O NOSO ENTROIDO

O venres 5 de febreiro celebramos no noso Centro o festival do Entroido, este ano adicado a Pintura .

Despois de comer, na sesión da tarde, cada aula disfrazouse coa temática relacionada co seu pintor:

- Os de infantil disfrazáronse de Kandinsky.

Disfraz infantil

- Os de 1º de  "reloxos derretidos " de Dalí.

disfraz 1º

- Os de 2º recrearon diversas facetas do seu pintor "Miró".

disfraz 2º curso

- Os de 3º sorprendéronnos con disfraces  das "Meninas", "Princesa Margarita" e " Velázquez".

disfraz 3º curso

- Os de 4º eran chamativos "arlequíns" de Picasso.

disfraz 4º curso

- Os de 5º remedaban " O Mascarón" de Laxeiro.

disfraz 5º curso

- Os de 6º nos deleitaron con representacións de cadros de Monet.

disfraz 6º curso

As 3 da tarde iniciouse o desfile ata  o campo da festa pasando pola "Solaina" e o parque . Xa de volta ao colexio fixose , por cursos,  o desfile na alfombra azul en presencia de pais, antigos alumnos , profes etc. Finalizou a tarde de Entroido con música de Carnaval e degustación de postres típicos desta época (filloas , orellas, flores, cañitas....) obsequiados polos pais do alumnado de 6º de Primaria. PASÁMOLO XENIAL!!!!

Powered by Drupal - Design by artinet