BEBÉS, DE VINCENT VANG GOGH, DE DISTINTOS PAÍSES DO MUNDO E DAS FOTOS DAS ACTIVIDADES FEITAS Ó LONGO DO CURSO).
UNHA VEZ Á SEMANA SUBIMOS Á AULA DE INFORMÁTICA, ONDE TEMOS UN ORDENADOR PARA CADA DOUS, E ALGÚNS DÍAS BUSCAMOS INFORMACIÓN EN INTERNET, E TRABALLAMOS COA PANTALLA DIXITAL.
ESTE É O RECANTO DOS PUZZLES, XOGOS DE LÓXICA-MATEMÁTICA: DOMINÓS, DE SUMAS E RESTAS, XOGO MEMORIA, PINCHOS, COLARES…….
TAMÉN TEMOS UNHA ZONA ONDE XOGAMOS COAS CONSTRUCCIÓNS, XOGOS DE FERRAMENTAS...
PERRUQUERÍA
PELUCHES E TÍTERES
E TEAS E DISFRACES….. ¿ESTAMOS GUAPOS?
PLASTILINA
NO COLE TAMÉN PINTAMOS CON TÉMPERAS E PINCEIS, E ATA TEMOS UN CABALETE E UN GORRO DE PINTOR.
PERO SI PARECEMOS PINTORES DE VERDADE…..!!
APROVEITAMOS UNHAS PAREDES LIBRES DA CLASE PARA O NOSO PEQUENO MUSEO E ALÍ EXPOÑER DE VEZ EN CANDO OS TRABALLOS DE PLÁSTICA OU DE CALQUERA PROXECTO QUE ESTEAMOS TRABALLANDO.
RETRATOS DE VINCENT VANG GOGH"
"A NOITE ESTRELADA"
ADEMÁIS DA NOSA CLASE, APROVEITAMOS AS PAREDES DOS PASILLOS PARA EXPOÑER TRABALLOS QUE FUMOS FACENDO DURANTE TODO O CURSO.
PORQUE CADA RECANTO DA NOSA ESCOLA PODE AMOSARNOS ALGO NOVO E INTERESANTE!
E ATA AQUÍ CHEGA O NOSO PERCORRIDO.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTARA A NOSA ESCOLA!
(2007-2008) Estes somos os nenos e nenas de 4 e 5 anos
¿Queres saber quenes estamos este ano na aula de 4 e 5 anos? Este ano somos 12 nenos e nenas e a nosa profe se chama Ángela.
NURIA MARÍA LUCÍA NEREA NURIA
(2006-2007) Facemos zumes
Tivemos que buscar unha forma de organizarnos porque todos queriamos ser os primeiros.
Acordamos que o mellor sería facer unha fila para cada froita, e cada un se puxo na da froita que quería probar.
Mans á obra ¿que tal sabería o zume de sandía?
A cada un lle gustaba máis un zume que os outros.
Os mestres Óscar e Sole tamén quixeron probar os zumes para ver cal lles gustaba máis.
Cando rematamos quedamos moit sorprendidos de ver como os restos da froita quedaban facendo "liñas" de cores.
Tentamos adiviñar de que froita era cada cor e descubrimos que o que estaba máis abaixo era da primeira froita que probamos e o de enriba era a da última.
(2006-2007) Investigamos sobre as prantas
CANDO CHEGOU A PRIMAVERA UN DÍA NA ASAMBLEA DA AULA DE 5 ANOS, XURDIRON VARIAS PREGUNTAS SOBRE AS PRANTAS, ASÍ QUE DECIDIMOS INICIAR UN PROXECTO DE TRABALLO PARA INVESTIGAR AS NOSAS DÚBIDAS. *
PRIMEIRO ESCRIBIMOS O QUE SABÍAMOS DAS PRANTAS
LOGO O QUE QUERIAMOS SABER, PARA MARCAR CUN "X" CANDO ATOPABAMO-LA RESPOSTA.
TIVEMOS TAMÉN QUE PENSAR ONDE PODIAMOS ATOPAR A INFORMACIÓN.
TIVEMOS QUE ORGANIZARNOS PARA BUSCAR INFORMACIÓN NA NOSA INVESTIGACIÓN.
O PRIMEIRO QUE FIXEMOS FOI SEMENTAR ALGUNHAS PRANTAS, PARA MIRAR COMO
MEDRABAN E ASÍ DESCUBRIR AS RESPOSTAS A ALGUNAS DAS NOSAS PREGUNTAS.
COMO ANTES DE EMPEZAR MIRAMOS A PELÍCULA (DOCUMENTAL) "DOS HOOBS" SOBRE AS PLANTAS XA SABÍAMOS ALGUNAS COUSAS.
NECESITABAN UN BURATO PARA QUE A AUGA PUIDESE SAÍR CANDO A REGASEMOS.
PENSAMOS QUE HABÍA QUE POÑERLLE UN CARTEL PARA SABER DE QUEN ERA CADA PRANTA E QUE HABÍA PLANTADA EN CADA MACETA.
CANDO TODOS REMATAMOS DE PREPARAR AS NOSAS MACETAS XA PODÍAMOS EMPEZAR A PRANTAR.
POÑÍAMOS TERRA NO BOTE E LOGO FACÍAMOS UN BURATO CO DEDO PARA METER DENTRO A SEMENTE.
DESPOIS DE REGALAS. PUXEMOS TODAS AS NOSAS PRANTAS PRETO DA VENTÁ PORQUE NA PELÍCULA DOS "HOOBS" DICÍA QUE AS PRANTAS MEDRABAN CARA O SOL, E NOS QUERIAMOS QUE MEDRARAN "PARA ARRIBA".
CADA EQUIPO PEGOU AS SEMENTES QUE PLANTOU NO MURAL DA "INVESTIGACIÓN" E TAMÉN ESCRIBIU O SEU NOME.
DURANTE MOITOS DÍAS SEGUIMOS INVESTIGANDO PARA RESPONDER AS PREGUNTAS QUE
TIÑAMOS. CADA EQUIPO SE ENCARGABA DE BUSCAR AS RESPOSTAS A UNHA DAS
PREGUNTAS.
¿QUE PLANTAS SE PODEN COMER?:
O NOSO EQUIPO PENSOU EN RECORTAR DE REVISTAS AS PLANTAS QUE SE PODÍAN
COMER. PARA NON OLVIDARNOS PUXEMOS OS NOMES DE CADA COUSA.
¿QUÉ ANIMAIS COMEN PRANTAS?
O NOSO EQUIPO BUSCOU EN LIBROS ANIMAIS QUE COMÍAN PLANTAS, CARNE E QUE VIVÍAN NO MAR. CANDO ATOPABAMOS UN O PROFE FACÍA UNHA FOTOCOPIA E O PEGABAMOS NA FOLLA. ENTRE OS TRES PUXEMOS OS NOMES A CADA UN.
¿COMO MEDRAN AS PRANTAS?:
O NOSO EQUIPO DECIDIU DEBUXAR COMO MEDRABAN AS PLANTAS "PARA ARRIBA"
COMO DICÍA NA PELÍCULA DOS HOOBS. DECIDIMOS TAMÉN QUE "MELLOR" LLE
POÑIAMOS O NOME DAS PARTES QUE TIÑA UNA PLANTAS.
AS VECES TIÑAMOS QUE VOLVER A VER A PELÍCULA DOS HOOBS NO ORDENADOR PARA DESCUBRIR COUSAS.
O QUE IAMOS DESCUBRINDO O ESCRIBIAMOS NO NOSO MURAL.
ASÍ NOS QUEDOU O MURAL DA NOSA INVESTIGACIÓN, ERAN MOITÍSIMAS COUSAS AS QUE DESCUBRIMOS DAS PLANTAS.
TAMÉN FIXEMOS UN LIBRO DA INVESTIGACIÓN QUE LEVAMOS PARA CASA.
CANDO MEDRARON AS PLANTAS LEVÁMOLAS PARA CASA
*
Todo o texto desta páxina foi dictado polos nenos/as de Educación.
Infantil de 5 anos como fase final do Proxecto de Traballo e transcrito
polo mestre.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53