DOCUMENTOS A ENTREGAR PARA O VINDEIRO CURSO

 Antes do 20 de xullo será necesario entregar para o curso 2020-2021, a seguinte documentación: a solicitude de uso de transporte, a solicitude de uso do servizo de comedor, a solicitude de recollida do alumnado no centro e a solicitude de recollida de alumnado nas paradas do servizo de transporte. 

A SOLICITUDE DE USO DE TRANSPORTE só a ten que solicitar o alumnado de nova incorporación, o que desexe cambiar de parada, o que non é usuario lexítimo e o que precisa empregar dúas paradas. Neste último caso, deberá entregar tamén outros documentos para demostrar a necesidade de uso de dúas paradas.

AS AUTORIZACIÓNS PARA A RECOLLIDA DO ALUMNADO NO CENTRO E PARA A RECOLLIDA DO ALUMNADO NO SERVIZO DE TRANSPORTE deberaas entregar aquel alumnado que desexe autorizar a persoas distintas dos pais para a súa recollida, tanto no centro como na parada do servizo de transporte.

A SOLICITUDE DE USO DO SERVIZO DE COMEDOR deberaa entregar todo o alumnado que desexe empregar o servizo de comedor, sen excepción. A non entrega deste documento, impedirá o seu uso, sendo necesario tamén, ter aboadas as taxas do ano anterior.

 

Todos os documentos deben estar asinados por ambos proxenitores (agás no caso de familias monoparentais, separación con custodia, etc)

 

Recomendámoslles ler as indicacións para cada documento, antes de entregalo, xa que a responsabilidade de non envialo de forma axeitada recae nos proxenitores ou representantes legais.

  

A documentación poderá entregarse no centro de forma presencial ou enviala escaneada (a poder ser en formato PDF) ao correo do centro. En todo caso, antes do 10 de setembro, deberán entregar os orixinais no centro.

 

Todos os documentos e indicacións pode descargalos entrando nos seguintes enlaces:

 

Aquelas familias que desexen recoller os documentos impresos no centro, poderán facelo a partir de hoxe. O horario no que se poderán recoller é de 12:00 a 14:00 h dende o día 1 ao día 8 de xullo e de 14:00 a 16:00 h os día 9 e 10 de xullo. Para ser atendidos noutro horario ou data é necesario solicitalo previamente. É dicir, aínda que o centro estea aberto noutras datas e horarios, non se poderá recoller os documentos impresos, sen solicitalo con anterioridade.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet