Taboleiro
LIBROS DE TEXTO 2020-2021
Prema no curso para ver os libros. Tamén pode observalos nos documentos adxuntos.
Día das Letras Galegas
Letras Galegas 2016
Este ano foron adicadas ao poeta,narrador,dramaturgo e académico da lingua galega,Manuel María Fernández Teixeiro.
Excursión a feira da enerxía de Silleda
O venres 15 de abril os alumnos/as de 4º,5º e 6º de primaria asistiron a un obradoiro organizado na feira de enerxía que se celebrou na Semana Verde de Silleda. Durante as dúas horas que durou a visita os nenos/as aprenderon moito sobre as enerxías renovables...
- Ao chegar fixemos unha foto todos xuntos...
Celebración do día do libro
O alumnado está a celebrar a chegada do"Día do libro" o pròximo 23 de abril.Están desenvolvendo nas distitas aulas a confeccion dun libro colectivo sobre os pintores traballados neste curso escolar.Aqui tedes algunhas mostras realizando a páxina dos nosos pintores .
Día da poesía
Hoxe dìa 17 celebramos no noso Centro o día da poesía. Os recitados do alumnado versaron sobre os pintores e as súas obras.Cada nivel ideou unha poesía ou un cadro relacionado co seu pintor ou algún dos seus cadros mais representativos.
Día de Rosalía
O 24 de febreiro ,como ven sendo habitual, celebramos o día do nacemento da poetisa e escritora galega,española e universal ROSALÍA DE CASTRO.
O NOSO ENTROIDO
O venres 5 de febreiro celebramos no noso Centro o festival do Entroido, este ano adicado a Pintura .
Despois de comer, na sesión da tarde, cada aula disfrazouse coa temática relacionada co seu pintor:
- Os de infantil disfrazáronse de Kandinsky.
A NOSA POMBA DA PAZ (16)
Este é o resultado do traballo do noso alumnado . Cada nivel escolleu a técnica máis axeitada dacordo co seu pintor asinado para este curso acádemico.
Descobre que parte do corpo da pomba mailo sol corresponde aos seguintes pintores:
Día da Paz 2016
O 29 de Xaneiro celebraremos o día da paz. Para iso realizaranse unha serie de actividades por parte dos nenos e nenas do centro:
- Lectura dun manifesto en favor da paz.
- Montaxe dunha gran pomba recreando o famoso cadro de Pablo Picasso "Pomba da paz".
FESTIVAL DE NADAL 2010
O día 22 de Decembro, último día de clase antes das moooi desexadas vacacións de Nadal, celebraremos o tradicional FESTIVAL DE NADAL, con actuación de tódolos nenos e nenas do colexio.
Non volo perdades!!